Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Francisco Javier Cobián Salgado
Francisco Javier Cobián Salgado, nado na Estrada en 1944 e finado o 28 de agosto de 2021, foi un político galego.
A moda é un termo aplicado a maioría das veces a unha corrente de expresión predominante, aínda que tamén se usa como modo de expresión que pode -ou non- ser seguido polos demais. Ligada ao termo vai a idea de que a moda cambia máis axiña cá cultura na súa totalidade. A moda pódese definir como o uso pasaxeiro que regula o xeito de vestirse, de construír, de vivir etc., segundo o gusto do momento ou como o uso social que condiciona a indumentaria segundo unhas normas preestablecidas que varían de acordo coa época e a civilización.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
En bioquímica e bioloxía molecular, un sitio de unión é unha rexión dunha macromolécula, como unha proteína, á que se une outra molécula especificamente. A molécula que se une á macromolécula adoita denominarse ligando. Os ligandos poden ser outras proteínas (orixinando unha interacción proteína-proteína), substratos encimáticos, segundos mensaxeiros, hormonas ou moduladores alostéricos.
A fisioterapia é unha disciplina das ciencias da saúde que ofrece unha alternativa terapéutica non farmacolóxica para diagnosticar, previr e tratar síntomas de múltiplas doencias, tanto agudas como crónicas, por medio do exercicio terapéutico mediante a calor, o frío, a luz, a auga, a electricidade e técnicas manuais.
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
Guido Álvarez Parga, nado en Lugo o 16 de setembro de 1985, é un turismólogo e docente universitario. Colaborador asiduo en diversos medios de comunicación (principalmente prensa escrita e radio), é un dos fundadores do movemento social Coidemos Lugo. Foi nomeado como un dos 10 Lucenses do Ano no ano 2020.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Bàsquet Club Andorra, coñecido por motivos de patrocinio como MoraBanc Andorra é un club de baloncesto profesional andorrano con sede na cidade de Andorra la Vella. Fundado en 1970, xoga os seus encontros como local no Poliesportiu d'Andorra, pavillón con capacidade para 5 005 espectadores. Actualmente compite na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español.
Pablo Emilio Escobar Gaviria, nado en Rionegro, Antioquia, o 1 de decembro de 1949 e finado en Medellín o 2 de decembro de 1993, foi un narcotraficante colombiano. Foi o máximo líder do Cartel de Medellín e do grupo coñecido como Los Extraditables, chegou a ser o home máis poderoso da mafia colombiana, e mailo criminal máis rico e perigoso da súa época en todo o mundo.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Unha definición é unha proposición (ou conxunto de proposicións) mediante a cal trata de expor de maneira unívoca e con precisión a comprensión dun concepto ou termo ou dicción ou –se consta de dous ou máis palabras– dunha expresión ou locución. Unha definición é unha descrición dun complexo de estado de cousas ou obxectos, circunstancias ou abstraccións que permanecen unidas por medio dun establecemento da zona de validez. Desde un punto de vista lóxico, unha "definición" ben construída debería ser unha "determinación ou delimitación conceptual do que é esencial nun ente, que non supón necesariamente comprobación empírica.
