Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O sitar (en urdú: ستار, en hindi: सितार, en bengalí: সেতার, en persa: سیتار), é un instrumento musical indio e paquistaní, de corda pulsada, de arquitectura semellante á da guitarra, o laúde, ou o banjo. Identifícase polo seu son metalizado e os seus glissandos. O sitar é un instrumento versátil con son delicado e brillante, apropiado para expresar o lento desenvolvemento dos ragas así como para servir á interpretación virtuosa.
O utilitarismo é a teoría ética que defende que a mellor acción é aquela que ten a maior utilidade. A "utilidade" defínese de varias maneiras, baseándose por regra xeral en termos de benestar de entidades con capacidade de sentir. A primeira persoa en plantear esta teoría foi o inglés, Jeremy Bentham.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Unha corda é o elemento vibratorio orixinario do son nos instrumentos musicais de corda, tales como a guitarra, a arpa, o piano ou membros da familia dos violíns. As cordas son segmentos formados por un material flexible que permanecen en tensión de modo que poidan vibrar libremente, sen entorpecemento que provocase unha distorsión da onda acústica. As cordas poden ser lisas, que constan dun material único como aceiro, nailon, ouro ou tripas de animais; ou ben poden posuír un interior de seda, ou nailon e recubertas con fíos de aceiro, cobre, prata ou ouro no caso das das notas máis agudas do violín.
Leonardo da Vinci ( Leonardo di ser Piero da Vinci ), nado en Anchiano, Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino destacado polímata en diferentes eidos: pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico icona do Renacemento italiano. Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica.
Eduardo Modesto Blanco Amor, nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.558 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A estrutura cristalina dun sólido é a designación dada ao conxunto de propiedades que resultan da forma en que se ordenan espacialmente os átomos ou moléculas que o constitúen. Téñase en conta que só os sólidos cristalinos presentan esta característica, xa que é o resultado macroscópico da existencia subxacente dunha estrutura ordenada a nivel atómico, replicada no espazo a distancias significativas da dimensión atómica ou molecular, o que é exclusivo dos cristais.
A química dos compostos de coordinación ou de coordenación é a rama da química que estuda ións complexos, é dicir, moléculas nas que un catión metálico está coordinado ou coordenado (é dicir, unido cun determinado enlace químico) a átomos, ións ou moléculas cun número de enlaces maior que o seu número de oxidación. En particular, esta disciplina trata o estudo do enlace coordinativo, os métodos sintéticos específicos aplicábeis e a caracterización estrutural mediante o uso de técnicas instrumentais como a espectrofotometría infravermella, Mössbauer, fotoelectrónica ou UV / VIS. En contraste cos enlaces covalentes convencionais, nos complexos os ligandos normalmente achegan todos os electróns ao enlace, en vez de que cada reactivo contribúa cun electrón a un enlace de pares de electróns (enlace coordinativo); non obstante tamén hai complexos de natureza máis covalente. A formación de complexos pode entenderse así como unha reacción ácido-base no sentido da definición de Lewis, na que os ligandos (bases) actúan como doadores de pares de electróns e a partícula central (ácido) como aceptor a través de ocos na súa configuración electrónica.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
A Guerra das correntes (ás veces chamada batalla das correntes) foi unha serie de acontecementos que envolvían a loita motivada pola introdución de sistemas de transmisión de enerxía eléctrica nos Estados Unidos, xerados entre finais da década dos 1880 e comezos da década de 1890, coa expectativa dos enormes beneficios que as grandes empresas esperaban obter do rápido crecemento da empresa de subministración eléctrica como pano de fondo. Nun ambiente de feroz competencia comercial, desencadeouse un debate público sobre seguridade eléctrica, acompañado de campañas de propaganda nos medios. Os sistemas de corrente continua (DC) da Edison Company e de corrente alterna (AC) de Westinghouse Electric, coas súas respectivas vantaxes e inconvenientes, convertéronse nos protagonistas do enfrontamento entre as empresas.
