Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Os Xogos Olímpicos de 2020 (en xaponés: 2020年夏季オリンピック; Nisen Nijū-nen Kaki Orinpikku), chamados oficialmente Xogos da XXXII Olimpíada (en xaponés: 第三十二回オリンピック競技大会; Dai Sanjūni-kai Orinpikku Kyōgi Taikai), son un evento deportivo internacional celebrado dende o 23 de xullo de 2021 até o 8 de agosto de 2021 en Toquio, no Xapón, se ben algúns eventos preliminares tiveron lugar antes da cerimonia de apertura, os días 21 e 22 de xullo. Toquio foi escollida como cidade sede dos Xogos durante a 125ª sesión do COI celebrada en Buenos Aires, na Arxentina, o 7 de setembro de 2013. Orixinalmente previstos para se celebrar entre o 24 de xullo e o 9 de agosto de 2020, o evento foi adiado en marzo de 2020 por mor da pandemia de COVID-19, e celebrarase sen a presenza de espectadores presenciais e baixo estado de alarma.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A aprendizaxe automática (en inglés: machine learning) é un subcampo da enxeñaría e da ciencia da computación que evolucionou do estudo de recoñecemento de padróns e da teoría da aprendizaxe computacional en intelixencia artificial. En 1959, Arthur Samuel definiu a aprendizaxe de máquina como o "campo de estudo que da aos computadores a habilidade de aprender sen seren explicitamente programados". A aprendizaxe automática explora o estudo e construción de algoritmos que poden aprender dos seus erros e facer previsións sobre datos.
Pau Gasol Sáez, nado en Barcelona o 6 de xullo de 1980, é un xogador catalán de baloncesto. Dende 2021 xoga no FC Barcelona da Liga ACB. Foi o segundo español en xogar na NBA despois de Fernando Martín, sendo escollido polos Atlanta Hawks no Draft da NBA de 2001, e os seus dereitos vendidos á recentemente trasladada franquía dos Memphis Grizzlies, antigamente en Vancouver, onde gañou o premio ao Rookie do Ano da NBA. Actualmente posúe os maiores rexistros da franquía de Memphis en partidos xogados, minutos xogados, tiros de campo feitos e anotados, tiros libres feitos e anotados, rebotes totais, defensivos e ofensivos, tapóns, roubos e puntos. Despois de sete anos nesa franquía, foi traspasado en 2008 aos Los Angeles Lakers, onde xogou ata 2014, pasando logo por Chicago Bulls, San Antonio Spurs e Milwaukee Bucks antes de volver en 2021 ao FC Barcelona, o equipo no que debutara como profesional 22 anos atrás.
Torneo masculino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020
O torneo de fútbol masculino nos Xogos Olímpicos de 2020 celébrase do 22 de xullo ao 7 de agosto de 2021. Orixinalmente, debía ter lugar do 23 de xullo ao 8 de agosto de 2020, pero os Xogos Olímpicos foron postergados ao ano seguinte debido á pandemia de COVID-19. Con todo, o nome oficial dos xogos continuou sendo os Xogos Olímpicos de Toquio 2020.
Merlí: Sapere aude é unha serie de televisión española coproducida por Movistar+ e a CCMA. A serie é unha obra derivada e unha continuación da serie Merlí de TV3. Estrenada enteira o 5 de decembro de 2019 en Movistar+, a Corporació Catalana poderá emitila ao longo do 2020. En decembro de 2019 anunciouse que a serie renovaría por unha segunda tempada.
Peter Demens (nado como Pyotr Alexeyevitch Dementyev, en ruso: Пётр Алексеевич Дементьев), nado o 1 de maioxul./ 13 de maio de 1850greg. e finado o 21 de xaneiro de 1919, foi un nobre ruso que migrou en 1881 aos EUA e converteuse en propietario ferroviario e un dos fundadores da cidade de St. Petersburg, Florida.
Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.
Torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020
O torneo de fútbol feminino nos Xogos Olímpicos de 2020 celébrase do 21 de xullo ao 6 de agosto de 2021. Orixinalmente, ía ter lugar do 22 de xullo ao 7 de agosto de 2020 pero os os Xogos Olímpicos de 2020 pospuxéronse ao ano seguinte debido á pandemia de COVID-19. Con todo, o nome oficial dos xogos continuou a ser os Xogos Olímpicos de Toquio 2020.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en once ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, cinco delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
Non apagues nunca a luz (en inglés: Lights Out) é un filme estadounidense de 2016 dirixido por David F. Sandberg, producido por Lawrence Grey, James Wan e Eric Heisserer, e escrito por Heisserer. Está protagonizado por Teresa Palmer, Gabriel Bateman, Billy Burke e Maria Bello. Está baseado na curtametraxe homónima de 2013, tamén dirixida por Sandberg.No filme, unha moza debe enfrontarse aos medos da súa infancia para protexer ao seu irmán dunha entidade sobrenatural que ten un misterioso apego coa súa nai.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Selección de baloncesto de España
A Selección de baloncesto de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Federación Española de Baloncesto (FEB) nas competicións internacionais organizadas pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) ou o Comité Olímpico Internacional (COI): os Xogos Olímpicos, Campionato mundial de baloncesto e Eurobasket principalmente. A Selección española está considerada, no ano 2006, a terceira mellor selección do mundo segundo o ránking que elabora a FIBA. Por diante de España tan só están as seleccións de Estados Unidos e Arxentina. A Selección de baloncesto de España formouse, como equipo nacional, en 1935, a fin de participar no primeiro Campionato de Europa da historia, o disputado en Xenebra no verán de 1935, e no que España logrou unha histórica segunda posición.
Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Michael Fred Phelps II, nado o 30 de xuño de 1985 en Baltimore (Maryland), é un nadador estadounidense, considerado un dos máis importantes de tódolos tempos. As súas participacións olímpicas en Atenas 2004, Pequín 2008 e Londres 2012 saldáronse cunha colleita de 28 medallas (23 de ouro, 3 de prata e 2 de bronce), o cal converte a Phelps no deportista máis laureado da historia dos Xogos Olímpicos. A súa especialidade era o estilo bolboreta, malia que tamén salientou no estilo crol.
Santa Marta pode referirse a: Marta de Betania, Virxe e santa do cristianismo, irmá de Lázaro e María; Marta de Astorga, mártir e santa cristiá orixinaria de Astorga; Casa de Santa Marta, residencia situada no Vaticano.Como topónimo, Santa Marta pode facer referencia a: En GalizaSanta Marta de Babío, parroquia do concello de Bergondo; Santa Marta de Bixós, parroquia do concello de Lugo; Santa Marta, lugar de dita parroquia; Santa Marta de Moreiras, parroquia do concello do Pereiro de Aguiar; Santa Marta, lugar de dita parroquia; Santa Marta de Meilán, parroquia do concello de Riotorto; Santa Marta, lugar de dita parroquia; Santa Marta, lugar da parroquia de Vilartelín no concello de Baralla; A Costa de Santa Marta, lugar da parroquia de Santa Marta de Babío no concello de Bergondo; Santa Marta, lugar da parroquia de San Fiz de Cerdeiras no concello de Begonte; Santa Marta, lugar da parroquia de Baíña, no concello de Baiona; Santa Marta, lugar da parroquia de Darbo no concello de Cangas; Santa Marta, lugar da parroquia de Albeos no concello de Crecente; Santa Marta, lugar da parroquia de Ledoño no concello de Culleredo; Santa Marta, lugar da parroquia de Villalvite no concello de Friol; Santa Marta, lugar da parroquia de Tioira no concello de Maceda; Santa Marta, lugar da parroquia de Mos no concello de Mos; Santa Marta, lugar da parroquia de San Facundo de Ribas de Miño no concello de Paradela; Santa