Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A Eurocopa da UEFA de 2020 é a décimo sexta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada, por mor do sesenta aniversario da UEFA, en varias sedes ao longo de toda Europa. O torneo, disputado en 11 estadios de 11 cidades diferentes, íase disputar do 12 de xuño ó 12 de xullo de 2020, pero por mor da pandemia por coronavirus foi adiada, e disputouse do 11 de xuño ó 11 de xullo de 2021, pero mantendo o nome de UEFA Euro 2020.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
Erica, coñecidas como uces, urces ou carrouchas, é un xénero de fanerógamas que inclúe unhas 700 especies da familia Ericaceae. Son plantas resistentes á seca, á acidez edáfica e aos lumes. Son moi comúns en Galicia e en xeral na Europa atlántica, formando parte da matogueira, mesturándose con toxos e outros matos, e formando as uceiras, unha das paisaxes e ecosistemas máis representativos da zona.
Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", oficialmente Reino de Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Kongeriget Danmark), é o menor en extensión entre os países nórdicos, ademais do máis meridional, formando parte de Escandinavia. Ten os seus límites terrestres ao sur con Alemaña e dende 1999 atópase unida por estrada e ferrocarril con Suecia pola Ponte de Oresund, ao sueste do país. Rodeada polos mares Báltico e do Norte, limita ao norte con Noruega a través do estreito de Skagerrak.
A República de Haití é un país do Caribe, na parte occidental da illa A Española, limitando, xa que logo, con República Dominicana polo leste; ao norte ten o Océano Atlántico e ao sur e ao oeste ten o Mar Caribe. O seu territorio comprende igualmente a illa La Gonâve, a illa da Tartaruga, o arquipélago das illas Cayemites e a Illa da Vaca, así como outros diversos illotes. A inhabitada illa de La Navasse é reclamada por Haití ante a administración dos Estados Unidos.
As pontes de Madison (na versión orixinal en inglés: The Bridges of Madison County) é un filme estadounidense de 1995 baseado na novela homónima de Robert James Waller. Foi realizada por Amblin Entertainment, Malpaso Productions e Warner Bros. Producida e dirixida por Clint Eastwood con Kathleen Kennedy como copodutora, con guión escrito e adaptado de Richard LaGravenese.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Giorgio Chiellini, nado en Pisa o 14 de agosto de 1984, é un xogador de fútbol italiano que xoga actualmente no club da Serie A Juventus e na selección nacional de Italia. Comezou a súa carreira profesional como defensa, pero é famoso por ser un consitente defensa central con gran habilidade nas xogadas a balón parado. É o vice capitán, por detrás de Gianluigi Buffon.
Unha uceira ou uzal é un monte ou terreo poboado principalmente de uces (especies dos xéneros Erica e/ou Calluna). Outros nomes destas formacións son breixeira, moural e urceira.Atopamos uceiras en diferentes partes do mundo, sendo moi abundantes na Europa atlántica, como nas Illas Británicas e Galicia.
Selección de fútbol de Inglaterra
A selección de fútbol de Inglaterra (en inglés: England national football team) representa a Inglaterra nas competición internacionais de fútbol. A súa organización está baixo a autoridade da Football Association (Asociación de Fútbol). Compite a nivel internacional en tres dos torneos máis importantes entre seleccións: a Copa do Mundo, a Eurocopa e a UEFA Nations League.
Pequeno Hotel é unha comedia de televisión producida por CTV e que emitiu a Televisión de Galicia no ano 2001. A acción céntrase nas vivencias dos traballadores e clientes dun hotel localizado a carón da muralla de Lugo. A trama céntrase nas relacións entre os personaxes, donos e empregados do hotel, e os hóspedes que nel se aloxan.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego.Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño.
Selección de fútbol de Dinamarca
A selección de fútbol de Dinamarca (en dinamarqués: Danmarks fodboldlandshold) é o equipo representativo de Dinamarca nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Unión Dinamarquesa de Fútbol (Dansk Boldspil-Union), pertencente á UEFA. O seu maior éxito foi o título da Eurocopa de Suecia 1992.
