Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O abruñeiro dos xardíns (Prunus cerasifera) , é unha especie botánica do xénero Prunus e do subxénero Prunus nativa de Europa central e leste, e Asia suroeste e central. O nome latino lembra que é da familia da cerdeira aínda que o seu valor sexa ornamental. É común na xardinaxe galega, especialmente en parques públicos pola súa floración primaveral epolo ton avermellado das súas follas en primavera e verán.
A bandeira mapuche refírese a cada unha das bandeiras empregadas como emblema e símbolo pola nación e as comunidades mapuches en Chile e na Arxentina. Existen diferentes bandeiras que representaron aos mapuches ao longo da historia e en diferentes territorios, e dende 1992, existe a bandeira contemporánea, coñecida como Wenufoye, a cal está amparada polas normas da «Lei Indíxena» de 1993 e que foi amplamente adoptada como símbolo do pobo mapuche e, de maneira oficial, nalgunhas comunas chilenas para os seu uso xunto coa bandeira de Chile e a bandeira da localidade.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Elisa Loncón Antileo, nada o 23 de xaneiro de 1963 na comunidade de Lefweluan de Traiguén, na rexión de Araucanía, é unha lingüista e política mapuche, activista dos dereitos indíxenas. En 2021, Loncón foi elixida como unha das representantes do pobo mapuche para a Convención Constitucional. Logo da creación do órgano constituínte, Loncón foi elixida Presidenta da Convención Constitucional o 4 de xullo de 2021.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego.Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño.
O tesouro de Caldas de Reis é un conxunto de 36 pezas por un total de 14,9 kg de ouro de máis de 20 quilates pertencente á Idade de Bronce galaica e con concomitancias coas Illas Británicas, Irlanda, Bretaña e Centroeuropa. A súa datación oscilou dende o Bronce Final ata os que defenden que se inclúa no Bronce Inicial (cronoloxicamente cara ao 1900-1800 a.C.). O tesouro de Caldas fai pensar nunha certa comunidade cultural coas fisterras europeas e dunha sociedade estruturada de xeito xerárquico baixo elites que comezaban a monopolizar as relacións comerciais e a acumulación de riqueza.
Pequeno Hotel é unha comedia de televisión producida por CTV e que emitiu a Televisión de Galicia no ano 2001. A acción céntrase nas vivencias dos traballadores e clientes dun hotel localizado a carón da muralla de Lugo. A trama céntrase nas relacións entre os personaxes, donos e empregados do hotel, e os hóspedes que nel se aloxan.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Un volcán é unha estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados erupcións, nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, gas e aerosois na atmosfera, podendo causar arrefriamento climático temporal. Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros.
A Eurocopa da UEFA de 2020 é a décimo sexta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo será celebrada por mor do sesenta aniversario da UEFA en varias sedes ao longo de toda Europa. O torneo, disputado en 11 estadios de 11 cidades diferentes, íase disputar do 12 de xuño ó 12 de xullo de 2020, pero por mor da pandemia por coronavirus foi adiada, e disputarase do 11 de xuño ó 11 de xullo de 2021, pero mantendo o nome de UEFA Euro 2020.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A cortiza é a casca exterior feita de materia morta e dura da sobreira (Quercus suber) e dalgunhas outras árbores. É incorrecto utilizar cortiza para denominar a casca doutras especies (un castelanismo pola influencia da palabra corteza), pois en galego debemos usar casca ou paraza.A cortiza foi o primeiro material biolóxico en ser observado ó microscopio e, debido á súa especial estrutura de macrocélulas, permitiu supoñer que os tecidos están formados por células.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Avante LGBT+ (Anteriormente Avante LGTB e Avante LGBT) é unha organización galega conformada por persoas lésbicas, gays, bisexuais, trans, e outras diversidades, que defenden os dereitos do colectivo LGBT+. Esta organización, de ideoloxía nacionalista, feminista e anticapitalista, foi fundada en Santiago de Compostela o 27 de setembro de 2017 após dunha asemblea aberta á que asistiron preto de 100 persoas e que tivo lugar na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. No ano 2018 Avante LGBT+ atravesou un proceso de expansión territorial que culminaría coa súa Asemblea Nacional Constituínte.
