Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Torneo masculino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020
O torneo de fútbol masculino nos Xogos Olímpicos de 2020 celébrase do 22 de xullo ao 7 de agosto de 2021. Orixinalmente, debía ter lugar do 23 de xullo ao 8 de agosto de 2020, pero os Xogos Olímpicos foron postergados ao ano seguinte debido á pandemia de COVID-19. Con todo, o nome oficial dos xogos continuou sendo os Xogos Olímpicos de Toquio 2020.
A choia (do francés antigo choue) ou choia de bico vermello (Pyrrhocorax pyrrhocorax) é un paxaro da familia dos corvos (Corvidae). É unha especie moi próxima á choia de bico amarelo (Pyrrhocorax graculus), coa que foi cruzada en catividade no parque zoolóxico de Innsbruck (Austria), dando lugar a híbridos fértiles.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
A aprendizaxe automática (en inglés: machine learning) é un subcampo da enxeñaría e da ciencia da computación que evolucionou do estudo de recoñecemento de padróns e da teoría da aprendizaxe computacional en intelixencia artificial. En 1959, Arthur Samuel definiu a aprendizaxe de máquina como o "campo de estudo que da aos computadores a habilidade de aprender sen seren explicitamente programados". A aprendizaxe automática explora o estudo e construción de algoritmos que poden aprender dos seus erros e facer previsións sobre datos.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
Os Xogos Olímpicos de 2020 (en xaponés: 2020年夏季オリンピック; Nisen Nijū-nen Kaki Orinpikku), chamados oficialmente Xogos da XXXII Olimpíada (en xaponés: 第三十二回オリンピック競技大会; Dai Sanjūni-kai Orinpikku Kyōgi Taikai), son un evento deportivo internacional celebrado dende o 23 de xullo de 2021 até o 8 de agosto de 2021 en Toquio, no Xapón, se ben algúns eventos preliminares tiveron lugar antes da cerimonia de apertura, os días 21 e 22 de xullo. Toquio foi escollida como cidade sede dos Xogos durante a 125ª sesión do COI celebrada en Buenos Aires, na Arxentina, o 7 de setembro de 2013. Orixinalmente previstos para se celebrar entre o 24 de xullo e o 9 de agosto de 2020, o evento foi adiado en marzo de 2020 por mor da pandemia de COVID-19, e celebrarase sen a presenza de espectadores presenciais e baixo estado de alarma.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Señora de Cao ou Dama de Cao é o nome que se lle dá a unha muller da cultura mochica descuberta no ano 2006 polo arqueólogo Régulo Franco Jordán en El Brujo (Huaca Cao Viejo, Perú), sitio arqueolóxico situado a uns 45 km ao norte de Trujillo, no departamento de La Libertad. O seu descubrimento é comparado co do Señor de Sipán. Antes do seu achado pensábase que só os homes podían exercer altos cargos no antigo Perú.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Lista de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica
Esta é a lista de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica, desde a caída do reino visigodo en 711 até a actualidade.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A Torre de Teodomiro, tamén denominada como o Castelo de Teodomiro, foi un castelo altomedieval situado no monte do Gato. Coñecida unicamente a través de fontes documentais, foi declarada Ben de Interese Cultural no ano 1994. É, por tanto, un ben singular en Galiza.En 2021 acháronse os seus posíbeis restos arqueolóxicos.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Tankōbon (単行本) é o termo en xaponés para «volume compilatorio» dunha serie en particular (coma mangas, novelas gráficas, artigos de revistas, ensaios, padróns de costura etc.) a diferenza de revistas ou series de obras completas que conteñen múltiples títulos. Polo regular, os mangas son publicados por primeira vez en revistas de antoloxías de tirada semanal ou mensual (coma Afternoon, Shounen Jump, Hana to Yume). Estas revistas de antoloxías conteñen centos de páxinas e decenas de historias individuais escritas por diversos autores.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Fernando I, chamado «o Magno» ou «o Grande», nado en Burgos en 1017 e finado o 27 de decembro de 1065, foi conde de Castela dende 1029, e rei consorte de Galiza ou de León dende o ano 1037, sendo unxido como tal o 22 de xuño de 1038. Era fillo de Sancho Garcés III de Pamplona, chamado «o Maior», rei de Pamplona, e de Munia, irmá de García Sánchez de Castela. Foi designado conde de Castela en 1029, se ben non exerceu o goberno efectivo até a morte do seu pai en 1035.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.588 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en once ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, cinco delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena (Austria) é un dos primeiros museos de belas artes e artes decorativas do mundo. O termo Kunsthistorisches Museum aplícase tanto á institución como ao seu edificio principal. Inaugurouse en 1891 ao mesmo tempo que o Naturhistorisches Museum polo emperador Francisco Xosé I de Austria-Hungría.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
O ollo ( pronunciación ), (do latín ocŭlus), ou globo ocular é o órgano que detecta a luz, sendo a base do sentido da vista. Componse dun sistema sensible aos cambios de luz, capaz de transformar estes en impulsos eléctricos. Os ollos máis sinxelos non fan máis que detectar se os arredores están iluminados ou escuros.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, nado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Mulleres nas Matemáticas do século XIX
Ao tempo comprendido entre 1789, comezo da Revolución Francesa, e 1914 comezo da Primeira Guerra Mundial, se lle denomina “Século da Ciencia”, por ser cando a ciencia alcanzou o que se podería considerar a súa maioría de idade. A Revolución Francesa encádrase no ciclo de transformacións políticas e económicas que marcaron o fin da Idade Moderna e o comezo da Idade Contemporánea. Abarca un período de 10 anos (1789-1799), nos que se estableceron en toda Europa novas formas de organización política, social e económica, xurdiron novos usos e costumes, triunfaron novos modos de pensamento e novas tendencias espirituais.
