Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A Santa Sé é a expresión con que se alude á posición do papa en canto cabeza suprema da Igrexa católica, en oposición á referencia á Cidade do Vaticano en tanto que Estado soberano, aínda que ambas as realidades están intimamente relacionadas e é un feito que o Vaticano existe como Estado ao servizo da Igrexa.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
The Rolling Stones é un conxunto de rock británico formado na cidade de Dartford no ano 1962. Marcaron o renacemento do rock and roll tralo período de Elvis Presley e ocuparon un lugar importante no redescubrimento do blues negro. Estivo na vangarda das bandas da British Invasion que se fixeron populares nos Estados Unidos dende 1964-1965, e foi unha importante peza da contracultura dos anos 60.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Andy Warhol, nado o 6 de agosto de 1928 en Pittsburgh, Pensilvania, e finado o 22 de febreiro de 1987 en Nova York, foi un pintor, director cinematográfico e publicista americano, ademais de ser unha das principais figuras do movemento coñecido como arte pop. Logo dunha exitosa carreira como ilustrador comercial, Warhol fíxose famoso en todo o mundo polos seus traballos como pintor, cineasta, produtor musical, escritor e escultor. Foi unha importante figura pública coñecida pola súa pertenza a círculos sociais moi diversos que incluían desde persoas bohemias que vivían na rúa ata distinguidos intelectuais, celebridades de Hollywood, xente adiñeirada e aristócratas.
Michael Philip Jagger, nado o 26 de xullo de 1943 en Dartford, Kent, máis coñecido como Mick Jagger, é un músico de rock inglés coñecido, sobre todo, por ser vocalista (tamén cofundador e compositor) de The Rolling Stones. A súa carreira abarca máis de cinco décadas e foi descrito como "un dos cantantes máis populares e influentes na historia do rock & roll". Pola súa distintiva voz e a súa posta en escena, xunto co estilo de guitarra de Keith Richards, foron a marca rexistrada da banda durante toda a súa carreira.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Keith Richards, nado o 18 de decembro de 1943, é un músico inglés e un compositor de cancións, é membro fundador dos Rolling Stones. A revista Rolling Stones dixo que Richards creara "o maior conxunto de acordes de guitarra" e el estivo de cuarto na lista dos cen mellores guitarristas. Catorce cancións que Richards escribiu co vocalista dos Rolling Stones, Mick Jagger están nunha lista da revista Rolling Stones de entre as 500 cancións mellores de todos os tempos.
Na escala de tempo xeolóxico, o Xurásico é o período da era Mesozoica do eón Fanerozoico que está comprendido entre 199 millóns e 600 mil e 145 millóns e 500 mil anos atrás, aproximadamente. O período Xurásico sucede o período Triásico e precede o período Cretáceo, ambos da súa era. Divídese en Xurásico Inferior, Xurásico Medio e Xurásico Superior, da máis antiga para a máis recente.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Vincent Gallo, nado en Buffalo (Estado de Nova York) o 11 de abril de 1961, é un actor e director de cine, ademais de produtor, guionista e músico. Aínda que tivo pequenos papeis en películas comerciais como Un dos nosos, está máis ligado ó cine independente. Nos 80 Gallo traballou como pintor figurativo en Nova York, actuando nun dúo de rap e tocando na banda Bohack.
