Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en once ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, cinco delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
A aprendizaxe automática (en inglés: machine learning) é un subcampo da enxeñaría e da ciencia da computación que evolucionou do estudo de recoñecemento de padróns e da teoría da aprendizaxe computacional en intelixencia artificial. En 1959, Arthur Samuel definiu a aprendizaxe de máquina como o "campo de estudo que da aos computadores a habilidade de aprender sen seren explicitamente programados". A aprendizaxe automática explora o estudo e construción de algoritmos que poden aprender dos seus erros e facer previsións sobre datos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A pantalla de cristal líquido (LCD, do inglés liquid-crystal display) é unha tecnoloxía que usa as propiedades do cristal líquido, empregada nas pantallas de calculadoras, reloxos dixitais e nas pantallas de ordenadores e TV. A tecnoloxía baséase en diminutos cristais en estado líquido que segundo como se polaricen poden ser transparentes ou opacos. Unha fonte luminosa situada detrás dos cristais ilumina os cristais, os opacos non deixan pasar a luz mais os transparentes si.
Os Xogos Olímpicos de 2020 (en xaponés: 2020年夏季オリンピック; Nisen Nijū-nen Kaki Orinpikku), chamados oficialmente Xogos da XXXII Olimpíada (en xaponés: 第三十二回オリンピック競技大会; Dai Sanjūni-kai Orinpikku Kyōgi Taikai), son un evento deportivo internacional celebrado dende o 23 de xullo de 2021 até o 8 de agosto de 2021 en Toquio, no Xapón, se ben algúns eventos preliminares tiveron lugar antes da cerimonia de apertura, os días 21 e 22 de xullo. Toquio foi escollida como cidade sede dos Xogos durante a 125ª sesión do COI celebrada en Buenos Aires, na Arxentina, o 7 de setembro de 2013. Orixinalmente previstos para se celebrar entre o 24 de xullo e o 9 de agosto de 2020, o evento foi adiado en marzo de 2020 por mor da pandemia de COVID-19, e celebrarase sen a presenza de espectadores presenciais e baixo estado de alarma.
Xuventude Comunista dos Pobos de España
A Xuventude Comunista dos Pobos de España (JCPE) é a organización xuvenil do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE). No plano internacional mantén relacións con organizacións xuvenís comunistas e revolucionarias de distintos lugares do mundo.
Galegos nos Xogos Olímpicos de 2020
A representación de Galicia nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 estivo composta por 21 deportistas integrados no equipo olímpico español, 12 homes e 9 mulleres. Foi a representación máis numerosa da historia do deporte olímpico galego, e foron 7 deportistas máis dos que participaron nos Xogos Olímpicos de 2016.Os resultados foron tamén os mellores do olimpismo galego, cunha colleita de seis medallas (superando as catro de Londres 2012) e nove diplomas olímpicos. Dos 21 deportistas galegos, só catro quedaron fóra dos oito primeiros nas súas respectivas modalidades.
Lista de medallistas olímpicos galegos
Estes son os deportistas galegos que gañaron unha medalla nos Xogos Olímpicos de Verán. Os primeiros medallistas olímpico galegos foron Luis Otero Sánchez e Moncho Gil, que gañaron a medalla de prata coa selección de fútbol de España nos Xogos Olímpicos de 1920 en Antuerpen. José Pedro Cea foi o primeiro galego en gañar unha medalla de ouro, a cal conseguiu coa selección de fútbol do Uruguai nos Xogos Olímpicos de 1924 en París.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
O Trofeo Teresa Herrera é un torneo futbolístico de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 1946. Dispútase dende os seus inicios no estadio de Riazor, sendo organizado primeiro polo Concello da Coruña e dende o ano 2000 polo Deportivo da Coruña. É o torneo amigábel de fútbol que máis edicións leva celebradas no mundo de xeito ininterrompido e está considerado como un dos máis prestixiosos debido á máxima categoría que teñen os equipos que participaron na súa historia.
Telescopio Espacial James Webb
O James Webb Space Telescope ou JWST é un proxecto dunha misión non tripulada norteamericana da Administración Nacional de Aeronáutica e Espazo (NASA), co propósito de colocar un observatorio no espazo para capturar radiación infravermella. O telescopio deberá observar a formación das primeiras galaxias e estrelas, estudar a evolución das galaxias, ver a produción dos elementos por parte das estrelas e ver os procesos de formación de estrelas e planetas. Chamouse inicialmente Next Generation Space Telescope (Telescopio Espacial de Nova Xeración) ou NGST. O termo "próxima xeración" refírese ao feito de que se pretende substituír ao Hubble, porque despois do seu lanzamento desenvolvéronse novas tecnoloxías que permitiron a construción do novo telescopio baixo un novo concepto.
