Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Pilar Bardem, nada o 14 de marzo de 1939 en Sevilla, e finada en Madrid o 17 de xullo de 2021, foi unha actriz española cunha grande experiencia interpretativa en tódolos medios. Pertenceu a unha importante saga de actores de España, foi nai do actor Javier Bardem e irmá do desaparecido director Juan Antonio Bardem. Destacou por ser unha muller comprometida que participou activamente en protestas contra a guerra de Iraq en 2003 entre outras.
A cova de Altamira é unha gruta de España, famosa polas súas pinturas rupestres da época do Paleolítico superior, nas que aparecen representados mamíferos salvaxes, mans humanas e signos abstractos. A cova está situada preto de Santillana del Mar, en Cantabria, a 30 km ao oeste da cidade de Santander. A caverna foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO no ano 1985.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
JavaScript (JS) é unha linguaxe de programación interpretada, é dicir, que non require compilación, utilizada principalmente en páxinas web, cunha sintaxe semellante á da Linguaxe Java e a linguaxe C. Ao contrario que Java, JavaScript non é unha linguaxe orientada a obxectos propiamente, xa que non dispón de herdanza, é máis ben unha linguaxe baseado en prototipos, xa que as novas clases xéranse clonando as clases base (prototipos) e estendendo a súa funcionalidade.Todos os navegadores interpretan o código JavaScript integrado dentro das páxinas web. Para interactuar cunha páxina web provese á linguaxe JavaScript dun desenvolvemento do DOM. O seu uso máis estendido atópase en páxinas web HTML para realizar tarefas e operacións no marco da aplicación unicamente cliente, sen acceso a funcións do servidor.
A Copa de Ouro CONCACAF 2021 (oficialmente 2021 CONCACAF Gold Cup) é a décimo sexta edición da Copa de Ouro da CONCACAF, o campionato bienal internacional masculino de fútbol máis importante a nivel de seleccións en Norteamérica, Centroamérica e o Caribe organizado pola CONCACAF. Estaba previsto que se celebrase do 2 ao 25 de xullo de 2021, pero posteriormente foi adiada e disputouse do 10 de xullo ata o 1 de agosto. A selección de fútbol de México defenderá o título conseguido na edición anterior. Por vez primeira, o sistema Video Assistant Referee (VAR) usarase no torneo.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Un enderezo IP é un número único, tal como un número de teléfono, usado por máquinas (normalmente computadores) para se comunicaren entre si enviando información pola internet ou por redes locais. Converter estes números de forma que un humano comprenda mellor, a forma de enderezos de dominio, tal como www.wikipedia.org, é feito polo DNS. O proceso de conversión é coñecido como resolución de nomes de dominio.
Juan José Cardenal, máis coñecido como Juanjo Cardenal, é un presentador catalán de televisión. É coñecido por ser a voz en off (o narrador) do popular concurso de TVE2 Saber y Ganar dende 1997 e por ser tamén a voz en off do concurso xa fóra de antena Si lo sé no vengo, presentados ambos os dous por Jordi Hurtado.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Javier Ángel Encinas Bardem, Javier Bardem, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 1 de marzo de 1969, é un dos actores españois de cinema máis internacionais. No ano 2000 converteuse no primeiro actor español nomeado a un Oscar polo seu papel en Antes que anochezca e en 2008 no primeiro en gañalo na categoría de mellor actor secundario por Non é un país para vellos.
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe a Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrilleiro Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Santa Baia do Araño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1.372 habitantes (667 homes e 715 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que reflicte unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 1.512 habitantes, e ao ano 1999, cando tiña 1.655 habitantes.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936
O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, denominado "Alzamento Nacional" polos sublevados, foi un golpe de carácter militar con fins políticos[Cómpre referencia] perpetrado contra o goberno da Segunda República Española entre o 17 e o 18 de xullo de 1936 e cuxo fracaso parcial conduciu á guerra civil española.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Corporacións democráticas en Ares desde a aprobación da Constitución de 1978. 1979 Alcalde : José Cortiñas Gil — PSdeG-PSOE 1983 Alcaldesa: Rosa Miguélez Ramos — PSdeG-PSOE 1987 Alcalde : Manuel Rodríguez Doval — BNG 1991 Alcalde : Xosé Xoán Vilasánchez Pazos — PSdeG-PSOE 1995 Alcalde : Xosé Xoán Vilasánchez Pazos — PSdeG-PSOE 1999 Alcalde : José Manuel Cendán Fernández — PPdeG 2003 Alcalde : José Manuel Cendán Fernández — PPdeG 2007 Alcalde : Julio Ignacio Iglesias Redondo — PSdeG-PSOE 2011 Alcalde : Julio Ignacio Iglesias Redondo — PSdeG-PSOE 2015 Alcalde : Julio Ignacio Iglesias Redondo — PSdeG-PSOECandidaturas: Julio Iglesias (PSdeG-PSOE), Emilio Mesías (BNG), Fina Martínez (PP), Luis Cendán (Nueva Alianza) e Gustavo Pita (Son Ares).