O Teatro de sombras, tamén chamado sombras chinescas, é unha antiga forma de contar historias e entreter que usa monicreques que se manteñen entre unha fonte de luz e unha pantalla translúcida, unha tea ou gasa. As marionetas inclúen ás veces cor e outros detalles e acádanse varios efectos movendo os monicreques e a fonte de luz, como que parezan camiñar, bailar, loitar, asentir ou rir. O teatro de sombras tanto para nenos como para adultos é popular en varias culturas.
Wout van Aert, nado en Herentals o 15 de setembro de 1994, é un ciclista profesional belga especialista na modalidade de ciclocrós que actualmente milita no equipo Profesional Continental do Veranda's Willems-Crelan. Na súa modalidade principal, o ciclocrós, Wout ten 2 títulos mundiais consecuivos (2016 e 2017) e 2 campionatos belgas (2016 e 2017). En categorías inferiores tamén ten un campionato mundial sub-23, unha prata mundial xúnior e un europeo sub-23.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.558 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Enrique Morente Cotelo, coñecido artisticamente como Enrique Morente, nado na cidade española de Granada o 25 de decembro de 1942 e falecido en Madrid o 13 de decembro de 2010, foi un cantaor controvertido no flamenco. Despois duns comezos ortodoxos derivou cara ao experimentalismo, renovando as melodías do cante e colaborando con músicos de diversos estilos sen renunciar ás súas raíces nin ó cante flamenco más tradicional. Malia as críticas do sector máis purista do público e da crítica, foi un dos cantaores flamencos máis influentes de finais do século XX e comezos do XXI, que non só innovou, senón que tamén creou tradición: as súas interpretacións foron recreadas por xente como Camarón de la Isla, Mayte Martín, Carmen Linares, Miguel Poveda, Segundo Falcón ou Arcángel.
A Copa América de fútbol é o campionato de seleccións masculinas nacionais dese deporte máis importante do continente americano, organizado pola Confederación Suramericana de Fútbol (Conmebol). A Copa América é un do tres eventos futbolísticos máis importantes a nivel de seleccións, xunto á Copa Mundial de Fútbol e a Eurocopa. Para a Copa América 2007 estimouse unha audiencia de 530 millóns de persoas en América Latina e a nivel mundial unha audiencia acumulada de 4.000 millóns de persoas pertencentes aos 185 países en que o evento foi retransmitido.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. O equipo é coñecido familiarmente como «La Furia Española», rememorando o Saqueo de Antuerpen, episodio da historia militar española. Tamén é coñecido co pseudónimo «La Furia Roja», acuñado por un xornalista italiano que se referiu a el como «Furia Rossa», ou simplemente como «La Roja».A selección española participou en trece edicións da Copa Mundial de Fútbol e foi a anfitrioa da edición de 1982. O mellor resultado obtido pola selección española neste torneo foi ao proclamarse campioa do mundo, fito alcanzado no Mundial de 2010 realizado en Suráfrica.
Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co Mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co Océano Atlántico, Gales e o Mar de Irlanda.
A Santa Sé é a expresión con que se alude á posición do papa en canto cabeza suprema da Igrexa católica, en oposición á referencia á Cidade do Vaticano en tanto que Estado soberano, aínda que ambas as realidades están intimamente relacionadas e é un feito que o Vaticano existe como Estado ao servizo da Igrexa.
O Mont Ventoux (en francés) ou Ventor en (occitano), é unha montaña de 1,912 metros de altitude situada na Provenza. Como indica o seu nome, o vento pode soprar moi forte no cumio, especialmente o coñecido vento Mistral: as correntes producidas poden superar os 160 km/h. Porén o seu nome orixinario non ten que ver con os ventos.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Doc - Nelle tue mani é unha serie de televisión italiana emitiada por Rai 1 dende o 26 de marzo de 2020, dirixida por Jan Maria Michelini e Ciro Visco. A serie baséase na historia real do xefe de servizo hospitalario Pierdante Piccioni quen, ao espertar dun coma producido por un accidente de tránsito ocorrido o 31 de maio de 2013 que lle causou feridas cerebrais, perdeu 12 anos de memoria . Rodáronse 8 episodios dos 16 previstos, debido á difusión da enfermidade do coronavirus 2019 que interrompeu temporalmente a rodaxe , e a final vaise emitir polo que se prevé en outono.