Marta, lugar da parroquia de Mosteiro no concello de Ramirás; Santa Marta, lugar da parroquia de Noalla no concello de San Cibrao das Viñas; Santa Marta, lugar da parroquia de Ortoá no concello de Sarria; Santa Marta, lugar da parroquia de Barantes no concello de Sober; Santa Marta, lugar da parroquia de Couto no concello de Taboada; Santa Marta, lugar da parroquia de Santa Comba de Bértola no concello de Vilaboa; Santa Marta, lugar da parroquia de Córgomo no concello de Vilamartín de Valdeorras;En PortugalSanta Marta de Penaguião, concello do Distrito de Vila Real;En EspañaSanta Marta, concello da provincia de Badaxoz, Estremadura; Santa Marta de Tormes, concello da provincia de Salamanca, Castela e León; Santa Marta del Cerro, concello da provincia de Segovia, Castela e León; Santa Marta de Magasca, concello da provincia de Cáceres, Estremadura; Cubillas de Santa Marta, concello da provincia de Valladolid, Castela e León;En ColombiaSanta Marta, no departamento de Magdalena, Colombia; Serra Nevada de Santa Marta, montaña en Colombia;En Costa RicaSanta Marta, vila Costa Rica, situado na Provincia de Puntarenas;Nos Estados Unidos de AméricaSanta Marta, Florida, antigo nome de Key Biscayne, no Estado da Florida;En MéxicoSanta Marta, Baja California Sur; Santa Marta, Sonora.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.588 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Biblioteca Nacional Central de Florencia
A Biblioteca Nacional Central de Florencia (en italiano Biblioteca Nazionale Centrale dei Firenze) é unha biblioteca pública nacional e unha das dúas bibliotecas centrais de Italia, xunto coa Biblioteca Nacional Central de Roma. Atópase en Florencia.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Marc Gasol Sáez, nado en Barcelona o 29 de xaneiro de 1985, é un xogador catalán de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA de 2007, na 48ª posición, polos Los Angeles Lakers. É o segundo español en vencer o título da NBA tras o seu irmán maior Pau Gasol.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Señora de Cao ou Dama de Cao é o nome que se lle dá a unha muller da cultura mochica descuberta no ano 2006 polo arqueólogo Régulo Franco Jordán en El Brujo (Huaca Cao Viejo, Perú), sitio arqueolóxico situado a uns 45 km ao norte de Trujillo, no departamento de La Libertad. O seu descubrimento é comparado co do Señor de Sipán. Antes do seu achado pensábase que só os homes podían exercer altos cargos no antigo Perú.
Na lírica medieval galego-portuguesa unha cantiga de amigo é unha composición breve e sinxela posta en boca dunha muller namorada. Deben o seu nome a que na maior parte delas aparece a palabra amigo no primeiro verso e, sobre todo, a que a voz narrativa é sempre a dunha muller nova —a amiga—, quen fala nelas do seu amigo-amado, habitualmente ausente nese momento. Constitúen o xénero máis destacado desta literatura pola súa orixinalidade, e o corpus lírico galego-portugués conta con arredor de 500 cantigas deste tipo.
O planeta dos simios (filme de 1968)
O planeta dos simios (en inglés: Planet of the Apes) é un filme dirixido por Franklin J. Schaffner que foi estreado en 1968. Está baseado na novela O planeta dos simios de Pierre Boulle.
O lagarto arnal, ou lagarto ferreño, Timon lepidus (antes Lacerta lepida), é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos, unha das que na actualidade integran o xénero Timon.É un lagarto endémico da Europa suroccidental. Vive tamén en Galicia, onde é un dos lagartos de maior tamaño, xunto co lagarto das silvas. Pode chegar aos 70 cm ou máis de lonxitude total incluíndo a cola.
Venres 13, segunda parte (en inglés: Friday the 13th Part 2) é un filme estadounidense de 1981 producido e dirixido por Steve Miner. É a sucuela do filme de 1980 Friday the 13th, e o segundo título da franquía cinematográfica. Adrienne King, Betsy Palmer e Walt Gorney retoman os seus papeis do filme orixinal.
