Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Guido Álvarez Parga, nado en Lugo o 16 de setembro de 1985, é un turismólogo e docente universitario. Colaborador asiduo en diversos medios de comunicación (principalmente prensa escrita e radio), é un dos fundadores do movemento social Coidemos Lugo. Foi nomeado como un dos 10 Lucenses do Ano no ano 2020.
Francisco Javier Cobián Salgado
Francisco Javier Cobián Salgado, nado na Estrada en 1944, é un político galego.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
A moda é un termo aplicado a maioría das veces a unha corrente de expresión predominante, aínda que tamén se usa como modo de expresión que pode -ou non- ser seguido polos demais. Ligada ao termo vai a idea de que a moda cambia máis axiña cá cultura na súa totalidade. A moda pódese definir como o uso pasaxeiro que regula o xeito de vestirse, de construír, de vivir etc., segundo o gusto do momento ou como o uso social que condiciona a indumentaria segundo unhas normas preestablecidas que varían de acordo coa época e a civilización.
Andy Warhol, nado o 6 de agosto de 1928 en Pittsburgh, Pensilvania, e finado o 22 de febreiro de 1987 en Nova York, foi un pintor, director cinematográfico e publicista americano, ademais de ser unha das principais figuras do movemento coñecido como arte pop. Logo dunha exitosa carreira como ilustrador comercial, Warhol fíxose famoso en todo o mundo polos seus traballos como pintor, cineasta, produtor musical, escritor e escultor. Foi unha importante figura pública coñecida pola súa pertenza a círculos sociais moi diversos que incluían desde persoas bohemias que vivían na rúa ata distinguidos intelectuais, celebridades de Hollywood, xente adiñeirada e aristócratas.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939, é unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
Vincent Gallo, nado en Buffalo (Estado de Nova York) o 11 de abril de 1961, é un actor e director de cine, ademais de produtor, guionista e músico. Aínda que tivo pequenos papeis en películas comerciais como Un dos nosos, está máis ligado ó cine independente. Nos 80 Gallo traballou como pintor figurativo en Nova York, actuando nun dúo de rap e tocando na banda Bohack.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
O Salgueiro, Prado de Limia, Muíños
O Salgueiro é unha aldea da parroquia de Prado de Limia, no concello de Muíños. Atópase despoboada. É propiedade da Xunta de Galicia e forma parte do Parque Natural da Baixa Limia - Serra do Xurés.
José Tunel Cabaleiro, máis coñecido como Talladas, nado en Redondela o 3 de agosto de 1912 e finado no mesmo lugar o 8 de marzo de 1993, foi un futbolista galego que xogaba de porteiro. Tras comezar no Redondela e no Porriño, disputou co Unión Sporting de Vigo a histórica campaña 1935/36 na Segunda División. Ao remate desta marchou ao Brasil para xogar no Galícia de Salvador.
En bioquímica e bioloxía molecular, un sitio de unión é unha rexión dunha macromolécula como unha proteína á que se une outra molécula especificamente. A molécula que se une á macromolécula adoita denominarse ligando. Os ligandos poden incluír outras proteínas (orixinando unha interacción proteína-proteína), substratos encimáticos, segundos mensaxeiros, hormonas ou moduladores alostéricos.
Sasha Sokolov (polo seu nome completo Аleksandr Vsévolodovich Sokolov), nado en Ottawa, Canadá o 6 de novembro de 1943, é un escritor en lingua rusa. É un dos prosistas máis importantes da literatura rusa moderna, coñecido sobre todo pola súa novela "Школа для дураков" (en galego: Escola para parvos).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
Atentado do aeroporto de Cabul
O atentado do aeroporto de Cabul foi un atentado suicida que se produciu o o 26 de agosto de 2021 preto da porta Abbey no Aeroporto internacional Hamid Karzai de Cabul, Afganistán . Este ataque produciuse horas despois de que o Departamento de Estado dos Estados Unidos alertase aos estadounidenses fóra do aeroporto que se marchasen por unha ameaza terrorista. Polo menos 182 persoas morreron no ataque, incluídos 13 militares estadounidenses.
O escabeche é mollo feito con aceite, allo,loureiro, vinagre e pemento doce, como ingredientes básicos, que se utiliza para conservar ou dar sabor ao peixe, a carne etc. . Chámase así tamén ao alimento así obtido, o manxar que se cobre con este preparado, sexa en cru ou cociñado. O escabechado é o proceso que consiste en pór a remollo un alimento en escabeche, co fin de prolongar a súa conservación e darlle sabor.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
O fútbol gaélico (chamado en irlandés: Peil Ghaelach ou Caid) é unha variante do fútbol xogado principalmente en Irlanda. Trátase do deporte de máis popularidade dese país xunto co hurling. O fútbol gaélico xógase en equipos de 15 xogadores (alternativamente 11, 9 ou 7 dependendo da competición, ás veces mesmo 5, raramente 8) nunha cancha de céspede rectangular con porterías en forma de H a ambos lados e unha rede na parte inferior destas.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A fisioterapia é unha disciplina das ciencias da saúde que ofrece unha alternativa terapéutica non farmacolóxica para diagnosticar, previr e tratar síntomas de múltiplas doencias, tanto agudas como crónicas, por medio do exercicio terapéutico mediante a calor, o frío, a luz, a auga, a electricidade e técnicas manuais.