Jordi Alba Ramos, nado en l'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 21 de marzo de 1989, é un futbolista español. Xoga de lateral por banda esquerda e o seu actual equipo é o Futbol Club Barcelona da Primeira División de España. Tamén xoga coa selección de fútbol de España, coa que gañou, sendo un dos xogadores revelación, a Eurocopa de 2012, o terceiro título do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [ˈfræns] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
A Eurocopa da UEFA de 1992 (en sueco: Europamästerskapet i fotboll Sverige 1992) foi a novena edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada en Suecia, entre os días 10 e 26 de xuño. O campionato foi gañado pola selección de Dinamarca, eliminada na fase de clasificación e chamada a última hora hora tras ser excluída a selección de Iugoslavia. Dinamarca bateu na final á selección de Alemaña por dous goles a cero.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
O aeroporto internacional de Cancún (IATA: CUN, ICAO: MMUN) é un aeroporto localizado en Cancún, na península do Iucatán en México. É o segundo aeroporto máis concorrido do país tras o aeroporto da Cidade de México, pero é o máis grande en termos de pasaxeiros internacionais. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 21 415 795 pasaxeiros, un 9,28% máis que en 2015.Ten dúas pistas de aterraxe operativas paralelas que se poden usar simultaneamente.
Premio de Xornalismo Johán Carballeira
O Premio de Xornalismo Johán Carballeira é un certame convocado polo Concello de Bueu que premia artigos periodísticos en lingua galega. No ano 2018 fixo a súa XV edición. Este premio, conxuntamente co Premio de Poesía Johán Carballeira, recoñece a figura do político e escritor Johán Carballeira.
Afonso I, tamén coñecido como Afonso I de Cangas, nado no 739 e finado no 757, foi segundo as Crónicas Afonsinas un princeps (señor territorial) da Cordilleira Cantábrica que viviu na Galicia altomedieval a comezos do século VIII. Diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX asignáronlle o recorrente título de rey de Asturias —que motivou pois engadirlle "de Asturias"—, así como o alcume de "o Católico", denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle. Porén, as crónicas árabes denomínano rei de Galicia (Adhfunsh, malik Jilliquiyya).
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Juventus FC da Serie A italiana. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A prostaciclina (ou PGI2) é un lípido da familia dos eicosanoides , e dentro destes, xunto coas prostaglandinas e tromboxanos, forma o grupo dos prostanoides. A prostaciclina pode considerarse tamén un tipo de prostaglandina, pero presenta dous aneis cíclicos na súa molécula, que a distinguen das prostaglandinas, que teñen un. Como fármaco a prostaciclina recibe o nome de epoprostenol.
San Andreas é un filme estadounidense de 2015 dirixido por Brad Peyton e escrito por Carlton Cuse, con Andre Fabrizio e Jeremy Passmore como os creadores da historia. Está protagonizado por Dwayne Johnson, Carla Gugino, Alexandra Daddario, Ioan Gruffudd, Archie Panjabi e Paul Giamatti. O argumento baséase nun terremoto causado pola falla de San Andreas que debasta a cidade dos Ánxeles e a área da baía de San Francisco.
A cor é a impresión producida por un ton de luz nos órganos visuais, ou máis exactamente, é unha percepción visual que se xera no cerebro dos humanos e outros animais ao interpretar as sinais nerviosos que lle envían os fotorreceptores na retina do ollo, que á súa vez interpretan e distinguen as distintas lonxitudes de onda que captan da parte visible do espectro electromagnético. Todo corpo iluminado absorbe unha parte das ondas electromagnéticas e reflicte as restantes. As ondas reflectidas son captadas polo ollo e interpretadas no cerebro como distintas cores segundo as lonxitudes de ondas correspondentes.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.