Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Chámase decibel ou decibelio (dB) ó valor empregado en acústica ou telecomunicación para expresar a relación, en escala logarítmica, entre dúas potencias, acústicas ou eléctricas. O decibel, co símbolo dB, é unha cantidade adimensional na escala logarítmica, décima parte do bel, que sería a base, aínda que non se usa por ser excesivamente grande na práctica. Unha medida de +10dB implica unha intensidade sonora 10 veces maior.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
O Real Betis Baloncesto S.A.D., coñecido tamén coma Coosur Real Betis por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto da cidade de Sevilla, Andalucía (España). Actualmente o equipo participa na Liga ACB, a máxima categoría do baloncesto español, xogando os seus partidos como local no Palacio Municipal de Deportes San Pablo, un pavillón con capacidade para 7 626 espectadores. Durante anos, por mor do patrocinio dunha entidade financeira, o equipo foi coñecido popularmente como Caja San Fernando.
Superman II é un filme de 1980 de produción británico-estadonidense dirixido por Richard Lester. Está baseado na personaxe de DC Comics Superman. É a secuela do filme de 1978 Superman: The Movie e está protagonizado por Gene Hackman, Christopher Reeve, Terence Stamp, Ned Beatty, Sarah Douglas, Margot Kidder e Jack O'Halloran.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Alzoniella galaica é unha especie de molusco gasterópodo. Foi descrita por primeira vez por Boeters e Rolán en 1988. É un caracol de auga doce endémico de Galicia, con dúas poboacións localizadas, unha en Folgoso do Courel, en Lugo, e outra na estrada de Monforte a Ourense, a 2,3 quilómetros dende Os Peares.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Vimianzo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira e integrado no partido xudicial de Corcubión. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vimiancés». É un dos concellos máis extensos da provincia (187,4 km²) que, segundo o IGE, tiña 7.138 habitantes en 2018 (7.565 no 2015, 8.128 no 2010, 8.402 no 2006, 8.466 no 2005, 8.517 no 2004, 8.653 en 2003), cunha baixa densidade de poboación (38,09 hab./km²).
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Galegos nos Xogos Olímpicos de 2020
A representación de Galicia nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 estivo composta por 21 deportistas integrados no equipo olímpico español, 12 homes e 9 mulleres. Foi a representación máis numerosa da historia do deporte olímpico galego, e foron 7 deportistas máis dos que participaron nos Xogos Olímpicos de 2016.Os resultados foron tamén os mellores do olimpismo galego, cunha colleita de seis medallas (superando as catro de Londres 2012) e nove diplomas olímpicos. Dos 21 deportistas galegos, só catro quedaron fóra dos oito primeiros nas súas respectivas modalidades.
O Circo de los Muchachos (en galego: Circo dos Rapaces) foi o primeiro proxecto de escola de circo no Estado español. Fundado polo padre Silva na década de 1960, instalouse nunha leira chamada «Benposta» (tamén coñecida como «La Ciudad de los Muchachos»), no arrabalde sur da cidade de Ourense, na parroquia de Seixalbo. Mantívose en activo até a primeira década do 2000.
Risen é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Kevin Reynolds e escrito por Reynolds e Paul Aiello. Está protagonizado por Joseph Fiennes, Tom Felton, Peter Firth e Cliff Curtis, e conta a historia dun soldado romano na procura do corpo de Yeshua logo da súa resurrección. Columbia Pictures estreou o filme nos cinemas dos Estados Unidos o 19 de febreiro de 2016.
Michaela Ewuraba Boakye-Collinson, nada o 1 de outubro de 1987 en Londres, é unha actriz, guionista, directora, produtora e cantante británica máis coñecida profesionalmente como Michaela Coel.Acadou recoñecemento por ser a creadora e a protagonista da serie de televisión da E4 Chewing Gum (2015–2017), coa que gañou o BAFTA á mellor actuación feminina en comedia; e tamén pola serie da BBC One/HBO I May Destroy You (2020), pola que gañou o British Academy Television Awards á mellor actriz en 2021 e acadou catro candidaturas aos Premios Primetime Emmy. Tamén é coñecida polo seu traballo noutras producións de Netflix, entre as que se inclúen Black Mirror (2016–2017), Black Earth Rising (2018) e o filme Been So Long (2018).
The White Lotus é unha serie de televisión estadounidense de temática satírica e de comedia dramática creada, escrita e dirixida por Mike White. Estreouse en HBO o 11 de xullo de 2021.A serie foi aprobada en outubro de 2020 e filmada en Hawai a finais dese mesmo ano. Os seis episodios da primeira tempada tratan sobre a vida dos empregados e os clientes dun complexo hoteleiro en Hawai durante unha semana.