A liberdade, do latín "libertas, -ātis" e do grego "ή ελευθερία", é a capacidade que ten o ser humano de obrar ou non segundo a súa intelixencia e sen unha obriga externa á propia persoa. Tamén se representa a liberdade como aquel estado no que o home non está sendo escravizado nin preso por outro, facendo alusión a aqueles aspectos relacionados coa independencia. Mais a liberdade do home vese fundamentada polo feito da súa carencia de instintos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O Club Baloncesto Gran Canaria - Claret, S.A.D. é un equipo profesional de baloncesto español con sede na cidade das Palmas de Gran Canaria, nas Illas Canarias. Fundado en 1963 co nome de Colegio Claret, actualmente xoga na Liga ACB. Desde 2014, tras deixar o Centro Insular de Deportes, o equipo disputa os seus partidos como local no Gran Canaria Arena, recinto con capacidade para acoller 11 500 espectadores.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O pozo e o péndulo (en inglés: The Pit and the Pendulum) é un filme estadounidense de 1961 dirixido por Roger Corman e protagonizado por Vincent Price, Barbara Steele, John Kerr e Luana Anders. O guión, escrito por Richard Matheson, está vagamente inspirado na historia curta homónima de Edgar Allan Poe, publicada en 1842. Ambientada no século XVI en España, a historia conta como un mozo inglés visita un castelo prohibido para investigar a misteriosa morte da súa irmá.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Rincón de la Victoria é un municipio da provincia de Málaga, en Andalucía, España. Está situado na comarca da Axarquía e integrado no área metropolitana de Málaga e a Mancomunidade de Municipios da Costa do Sol-Axarquía. Limita ao norte cos municipios de Totalán e Moclinejo; ao nordés, co municipio de Macharaviaya; ao leste, co municipio de Vélez-Málaga; ao sur, co mar Mediterráneo; e ao oeste co municipio de Málaga.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Denomínase talibán a un movemento político fundamentalista islámico afgán de carácter sunnita que gobernou a maioría do país a partir de 1996 e ata 2001, malia ter recoñecemento diplomático de soamente tres países: os Emiratos Árabes Unidos, Paquistán, e Arabia Saudita, así como do goberno -non recoñecido internacionalmente- da República chechena de Ichkeria.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O arquéntero, tamén chamado gastrocele e intestino primitivo, e ás veces citado como arquénteron, é unha cavidade formada no interior do embrión dun animal cando o endoderma e o mesoderma se invaxinan durante a gastrulación, e que se abre ao esterior polo blastóporo. Vai dar lugar á formación do intestino do adulto. A súa orixe e desenvolvemento é diferente segundo se consideren animais protóstomos ou deuteróstomos.
Kobe Bean Bryant, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 23 de agosto de 1978 e finado en California o 26 de xaneiro de 2020, foi un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou durante toda a súa carreira para Los Angeles Lakers na National Basketball Association (NBA). Bryant gozou dunha exitosa carreira no baloncesto de instituto, polo que decidiu tentar ingresar na NBA despois de graduarse. Foi seleccionado no posto número trece no Draft da NBA de 1996 polos Charlotte Hornets, e logo traspasado aos Lakers dos Ánxeles.
A clonación TA, tamén chamada clonación rápida ou clonación T (TA cloning, T cloning), é unha técnica de subclonación que evita case totalmente o uso de encimas de restrición e é máis doada de realizar e máis rápida que a subclonación tradicional. A técnica baséase na habilidade da adenina (A) e a timina (T) (par de bases complementarias) de diferentes fragmentos de ADN de hibridarse e, en presenza dunha ligase, os fragmentos quedan unidos. Os produtos de PCR producidos son xeralmente amplificados usando a ADN polimerase Taq, que engade preferentemente unha adenina ao extremo 3' do produto.
Un ovo frixido ou ovo estrelado é un ovo (normalmente de galiña) que se cociña, sen a casca e sen bater, en aceite quente até que calla a clara. Tamén recibe as denominacións de ovo frito ou ovo fritido. Faise nunha tixola (tamén pode facerse nunha prancha) cun pouco de graxa (pode ser manteiga, margarina, aceite ou outra), até derreter (normalmente en Galicia hoxe faise con aceite de oliva).