Apocalypto é un filme dirixido por Mel Gibson e producido polos estudios Icon Entertainment, que foi estreado nos Estados Unidos o 8 de decembro do 2006. A historia está ambientada nas terras maias da América precolombiana e foi filmada en lingua maia iucateca. Apocalypto é un drama de acción e aventura que conta unha historia de amor, odio e violencia na era anterior á chegada dos conquistadores españois.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Comité Olímpico Ruso (en ruso: Олимпийский комитет России; Olympiyskiy Komitet Rossii, OKR) é o Comité Olímpico Nacional que representa a Rusia. É responsábel da participación de Rusia nos Xogos Olímpicos. Naceu en 1911, como comité do Imperio Ruso e tralo éxito da Revolución de Outubro foi substituído polo Comité Olímpico Soviético (en ruso: Национальный Олимпийский комитет Союза Советских Социалистических Республик – НОК СССР) até 1991.
A deriva antixénica é un tipo de variación xenética que se produce en virus, orixinada pola acumulación de mutacións nos xenes víricos que codifican as proteínas da superficie viral e que son recoñecidos polos anticorpos do hóspede. Isto pode ter como resultado a formación dunha nova cepa de partículas víricas que non é inhibida de forma efectiva polos anticorpos que impedían a infección de cepas anteriores. Isto fai que o virus cambiado se espalle nunha poboación parcialmente inmunizada.
Eustaquio III de Boulogne, en francés Eustache III de Boulogne, nado contra 1056 no Ducado de Lorena, e finado en Rumilly, contra 1125, foi un nobre francés que foi conde de Boulogne desde 1087 até o seu pasamento, contra 1125. Sucesor de seu pai, Eustaquio II de Boulogne, era irmán de Godofredo de Bouillon e de Balduíno I de Xerusalén, e foi un dos participantes na Primeira Cruzada.
David Cal Figueroa, nado o 10 de outubro de 1982 en Vilariño (Cangas), é un piragüista galego, especialista nas categorías C1-1000 metros e C1-500 metros e medallista olímpico en cinco ocasións. Converteuse no deportista español con máis medallas olímpicas ó acadar nos Xogos Olímpicos de 2012 a súa quinta medalla, a medalla de prata en C1 1000 metros.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
O Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena (Austria) é un dos primeiros museos de belas artes e artes decorativas do mundo. O termo Kunsthistorisches Museum aplícase tanto á institución como ao seu edificio principal. Inaugurouse en 1891 ao mesmo tempo que o Naturhistorisches Museum polo emperador Francisco Xosé I de Austria-Hungría.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Rodrigo Germade Barreiro, nado en Cangas o 23 de agosto de 1990, é un piragüista galego. Especialista nas distancias de 500 e 1000 metros do K2 e do K4, foi campión do mundo en 2017, campión de Europa en 2018 e medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2020. Foi ademais tres veces subcampión mundial, unha vez subcampión europeo, medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 2018 e diploma olímpico en Río 2016.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
O son é a sensación producida no órgano do oído pola mudanza de presión atmosférica xerada polo movemento vibratorio dos corpos, transmitido por un medio elástico. Está producido por ondas de compresión do medio (lonxitudinais). A función do medio transmisor é fundamental, pois o son, como vibración mecánica, non se propaga no baleiro (onde non hai materia que se poida mover).
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Juventus FC da Serie A italiana. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
María Teresa Portela Rivas, nada en Aldán (Cangas) o 5 de maio de 1982, é unha piragüista galega, que compite na modalidade de augas tranquilas. Coas súas 15 medallas no Campionato Mundial, 17 no Europeo e seis participacións olímpicas, cunha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, é unha das figuras máis importantes deste deporte a nivel internacional.
O cambio antixénico é o proceso por medio do cal dúas ou máis cepas dun mesmo virus ou cepas de dous ou máis virus diferentes se combinan para formar un novo subtipo que ten unha mestura de antíxenos de superficie das cepas orixinais implicadas. O termo adoita aplicarse correntemente ao virus da gripe, xa que é o exemplo mellor coñecido, mais o proceso tamén se sabe que ocorre noutros virus, como o virus visna das ovellas. O cambio antixénico é un caso específico de redistribución, rearranxo ou cambio viral que confire un cambio fenotípico.
Almudena Cid Tostado, nada en Vitoria o 15 de xuño de 1980, é unha ex-ximnasta española que competiu na disciplina de ximnasia rítmica e que participou en catro Olimpíadas (1996-2008), sendo a única ximnasta rítmica no mundo que disputou catro finais olímpicas. Abandonou o deporte profesional o 23 de agosto de 2008.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Alejandro Guillán Castaño, coñecido artisticamente como Baiuca, nado en Catoira en 1990 é un músico galego. Usou o nome artístico Alex Casanova ata 2017, momento no que deixou atrás o estilo musical pop para innovar coa mestura de música electrónica e música tradicional galega, resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica. Reside en Madrid.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Jealsa Rianxeira é unha sociedade anónima con domicilio social na rúa Bodion, de Boiro, A Coruña, co seguinte obxecto social: Artigo 2. Obxecto. Constitúe o obxecto social da Sociedade: 1º A fabricación, compravenda, importación, exportación e subministración de toda clase de conservas de peixe e mariscos; o seu envasado e comercio en xeral de tal industria.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2019 tiña 66.065 habitantes, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia. Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval.