Santalla de Riba de Neira é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 27 habitantes (14 mulleres e 13 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 30 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 22 habitantes, sendo 8 homes e 14 mulleres.
A Copa América de fútbol é o campionato de seleccións masculinas nacionais dese deporte máis importante do continente americano, organizado pola Confederación Suramericana de Fútbol (Conmebol). A Copa América é un do tres eventos futbolísticos máis importantes a nivel de seleccións, xunto á Copa Mundial de Fútbol e a Eurocopa. Para a Copa América 2007 estimouse unha audiencia de 530 millóns de persoas en América Latina e a nivel mundial unha audiencia acumulada de 4.000 millóns de persoas pertencentes aos 185 países en que o evento foi retransmitido.
Feitian é o nome dun traxe espacial chinés deseñado para actividades extravehiculares. Está baseado no traxe espacial ruso Orlan-M e foi usado por primeira vez durante a misión da Shenzhou 7, o 27 de setembro de 2008, polo astronauta Zhai Zhigang.En 2004 China comprou a Rusia nove traxes Orlan-M por 800.000 dólares: tres versións de voo, dous de adestramento en terra e catro de flotación neutra para adestramento en tanques de auga. O comezo dos traballos sobre o Feitian comezaron en xullo dese mesmo ano, fabricándose dous modelos de voo cun custo de 5 millóns de dólares por traxe.
A prostaciclina (ou PGI2) é un lípido da familia dos eicosanoides , e dentro destes, xunto coas prostaglandinas e tromboxanos, forma o grupo dos prostanoides. A prostaciclina pode considerarse tamén un tipo de prostaglandina, pero presenta dous aneis cíclicos na súa molécula, que a distinguen das prostaglandinas, que teñen un. Como fármaco a prostaciclina recibe o nome de epoprostenol.
O tren das 3:10 (en inglés: 3:10 to Yuma) é un filme estadounidense de 2007 dirixido por James Mangold e producido por Cathy Konrad. Está protagonizado por Russell Crowe e Christian Bale, xunto con Peter Fonda, Gretchen Mol, Ben Foster, Dallas Roberts, Alan Tudyk, Vinessa Shaw e Logan Lerman. Conta a historia dun rancheiro (Bale) que acepta o perigoso traballo de levar un famoso foraxido (Crowe) perante a xustiza.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Instagram é unha rede social e aplicación para partillar fotos e vídeos. Permite aos usuarios aplicar efectos fotográficos como filtros, marcos, cores retro e vintage, e posteriormente partillalas en diferentes redes sociais como Facebook, Tumblr, Flickr, Twitter ou Vkontakte. Unha característica distintiva da aplicación é que da unha forma cadrada ás fotrografías en honor á Kodak Instamatic e as cámaras Polaroid, contrastando coa relación de aspecto 16:9 que na actualidade usan a maioría das cámaras dos teléfonos móbiles.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O Club Atlético de Madrid S.A.D. é un club de fútbol español da cidade de Madrid. Foi fundado o 26 de abril de 1903 e actualmente xoga na Primeira división da Liga española de fútbol. O club exerce de local, dende a tempada 2017-18, no Wanda Metropolitano, despois de máis de medio século xogando no Estadio Vicente Calderón.
Bamaco (Bamako en francés e Bamakɔ en bambara) é a capital de Malí. Localízase no suroeste do país, na ribeira do río Níxer, a cidade é o centro administrativo e comercial e con 953 600 (2004) é a cidade máis grande de Malí. Ten a categoría de distrito, estando dentro do estado ao mesmo nivel que as rexións e divídese en seis concellos.
Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, co filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdicción de Delaware dende o 2007. Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias. Foi denominado como o «SMS de Internet».A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres (orixinalmente 140), chamados chíos ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario.