Joaquín Fernández Santomé "Quinocho", nado en Vigo o 17 de maio de 1932 e finado na mesma cidade o 20 de outubro de 1988, foi un xogador de fútbol galego, que desempeñaba o seu labor na demarcación de defensa. Foi asasinado por uns ladróns nas instalacións de Balaídos e o Real Club Celta creou un torneo na súa memoria.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Mamma Mia! é un filme musical británico-estadounidense-sueco adaptado do musical de Broadway Mamma Mia!, que está baseado nas cancións do exitoso grupo pop ABBA, con música adicional composta polo membro de ABBA Benny Andersson. O filme foi dirixido por Phyllida Lloyd e distribuído por Universal Pictures en colaboración con Playtone and Littlestar de Tom Hanks e Rita Wilson.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A oración é a mínima unidade comunicacional, con significado completo. Isto significa que é o fragmento máis pequeno do enunciado que comunica unha idea total, e posúe independencia (é dicir, podería sacarse do contexto e seguir comunicando, non o mesmo, pero algo). As oracións están delimitadas prosodicamente por pausas e graficamente por comas ou puntos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Óscar García Junyent, deportivamente coñecido como Óscar, nado o 26 de abril de 1973 en Sabadell, é un ex xogador e adestrador de fútbol español. Como futbolista, xogaba como mediapunta e desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional entre o FC Barcelona e o RCD Espanyol. Como adestrador dirixiu equipos en varios países (España, Israel, Inglaterra, Austria, Francia e Grecia), sendo o seu último equipo o Celta de Vigo.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Ku Klux Klan (tamén coñecido como KKK) é o nome de varias organizacións racistas dos Estados Unidos que apoian a supremacía branca e o protestantismo (coñecido tamén como WASP) en detrimento doutras etnias e relixións. O KKK, no seu período máis forte, localizouse principalmente na rexión sur de tal país, en estados como Texas e Mississippi. O primeiro Ku Klux Klan foi fundado por uns 60 amigos da cidade de Pulaski, Tennessee, en 1865 despois do final da Guerra Civil americana.
A temperatura é unha magnitude física que indica a densidade de enerxía interna dun sistema referida ás nocións comúns de quente, morno ou frío que pode ser medida cun termómetro. A temperatura é un parámetro termodinámico do estado dun sistema que caracteriza a calor, ou transferencia de enerxía térmica, entre ese sistema e outros. En física, defínese como unha magnitude escalar relacionada coa enerxía interna dun sistema termodinámico, definida polo principio cero da termodinámica.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2021 será a 72ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Equipos e pilotos competirán polo Campionato do Mundo de Pilotos e polo Campionato do Mundo de Construtores. Pilotos e equipos competirán polos títulos de Campión do Mundo de Pilotos e Campión do Mundo de Construtores respectivamente.
O Salgueiro, Prado de Limia, Muíños
O Salgueiro é unha aldea da parroquia de Prado de Limia, no concello de Muíños. Atópase despoboada. É propiedade da Xunta de Galicia e forma parte do Parque Natural da Baixa Limia - Serra do Xurés.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939, é unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2020–21 compite no subgrupo A do grupo I da segunda división B, logo de descender na tempada anterior.
A Volta Ciclista a España (castelán: Vuelta Ciclista a España), comunmente chamada Volta a España ou A Volta (castelán: La Vuelta), é unha competición ciclista anual, que se disputa por etapas ó longo de 3 semanas, principalmente por estradas españolas. A primeira edición tivo lugar no ano 1935, sendo Roberto Heras o ciclista máis laureado, con 4 vitorias na clasificación xeral por tempos, seguido de Tony Rominger e Alberto Contador, con 3. A Volta a España xunto co Tour de Francia e o Giro de Italia, son as únicas carreiras de tres semanas do calendario da UCI, recibindo o sobrenome de "as tres grandes".
Unha fibra óptica monomodo (SMF polas súas siglas en inglés) é unha fibra óptica deseñada para transportar luz só directamente a través da fibra, o modo transversal. Os modos son solucións posibles á ecuación de Helmholtz para as ondas, a cal se obtén ao combinar as ecuacións de Maxwell e as condicións límite. Estes modos definen a maneira na que as ondas viaxan a través do espazo.
Twitch é unha plataforma que permite realizar transmisións en directo a través da Internet. Actualmente, é propiedade de Amazon, Inc., sendo unha das súas principais funcións a retransmisión de videoxogos en directo, sendo rival directo de YouTube. Tamén inclúe transmisións de eSports e outros eventos relacionados cos videoxogos.
Esta lista enumera os reis que dende o século XIX son designados, principalmente pola historiografía española, como reis de Asturias. Porén, estes soberanos aparecen sempre sinalados na documentación histórica como reis de Galicia. De feito, os documentos non mencionan xamais a existencia dun reino asturiano, senón que neles aparecen continuadas mencións ao reino de Galicia.
