Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
La Palma, cuxo nome histórico é San Miguel de La Palma, é unha illa española que forma parte do arquipélago de Canarias, situado no océano Atlántico fronte ás costas africanas. Pertence á provincia de Santa Cruz de Tenerife e a capital da illa é Santa Cruz de la Palma. Desde 2002, La Palma é Reserva da Biosfera.
Squid Game (en coreano: 오징어게임; Ojingeo Geim) é unha serie de televisión surcoreana de 2021 escrita e dirixida por Hwang Dong-hyuk. A serie, composta de nove episodios, está protagonizada por Lee Jung-jae, Park Hae-soo e Wi Ha-joon, e conta a historia dun grupo de persoas que arriscan as súas vidas nun misterioso xogo de supervivencia cun premio de 45,6 billóns de wons. Estreouse internacionalmente o 17 de setembro de 2021 a través de Netflix.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Liga Galega Feminina de Traiñeiras
A Liga Galega Feminina de Traiñeiras é unha liga que se formou nos anos nos que houbo máis dunha traiñeira galega feminina para poder facer regatas.
A Casa da Troia, orixinalmente La Casa de la Troya, é unha coñecida novela romántica do escritor Alejandro Pérez Lugín publicada en 1915. Na súa primeira edición a cuberta foi ilustrada por Castelao. A obra, escrita en lingua castelá, está dedicada polo autor "A miña nai"[sic] (escrito así, en lingua galega).
Mosteiro de San Pedro de Rocas
O mosteiro de San Pedro de Rocas foi un convento situado na parroquia de Rocas, no concello de Esgos, a 657 metros de altitude, no monte Barbeirón. Está rodeado dunha densa superficie forestal que agocha vales, camiños empedrados, formacións rochosas diversas e fontes. É o mosteiro máis antigo de Galiza, amais de ser un singular exemplo de igrexa rupestre, escavada na rocha viva .Está declarado Ben de Interese Cultural.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos.
Un volcán é unha estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados erupcións, nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, gas e aerosois na atmosfera, podendo causar arrefriamento climático temporal. Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, nada en Coyoacán (Cidade de México) o 6 de xullo de 1907 e finada o 13 de xullo de 1954, foi unha recoñecida pintora e poetisa mexicana. Kahlo naceu e morreu en Cidade de México, no seu fogar coñecido como "La casa azul". A súa obra é considerada emblemática en México pola tradición indíxena.
TIAM Gz é un grupo de rap galego formado en Chantada no ano 2018 por Iago Suárez «Iagueiro», Álex Varela «Alessov», Brais Vázquez «Torozas» e Matías Zelarayán «Mr. Mati». Os integrantes do grupo definen a súa música como «rap feito na casa» a través do cal, ademais de transmitir as súas ideas persoais, inclúen temática político-social que se encadraría no galeguismo combativo.
O Teide é un volcán situado na illa de Tenerife (Illas Canarias). Cunha altura de 3.718 m sobre o nivel do mar e uns 7.000 m sobre o fondo oceánico, é o cume máis alto de España, así como de calquera das illas atlánticas, sendo o terceiro volcán da Terra en altura, medindo dende a súa base, despois do Mauna Loa e o Mauna Kea, ambos na illa de Hawaii. O Teide é un estrato-volcán do tipo estromboliano.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A base de datos de secuencias GenBank é unha colección anotada de acceso aberto de todas as secuencias de nucleótidos dispoñibles publicamente e as súas traducións a proteínas. É elaborada e mantida polo National Center for Biotechnology Information (NCBI; que forma parte dos National Institutes of Health dos Estados Unidos) como parte da International Nucleotide Sequence Database Collaboration (INSDC, Colaboración de bases de datos de secuencias de nucleótidos internacional). GenBank e os seus colaboradores reciben secuencias producidas en laboratorios de todo o mundo de máis de 100.000 organismos vivos distintos, cuxo número crece constantemente.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 176.544 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
La Casa de la Troya (filme de 1925)
La Casa de la Troya é un filme mudo español rodado en Galicia en 1924 e estreado o 28 de xaneiro de 1925 no Teatro de la Zarzuela de Madrid. A película baséase na novela homónima de Alejandro Pérez Lugín que foi un auténtico éxito de vendas desde a súa publicación en 1915. Lugín foi a alma do filme, foi o produtor por medio de Troya Film, e xunto a Manuel Noriega o guionista e o director.