Concurso de Miss Vaca Galicia (Luar)
Miss Vaca Galicia é un certame organizado anualmente polo programa Luar da Televisión de Galicia que ten por obxecto decidir cal é a vaca máis fermosa de Galicia do ano en cuestión. A primeira edición do concurso tivo lugar en 2006.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
No transporte ferroviario, un tren ( pronunciación ) consta dun ou varios vehículos (vagóns), ligados entre si e capaces de se mover sobre unha liña ferroviaria, para transportar persoas ou carga, segundo unha ruta previamente planeada. A liña normalmente está constituída polos convencionais carrís dobres, por monorraíl, ou incluso por levitación magnética. O tren pode ser puxado por unha locomotora ou por unha unidade autoalimentada.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Eurocopa da UEFA de 2020 é a décimo sexta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada, por mor do sesenta aniversario da UEFA, en varias sedes ao longo de toda Europa. O torneo, disputado en 11 estadios de 11 cidades diferentes, íase disputar do 12 de xuño ó 12 de xullo de 2020, pero por mor da pandemia por coronavirus foi adiada, e disputouse do 11 de xuño ó 11 de xullo de 2021, pero mantendo o nome de UEFA Euro 2020.
A apicultura é unha actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas. En Europa a abella máis empregada é a do xénero Apis, normalmente Apis mellifera, con diferentes subespecies ou variantes rexionais. A cría e explotación de melipónidos (abellas sen aguillón produtoras de mel) que se da nas rexións tropicais e subtropicais denomínase meliponicultura.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
José Ventura Eduardo Gregorio Valdomir (sic) ou Xosé Baldomir Rodríguez, máis coñecido como Xosé Baldomir, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal. Entre a súa obra, cunha importante influencia da música popular, salientan as súas melodías galegas, xénero iniciado por un dos seus mestres, Marcial del Adalid, e que Baldomir levou ao máximo nivel artístico, acadando no seu tempo difusión universal con obras que permaneceron na memoria colectiva. Ademais de como compositor, Baldomir destacou tamén como director de corais, estando á fronte de agrupacións como o Orfeón Brigantino ou a Coral Polifónica El Eco, tendo realizado con esta última numerosas e exitosas xiras por España e o resto do mundo.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Galiza estremeira é a denominación que reciben todos aqueles territorios galegofalantes, que se atopan fóra das fronteiras de Galiza, baixo a administración de Castela e León e Asturias. Ligados lingüística, cultural e tradicionalmente a Galiza, existe neles e arredor deles, a reivindicación histórica de pertenza á cultura galega e nalgúns casos de incorporación ou reincorporación á propia Galiza, utilizándose neste último caso a denominación de Galiza irredenta moi a miúdo ou mesmo outras denominacións como Faixa Leste.
Coñécese como Tratado de Tordesillas ó asinado en Tordesillas, Castela na actual provincia de Valladolid, o 7 de xuño de 1494 e que define a división do Novo Mundo entre Castela e Portugal. O tratado establece unha división entre só os dous estados signatarios, tendo como liña divisoria o meridiano localizado a 370 leguas (1770 km) ao oeste das illas de Cabo Verde - meridiano que se situaría hoxe a 46° 37' oeste. Foi ratificado pola España en Arévalo o 2 de xullo e por Portugal en Setúbal o 5 de setembro do mesmo ano.
A República de Haití é un país do Caribe, na parte occidental da illa A Española, limitando, xa que logo, con República Dominicana polo leste; ao norte ten o Océano Atlántico e ao sur e ao oeste ten o Mar Caribe. O seu territorio comprende igualmente a illa La Gonâve, a illa da Tartaruga, o arquipélago das illas Cayemites e a Illa da Vaca, así como outros diversos illotes. A inhabitada illa de La Navasse é reclamada por Haití ante a administración dos Estados Unidos.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. O equipo é coñecido familiarmente como «La Furia Española», rememorando o Saqueo de Antuerpen, episodio da historia militar española. Tamén é coñecido co pseudónimo «La Furia Roja», acuñado por un xornalista italiano que se referiu a el como «Furia Rossa», ou simplemente como «La Roja».A selección española participou en trece edicións da Copa Mundial de Fútbol e foi a anfitrioa da edición de 1982. O mellor resultado obtido pola selección española neste torneo foi ao proclamarse campioa do mundo, fito alcanzado no Mundial de 2010 realizado en Suráfrica.