García II de Galicia tamén coñecido por García de Galiza, ou simplemente Don García, nado en 1042 e finado o 21 de marzo de 1090, foi un monarca galego que reinou entre os anos 1065 e 1071. Fillo de Fernando I e Sancha I, herdou o Reino de Galiza, co condado de Portugal, e a protección e parias das taifas de Badaxoz e Sevilla. Educouse desde 1053 en Galiza co bispo Cresconio de Iria.
Urraca Fernández, coñecida como Urraca de Zamora, nada en León en 1033 e finada na mesma cidade en 1101, foi unha infanta de León. Filla primoxénita dos reis de Galicia, Fernando I de León e a súa esposa, a raíña Sancha, herdou a praza de Zamora tras o repartimento realizado por seu pai antes de falecer.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.588 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Kevin Michael Costner, nado en Lynwood (California) o 18 de xaneiro de 1955, é un actor e director de cinema estadounidense. Gañou dous Premios Oscar, tres Globos de Ouro, un Emmy, e foi nomeado a tres BAFTA (British Academy of Film and Television Arts). É coñecido por interpretar a Eliot Ness en Os intocables de Eliot Ness, a Crash Davis en Os búfalos de Durham, a Ray Kinsella en Field of Dreams, ó Tenente John J. Dunbar en Dances with Wolves, Jim Garrison en JFK, Robin Hood en Robin Hood, príncipe dos ladróns, Frank Farmer en O escolta, e a Jonathan Kent en O home de aceiro.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Irmandiñas é un ensaio de Aurora Marco, publicado en 2021 e editado pola Editorial Laiovento, gañador do Premio Follas Novas do Libro Galego 2021 na categoría de ensaio e investigación.Neste ensaio preténdese "recuperar , visibilizar, valorizar e homenaxear mulleres que se entregaron con paixón á defensa da terra e da lingua, ao espallamento do ideal galeguista e republicano, á escrita, ao ensino, ao desenvolvemento editorial galego, á música, ao teatro, á actividade investigadora, á actividade política..." . Un libro que nos seus catorce capítulos recolle as vidas de mulleres vinculadas ás Irmandades da fala, ao Seminario de Estudos Galegos, ao Partido Galeguista, A Nosa Terra ou agrupacións teatrais e coros no período 1916-36. Entre elas Micaela Chao Maciñeira, Elvira Bao Maceiras, María Miramontes, Amalia Álvarez Gallego, Olimpia Valencia, Jacinta Landa, Daría González García, María Luz Morales, Rita Amparo López Jean, Francisca Herrera Garrido, Emilia Docet, María Antonina Sanjurjo.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2019 tiña 66.065 habitantes, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia. Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval.
2021 (MMXXI) é o ano actual do calendario gregoriano comezado en venres. En 2021 espérase que se celebren eventos orixinariamente previstos para 2020 incluídos o Festival de Eurovisión, a Eurocopa de Fútbol, os Xogos Olímpicos e a Expo 2020, que foron pospostos ou cancelados debido á pandemia da COVID-19.As Nacións Unidas declararon o 2021 como Ano Internacional da Paz e da Confianza, Ano Internacional da Economía Creativa para o Desenvolvemento Sustentable, Ano Internacional das Froitas e as Verduras, e Ano Internacional para a Eliminación do Traballo Infantil.
A Copa Ouro da CONCACAF é a principal competición masculina de seleccións de fútbol organizada pola CONCACAF. Nas súas 24 edicións só sete países conseguiron gañar o título. México é a selección dominadora do torneo con 10 títulos conseguidos e o vixente campión, os Estados Unidos, é o seu máis inmediato perseguidor con seis títulos, seguido de Costa Rica con tres. Canadá conseguiu dous títulos e Honduras, Haití e Guatemala teñen un só campionato.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Kadambini Ganguly (bengalí: কাদম্বিনী গাঙ্গুলি) nada en Bhagalpur o 18 de xullo de 1861 e finada en Calcuta o 3 de outubro de 1923, foi con Anandibai Joshi unha das primeiras dúas mulleres doutoras da India así como de todo o Imperio Británico. Kadambini foi tamén a primeira muller de Asia Meridional en graduarse en medicina occidental.
