Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Andy Warhol, nado o 6 de agosto de 1928 en Pittsburgh, Pensilvania, e finado o 22 de febreiro de 1987 en Nova York, foi un pintor, director cinematográfico e publicista americano, ademais de ser unha das principais figuras do movemento coñecido como arte pop. Logo dunha exitosa carreira como ilustrador comercial, Warhol fíxose famoso en todo o mundo polos seus traballos como pintor, cineasta, produtor musical, escritor e escultor. Foi unha importante figura pública coñecida pola súa pertenza a círculos sociais moi diversos que incluían desde persoas bohemias que vivían na rúa ata distinguidos intelectuais, celebridades de Hollywood, xente adiñeirada e aristócratas.
The Rolling Stones é un conxunto de rock británico formado na cidade de Dartford no ano 1962. Marcaron o renacemento do rock and roll tralo período de Elvis Presley e ocuparon un lugar importante no redescubrimento do blues negro. Estivo na vangarda das bandas da British Invasion que se fixeron populares nos Estados Unidos dende 1964-1965, e foi unha importante peza da contracultura dos anos 60.
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cine británico nacionalizado americano, mestre do xénero do thriller de suspense. Tras unha exitosa carreira no cine británico en películas mudas e nas primeiras sonoras, o que o levou a ser considerado o mellor director de Inglaterra, Hitchcock trasladouse a Hollywood en 1939.
Os Interahamwe son unha organización paramilitar Hutu activa na República Democrática do Congo e Uganda. Formouse en torno ao 1990 como a ala xuvenil do Movemento Nacional Republicano pra a Democracia e o Desenvolvemento (MRND, segundo o seu nome en francés), o por entón partido gobernante de Ruanda, e contou co respaldo do goberno do Poder Hutu. Os Interahamwe, dirixidos por Robert Kajuga, foron os principais responsables do xenocidio ruandés, durante o cal se calcula que foron asasinados entre 500.000 e 1.000.000 de tutsis, twa, hutus moderados entre abril e xullo de 1994, e o termo "Interahamwe" ampliouse pra referirse a calquera banda civil que matara a tutsis.Os Interahamwe foron expulsados de Ruanda despois da vitoria do Frente Patriótico Ruandés (FPR), liderado polos tutsis, na Guerra Civil de Ruanda en xullo de 1994, e son considerados unha organización terrorista por moitos gobernos africanos e occidentais.
Vincent Gallo, nado en Buffalo (Estado de Nova York) o 11 de abril de 1961, é un actor e director de cine, ademais de produtor, guionista e músico. Aínda que tivo pequenos papeis en películas comerciais como Un dos nosos, está máis ligado ó cine independente. Nos 80 Gallo traballou como pintor figurativo en Nova York, actuando nun dúo de rap e tocando na banda Bohack.
Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos.
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
Michael Philip Jagger, nado o 26 de xullo de 1943 en Dartford, Kent, máis coñecido como Mick Jagger, é un músico de rock inglés coñecido, sobre todo, por ser vocalista (tamén cofundador e compositor) de The Rolling Stones. A súa carreira abarca máis de cinco décadas e foi descrito como "un dos cantantes máis populares e influentes na historia do rock & roll". Pola súa distintiva voz e a súa posta en escena, xunto co estilo de guitarra de Keith Richards, foron a marca rexistrada da banda durante toda a súa carreira.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Transnistria (nalgúns casos escrito como "Transdniéster", "Transdniestria" ou "Cisdniéster") é un territorio separatista de Moldavia situado principalmente entre o río Dnister e a fronteira oriental da República de Moldavia con Ucraína. Desde a súa declaración de independencia en 1990 e, especialmente despois da Guerra de Transnistria en 1992, é gobernada como a República Moldava Pridnestroviana (RMP), tamén coñecida como "Pridnestrovia"), un Estado non recoñecido que reclama o territorio ao leste do río Dnister, a cidade de Bender e as súas localidades circundantes situadas na beira oeste deste río. A República de Moldavia non recoñece a secesión e considera que os territorios controlados poa RMP son parte da rexión autónoma moldava de Stînga Nistrului (literalmente, "a ribeira esquerda do Dnister"), oficialmente denominada Unidade Territorial Autónoma Transistria, cun status xurídico especial.Tras da disolución da Unión Soviética, as tensións entre o goberno de Moldavia e as autoridades do Estado separatista en Tiráspol culminaron nunha conflito militar que comezou en marzo de 1992 e concluíu por un alto o fogo en xullo de 1992.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Alfred Molina, nado o 24 de maio de 1953 en Paddington, Londres, é un actor inglés. Coñecido polos seus papeis nos filmes Na busca da arca perdida, Prick Up Your Ears, The Man Who Knew Too Little, Spider-Man 2, Maverick, Species, Not Without My Daughter, Chocolat, Frida, Steamboy, The Hoax, Prince of Persia: The Sands of Time, The Da Vinci Code, A Panther in the Basement, An Education e The Sorcerer's Apprentice.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A pantalla de cristal líquido (LCD, do inglés liquid-crystal display) é unha tecnoloxía que usa as propiedades do cristal líquido, empregada nas pantallas de calculadoras, reloxos dixitais e nas pantallas de ordenadores e TV. A tecnoloxía baséase en diminutos cristais en estado líquido que segundo como se polaricen poden ser transparentes ou opacos. Unha fonte luminosa situada detrás dos cristais ilumina os cristais, os opacos non deixan pasar a luz mais os transparentes si.