O péntatlon moderno é unha disciplina deportiva olímpica, instaurada polo Barón Pierre de Coubertin, creador das Olimpíadas Modernas, nos Xogos Olímpicos de 1912. O péntatlon moderno está baseado nas peripecias dun oficial do exército francés, e consta de 5 probas, que deben realizarse nun só día: tiro con pistola, esgrima, natación 200 metros libres, equitación de obstáculos e carreira a campo-travesa. Cada un dos catro primeiros eventos asigna unha puntación ao deportista segundo o seu rendemento.
O CD24 (cluster de diferenciación, transdutor de sinais CD24 ou antíxeno estable á calor CD24 (HSA) é unha proteína da superficie de certas células, que nos humanos está codificado polo xene CD24 do cromosoma 6. O CD24 funciona como molécula de adhesión celular. O CD24 é unha glicoproteína expresada na superficie da maioría dos linfocitos B e neuroblastos en diferenciación e granulocitos maduros.
Blade Runner é un filme de ciencia ficción, cyberpunk e cinema negro de 1982 dirixido por Ridley Scott e protagonizado por Harrison Ford, Rutger Hauer, Sean Young, Edward James Olmos e Daryl Hannah. O guión, escrito por Hampton Fancher e David Peoples, foi unha adaptación libre da novela de 1968 Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick.
A seguinte é unha lista de bivalvos de Galicia. Está baseada na información recollida dos traballos feitos polo experto galego en malacoloxía Emilio Rolán.Este grupo conten arredor de 30.000 especies vivas das cales máis de 200 foron atopadas con maior ou menor abundancia nas costas galegas. A taxonomía da fauna malacolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica, polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
Mahoma (en árabe: محمّد - Muḥammad) ou Abū al-Qāsim Muḥammad ibn ʿAbd Allāh ibn ʿAbd al-Muṭṭalib ibn Hāshim, nado o 26 de abril do 569/570 na Meca e finado o 8 de xuño do 632 en Medina (ambas as dúas cidades fican na actual Arabia Saudita), foi un líder relixioso, político e militar árabe. Fundou o islam, relixión na que é considerado o maior profeta do Deus de Abraham. Aos 40 anos de idade, segundo a tradición do islamismo, foille confiada por Deus (a través do Arcanxo Gabriel) a mensaxe do islam na forma do Corán.
Os Xogos Olímpicos de Verán (en francés: Jeux olympiques d'été) son un importante acontecemento deportivo internacional celebrado normalmente cada catro anos. Os primeiros Xogos de Verán celebráronse en 1896 en Atenas, Grecia, e os máis recentes celebráronse en 2016 en Río de Xaneiro, no Brasil. O Comité Olímpico Internacional (COI) organiza os Xogos e supervisa os preparativos da cidade que os hospeda.
Anne Hidalgo, nada como Ana María Hidalgo Aleu en San Fernando, Cádiz o 19 de xuño de 1959, é unha política francesa de orixe española, pertencente ao Partido Socialista Francés, e actual alcaldesa de París. Nas eleccións municipais de 2014 da cidade parisiense, converteuse na primeira alcaldesa de París.
Para a publicación semanal véxase Ambiente (O Carballiño). O ambiente (ou o medio), en ecoloxía, defínese como os elementos bióticos e abióticos que rodean aos organismos, ou ás poboacións, e que determinan a súa capacidade de supervivencia, o seu desenvolvemento e a súa evolución. O conxunto de condicións externas que afectan a esas condicións poden ser de tipo social e cultural, e nalgúns contextos, incluso políticas e económicas.
Camilo José Cela Trulock, nado en Iria Flavia o 11 de maio de 1916 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 2002, foi un escritor galego de sona. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra como La colmena, Mazurca para dos muertos ou La familia de Pascual Duarte. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.
Unha definición é unha proposición (ou conxunto de proposicións) mediante a cal trata de expor de maneira unívoca e con precisión a comprensión dun concepto ou termo ou dicción ou –se consta de dous ou máis palabras– dunha expresión ou locución. Unha definición é unha descrición dun complexo de estado de cousas ou obxectos, circunstancias ou abstraccións que permanecen unidas por medio dun establecemento da zona de validez. Desde un punto de vista lóxico, unha "definición" ben construída debería ser unha "determinación ou delimitación conceptual do que é esencial nun ente, que non supón necesariamente comprobación empírica.
Daniel Alves da Silva, máis coñecido como Dani Alves, nado en Juazeiro, Baía, o 6 de maio de 1983, é un futbolista brasileiro nacionalizado español. Xoga como defensa dereito e o seu club actual é o Paris Saint-Germain FC. Foi considerado por algúns medios de comunicación deportivos como o mellor lateral dereito do mundo.
O bocadillo de salchicha (en inglés: hot dog, ‘can quente’) é un bocadillo quente feito cunha salchicha cociñada, que adoita servirse con mostaza ou ketchup. A salchicha adoita ser do tipo Frankfurt (frankfurter), ou vienesa (wiener) fervida, ou fritida; o pan é mol e con forma alongada. O bocadillo de salchicha foi importado de Alemaña e popularizado nos Estados Unidos, onde se converteu nun alimento de venda na rúa para a clase traballadora.