A Orquesta Mallo é un conxunto musical fundado na Coruña en 1930 polo acordeonista de Carballo Antonio Mallo. É unha das orquestras máis antigas de Galiza, e a súa actividade só se viu interrompida pola guerra civil española. Consolidada e independente, a Mallo é unha das orquestras máis salientables do panorama galego.
O software privativo ou software propietario é todo o software que non ten o seu código fonte accesible dunha forma libre, sen restricións, porque o desenvolvedor, ou unha persoa física ou xurídica, retén a propiedade intelectual deste ou incluso os dereitos de patentes. O software privativo pódese distribuír tanto dun xeito gratuíto como comercial. Porén, o usuario final só ten a posibilidade de executar un binario baixo certas condicións que establece o desenvolvedor ou distribuidor.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis.É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede. Hai nodos que se dedican a crear e a verificar bitcoins mediante operacións matemáticas que requiren gran capacidade de potencia de cálculo.
Mohandas Karamchand Gandhi (en gujarati, મોહનદાસ કરમચંદ ગાંધી, devanágari मोहनदास करमचन्द गांधी), máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Gujarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución. Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico, inspirando a outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias e en última análise para o desmantelamento do Imperio Británico e a súa substitución pola Comunidade Británica (Commonwealth). O principio do satyagraha, frecuentemente traducido como "o camiño da verdade" ou "a busca da verdade", tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela.
Os bugallos ou bugallas, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa das árbores fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos. A definición anterior sería, realmente, aplicable só ós bugallos máis comúns e coñecidos, pero cómpre advertir que non sempre son producidos por avespas senón que en ocasións se deben a outros insectos; que non se presentan só nos carballos senón que outras moitas plantas, arbóreas ou non, poden sufrir esta parasitación; e que a causa non sempre a resposta a unha posta de ovos, senón que poden deberse a un ataque do insecto en busca de alimentos. En calquera caso, trátase sempre dunha reacción defensiva da planta que dá lugar a unha estrutura anormal dos tecidos vexetais (o que a diferencia da resposta a insectos fitófagos e escavadores).
Linguas construídas por J. R. R. Tolkien
O filólogo e autor inglés J. R. R. Tolkien creou un bo número de linguas construídas, incluíndo linguas ideadas para escenarios de ficción. Inventar linguas, algo que el chamou glossopoeia (paralelamente á súa idea de mythopoeia ou creación de mitos), foi unha ocupación durante toda a vida para Tolkien, dende a súa adolescencia. Un proxecto inicial foi a reconstrución dunha antiga lingua xermánica non rexistrada que podería ser falada pola xente de Beowulf na Idade Heroica Xermánica.O máis desenvolvido dos proxectos de creación de linguas foi a familia de linguas élficas.
As invasións bárbaras, período das grandes migracións ou migracións xermánicas é un período situado entre os século III e VII que afectou extensas rexións da zona temperada de Eurasia e acabou provocando a caída ou desestabilización de grandes imperios consolidados como o Romano, o Sasánida, o Gupta ou o Han. Nun sentido máis restrinxido, as denominacións "invasións bárbaras" ou "migracións xermánicas" son distintas denominacións historiográficas para o período histórico caracterizado polas migracións masivas de pobos denominados bárbaros ("estranxeiros", que non falaban unha lingua "civilizada" como o latín ou o grego) cara ao Imperio romano, que chegaron a invadir grandes extensións deste, ocupándoas violentamente ou chegando a acordos políticos, e que foron a causa directa da caída do imperio romano de occidente (a deposición do último emperador de Occidente produciuse en 476, aínda que o seu poder xa non era máis ca unha ficción xurídica). Tiveron lugar ao longo dun ciclo histórico de longa duración, entre os século III e VII, e afectaron case a totalidade de Europa e a conca do Mediterráneo, marcando a transición entre a idade antiga e a idade media que se coñece como antigüidade tardía.
As Illas Cíes, chamadas no pasado Illas de Baiona, forman un arquipélago situado na boca da ría de Vigo, pertencente ás Rías Baixas, na provincia de Pontevedra, Galiza. As illas pertencen ao concello de Vigo, aínda que eclesiasticamente pertencen á parroquia de Santiago de Cangas e Illas Cíes de Cangas.As Cíes foron declaradas parque natural en 1980, e desde o 1 de xullo de 2002 forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza. Son tamén unha zona especial de conservación (ZEC) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) da Rede Natura 2000.
