Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Daniel Alves da Silva, máis coñecido como Dani Alves, nado en Juazeiro, Baía, o 6 de maio de 1983, é un futbolista brasileiro nacionalizado español. Xoga como defensa dereito e o seu club actual é o Paris Saint-Germain FC. Foi considerado por algúns medios de comunicación deportivos como o mellor lateral dereito do mundo.
David Cal Figueroa, nado o 10 de outubro de 1982 en Vilariño (Cangas), é un piragüista galego, especialista nas categorías C1-1000 metros e C1-500 metros e medallista olímpico en cinco ocasións. Converteuse no deportista español con máis medallas olímpicas ó acadar nos Xogos Olímpicos de 2012 a súa quinta medalla, a medalla de prata en C1 1000 metros.
Lista de medallistas olímpicos galegos
Estes son os deportistas galegos que gañaron unha medalla nos Xogos Olímpicos de Verán. Os primeiros medallistas olímpico galegos foron Luis Otero Sánchez e Moncho Gil, que gañaron a medalla de prata coa selección de fútbol de España nos Xogos Olímpicos de 1920 en Antuerpen. José Pedro Cea foi o primeiro galego en gañar unha medalla de ouro, a cal conseguiu coa selección de fútbol do Uruguai nos Xogos Olímpicos de 1924 en París.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en once ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, cinco delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
Torneo masculino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020
O torneo de fútbol masculino nos Xogos Olímpicos de 2020 celebrouse do 22 de xullo ao 7 de agosto de 2021. Orixinalmente, debía ter lugar do 23 de xullo ao 8 de agosto de 2020, pero os Xogos Olímpicos foron postergados ao ano seguinte debido á pandemia de COVID-19. Con todo, o nome oficial dos xogos continuou sendo os Xogos Olímpicos de Toquio 2020.
Rodrigo Germade Barreiro, nado en Cangas o 23 de agosto de 1990, é un piragüista galego. Especialista nas distancias de 500 e 1000 metros do K2 e do K4, foi campión do mundo en 2017 e campión de Europa en 2018. Foi ademais tres veces subcampión mundial e unha vez subcampión europeo, medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 2018 e participou nos Xogos Olímpicos de Río 2016.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Os Xogos Olímpicos de 2020 (en xaponés: 2020年夏季オリンピック; Nisen Nijū-nen Kaki Orinpikku), chamados oficialmente Xogos da XXXII Olimpíada (en xaponés: 第三十二回オリンピック競技大会; Dai Sanjūni-kai Orinpikku Kyōgi Taikai), son un evento deportivo internacional celebrado dende o 23 de xullo de 2021 até o 8 de agosto de 2021 en Toquio, no Xapón, se ben algúns eventos preliminares tiveron lugar antes da cerimonia de apertura, os días 21 e 22 de xullo. Toquio foi escollida como cidade sede dos Xogos durante a 125ª sesión do COI celebrada en Buenos Aires, na Arxentina, o 7 de setembro de 2013. Orixinalmente previstos para se celebrar entre o 24 de xullo e o 9 de agosto de 2020, o evento foi adiado en marzo de 2020 por mor da pandemia de COVID-19, e celebrarase sen a presenza de espectadores presenciais e baixo estado de alarma.
O péntatlon moderno é unha disciplina deportiva olímpica, instaurada polo Barón Pierre de Coubertin, creador das Olimpíadas Modernas, nos Xogos Olímpicos de 1912. O péntatlon moderno está baseado nas peripecias dun oficial do exército francés, e consta de 5 probas, que deben realizarse nun só día: tiro con pistola, esgrima, natación 200 metros libres, equitación de obstáculos e carreira a campo-travesa. Cada un dos catro primeiros eventos asigna unha puntación ao deportista segundo o seu rendemento.
Alex Dujshebaev Dovichebaeva, nado en Santander, Cantabria, o 17 de decembro de 1992, é un balonmanista internacional español. É fillo do retirado xogador internacional e adestrador hispano-kirguiz Talant Dujshebaev e irmán do tamén internacional Daniel Dujshebaev. Forma parte do Vive Tauron Kielce polaco.
A aprendizaxe automática (en inglés: machine learning) é un subcampo da enxeñaría e da ciencia da computación que evolucionou do estudo de recoñecemento de padróns e da teoría da aprendizaxe computacional en intelixencia artificial. En 1959, Arthur Samuel definiu a aprendizaxe de máquina como o "campo de estudo que da aos computadores a habilidade de aprender sen seren explicitamente programados". A aprendizaxe automática explora o estudo e construción de algoritmos que poden aprender dos seus erros e facer previsións sobre datos.