A represión franquista refírese ao longo proceso de violencia física, económica, política e cultural que sufriron durante a guerra civil española os partidarios do bando republicano na zona sublevada, e durante a posguerra e o réxime de Franco os perdedores da guerra civil -os republicanos-, os que os apoiaban ou podían apoialos, os que eran denunciados como antifranquistas -fóseno ou non-, así como posteriormente os membros de organizacións políticas, sindicais e en xeral quen non estaba de acordo coa existencia da ditadura franquista, manifestaban a súa oposición á mesma e quen constituían ou podían constituír un perigo para a mesma. Na historiografía non española, a represión franquista adóitase denominar terror branco (white terror en inglés, terreur blanche en francés).O período álxido de represión e violación dos dereitos humanos (que corresponde ao chamado "terror branco") empezou co alzamento militar de xullo de 1936 e considérase que rematou en 1945, cando a segunda guerra mundial puxo fin ás ditaduras de Hitler e Mussolini, principais apoios do réxime franquista. A partir de 1945, ano da promulgación do Foro dos Españois, adóitase falar de represión franquista, unha represión que se aplicou durante toda a ditadura até o falecemento de Francisco Franco en novembro de 1975.Segundo distintos informes coincidentes, España é o segundo país do mundo en número de desaparecidos cuxos restos non foron recuperados nin identificados, tras Camboxa.
BoJack Horseman é unha serie estadounidense de animación de comedia e drama creada por Raphael Bob-Waksberg. Está protagonizada polas voces de Will Arnett, Amy Sedaris, Alison Brie, Paul F. Tompkins e Aaron Paul. Ambientada principalmente en Hollywood, a serie conta a historia dun cabalo antropomórfico chamado BoJack Horseman (Arnett), que foi unha estrela de televisión na década de 1990 e quere volver ser famoso cunha autobiografía escrita por unha escritora pantasma, Diane Nguyen (Brie).
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.416 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Un empréstito é unha forma de captar diñeiro do público por parte das entidades de crédito, que emiten neste caso un conxunto de valores en serie que a xente pode comprar. A cambio, a entidade comprométese a devolver o diñeiro no prazo e cos intereses pactados. Parécese a un depósito a prazo fixo, pero a diferenza reside en que nun empréstito a débeda que asume a entidade está representada por un valor cuxa propiedade pode ser transmitida libremente, a saber, que se pode comprar ou vender.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Sacaúntos é un personaxe "asustanenos", igual có home do saco, un personaxe grande e mal vestido. Ás veces tamén se lle chama o papón, en alusión a que pode papar a alguén, especialmente os nenos. O Sacaúntos, de ollar terrible, dedícase a sacarlle a graxa aos nenos pequenos ata deixalos nos ósos.
O Fútbol Club Barcelona (en catalán: Futbol Club Barcelona), coñecido popularmente como "Barça", é un club polideportivo catalán da cidade de Barcelona, fundado o 29 de novembro de 1899 por un grupo de doce futbolistas afeccionados de Suíza, Cataluña e Gran Bretaña, comandados polo suízo Joan Gamper. O Barça non é unha sociedade anónima como son a maioría dos clubs deportivos profesionais, senón que a propiedade do club recae nos seus máis de 180.000 socios. Este número fai que o FC Barcelona sexa o segundo club con máis socios do mundo tralo SL Benfica portugués, seguido polo FC Bayern München alemán.