O delito, en sentido estrito, é definido como unha conduta ou acción típica (tipificada pola lei), antixurídica, culpábel e puníbel. Supón unha conduta infraccional do Dereito penal, é dicir, unha acción ou omisión tipificada e penada pola lei. A palabra delito deriva do verbo latino delinquere, que significa abandonar, apartarse do bo camiño, afastarse do vieiro sinalado pola lei.
Pitch Perfect é un filme estadounidense de 2012 dirixido por Jason Moore e escrito por Kay Cannon. Está protagonizado por Anna Kendrick, Skylar Astin, Rebel Wilson, Anna Camp, Brittany Snow, Hana Mae Lee, Alexis Knapp, Ester Dean, Kelley Jakle, Shelley Regner, Wanetah Walmsley, Adam DeVine, Ben Platt, Utkarsh Ambudkar, John Michael Higgins e Elizabeth Banks. Conta a historia dun grupo de estudantes universitarias nun coro a cappella, The Barden Bellas, as cales compiten contra outro grupo a cappella para gañar o campionato nacional.
Nadia Elena Comăneci, nada en Oneşti o 12 de novembro de 1961, é unha ximnasta romanesa retirada, que competiu na disciplina de ximnasia artística e segue a ser considerada un ídolo mundial deportivo, sendo considerada unha das grandes atletas de todos os tempos. Comăneci foi unha das primeiras alumnas do adestrador Béla Károlyi, e na súa carreira gañou nove medallas olímpicas, cinco delas de ouro, e foi a primeira ximnasta en conseguir un 10 -execución perfecta- en ximnasia artística nuns Xogos Olímpicos, amais de conseguir catro medallas mundiais e doce europeas. Xunto coa rusa Svetlana Khorkina, Nadia é posuidora do tricampionato do individual xeral continental, amais de ser bicampioa olímpica na barra de equilibrio.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Pitch Perfect 2 é un filme estadounidense de 2015 dirixido e producido por Elizabeth Banks e escrito por Kay Cannon. É a secuela do filme de 2012 Pitch Perfect e o segundo título da serie cinematográfica de Pitch Perfect. Está protagonizado por Anna Kendrick, Rebel Wilson, Hailee Steinfeld, Brittany Snow, Hana Mae Lee, Alexis Knapp, Ester Dean, Chrissie Fit, Kelley Jakle, Shelley Regner, Katey Sagal e Keegan-Michael Key, xunto con Skylar Astin, Ben Platt, Adam DeVine, Anna Camp, John Michael Higgins e Banks retomando os papeis do primeiro filme.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Skylines (tamén coñecido como Skyline 3 e estilizado como SKYLIN3S) é un filme estadounidense de 2020 coproducido e dirixido por Liam O'Donnell. O'Donnell escribiu o guión a partir dunha historia que desenvolveu xunto co produtor Matthew E. Chausse. É a secuela de Beyond Skyline (2017) e o derradeiro título da triloxía Skyline.
Dios ke te crew (DKTC) é un grupo de hip hop de Ordes formado en 2003. Posteriormente formaron tamén un grupo de graffiti, breakdance, DJs e rap. Todos estes aspectos do hip hop únense nas presentacións en directo do grupo, onde é común presenciar pezas de pintura e graffiti no fondo do escenario e bailar breakdance, mentres o grupo musical interpreta as súas cancións.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Mayor Grom: Chumnoy Doktor (en ruso: Майор Гром: Чумной Доктор) é un filme ruso de 2021 dirixido por Oleg Trofim. Está baseado no personaxe de banda deseñada de Bubble Comics, creado por Artyom Gabrelyanov. É o segundo filme adaptado de Bubble Comics, así como a primeira longametraxe baseada nunha banda deseñada rusa.