Alfred Molina, nado o 24 de maio de 1953 en Paddington, Londres, é un actor inglés. Coñecido polos seus papeis nos filmes Na busca da arca perdida, Prick Up Your Ears, The Man Who Knew Too Little, Spider-Man 2, Maverick, Species, Not Without My Daughter, Chocolat, Frida, Steamboy, The Hoax, Prince of Persia: The Sands of Time, The Da Vinci Code, A Panther in the Basement, An Education e The Sorcerer's Apprentice.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Catálogo galego de especies ameazadas
O Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA) é un documento creado en 2007 pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, de acordo coa normativa do Consello de Europa e do Reino de España, para regular a protección da flora e da fauna galegas, así como os seus hábitats.Inicialmente figuraban nela 193 especies e subespecies, e en 2011 engadíronse sete máis, dando un total de 200 especies. Entre elas están, por exemplo, o mexillón de río, o cangrexo de río, a pita do monte (xa extinguida en Galicia), ou o oso pardo, ademais de decenas de especies de algas, liques, fentos, brións e plantas superiores, algunhas delas endémicas.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Unha definición é unha proposición (ou conxunto de proposicións) mediante a cal trata de expor de maneira unívoca e con precisión a comprensión dun concepto ou termo ou dicción ou –se consta de dous ou máis palabras– dunha expresión ou locución. Unha definición é unha descrición dun complexo de estado de cousas ou obxectos, circunstancias ou abstraccións que permanecen unidas por medio dun establecemento da zona de validez. Desde un punto de vista lóxico, unha "definición" ben construída debería ser unha "determinación ou delimitación conceptual do que é esencial nun ente, que non supón necesariamente comprobación empírica.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Vandenboschia speciosa é unha especie de fento amplamente distribuída por Europa Occidental. É máis abondosa en Irlanda, o Reino Unido, a Bretaña, Galicia, as Canarias, Madeira e os Azores, mais tamén é posible atopala noutras zonas de Francia, España, Portugal e Italia. É unha especie endémica europea cunha distribución disxunta, tendo outrora unha distribución moito máis ampla antes dos cambios climáticos dos períodos Terciario e Cuaternario.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Serramoura é unha serie de televisión galega de suspense producida por Voz Audiovisual e emitida na Televisión de Galicia entre o 5 de outubro de 2014 e o 25 de outubro de 2020 en horario de máxima audiencia. Está protagonizada por Lucía Regueiro, Miguel Ángel Blanco, Antonio Mourelos, Isabel Naveira e Uxía Blanco, entre outros. Do final de Serramoura xorde unha serie derivada, A lei de Santos, protagonizada por Santos, personaxe interpretado por Monti Castiñeiras.
O islam (en árabe: الإسلام, al-Islām ) ou islamismo é unha relixión monoteísta abrahámica cuxo dogma baséase no libro do Corán, o cal establece como premisa fundamental para os seus crentes que «Non hai máis deus que Alá e que Mahoma é o último mensaxeiro de Alá». A palabra árabe Allah, galeguizada como Alá, significa Deus e a súa etimoloxía é a mesma da palabra semítica El (אל), coa que se nomea a Deus na Biblia. Os eruditos islámicos definen ao islam como: «A submisión a Deus o Altísimo a través do monoteísmo, a obediencia e o abandono da idolatría».
A Era Mesozoica, Mesozoico ou Era Secundaria foi un período da historia da Terra que se iniciou hai 251,0 ± 0,4 millóns de anos e finalizou hai 65,5 ± 0,3 millóns de anos, pero só corresponde ao 3,9 % da historia total da Terra. Denomínase Mesozoico porque se encontra entre as outras dúas eras do Eón Fanerozoico, a Era Paleozoica e a Era Cenozoica. O nome procede do grego meso/μεσο que significa "entre" e zoon/ζωον que significa "animal".
Unha idea xenial (en inglés: Happy New Year) é un filme estadounidense de 1987 dirixido por John G. Avildsen e protagonizado por Peter Falk. O guión foi escrito por Warren Lane, e está baseado no filme francés La bonne année. O director do filme francés, Claude Lelouch, fai un cameo como o home no tren.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Juventus FC da Serie A italiana. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Galiza estremeira é a denominación que reciben todos aqueles territorios galegofalantes, que se atopan fóra das fronteiras de Galiza, baixo a administración de Castela e León e Asturias. Ligados lingüística, cultural e tradicionalmente a Galiza, existe neles e arredor deles, a reivindicación histórica de pertenza á cultura galega e nalgúns casos de incorporación ou reincorporación á propia Galiza, utilizándose neste último caso a denominación de Galiza irredenta moi a miúdo ou mesmo outras denominacións como Faixa Leste.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 175.747 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [ˈfræns] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
O alcrique (Scomberesox saurus Walbaum 1792) é un peixe mariño da familia dos Scomberesocidae, de corpo longo e estreito e cunhas mandíbulas aguzadas. Pode confundirse coa agulla (Belone belone), moi similar pero máis grande. No Dicionario da RAG dáselle tamén o nome de alpabarda, chandarme, pataguillón ou rato .
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.