María Xosefina Rosa Tascher de la Pagerie (en francés: Marie Josèphe Rose Tascher de la Pagerie), vizcondesa de Beauharnais, coñecida como Xosefina de Beauharnais, nada o 23 de xuño de 1763 na Martinica, daquela colonia do Reino de Francia, e finada o 29 de maio de 1814 en Rueil-Malmaison, Illa de Francia, Francia, crioula de nacemento, foi a primeira esposa de Napoleón Bonaparte, emperador dos franceses e, por tanto, emperatriz de Francia. Por parte da súa filla Hortensia, foi avoa de Napoleón III, e pola do seu fillo, bisavoaa dos máis recentes reis e raíñas suecos e daneses. As familias reais actuais de Bélxica, Noruega e Luxemburgo tamén descenden de Xosefina.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
O movemento Queer encarna o desexo de superación das limitacións do tradicional (e controvertido) activismo do movemento LGTB. Principalmente nos Estados Unidos, Canadá e Inglaterra -durante os 70 e 80- as asociacións de dereitos civís do movemento LGTB produciran, a propósito, unha imaxe do gai positivo, aquel gai home, branco, profesional e de clase media. O Queer propúxose acabar con este estereotipo sexista, clasista e racista das relacións ligadas á sexualidade. Estando á marxe social como unha subcultura, non moi popular mesmo no medio gai.
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e falecida en Passy, Francia, o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas, e foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela, un, o seu marido Pierre Curie, un, a súa filla Iréne Joliot-Curie, e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie). Ela tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e en 1995 converteuse na primeira muller en ser sepultada por méritos propios no Panteón de París.
Na escala de tempo xeolóxico, o Xurásico é o período da era Mesozoica do eón Fanerozoico que está comprendido entre 199 millóns e 600 mil e 145 millóns e 500 mil anos atrás, aproximadamente. O período Xurásico sucede o período Triásico e precede o período Cretáceo, ambos da súa era. Divídese en Xurásico Inferior, Xurásico Medio e Xurásico Superior, da máis antiga para a máis recente.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a faixa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
O fascismo é unha doutrina totalitaria de extrema-dereita desenvolvida por Benito Mussolini na Italia, a partir de 1919, e durante o seu goberno (1922–1943 e 1943–1945). Fascismo deriva de fascio, nome de grupos políticos ou de militancia que xurdiron na Italia entre finais do século XIX e comezos do XX; mais tamén de fasces, que nos tempos do Imperio Romano era un símbolo dos maxistrados: un machado co mango rodeado de varas, simbolizando o poder do Estado e a unidade do pobo. Os fascistas italianos tamén foron coñecidos pola expresión camisas negras, en virtude do uniforme que levaban.
O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo do noroeste galego na provincia da Coruña que une Malpica de Bergantiños (lugar de saída) con Fisterra (lugar de chegada) o longo de 200 km dirección suroeste pola beira do mar. A presenza de faros ao longo do percorrido é o que lle dá nome; tamén decorre por outros lugares de interese da Costa da Morte: praias, bosques, dunas, acantilados, ríos ou regos, peiraos pesqueiros, estuarios, fontes de auga, arquitectura etc. Esta ruta adoita dividirse en oito etapas dunhas 9 horas de camiñada a ritmo de paseo cunha media de 26 km por etapa, sendo a máis curta a de Laxe a Arou (Camariñas) (mide 18 km) e a máis longa a que vai desde Camariñas ata Muxia (mide 32,6 km).
A ficción científica está ineludiblemente ligada ás revistas de ciencia ficción. Probablemente, a primeira revista periódica con algúns contos deste xénero (aínda sen nome oficial) poderíase considerar The Argosy 1896. Non obstante, The Argosy non era unha revista exclusivamente dedicada ás historias fantásticas con contido científico.
Takiji Kobayashi (小林 多喜二), nado o 13 de outubro de 1903 e finado o 20 de febreiro de 1933, foi un escritor xaponés de literatura proletaria. É coñecido sobre todo pola súa novela curta Kanikōsen, publicada en 1929, na que narra a dura vida de pescadores e mariñeiros a bordo dun cargueiro así como o inicio da súa revolta contra a compañía e os seus xestores.