Festival da Canción de Turkvisión 2021
O V Festival da Canción de Turkvisión será a 5ª edición do festival e terá lugar en Turkestán, cidade e actual capital da provincia de Casaquistán do Sur, Casaquistán. Orixinalmente, estaba previsto para celebralo na cidade de Shusha, Acerbaixán.
A fisioterapia é unha disciplina das ciencias da saúde que ofrece unha alternativa terapéutica non farmacolóxica para diagnosticar, previr e tratar síntomas de múltiplas doencias, tanto agudas como crónicas, por medio do exercicio terapéutico mediante a calor, o frío, a luz, a auga, a electricidade e técnicas manuais.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Alicia Amanda Vikander, nada en Gotemburgo o 3 de outubro de 1988, é unha actriz e bailarina sueca. Vikander comezou a súa carreira aparecendo en curtametraxes e series de televisión suecas, sendo a máis popular Andra Avenyn (2008–11). Fixo o seu debut no cine con Pure (2010), e tamén apareceu en Anna Karenina, co-protagonizou o filme dinamarqués En kongelig affære (2012) e colaborou en The Fifth Estate (2013).
Unha tríade catalítica é un conxunto de tres aminoácidos coordinados que se poden encontrar no sitio activo dalgúns encimas. As tríaddes catalíticas encóntranse máis comunmente en encimas hidrolases e transferases (epor exemplo, proteases, amidases, esterases, acilases, lipases e β-lactamases). Unha tríada formada por ácido-base-nucleófilo é un motivo común para xerar un residuo nucleófilo para a catálise covalente.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Binibèquer Vell é unha localidade e complexo turístico situado na costa sur da illa de Menorca, nas illas Baleares, que pertence ao concello de Sant Lluís. Está a 5 km da capital do municipio e a 8 km de Maó, a capital da illa. Está situado entre o cabo d'en Font ao oeste e a praia de Binibeca ao leste.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.
Pena da Nogueira, Marentes, Negueira de Muñiz
Pena da Nogueira é un lugar da parroquia de Marentes, no concello de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña 7 habitantes, 5 homes e 2 mulleres; o que supón un aumento no número de efectivos en relación ao ano 2006.
O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación de non máis de 1000 habitantes entre os anos 1862 e 1864.Descoñécese a orixe da súa institución, ligada dende a Baixa Idade Media ó castelo da Picoña, posteriormente vinculado á casa de Bragança, constituíuse nun pequeno territorio fronteirizo con organización propia, comparable á dun Estado soberano, que non estaba ligado nin á coroa de Portugal nin á de España.
Paola Frassinetti, nada o 3 de marzo de 1809 e finada o 11 de xuño de 1882, foi unha relixiosa católica italiana fundadora da congregación das Irmás de Santa Dorotea. Beatificada en 1930, foi canonizada co título de santa Paula en 1984. Segundo a súa biógrafa Riccarda Chini, Frassinetti foi "unha muller sinxela ao ollos do mundo, unha moza sen cultura que foi elixida por Deus para espertar na igrexa un novo formato que presentase á xuventude os valores pedagóxicos do Evanxeo".