Catálogo galego de especies ameazadas
O Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA) é un documento creado en 2007 pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, de acordo coa normativa do Consello de Europa e do Reino de España, para regular a protección da flora e da fauna galegas, así como os seus hábitats.Inicialmente figuraban nela 193 especies e subespecies, e en 2011 engadíronse sete máis, dando un total de 200 especies. Entre elas están, por exemplo, o mexillón de río, o cangrexo de río, a pita do monte (xa extinguida en Galicia), ou o oso pardo, ademais de decenas de especies de algas, liques, fentos, brións e plantas superiores, algunhas delas endémicas.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A Unión do Povo Galego (UPG) é un partido autodefinido como "comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional". Ao seu redor fóronse aglutinando durante os anos setenta os sectores que logo confluirían no BNG. Ten 1.300 militantes e o seu voceiro dende 1965 é Terra e Tempo. O seu secretario xeral é Néstor Rego e dende o XII Congreso Nacional, o posto da presidencia da UPG quedou vacante trala decisión de Bautista Álvarez de non volver presentarse á presidencia, tras ostentar este cargo dende 1977, sendo tamén o cofundador da UPG. A Unión da Mocidade Galega, constituída en 1977, é a organización xuvenil do partido.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Doc - Nelle tue mani é unha serie de televisión italiana emitiada por Rai 1 dende o 26 de marzo de 2020, dirixida por Jan Maria Michelini e Ciro Visco. A serie baséase na historia real do xefe de servizo hospitalario Pierdante Piccioni quen, ao espertar dun coma producido por un accidente de tránsito ocorrido o 31 de maio de 2013 que lle causou feridas cerebrais, perdeu 12 anos de memoria . Rodáronse 8 episodios dos 16 previstos, debido á difusión da enfermidade do coronavirus 2019 que interrompeu temporalmente a rodaxe , e a final vaise emitir polo que se prevé en outono.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
A mitoloxía é o conxunto de lendas e mitos que pertencen á tradición dun pobo, dunha civilización ou dunha relixión, e que explican a súa natureza, a súa historia e os seus costumes.Como unha colección de historias, a mitoloxía é unha parte vital de calquera cultura. Existen varias orixes dos mitos, como a personificación da natureza, a personificación e explicación de fenómenos ou a esaxeración de feitos históricos. Malia que o termo é complexo polo seu significado implícito, o proceso de creación dunha mitoloxía non se adscribe só a prácticas primitivas, senón que abrangue tamén historias contemporáneas, lendas urbanas e os mitos ficticios creados por novelas e banda deseñada de fantasía.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Iberolacerta galani é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos, unha das oito integradas na actualidade no xénero Iberolacerta.É un endemismo dos montes de León aínda que algunhas das súas poboacións viven no oriente da provincia de Ourense.A especie foi nomeada en honor do herpetólogo galego Pedro Galán Regalado. Antigamente estivo incluída no xénero Lacerta.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2019 tiña 66.065 habitantes, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia. Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación de non máis de 1000 habitantes entre os anos 1862 e 1864.Descoñécese a orixe da súa institución, ligada dende a Baixa Idade Media ó castelo da Picoña, posteriormente vinculado á casa de Bragança, constituíuse nun pequeno territorio fronteirizo con organización propia, comparable á dun Estado soberano, que non estaba ligado nin á coroa de Portugal nin á de España.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas. Fundouse o 16 de novembro de 1945 co obxectivo de contribuír á paz e á seguridade no mundo mediante a educación, a ciencia, a cultura e as comunicacións. A constitución firmada ese día entróu en vigor o 4 de novembro de 1946, ratificada por vinte países.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A Liga ACB, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Endesa, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Administrada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), está composta por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden á Liga LEB Oro, sendo substituídos polo campión desta competición e o vencedor dunha rolda de playoffs. Desde a súa fundación participaron na liga un total de 49 equipos.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 175.747 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Selección de fútbol de Namibia
A selección de fútbol de Namibia é o equipo representativo de Namibia nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Asociación de Fútbol de Namibia (inglés: Namibia Football Association), pertencente á Confederación Africana de Fútbol (CAF) e á FIFA. Alcumados Brave Warriors (do inglés: Guerreiros valentes), nunca conseguiron participar na fase final dunha Copa do Mundo. Porén, conseguiron clasificarse para tres edicións da Copa de África de Nacións (1998, 2008, 2019), caendo en todas as ocasións na fase de grupos.
Os Quebec Nordiques, ou Nordiques de Québec, foron un equipo profesional de hóckey sobre xeo canadense con base na cidade de Quebec, na provincia homónima. Os Nordiques xogaron na World Hockey Association (WHA) entre 1972 e 1979, e na National Hockey League (NHL) entre 1979 e 1995. A franquía foi trasladada a Denver (Colorado, Estados Unidos) e mudou o seu nome polo de Colorado Avalanche na tempada 1995-96.Nas súas 23 tempadas de historia, o maior logro dos Nordiques chegou na tempada 1976-77, cando o equipo quebequés alzou o Avco World Trophy como campión da WHA. Das 16 tempadas que o equipo competiu na NHL, en nove delas disputou os play-offs, chegando dúas veces ás finais de conferencia, nas que caeu fronte aos New York Islanders na tempada 1981-82 e os Philadelphia Flyers na tempada 1984-85.