Misión de audaces (en inglés: The Horse Soldiers) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por John Ford e protagonizado por John Wayne, William Holden e Constance Towers. O guión é obra de John Lee Mahin e Martin Rackin, que está vagamente baseado na novela homónima de 1956 escrita por Harold Sinclair, a cal é unha versión ficticia da incursión de Grierson en Mississippi.
Slipknot é un grupo estadounidense de heavy metal formado en 1995 en Des Moines (Iowa). As influencias do grupo inclúen entre outros xéneros o death metal, o thrash metal e o heavy metal, aínda que adoitan ser catalogados dentro do metal alternativo e o nu metal. O percusionista Shawn Crahan e o batería Joey Jordison fundaron o grupo en setembro de 1995, e tras varios cambios de membros nos seus primeiros anos, o grupo estivo composto de nove membros durante máis dunha década: Corey Taylor, Mick Thomson, Jim Root, Paul Gray, Craig Jones, Sid Wilson, Shawn Crahan, Chris Fehn e Joey Jordison.
Fiódor Mikhailovich Dostoievski (en ruso Фёдор Миха́йлович Достое́вский), nado en Moscova o 11 de novembro de 1821 e finado en San Petersburgo o 9 de febreiro de 1881, foi unha das máis importantes personalidades da literatura rusa. A súa obra tivo un efecto profundo e perdurable na literatura do século XX. As súas novelas mostran a miúdo personaxes vivindo en condicións sociais e mentais extremas, e exploran a psicoloxía humana, analizando a un tempo a situación política, social e moral da Rusia do seu tempo. É considerado por algúns intelectuais como o precursor do existencialismo polas súas Memorias do subsolo, segundo Walter Kaufmann "a mellor abertura para o existencialismo que se escribiu nunca".
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Babilonia (en acadio-babilonio Bābili ou Babilim) foi un antigo imperio localizado na rexión central-meridional de Mesopotamia, con centro na cidade de Babilonia e que chegou a estenderse por Acad e Sumeria, arrebatando a hexemonía ás dinastías amorritas de Isin e Larsa do chamado renacemento sumerio. A súa historia divídese en dúas etapas principais, separadas entre si polo período de dominación asiria; o imperio paleobabilónico ou amorrita (1792 a.C.–1595 a.C.) e o imperio neobabilónico ou caldeo (626 a.C.–539 a.C.). O imperio babilónico foi sucedido polo persa tralas conquistas de Ciro II o Grande.
O hórreo galego é un edificio de uso agrícola destinado a secar, curar e gardar o millo antes de debullalo e moelo. Consta dunha cámara de almacenaxe oblonga, estreita e permeable ao paso do ar, separada do chan para evitar a entrada de humidade e animais. En Galicia conviven tres tipoloxías básicas de hórreo: o tipo galego (tamén chamado «galego-portugués»), o tipo asturiano e o hórreo de corres.
Expediente Warren: O caso Enfield
Expediente Warren: O caso Enfield (en inglés: The Conjuring 2; coñecido no Reino Unido e Irlanda como The Conjuring 2: The Enfield Case) é un filme estadounidense de 2016 dirixido por James Wan. O guión é obra de Chad Hayes, Carey W. Hayes, Wan e David Leslie Johnson. É a secuela do filme de 2013 O expediente Warren, o segundo título da serie cinematográfica.
Michael Fred Phelps II, nado o 30 de xuño de 1985 en Baltimore (Maryland), é un nadador estadounidense, considerado un dos máis importantes de tódolos tempos. As súas participacións olímpicas en Atenas 2004, Pequín 2008 e Londres 2012 saldáronse cunha colleita de 28 medallas (23 de ouro, 3 de prata e 2 de bronce), o cal converte a Phelps no deportista máis laureado da historia dos Xogos Olímpicos. A súa especialidade era o estilo bolboreta, malia que tamén salientou no estilo crol.
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén acostuma a chamarse Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Leonardo da Vinci ( Leonardo di ser Piero da Vinci ), nado en Anchiano, Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino destacado polímata en diferentes eidos: pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico icona do Renacemento italiano. Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica.
O Día dos Avós é un día conmemorativo dedicado aos avós das familias, que complementa o Día do Pai e o Día da Nai. A xornada celébrase en diferentes países con diversidade de denominación, motivación e data. En moitos países de Latinoamérica e de Europa o día escollido é o 26 de xullo, por ser o día en que a liturxia católica conmemora a San Xaquín e Santa Ana, pais de María, a nai de Xesús e, polo tanto, avós de Xesús.