Pavillón municipal de Redondela
O Pavillón Municipal de Redondela, tamén coñecido como A Bombonera polo seu aspecto desde o exterior, é un recinto deportivo cuberto do concello pontevedrés de Redondela. É usado como feudo local polos equipos da Sociedade Atlética Redondela de balonmán e o Redondela FS de fútbol sala. O pavillón localízase no barrio da Marisma, á beira do río Pexegueiro.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
Tankōbon (単行本) é o termo en xaponés para «volume compilatorio» dunha serie en particular (coma mangas, novelas gráficas, artigos de revistas, ensaios, padróns de costura etc.) a diferenza de revistas ou series de obras completas que conteñen múltiples títulos. Polo regular, os mangas son publicados por primeira vez en revistas de antoloxías de tirada semanal ou mensual (coma Afternoon, Weekly Shonen Jump, Hana to Yume). Estas revistas de antoloxías conteñen centos de páxinas e decenas de historias individuais escritas por diversos autores.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Judith Love Cohen, nada en Brooklyn o 16 de agosto de 1933 e finada o 25 de xullo de 2016, foi unha enxeñeira aeroespacial e escritora estadounidense. Traballou como enxeñeira eléctrica no mísil Minuteman, na estación científica terrestre do telescopio espacial Hubble, no satélite de seguimento e transmisión de datos e no Programa Apolo. Despois da súa xubilación como enxeñeira, fundou unha editorial de publicacións multimedia para nenos, e que publicou máis de 20 títulos antes da súa morte en 2016.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
ZZ Top, cariñosamente coñecido polos seus fans como "That little ol' band from Texas", é un grupo estadounidense de blues rock formado en 1970 en Houston, Texas. Os membros do grupo son Billy Gibbons (voz e guitarra), Dusty Hill (baixo e guitarra) e Frank Beard (batería). Teñen o mérito de ser un dos poucos grupos de rock que aínda conserva os seus membros orixinais logo de máis de 35 anos, ademais de manter ao mesmo manager e produtor, Bill Ham.
Lista de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica
Esta é a lista de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica, desde a caída do reino visigodo en 711 até a actualidade.
Anne Igartiburu Verdes, nada en Elorrio, Biscaia, o 16 de febreiro de 1969, é unha presentadora de televisión e actriz vasca. Comezou a súa andaina profesional nunha televisión local da que saltou a Euskal Telebista (a televisión autonómica do País Vasco) e de alí a diferentes canles de cobertura nacional, onde adquiriu popularidade.
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.
Rodolfo "Rudy" Fernández Farrés, nado en Palma (Illas Baleares) o 4 de abril de 1985, é un xogador de baloncesto español que milita nas filas do Real Madrid Baloncesto da Liga Endesa e da selección española. Cunha altura de 1,96 metros, xoga habitualmente na posición de escolta, aínda que tamén xoga ás veces como aleiro. É irmán da ex-xogadora de baloncesto Marta Fernández.
María Cristina Cifuentes Cuencas, nada en Madrid o 1 de xullo de 1964, é unha política española do Partido Popular. Foi presidenta da Comunidade de Madrid entre 2015 e 2018, cando dimitiu despois da polémica pola obtención do seu mestrado e a aparición dun vídeo roubando nun supermercado.Anteriormente fora deputada da Asemblea de Madrid dende 1991 ata 2012 e ocupara o cargo de Delegada do Goberno de España en Madrid desde xaneiro do 2012 ata abril de 2015, cando cesou para presentar a súa candidatura para as eleccións autonómicas de 2015.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Afonso VIII de León e Galicia, denominado pola historiografía española como Afonso IX, nado en Zamora, Reino de León, o 15 de agosto de 1171 e finado en Sarria, Reino de Galicia o 23 de setembro de 1230, foi rei dos leoneses e Galicia (Adeffonsus Rex Legionensium et Gallecie) desde o 22 de xaneiro de 1188 até a súa morte, o 23 de setembro de 1230.Segundo a numeración cronolóxica real da coroa galego-leonesa, correspóndelle o ordinal VIII, pero, historicamente asignóuselle o ordinal IX, como forma de entroncar as cronoloxías de León e de Castela —en Castela reinaba por aquel entón Afonso VIII de Castela—.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O Sistema de Coordenadas Xeográficas expresa todas as posicións sobre a Terra usando dúas das tres coordenadas dun sistema de coordenadas esféricas que está aliñado co eixo de rotación da Terra. Este define dous ángulos medidos desde o centro da Terra: A latitude mide o ángulo entre calquera punto e o ecuador. As liñas de latitude chámanse paralelos e son círculos paralelos ao ecuador na superficie da Terra.