Fernando Alonso Díaz ( pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo. Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.
María Antonina Sanjurjo Aranaz
María Antonina Sanjurjo Aranaz, nada en Santiago de Compostela o 6 de xullo de 1910 e finada en Vigo o 31 de outubro de 1939, foi unha pioneira do deporte galego, xogadora de hóckey sobre herba, fundadora en 1932 do Atlántida Hockey Club de Vigo e considerada “nai” do hóckey sobre herba en Galicia.
Vetusta Morla é unha banda de indie orixinaria de Tres Cantos, Madrid (España), que canta en castelán. Tras nove anos de andaina musical, en febreiro de 2008 publicaron o seu primeiro longo, Un día no mundo, que recibiu unha grande acollida tanto por parte do público como pola crítica especializada.
Sancho II de Castela, tamén coñecido como Sancho III, nado cara a 1037 e finado o 6 de outubro de 1072 en Zamora, foi o primeiro rei de Castela entre 1065 e 1072, rei de Galiza entre 1071 e 1072 e rei de León en 1072. Cando herdou do seu pai Fernando I o reino de Castela, tamén herdou os problemas dos límites territoriais con Navarra, León e Aragón. Unha das súas primeiras medidas foi restaurar a sede episcopal de Oca e trasladar a súa capital a Burgos.
A xenética (do grego antigo γενετικός genetikos, "xenitivo", e esta forma de γένεσις genesis, "orixe"), disciplina da bioloxía, é a ciencia da herdanza e variación xenética nos seres vivos. O feito como os seres vivos herdan os trazos dos seus proxenitores foi usado desde tempos prehistóricos para mellorar os cultivos de plantas e animais a través da selección de cultivos. Non obstante, a xenética moderna, a cal intenta buscar o modo de entender o proceso de herdanza, só comeza co traballo de Gregor Mendel a mediados do século XIX. Aínda que non sabía nada acerca das bases físicas da herdanza, Mendel observou que os organismos herdan os trazos de xeito discreto; estas unidades básicas de herdanza son hoxe coñecidas como xenes.
Edimburgo (en inglés: Edinburgh; en gaélico escocés: Dùn Éideann) é a capital e segunda maior cidade de Escocia. A cidade atópase na costa leste de Escocia á beira do estuario do Forth e na autoridade local da Cidade de Edimburgo. Edimburgo é capital de Escocia dende 1437 e é a sede do goberno escocés.
O Tour de Francia ("Volta" a Francia) é unha competición ciclista por etapas, a máis afamada de todas, que se disputa en Francia e outros países limítrofes durante tres semanas do mes de xullo. Comezou a celebrarse en 1903 con periodicidade anual que só foi interrompida entre 1915 a 1918 por mor da Primeira Guerra Mundial e desde 1940 ata 1946 pola Segunda Guerra Mundial. Constitúe, polo tanto, a carreira máis importante dentro da clasificación ciclista que establece a UCI ProTour; xunto coa Vuelta Ciclista a España e o Giro de Italia constitúe o grupo das Grandes Voltas de tres semanas.
Os bugallos ou bugallas, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa das árbores fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos. A definición anterior sería, realmente, aplicable só ós bugallos máis comúns e coñecidos, pero cómpre advertir que non sempre son producidos por avespas senón que en ocasións se deben a outros insectos; que non se presentan só nos carballos senón que outras moitas plantas, arbóreas ou non, poden sufrir esta parasitación; e que a causa non sempre a resposta a unha posta de ovos, senón que poden deberse a un ataque do insecto en busca de alimentos. En calquera caso, trátase sempre dunha reacción defensiva da planta que dá lugar a unha estrutura anormal dos tecidos vexetais (o que a diferencia da resposta a insectos fitófagos e escavadores).
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A guerra das Malvinas ou guerra do Atlántico Sur foi un conflito armado entre a Arxentina e o Reino Unido ocorrido nas illas Malvinas, Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur entre o 2 de abril e o 14 de xuño de 1982 pola soberanía sobre estes arquipélagos austrais ocupados en 1833 e dominados desde entón por Reino Unido. Aínda así, a Arxentina ségueos a reclamar como propios e inclúeos nominalmente dentro da súa provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur. O saldo final da guerra foi a reocupación das Malvinas polo Reino Unido e a morte de 649 arxentinos e 258 británicos .
Penélope Cruz Sánchez, nada en Madrid o 28 de abril de 1974, é unha actriz española. Aínda que inicialmente foi bailarina e presentou programas de televisión, é mundialmente coñecida pola súa faceta cinematográfica, participando en películas realizadas en español, inglés e outros idiomas, coas que acadou un éxito importante e varios premios.