Casa casino (en inglés: The House) é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Andrew J. Cohen, e co-escrito por Cohen e Brendan O'Brien. Está protagonizado por Will Ferrell, Amy Poehler, Jason Mantzoukas, Ryan Simpkins, Nick Kroll, Allison Tolman, Rob Huebel, Michaela Watkins e Jeremy Renner, e conta a historia dunha parella que abre un casino ilegal na casa do seu amigo para poder pagar a universidade da súa filla. A rodaxe comezou o 14 de setembro de 2015 nos Ánxeles.
O círculo cromático ou roda de cores é unha representación ordenada e circular das cores segundo o seu matiz ou ton, onde se representan as cores primarias e os seus derivados. O seu uso é compatible tanto con modelos de cores subtractivos (artísticos, pictóricos, de pigmento) como modelos aditivos (lumínicos). Os círculos cromáticos poden representarse graduados (escalonados) ou en degradé (como na imaxe).
Selección de fútbol de Inglaterra
A selección de fútbol de Inglaterra (en inglés: England national football team) representa a Inglaterra nas competición internacionais de fútbol. A súa organización está baixo a autoridade da Football Association (Asociación de Fútbol). Compite a nivel internacional en tres dos torneos máis importantes entre seleccións: a Copa do Mundo, a Eurocopa e a UEFA Nations League.
O ollo ( pronunciación ), (do latín ocŭlus), ou globo ocular é o órgano que detecta a luz, sendo a base do sentido da vista. Componse dun sistema sensible aos cambios de luz, capaz de transformar estes en impulsos eléctricos. Os ollos máis sinxelos non fan máis que detectar se os arredores están iluminados ou escuros.
Carlos Alberto Reutemann (nado o 12 de abril de 1942), alcumado "Lole", é un expiloto arxentino de carreiras que competiu en Fórmula Un de 1972 a 1982. Máis tarde dedicouse á política na súa provincia natal de Santa Fe, polo Partido Xusticialista, sendo gobernador da súa provincia por dúas veces, e senador da Arxentina. Como piloto de carreiras de Fórmula Un, Reutemann foi un dos protagonistas principais entre 1972 e 1982.
Alberto Francisco Pradeau Avilés, nado o 15 de maio de 1894 en Guaymas, Sonora, e finado o 29 de xullo de 1980 nos Ánxeles, California, foi un odontólogo, numismático, historiador e académico mexicano, especializado na historia do estado de Sonora e considerado unha das máximas autoridades da numismática mexicana.
Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuva, [ˈliɛtʊvaː] (AFI)), oficialmente República de Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuvos Respublika), é un país da Europa do norte localizado na rexión dos chamados países bálticos. Lituania atópase na beira sueste do mar Báltico, comparte fronteira con Letonia (453 km) polo norte, Belarús (502 km) polo sueste, Polonia (91 km), e o enclave ruso de Kaliningrado (227 km) polo suroeste. Lituania é membro da OTAN e da Unión Europea dende o 2004, ten unha poboación aproximada de 3,4 millóns de habitantes, a súa capital e cidade maior é Vilnius.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
O termo harén (en árabe e persa ḥaram, "santuario" "un lugar sacro inviolábel; harén; membros femininos dunha familia," do árabe: harîm حريم, lit. "algo prohibido,") refírese propiamente aos espazos domésticos que están reservados para as mulleres da casa nunha familia musulmá. O termo refírese en xeral ás esposas ou outras mulleres relacionadas en antigas familias aristocráticas, así como á área illada e apartada dunha casa reservada para elas.
A Santa Sé é a expresión con que se alude á posición do papa en canto cabeza suprema da Igrexa católica, en oposición á referencia á Cidade do Vaticano en tanto que Estado soberano, aínda que ambas as realidades están intimamente relacionadas e é un feito que o Vaticano existe como Estado ao servizo da Igrexa.