Denomínase talibán a un movemento político fundamentalista islámico afgán de carácter sunnita que gobernou a maioría do país a partir de 1996 e ata 2001, malia ter recoñecemento diplomático de soamente tres países: os Emiratos Árabes Unidos, Paquistán, e Arabia Saudita, así como do goberno -non recoñecido internacionalmente- da República chechena de Ichkeria.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Keith Richards, nado o 18 de decembro de 1943, é un músico inglés e un compositor de cancións, é membro fundador dos Rolling Stones. A revista Rolling Stones dixo que Richards creara "o maior conxunto de acordes de guitarra" e el estivo de cuarto na lista dos cen mellores guitarristas. Catorce cancións que Richards escribiu co vocalista dos Rolling Stones, Mick Jagger están nunha lista da revista Rolling Stones de entre as 500 cancións mellores de todos os tempos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Amadeo I de España, nado en Turín o 30 de maio de 1845 e finado na mesma cidade o 18 de xaneiro de 1890, foi un nobre italiano, príncipe da casa de Savoia, con tratamento de Alteza Real, primeiro duque de Savoia, e chegou a ser rei de España desde 1871 ata 1873 a consecuencia de ser elixido como tal polas Cortes do Sexenio Democrático.
A respiración pulmonar é o proceso polo cal o aire entra e sae dos pulmóns. A respiración pulmonar, usada por organismos aerobios tales como réptiles, aves e mamíferos, necesita osíxeno para producir enerxía, a través da respiración celular, en forma de moléculas do metabolismo de alto valor enerxético como a glucosa. A respiración é só un proceso que achega osíxeno alí onde se necesita e expulsa do organismo dióxido de carbono.
Santa María de Xares é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 82 habitantes (43 mulleres e 39 homes), nunha entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 55 habitantes, sendo 23 homes e 32 mulleres.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O té verde é un té verdadeiro (feito con Camellia sinensis) que sofre pouca oxidación durante o seu procesamento. Moi popular na China e no Xapón, hai pouco tempo comezou a consumirse con maior frecuencia no occidente, tradicional consumidor de té negro, debido tanto a unha tendencia orientalista, como ás propiedades antioxidantes que se lle atribúen.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Pedro González de Mendoza pódese referir a: Pedro González de Mendoza, nobre e militar castelán, que foi mordomo mor do rei, garda mor do rei, adiantado mor de Castela e meiriño mor de Áraba (c. 1340-1385); Pedro González de Mendoza, prelado castelán, que foi arcebispo de Sevilla e de Toledo, así como cardeal (1428-1495); Pedro González de Mendoza, prelado castelán, que foi arcebispo de Granada, de Zaragoza e de Sigüenza (1570-1639).
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe a Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrilleiro Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
A Cultura de Pengtoushan (彭頭山文化) (7500 a.C.-6100 a.C.) foi unha cultura neolítica xurdida en torno ao Río Yangtzé na rexión ao nordeste de Hunan, en China. É aproximadamente contemporánea da cultura de Peiligang. Os dous principais xacementos característicos desta cultura son Pengtoushan e Bashidang.
Para o método de reprodución vexetativa véxase o artigo Porbaixa O mergullo, tamén chamado submarinismo, é o acto por medio do cal o home se somerxe en corpos de auga, xa sexa o mar, un lago ou un río, co fin de desenvolver unha actividade deportiva, comercial ou de procura científica ou militar con ou sen axuda de equipos especiais. O mergullo presenta dous formas de practicalo: a apnea (do grego ἄπνοια apnoia, "sen respiración"), técnica tamén coñecida como mergullo libre ou a pulmón; e o mergullo con equipo, que pode ser con escafandro autónomo —tamén denominado SCUBA (acrónimo inglés de Self Contained Underwater Breathing Aparatus) ou mergullo con botella— ou dependente de superficie (SSD —Surface Supply Dive)... As técnicas de apnea e SCUBA con aire pertencen á categoría deportiva ou recreativa.
As artes plásticas consisten en formar e conformar ideas con distintos materiais mediante accións como a pintura, o debuxo, a arquitectura ou a escultura; é dicir, as artes plásticas representan un conxunto de accións e actividades de tipo gráfico-plástico, onde interveñen a vista e o tacto para aprecialas e estimular a nosa imaxinación e pensamento.