Pitaia é o froito en baga da planta do mesmo nome, dos xéneros Hylocereus e Selenicereus, da familia dos cactos (Cactaceae), proveniente das Américas, de forma ovoide e que, segundo as especies, pode ter a pela de cor rosa, vermella ou amarela, con brácteas verdes que tornan amarelas cando madurece, e a polpa branca ou rosada con sementes negras, moi zumarenta e de sabor doce. Hoxe cultívanse en diferentes zonas tropicais e subtropicais do mundo, incluíndo xa as Illas Canarias e o sur da Península Ibérica.
Catálogo galego de especies ameazadas
O Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA) é un documento creado en 2007 pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, de acordo coa normativa do Consello de Europa e do Reino de España, para regular a protección da flora e da fauna galegas, así como os seus hábitats.Inicialmente figuraban nela 193 especies e subespecies, e en 2011 engadíronse sete máis, dando un total de 200 especies. Entre elas están, por exemplo, o mexillón de río, o cangrexo de río, a pita do monte (xa extinguida en Galicia), ou o oso pardo, ademais de decenas de especies de algas, liques, fentos, brións e plantas superiores, algunhas delas endémicas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A maragota, Labrus bergylta, é un peixe osteíctio mariño da orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos perocideos e familia dos lábridos, unha das 4 especies integradas no xénero Labrus, segundo o WoRMS e a FishBase, ou as 17, segundo o ITIS.Esta especie presenta dúas variedades con distintas coloracións, parda verdosa na maragota e vermella alaranxada con pintas brancas na coñecida popularmente nalgúns portos de Galicia e nos mercados como pinto.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e está situada no noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. Toma o nome da súa capital, a cidade da Coruña.
Acabadora (en italiano: Accabadora) é unha novela escrita por Michela Murgia e publicada orixinalmente en lingua italiana en maio de 2009 pola editorial Einaudi. En maio de 2010, a novela foi premiada co SuperMondello, o recoñecemento máis importante do premio Mondello e, en setembro dese mesmo ano, co premio Campiello.Foi traducida ó galego por Moisés Barcia Rodríguez e foi publicada pola editorial Rinoceronte Editora no ano 2018.
A pantalla de cristal líquido (LCD, do inglés liquid-crystal display) é unha tecnoloxía que usa as propiedades do cristal líquido, empregada nas pantallas de calculadoras, reloxos dixitais e nas pantallas de ordenadores e TV. A tecnoloxía baséase en diminutos cristais en estado líquido que segundo como se polaricen poden ser transparentes ou opacos. Unha fonte luminosa situada detrás dos cristais ilumina os cristais, os opacos non deixan pasar a luz mais os transparentes si.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Enlace de hidróxeno de barreira baixa
Un enlace de hidróxeno de barreira baixa é un tipo especial de enlace de hidróxeno que se pode orixinar cando os pKa dos dous heteroátomos que interveñen no enlace están moi igualados, o cal permite que o hidróxeno sexa compartido entre eles de modo máis equitativo. Esta compartición do hidróxeno causa a formación de enlaces de hidróxeno especialmente curtos e fortes.
Tréveris (en alemán, Trier), é unha cidade de Renania-Palatinado, Alemaña, situada ás beiras do río Mosela, a apenas 15 km da fronteira con Luxemburgo. Cidade natal de Karl Marx (5 de maio de 1818), cuxa residencia familiar é hoxe un museo, e Santo Ambrosio de Milán (340), Trier tamén está orgullosa da súa rica herdanza arquitectónica xa que é considerada a cidade máis antiga de Alemaña, e é con certeza a sede episcopal máis antiga de todo o territorio alemán. En 1986 foi declarada cidade patrimonio da humanidade pola UNESCO. Está localizada no estado da Renania-Palatinado.
Cartemil, Nogueira de Miño, Chantada
Cartemil é un lugar na parroquia de Nogueira de Miño, do concello de Chantada, na comarca de Chantada, pertencente a provincia de Lugo. Segundo datos do INE e do IGE en 2020 tiña 2 habitantes (1 muller e 1 home).
A praia de Alona é a máis popular praia da illa de Panglao, no municipio de Panglao (provincia de Bohol, rexión das Visayas Centrais, Filipinas), situada na punta suroeste da illa. É coñecida pola súa area branca, cantís rochosos e instalacións comerciais que bordean un treito de 1 km da praia.Atópase preto dun arrecife de coral, e é un popular lugar de mergullo. Está situada a menos de 3 km do Aeroporto Internacional de Bohol-Panglao.