Netflix, Inc. é unha empresa comercial estadounidense de contidos multimedia que proporciona mediante unha tarifa plana mensual, series e filmes en streaming, baixo demanda por internet e DVD-por-correo, onde os DVD se envían mediante Permit Reply Mail. A compañía foi fundada en 1997 e ten a súa sede en Los Gatos, California.
María del Carmen Martínez Sancho, nada en Toledo o 8 de xullo de 1901 e finada en Málaga o 15 de outubro de 1995, foi a primeira doutora e a primeira catedrática de Matemáticas no ensino secundario en España, nun instituto de Ferrol. Ademais, estivo no Instituto-Escola de Madrid e de Sevilla. Ao mesmo tempo, foi a primeira muller pensionada pola Junta de Ampliación de Estudios na Universidade de Berlín, a fin de profundar nas súas investigacións dentro do campo amplo das Matemáticas e aprender novos métodos pedagóxicos que se aplicaban en Alemaña.
A Xunta de Galicia, ou simplemente Xunta, aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia como o órgano colexiado de goberno de Galicia. Está composta polo presidente, vicepresidente ou vicepresidentes, se os houber, e mais os conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Lista de episodios de O detective Conan
Esta é unha lista dos episodios de O detective Conan emitidos ata o de agora na Televisión de Galicia. No Xapón xa se produciron máis de 900 episodios. A serie emitiuse na TVG durante os anos 2006 e 2008, que estreou novos episodios diarios con certos paróns de descanso e chegou ata os 300 dobrados.
Pequeno Hotel é unha comedia de televisión producida por CTV e que emitiu a Televisión de Galicia no ano 2001. A acción céntrase nas vivencias dos traballadores e clientes dun hotel localizado a carón da muralla de Lugo. A trama céntrase nas relacións entre os personaxes, donos e empregados do hotel, e os hóspedes que nel se aloxan.
Lista de municipios portugueses
Esta é unha lista de municipios portugueses ordenados alfabeticamente. Actualmente (2006), Portugal ten 308 concellos.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Lista de circuítos da Fórmula 1
A seguinte é unha lista de circuítos que albergaron carreiras de Fórmula 1 desde a tempada de Fórmula 1 de 1950 ata a tempada de Fórmula 1 de 2020. En total, 73 circuítos diferentes de 32 países albergaron carreiras do Campionato Mundial. O primeiro en facelo foi Silverstone, onde se levou a cabo a primeira carreira, o Gran Premio do Reino Unido de 1950.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
RSS é parte da familia de formatos XML, desenvolvidos especificamente para os sitios de novas e os blogs. Este tipo de sitios que se actualizan con frecuencia inclúen dentro das súas potencialidades, a posibilidade de compartir información e usala noutros lugares web ou programas. Este procedemento coñécese como sindicación.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente euroasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.As fronteiras de Europa e a súa poboación son obxecto de controversia, xa que o termo continente pode referirse a un ben cultural e político ou a distincións fisiográficas.
Un planeta interestelar (tamén denominado nómade, orfo ,vagabundo,errante 'ou' planeta sen sol) é un obxecto de masa planetaria que non orbita unha estrela. Tales obxectos foron expulsados do sistema planetario no que se formaron ou nunca estiveron ligados gravitacionalmente a ningunha estrela ou anana marrón. A Vía Láctea por si soa podería ter miles de millóns a billóns de planetas interestelares, un rango que o próximo Telescopio espacial Nancy Grace Roman probablemente sexa capaz de estreitar.Algúns obxectos de masa planetaria poden formarse dun xeito similar ás estrelas, e a Unión Astronómica Internacional propuxo que tales obxectos se chamen sub-ananas marrónss.
Os colibrís son diminutas aves do continente americano que forman a familia dos troquílidos (Trochilidae). Un dos seus xéneros chámase tamén Colibri, pero colibrís úsase de forma xeral para referirse a todos os membro da familia. Están entre os paxaros máis pequenos, xa que a maioría das especies miden entre 7,5 e 13 cm, e entre eles está a ave existente máis pequena, de só 5 cm e menos de 2,5 g de peso, o Mellisuga helenae.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.