Unha definición é unha proposición (ou conxunto de proposicións) mediante a cal trata de expor de maneira unívoca e con precisión a comprensión dun concepto ou termo ou dicción ou –se consta de dous ou máis palabras– dunha expresión ou locución. Unha definición é unha descrición dun complexo de estado de cousas ou obxectos, circunstancias ou abstraccións que permanecen unidas por medio dun establecemento da zona de validez. Desde un punto de vista lóxico, unha "definición" ben construída debería ser unha "determinación ou delimitación conceptual do que é esencial nun ente, que non supón necesariamente comprobación empírica.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Renfe Operadora, ou simplemente Renfe, é unha entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento de España, e a operadora ferroviaria hexemónica de viaxeiros pola rede de Adif, onde só se internan para servizos internacionais Comboios de Portugal e SNCF. Tamén mantén unha importante presenza no tráfico mercadorías. Tomou o nome da antiga RENFE (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles), empresa creada en 1941 e da que se desprendeu Renfe Operadora o 1 de xaneiro de 2005, pasando RENFE a se chamar Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias). Renfe heredou o groso do material rodante e persoal relacionado (maquinistas, interventores, ...) mentres que Adif quedou coa infraestrutura, superestutura, a maior parte dos predios e naves (agás talleres) e persoal relacionado coa circulación ferroviaria (factores, xefes de estación, persoal dos Postos de Mando e CTC, ...).
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.
Santiago Rey Fernández-Latorre
Santiago Rey Fernández-Latorre, nado na Coruña en 1938, é un empresario galego, propietario do xornal La Voz de Galicia.
A teoría do xene egoísta, tamén chamada visión da evolución centrada nos xenes ou teoría da selección de xenes mantén que a evolución adaptativa ten lugar por medio da supervivencia diferencial de xenes que están en competencia, incrementando a frecuencia alélica daqueles alelos cuxos efectos no trazo fenotípico promoven exitosamente a súa propia propagación, definindo xene como "non só un simple anaco físico de ADN [senón tamén] todas as réplicas dese particular anaco de ADN distribuídas por todo o mundo". Os propoñentes deste xeito de ver a evolución argumentan que, como a información herdable pasa de xeración en xeración case exclusivamente por medio do ADN, entón é mellor considerar a selección natural e a evolución desde a perspectiva dos xenes. Os partidarios desta visión ou concepción da evolución centrada nos xenes argumentan que esta permite comprender fenómenos diversos como o altruísmo e o conflito intraxenómico, que doutro modo serían difíciles de explicar.
Lista de municipios portugueses
Esta é unha lista de municipios portugueses ordenados alfabeticamente. Actualmente (2006), Portugal ten 308 concellos.
O gato de nove colas (en italiano: Il gatto a nove code) é un filme de 1971 escrito e dirixido por Dario Argento. É unha adaptación dunha historia de Dardano Sacchetti, Luigi Cozzi e Bryan Edgar Wallace. Está protagonizado por Karl Malden, James Franciscus e Catherine Spaak.Malia o seu grande éxito en Europa, non foi ben acollido nos Estados Unidos.
A Torre de Teodomiro, tamén denominada como o Castelo de Teodomiro, foi un castelo altomedieval situado no monte do Gato. Coñecida unicamente a través de fontes documentais, foi declarada Ben de Interese Cultural no ano 1994. É, por tanto, un ben singular en Galiza.En 2021 acháronse os seus posíbeis restos arqueolóxicos.
A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa. O feito de que no ano 298 d.
O cabaleiro escuro (en inglés: The Dark Knight) é un filme de superheroes de 2008 dirixido, producido e coescrito por Christopher Nolan. Secuela do filme Batman empeza (2005), está baseado como aquel en Batman, personaxe de banda deseñada de DC Comics. Está protagonizado por Christian Bale, Michael Caine, Heath Ledger, Gary Oldman, Aaron Eckhart, Maggie Gyllenhaal e Morgan Freeman.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Fuxan os ventos, chamado ás veces simplemente Fuxan, é un grupo musical galego formado en 1972 en Lugo no seo do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. O grupo participou co nome de Folk 72 no III Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, onde gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome para o grupo.