Intentos de restauración no trono de Carlos IV de Hungría
Os intentos de restauración de Carlos de Habsburgo foron dúas viaxes que realizou o último emperador austrohúngaro, Carlos I de Austria e IV de Hungría, a Hungría coa intención de recuperar o trono do reino. Ambos os intentos resultaron infrutuosos e levaron ao exilio definitivo do antigo monarca, o afianzamento da rexencia e a abolición definitiva da dinastía Habsburgo no país. O primeiro intento, realizado durante a Semana Santa de 1921, fracasou ante a negativa do rexente Miklós Horthy de entregar o poder a Carlos, quen se trasladou á capital húngara sen contar co apoio militar necesario para forzar a súa restauración.
Inglourious Basterds é unha coprodución estadounidense-alemá de 2009 escrita e dirixida por Quentin Tarantino. Está protagonizado por Brad Pitt, Christoph Waltz, Diane Kruger, Michael Fassbender e Eli Roth. O filme conta unha historia alternativa de dous complots de asasinato dos líderes políticos da Alemaña nazi, un planeado por unha xudía francesa propietaria dun cinema, e outro por un equipo de soldados xudeu-americanos liderados polo Tenente Aldo Raine.
Nadia Elena Comăneci, nada en Oneşti o 12 de novembro de 1961, é unha ximnasta romanesa retirada, que competiu na disciplina de ximnasia artística e segue a ser considerada un ídolo mundial deportivo, sendo considerada unha das grandes atletas de todos os tempos. Comăneci foi unha das primeiras alumnas do adestrador Béla Károlyi, e na súa carreira gañou nove medallas olímpicas, cinco delas de ouro, e foi a primeira ximnasta en conseguir un 10 -execución perfecta- en ximnasia artística nuns Xogos Olímpicos, amais de conseguir catro medallas mundiais e doce europeas. Xunto coa rusa Svetlana Khorkina, Nadia é posuidora do tricampionato do individual xeral continental, amais de ser bicampioa olímpica na barra de equilibrio.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2021, ano dedicado a Xela Arias, 61 autores (5 mulleres e 56 homes) foron homenaxeados nas 59 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
Vacacións (en inglés: Vacation) é un filme estadounidense de 2015 escrito e dirixido por Jonathan Goldstein e John Francis Daley (no seu debut como directores). Está protagonizado por Ed Helms, Christina Applegate, Leslie Mann, Beverly D'Angelo, Chris Hemsworth e Chevy Chase. É o sexto título da serie cinematográfica Vacation e é unha secuela de Vegas Vacation (1997) e Christmas Vacation 2: Cousin Eddie's Island Adventure (2003).
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran a vida dun meigo adolescente, Harry Potter, e dos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. A trama central do argumento xira arredor da loita de Harry contra Lord Voldemort, un meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico coñecido como Ministerio de Maxia, conquistar o mundo máxico e someter os meigos e os muggles, as persoas non-máxicas.
Santa Mariña do Monte, Ourense
Santa Mariña do Monte é unha parroquia que se localiza ao leste do concello de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 227 habitantes (120 homes e 107 mulleres).
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Urraca Fernández, coñecida como Urraca de Zamora, nada en León en 1033 e finada na mesma cidade en 1101, foi unha infanta de León. Filla primoxénita dos reis de Galicia, Fernando I de León e a súa esposa, a raíña Sancha, herdou a praza de Zamora tras o repartimento realizado por seu pai antes de falecer.
Aitana Ocaña Morales, nada en Sant Climent de Llobregat o 27 de xuño de 1999, coñecida simplemente como Aitana, é unha cantante española. Deuse a coñecer no ano 2017, cando formou parte da novena tempada de Operación Triunfo. Obtivo o segundo posto no concurso musical, sendo unha dos seis candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2018, con «Arde» en solitario e «Lo malo» en dueto coa tamén concursante Ana Guerra.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Dacota do Sur é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. O nome do Estado provén das tribos amerindias lakota e Dakota (Síux). Localizado na rexión Medio Oeste do país, a maior parte de Dacota do Sur atópase na zona xeográfica das Grandes Planicies americanas, por iso, a maior parte de da súa xeografía caracterízase por ser un terreo pouco accidentado, relativamente chairo.
Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas.
Francisco Javier Gómez Noya, nado en Basilea (Suíza) o 25 de marzo de 1983, é un triatleta galego, o máis laureado da historia deste deporte.Entre o seu longo palmarés conta con cinco títulos de campión mundial (2008, 2010, 2013, 2014 e 2015), unha prata olímpica (Londres 2012), tres títulos da Copa do Mundo (2006, 2007 e 2008) e catro títulos de campión de Europa (2007, 2009, 2012 e 2016). Foi tamén campión do mundo de tríatlon de longa distancia (2019), campión de Europa de media distancia (2013), dúas veces campión do mundo de Medio Ironman (2014 e 2017), campión do mundo de tríatlon Xterra (2012) e subcampión do mundo de tríatlon de velocidade (2011).Foi galardoado en 2016 co Premio Princesa de Asturias dos Deportes.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.