Castros da provincia de Ourense
Esta é unha listaxe non exhaustiva de 383 castros existentes na provincia de Ourense por comarcas, concellos e parroquias:
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Tréveris (en alemán, Trier), é unha cidade de Renania-Palatinado, Alemaña, situada ás beiras do río Mosela, a apenas 15 km da fronteira con Luxemburgo. Cidade natal de Karl Marx (5 de maio de 1818), cuxa residencia familiar é hoxe un museo, e Santo Ambrosio de Milán (340), Trier tamén está orgullosa da súa rica herdanza arquitectónica xa que é considerada a cidade máis antiga de Alemaña, e é con certeza a sede episcopal máis antiga de todo o territorio alemán. En 1986 foi declarada cidade patrimonio da humanidade pola UNESCO. Está localizada no estado da Renania-Palatinado.
Wilton Norman "Wilt" Chamberlain, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 21 de agosto de 1936 e finado nos Ánxeles (California) o 12 de outubro de 1999, foi un xogador estadounidense de baloncesto que militou nos Philadelphia/San Francisco Warriors, Philadelphia 76ers e Los Angeles Lakers. Coñecido como "Wilt the Stilt" (Wilt o pilote) (alcume que odiaba) ou "The Big Dipper", é lembrado coma un dos xogadores de baloncesto máis dominantes de tódolos tempos polas súas estatísticas e logros acadados durante a súa carreira profesional, como por exemplo ser o único xogador da historia de NBA cunha media de puntos superior a 40 e 50 puntos durante a liga regular ou anotar 100 puntos nun partido de competición.
A MDMA (abrevación do seu nome semisistemático 3,4-metilendioximetanfetamina), usualmente coñecido como éxtase, é unha droga empatóxena pertencente á familia das anfetaminas substituídas. As rutas máis comúns para a súa síntese empregan a 3,4-metilenodioxifenil-2-propanona (MDP2P) como precursor.O consumo de MDMA pode inducir euforia, sensación de intimidade cos demais e diminución da ansiedade. Produce unha perda da timidez, volvendo ó individuo máis extrovertido, unha sensación de ledicia absoluta e de hiperactividade, aumento da tensión muscular, dilatación das pupilas, pode causar bruxismo e unha perda parcial do sentimiento de dor física.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 175.881 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Adolf Hitler (en alemán: Adolf Hitler, [ˈadɔlf ˈhɪtlɐ] (AFI), escoitar), nado en Braunau am Inn (Austria) o 20 de abril de 1889 e finado en Berlín o 30 de abril de 1945, foi o líder do Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (en alemán Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, NSDAP), tamén coñecido por Nazi, unha abreviatura do nome en alemán (Nationalsozialistische), sendo aínda oposición aos socialdemócratas, os Sozi. Hitler converteuse en chanceler e, posteriormente, ditador alemán. Era fillo dun funcionario de alfándega dunha cidade fronteiriza de Austria con Alemaña.
Atentado do aeroporto de Cabul
O atentado do aeroporto de Cabul foi un atentado suicida que se produciu o o 26 de agosto de 2021 preto da porta Abbey no Aeroporto internacional Hamid Karzai de Cabul, Afganistán . Este ataque produciuse horas despois de que o Departamento de Estado dos Estados Unidos alertase aos estadounidenses fóra do aeroporto que se marchasen por unha ameaza terrorista. Polo menos 182 persoas morreron no ataque, incluídos 13 militares estadounidenses.
Acabadora (en italiano: Accabadora) é unha novela escrita por Michela Murgia e publicada orixinalmente en lingua italiana en maio de 2009 pola editorial Einaudi. En maio de 2010, a novela foi premiada co SuperMondello, o recoñecemento máis importante do premio Mondello e, en setembro dese mesmo ano, co premio Campiello.Foi traducida ó galego por Moisés Barcia Rodríguez e foi publicada pola editorial Rinoceronte Editora no ano 2018.