Unha casa (do latín casa) é unha construción destinada a vivenda, construída a fin de ser habitada polos seres humanos, polo xeral por unha unidade familiar e/ou por un grupo de persoas vencelladas por vínculos de convivencia. A casa, formada polo teito e as paredes que pechan un recinto, serve para refuxiarse da choiva, o vento, o frío e a calor ou outras inclemencias meteorolóxicas así como de posibles intrusos humanos ou animais. Unha vivenda unifamiliar, que pode ser illada ou apegada a outras casas similares compartindo as paredes medianeiras ou formando fileiras máis ou menos longas nas rúas da maior parte das cidades e pobos.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
En bioloxía celular, o núcleo (do latín nucleus ou nuculeus) é unha parte das células que se atopa en todas as células eucariotas e contén a maioría do material xenético. O núcleo, en xeral, controla as actividades da célula, e ten dúas funcións primarias: controla as reaccións químicas celulares, na súa maioría citoplasmáticas, e garda a información que se precisa para a división celular.Á parte de conter o xenoma da célula, o núcleo contén certas proteínas que regulan a expresión dos xenes. A expresión xenética ao nivel nuclear envolve complexos procesos de transcrición, o procesamento do pre-ARNm e a exportación do mesmo cara ao citoplasma.O núcleo ten un tamaño medio de 6 micrómetros nos mamíferos; os máis grandes son as de células vexetais, que poden chegar a 25 micrómetros ou máis.
A Cruz de Borgoña ou Aspa de Borgoña é unha representación da Cruz de Santo André na que os troncos que forman a cruz aparecen cos seus nós nos lugares onde se cortan as ramas. Este emblema foi incluído nos escudos de armas e nas bandeiras de España, tanto de terra como de mar, desde 1506, época da súa introdución coa Garda borgoñoa de Filipe o Fermoso, até Xoán Carlos I. A Cruz de Borgoña desapareceu do escudo de armas do rei de España, e do seu estandarte, no reinado de Filipe VI, así como nos estandartes, bandeiras, bandeirolas, guións, pendóns e confalóns das Forzas Armadas de España. Esta cruz tamén é a orixe do símbolo distintivo que marca as colas dos avións do Exército do Aire de España.
Barbalde de Arriba, Rus, Carballo
Barbalde de Arriba é un lugar da parroquia de Rus no concello coruñés de Carballo (Comarca de Bergantiños). Xunto con Barbalde de Abaixo tiña 34 habitantes no ano 2019 segundo datos do IGE, dos cales eran 17 homes e 17 mulleres.
A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948. O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.
Afonso VI, nado contra 1040, e finado entre o 29 de xuño e o 1 de xullo de 1109, foi un nobre do Reino de León. Era fillo de Fernando I de Castela, o Magno, (1035-1065) e de Sancha I de Galicia, e foi rei de León desde o 27 de decembro de 1065, e de Galicia e de Castela a partir do 6 de outubro de 1072.Así, a partir de 1072 intitulouse rex Adefonsus in Castella et in Legione et in Gallecia (rei Afonso en Castela, en León e en Galicia) ou simplemente en tota Gallecie (toda Galicia). Despois da conquista de Toledo en 1085 autoproclamouse Victoriosissimo rege in Toleto, et in Hispania et Gallecia (Vitoriosísmo rei de Toledo, e de Hispania e Galicia).
Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 contaba con 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .
Comunidade dos Países de Língua Portuguesa
A Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) é unha organización internacional formada por países lusófonos, cuxo obxectivo é o "profundización da amizade mutua e da cooperación entre os seus membros".De acordo co Ministerio de Relacións Exteriores do Brasil, a poboación dos seus países membros suma aproximadamente 270 millóns de persoas. A organización promove a data do 5 de maio como Día da Cultura Lusófona, celebrado en todo o espazo lusófono, e os Xogos da CPLP, evento deportivo que reúne tódolos membros da organización. A súa sede atópase en Lisboa.
Dances with Wolves (Bailando cos lobos) é un filme de temática épica estadounidense dirixido, producido e protagonizado por Kevin Costner, que foi estreado en 1990. É unha adaptación do libro homónimo de 1988 de Michael Blake, e conta a historia dun tenente do Exército da Unión que viaxa á fronteira do oeste americano ata un posto militar abandonado, onde fai amizade coa tribo síux dos Lakota. Costner desenvolveu o filme durante un período de 5 anos, contando cun orzamento inicial de $15 millóns.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos.
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.