Caetano Xosé Horta Pombo, nado na Barquiña, Barro, Noia o 15 de xaneiro de 2003, é un deportista galego. Compite en remo, deporte ao que se dedica despois de que abandonase unha prometedora carreira no motocrós. Gañou unha medalla de ouro no Campionato de Europa Xuvenil de Remo de 2020, na proba de dobre scull.
O Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena (Austria) é un dos primeiros museos de belas artes e artes decorativas do mundo. O termo Kunsthistorisches Museum aplícase tanto á institución como ao seu edificio principal. Inaugurouse en 1891 ao mesmo tempo que o Naturhistorisches Museum polo emperador Francisco Xosé I de Austria-Hungría.
En bioloxía celular, o núcleo (do latín nucleus ou nuculeus) é unha parte das células que se atopa en todas as células eucariotas e contén a maioría do material xenético. O núcleo, en xeral, controla as actividades da célula, e ten dúas funcións primarias: controla as reaccións químicas celulares, na súa maioría citoplasmáticas, e garda a información que se precisa para a división celular.Á parte de conter o xenoma da célula, o núcleo contén certas proteínas que regulan a expresión dos xenes. A expresión xenética ao nivel nuclear envolve complexos procesos de transcrición, o procesamento do pre-ARNm e a exportación do mesmo cara ao citoplasma.O núcleo ten un tamaño medio de 6 micrómetros nos mamíferos; os máis grandes son as de células vexetais, que poden chegar a 25 micrómetros ou máis.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Almudena Cid Tostado, nada en Vitoria o 15 de xuño de 1980, é unha ex-ximnasta española que competiu na disciplina de ximnasia rítmica e que participou en catro Olimpíadas (1996-2008), sendo a única ximnasta rítmica no mundo que disputou catro finais olímpicas. Abandonou o deporte profesional o 23 de agosto de 2008.
Cantiga de escarnio e maldicir
A cantiga de escarnio e maldicir (cantiga de escarnho e maldizer en galego-portugués), subxénero da lírica galego-portuguesa, inclúe tanto sirventeses morais e políticos, sátiras literarias e maledicencias persoais, como tenzóns, prantos e parodias; en resumo, os textos que non encaixan como cantiga de amigo e de amor. O trobadorismo galego-portugués perfeccionou unha canción satírica procedente da Provenza, á que lle daban o nome de sirventés, que, chegada ás nosas terras, influíu nos nosos trobadores para que estes, apoiándose quizais nunha tradición satírica autóctona transmitida oralmente e anterior á convivencia coas formas occitanas, creasen un novo xeito de trobar: a cantiga de escarnho e maldizer. Dentro dos tres grandes xéneros do lirismo trobadoresco é o menos homoxéneo pola presenza dunha gran diversidade temática e tonal.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Serena Jameka Williams, nada o 26 de setembro de 1981 en Saginaw, Míchigan, é unha tenista estadounidense. A Women's Tennis Association situouna no número 1 da clasificación en dez ocasións diferentes. Converteuse en número un por primeira vez o 8 de xullo de 2002, e conseguiu este posto por décima vez o 24 de abril de 2017 , sumando ata o de agora 319 semanas como numero un da WTA. É a única xogadora feminina en gañar máis de 40 millóns de dólares en premios.