En bioloxía, unha cepa é unha variante xenética, un subtipo ou cultivo dunha especie biolóxica. As cepas adoitan considerarse conceptos artificiais, orixinados por un intento específico de illamento xenético. Isto obsérvase máis claramente en microbioloxía, onde as cepas derivan dunha soa colonia de células e están tipicamente confinadas polas restricións físicas da placa de Petri.
Galegos nos Xogos Olímpicos de 2020
A representación de Galicia nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 estivo composta por 21 deportistas integrados no equipo olímpico español, 12 homes e 9 mulleres. Foi a representación máis numerosa da historia do deporte olímpico galego, e foron 7 deportistas máis dos que participaron nos Xogos Olímpicos de 2016.
A Community Shield 2021 foi a XCIX edición da FA Community Shield, un partido de fútbol anual disputado polos gañadores da tempada pasada da Premier League, o Manchester City, e os vencedores da FA Cup da tempada anterior, o Leicester City. Esta foi a primeira Community Shield do Manchester City dende 2019 cando lograron derrotar ao Liverpool por 5–4 nos penaltis tras empatar 1–1; e a primeira Community Shield do Leicester City dende a derrota por 2–1 ante o Manchester United na edición de 2016. O encontro tivo lugar o 7 de agosto de 2021 no Wembley Stadium de Wembley, Londres, resultando gañador o Leicester tras venceren ao Manchester City por 1–0 cun penalti decisivo no minuto 89 de partido, transformado por Kelechi Iheanacho.O Arsenal era o defensor do título grazas á súa vitoria na Community Shield 2020, pero non puido clasificarse novamente para a edición deste ano.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Rodrigo Corrales Rodal, máis coñecido como Rodrigo Corrales, nado en Cangas o 24 de xaneiro de 1991, é un porteiro galego de balonmán que xoga actualmente no Veszprém KC da Primeira División de Hungría e na selección española.Coa selección gañou dous Campionatos de Europa en 2018 e 2020, e quedou terceiro no Campionato do Mundo de 2021.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Valencia Club de Fútbol, S.A.D. (en valenciano: València Club de Futbol) é un club de fútbol español da cidade de Valencia. Fundouse o 18 de marzo de 1919 e actualmente compite na Primeira División de España. Na Clasificación histórica da LFP o Valencia ocupa o 3º posto por detrás de Real Madrid e Barcelona.
Torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020
O torneo de fútbol feminino nos Xogos Olímpicos de 2020 celebrouse do 21 de xullo ao 6 de agosto de 2021. Orixinalmente, ía ter lugar do 22 de xullo ao 7 de agosto de 2020 pero os os Xogos Olímpicos de 2020 pospuxéronse ao ano seguinte debido á pandemia de COVID-19. Con todo, o nome oficial dos xogos continuou a ser os Xogos Olímpicos de Toquio 2020.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe a Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrilleiro Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Balduíno I de Xerusalén, tamén coñecido como Balduíno I de Boulogne e Balduíno I de Edesa, nado contra 1058 e finado o 2 de abril de 1118 en Al-Arish, cidade na costa da península do Sinaí, no Califato fatimí, foi un dos líderes da Primeira Cruzada que chegou a ser conde de Edesa e despois o segundo monarca e o primeiro en usar el título de rei de Xerusalén.
A estatística é unha colección de métodos que axudan a describir, resumir, interpretar e analizar datos. As conclusións tiradas dos datos son vitais en ámbitos tan diversos coma a investigación, a administración ou os negocios. Independentemente do campo onde se estea aplicando, é importante que a recollida de datos se faga dun xeito que permita a súa análise.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.908 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Cangas, ou Cangas do Morrazo, é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2020 tiña 26.582 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.
Romelu Menama Lukaku, nado en Antuerpen o 13 de maio de 1993, é un futbolista internacional belga que xoga como dianteiro para o Inter de Milán da Serie A italiana e para a selección de Bélxica. Comezou a súa carreira no equipo local, o Rupel Bom, sendo tempo despois recrutado e contratado polo Lierse. Debido ao seu xogo foi observado e atraído por numerosos clubs, asinando finalmenete polas categorías inferiores do Anderlecht, histórico club da Jupiler Pro League.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
María Teresa Portela Rivas, nada en Aldán (Cangas) o 5 de maio de 1982, é unha piragüista galega, que compite na modalidade de augas tranquilas. Coas súas 15 medallas no Campionato Mundial, 17 no Europeo e seis participacións olímpicas, cunha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, é unha das figuras máis importantes deste deporte a nivel internacional.
Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, nado o 22 de outubro do 1908 no lugar das Foucellas, no concello de Mesía, e agarrotado o 7 de agosto de 1952, na Prisión Provincial da Coruña, foi un militante da CNT e guerilleiro anti-franquista. Fillo de Andrés Andrade Lata e Francisca García Paz casada en segundas nupcias e que xa tiña un fillo. Foucellas tiña dous irmáns: Consuelo (falecida antes de 1952) e José Couceiro García (residente dende 1952 na Arxentina).
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Almudena Cid Tostado, nada en Vitoria o 15 de xuño de 1980, é unha ex-ximnasta española que competiu na disciplina de ximnasia rítmica e que participou en catro Olimpíadas (1996-2008), sendo a única ximnasta rítmica no mundo que disputou catro finais olímpicas. Abandonou o deporte profesional o 23 de agosto de 2008.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Al-Arish ou El-Arish (en árabe العريش al-ʿArīš, en copto ϩⲣⲓⲛⲟⲕⲟⲣⲟⲩⲣⲁ Hrinokorura), e unha cidade de Exipto, é a capital e cidade máis grande, con 164 830 habitantes en 2012, da gobernación (provincia) de Exipto do Sinaí do Norte, así como a cidade máis grande de toda a península do Sinaí Situada na costa mediterránea, a 344 quilómetros ao nordeste do Cairo, limita coa franxa de Gaza e con Israel. Al-Arīsh distínguese polo mar de augas azuis claras, as frondosas formacións de palmeiras datileiras na súa costa e as súas suaves praia de areas brancas. Ten un porto deportivo e moitos hoteis de luxo.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2021 será a 72ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Equipos e pilotos competirán polo Campionato do Mundo de Pilotos e polo Campionato do Mundo de Construtores. Pilotos e equipos competirán polos títulos de Campión do Mundo de Pilotos e Campión do Mundo de Construtores respectivamente.
O Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena (Austria) é un dos primeiros museos de belas artes e artes decorativas do mundo. O termo Kunsthistorisches Museum aplícase tanto á institución como ao seu edificio principal. Inaugurouse en 1891 ao mesmo tempo que o Naturhistorisches Museum polo emperador Francisco Xosé I de Austria-Hungría.
Juan José Cardenal, máis coñecido como Juanjo Cardenal, é un presentador catalán de televisión. É coñecido por ser a voz en off (o narrador) do popular concurso de TVE2 Saber y Ganar dende 1997 e por ser tamén a voz en off do concurso xa fóra de antena Si lo sé no vengo, presentados ambos os dous por Jordi Hurtado.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Benito Fernández Alonso, nado en Asperelo (Galez, Entrimo) o 31 de marzo de 1848 e finado en Ourense o 8 de maio de 1922, foi un político e escritor galego. Foi fundador da Real Academia Galega, cronista oficial e concelleiro da cidade de Ourense, e deputado provincial entre outras moitos cargos e responsabilidades que mantivo principalmente no ámbito provincial de Ourense.
O Paris Saint-Germain Football Club, máis coñecido como PSG, é un club de fútbol francés, da cidade de París. Foi fundado en 1970 e xoga na Ligue 1 francesa. Estivo presente en Primeira División desde 1974, e obtivo no seu palmarés dous títulos de Liga, oito Copas de Francia, tres Copas de Liga e unha Recopa de Europa.
Para o xénero de plantas bananeiras véxase Musa (planta). Para o militar musulmán véxase Musa ibn Nusayr. Na mitoloxía grega as musas (en grego Μοῦσαι Mousai) eran, segundo os escritores máis antigos, as deusas inspiradoras da música e, segundo as nocións posteriores, divindades que presidían os diferentes tipos de poesía, así como as artes e as ciencias.
Darío Rivas Cando, nado en Loentia (Castro de Rei) en 1920 e finado en Buenos Aires o 15 de abril de 2019, foi o primeiro querelante español da causa que investiga en Arxentina os crímes de lesa humanidade, xenocidio e desaparición forzada cometidos durante a guerra civil e a ditadura de Francisco Franco. Rivas conseguiu que o seu pai, Severino Rivas Barja, fora o primeiro fusilado exhumado en Galicia.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
Eurocopa de Fútbol 2020 - Final
A Final da UEFA Euro 2020 será o partido de fútbol que determine os gañadores da Eurocopa 2020. O partido será a 16ª final do Campionato Europeo da UEFA, un torneo cuadrienal disputado polos equipos nacionais masculinos das asociacións membros da UEFA para decidir os Campións de Europa. O partido disputarase no Wembley Stadium en Londres, Inglaterra, o 11 de xullo de 2021 e será disputado por Inglaterra e Italia, vencedores das súas respectivas semifinais.Italia conseguiu gañar a final por 3–2 en penaltis tras un empate a 1 despois da prórroga.