O Club Baloncesto 1939 Canarias S.A.D., coñecido tamén coma Lenovo Tenerife por motivos de patrocinio, é un club de baloncesto profesional español con sede en San Cristóbal de la Laguna, Tenerife. Actualmente compite na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español profesional. O club xoga os seus encontros coma local no Pabellón Insular Santiago Martín, recinto con capacidade para 5 100 espectadores.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O traxe galego é a vestimenta tradicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata ben entrado o século XX. Aínda que existen diferenzas entre os traxes usados para traballar e os traxes para días de festa, os usados no interior de Galicia respecto ós da costa, as evolucións ao longo do tempo e as normais diferenzas entre as clases socioeconómicas, existen certos patróns comúns que os unifican e caracterizan e que permiten certos contrastes e igualacións cos territorios veciños de Asturias ou a provincia de León.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 175.881 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Gran Premio de Bélxica de 2021
O Gran Premio de Bélxica 2021 (oficialmente Formula 1 Rolex Belgian Grand Prix 2021) foi unha carreira de Fórmula 1 que que se celebrou o 29 de agosto de 2021, no Circuíto de Spa-Francorchamps de Spa, Bélxica. Foi a duodécima rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021 e o 77º Gran Premio de Bélxica e a sexaxésima cuarta vez que se disputou a carreira en Spa-Francorchamps.
Arenas de San Pedro (coñecida como A Andalucía de Ávila) é unha cidade e municipio de España situada no sur da provincia de Ávila, comunidade autónoma de Castela e León. Trátase da capital da comarca do Valle del Tiétar, pertencente ás antigas Tierras de Talavera. A altitude do municipio alcanza os 2 343 m no pico de La Mira, na serra de Gredos.
Os bugallos ou bugallas, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa das árbores fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos. A definición anterior sería, realmente, aplicable só ós bugallos máis comúns e coñecidos, pero cómpre advertir que non sempre son producidos por avespas senón que en ocasións se deben a outros insectos; que non se presentan só nos carballos senón que outras moitas plantas, arbóreas ou non, poden sufrir esta parasitación; e que a causa non sempre a resposta a unha posta de ovos, senón que poden deberse a un ataque do insecto en busca de alimentos. En calquera caso, trátase sempre dunha reacción defensiva da planta que dá lugar a unha estrutura anormal dos tecidos vexetais (o que a diferencia da resposta a insectos fitófagos e escavadores).
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
The Witcher: Nightmare of the Wolf
The Witcher: Nightmare of the Wolf é un filme de animación estadounidense-surcoreano creado por Netflix e producido por Lauren Schmidt Hissrich. O filme é un spin-off da serie de Netflix The Witcher. Céntrase na historia de orixe do mentor de Geralt, o witcher Vesemir.
A Copa Galicia de Baloncesto nace en 1986 coa primeira edición da competición sénior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o Obradoiro compostelán e mais o Breogán de Lugo.
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
María del Rocío Trinidad Mohedano Jurado, nada en Chipiona o 18 de setembro de 1946 e finada en Alcobendas o 1 de xuño de 2006, foi unha cantante de copla e canción español coñecida en España e Latinoamérica, máis coñecida como Rocío Jurado. Especializouse en xéneros musicais xenuinamente españois así como na balada romántica, faceta coa que alcanzou relevancia internacional. Nos seus últimos anos experimentou con ritmos hispanos e gospel.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Harrison Ford, nado en Chicago o 13 de xullo de 1942, é un coñecido actor e produtor de cine estadounidense. Acadou fama mundial polos seus papeis protagonistas como Han Solo na serie de películas Star Wars e como o personaxe de Indiana Jones na serie de películas de Indiana Jones. Ford tamén é coñecido polos seus papeis como Rick Deckard na película neo-noir distópica ciencia ficción Blade Runner (1982) e a súa secuela Blade Runner 2049 (2017); John Book no thriller Testemuña única (1985), polo cal foi nomeado para o Óscar ao mellor actor; e Jack Ryan nas películas de acción Patriot Games (1992) e Clear and Present Danger (1994).
Movemento pola Autonomía da Cabilia
O Movemento pola Autonomía da Cabilia (en francés: Mouvement pour l'Autonomie de la Kabylie, MAK) nado en xullo de 2001, é un grupo autonomista non-violento que busca a independencia da provincia de Cabilia do estado arxelino. Despois da xuntanza do seu consello nacional, realizado o 4 de outubro de 2013 na localidade de Ath Hamdoune, pasou a denominarse Mouvement pour l'autodétermination de la Kabylie (en lingua cabila: Amussu i ufraniman n tmurt n iqbayliyen). Están liderados polo cantante folk Ferhat M'henni, e está composto por bérberes, sobre todo arredor da cidade de Tizi Ozou, e que están frustrados polos esforzos do goberno de asimilar a minoría dentro da maioría árabe.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.