O lagar é o lugar preparado para prensar certos froitos, como as uvas, as mazás ou as olivas, co fin de que solten o líquido que conteñen. O termo deriva do nome do recipiente ou aparello mecánico onde se prensa o froito, chamado hoxe normalmente prensa, reservando o termo lagar para a construción. O máis común en Galiza é o edificio para esmagar o bago de viño, mais tamén se chama lagar o lugar para esmagar a mazá da sidra (llagar en Asturias) e incluso a oliva para fabricar aceite.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
La Casa de la Troya pode referirse a: La Casa de la Troya, antiga pensión de estudantes en Santiago de Compostela, na rúa da Troia, musealizada; La Casa de la Troya, novela do escritor Alejandro Pérez Lugín, publicada en 1915;Adaptacións da novela a outros medios La Casa de la Troya (1919) adaptación teatral de Manuel Linares Rivas e do propio Lugín, estreada no Teatro de la Comedia de Madrid o 26 de febreiro de 1919.La Casa de la Troya (1925), primeira adaptación cinematográfica; In Gay Madrid (EEUU, 1930), segunda adaptación, filme musical da Metro-Goldwyn-Mayer, dirixido por Robert Z. Leonard, cos actores Ramón Novarro e Dorothy Jordan. La Casa de la Troya (1936), terceira adaptación cinematográfica; La Casa de la Troya (México, 1948), cuarta adaptación cinematográfica; La Casa de la Troya (1959), quinta adaptación cinematográfica, con Arturo Fernández como Gerardo; La Casa de la Troya (Arxentina, 1960), primeira adaptación televisiva; La Casa de la Troya (1965), segunda adaptación televisiva.
Kingdom of Heaven é un filme épico escrito por William Monahan e dirixido por Ridley Scott, que foi estreado o 6 de maio de 2005. É unha coprodución entre os Estados Unidos de América, o Reino Unido e Alemaña. A historia trata sobre as Cruzadas no século XII. A maior parte da rodaxe realizouse en Marrocos, onde Ridley Scott xa rodara anteriormente Gladiator e Black Hawk Down, ademais de aparecer en distintos momentos monumentos de cidades españolas como Huesca (Castelo de Loarre), Córdoba, Ávila e Sevilla.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en once ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, cinco delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Alejandro Pérez Lugín, nado en Madrid o 22 de febreiro de 1870 e finado en Acea de Ama (O Burgo, Culleredo) o 5 de setembro de 1926, foi un xornalista, escritor e cineasta español. En Madrid destacou como crítico taurino baixo o pseudónimo de Don Pío. A súa produción novelística localízase en dous ámbitos preferentes: Galicia e Andalucía.
La Casa de la Troya (filme de 1959)
La Casa de la Troya é un filme español rodado en Galicia e estreado en 1959. Foi dirixido por Rafael Gil e está baseado na novela homónima de Alejandro Pérez Lugín, que foi un auténtico éxito de vendas desde a súa publicación en 1915. De feito, esta non foi a primeira adaptación do libro: houbo outras anteriores, como a de 1925, producida e dirixida polo propio Lugín.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a faixa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda
María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, nada en Vigo o 21 de agosto de 1961 e finada na mesma cidade o 23 de setembro de 2018, foi unha profesora e investigadora galega, especialista na figura de Rosalía de Castro.
A morte na cultura popular galega
As diferentes actitudes ante a morte —propia ou dun ser querido— responden, o mesmo que noutros momentos transcendentais da vida, ás diversas opcións relixiosas e filosóficas de cada quen, pero tamén ó contexto social no que se vive[Cómpre referencia]. A Galicia rural, ata hai ben pouco claramente diferente da Galicia urbana, baseábase nunha estrutura de cohesión do grupo social, neste caso o lugar ou a parroquia, cun sistema de colaboración e axudas mutuas firmemente establecido tanto no seu modo de entende-la vida como no seu modo de enfrontarse á morte. As tradicións e prácticas ritualizadas ó redor do momento da morte dun veciño, tantas veces deostadas como simples supersticións, tiñan un significativo valor afectivo e humano, e estaban destinadas a asumir ese momento, a alivia-la dor dos familiares e a fortalece-los lazos que unían ós membros da parroquia ó redor da persoa que falecía e da súa familia.
Krakatoa (ou Krakatau na lingua indonesia) é un arquipélago, antiga illa e caldeira volcánica situado en Indonesia no estreito de Sonda entre as grandes illas de Xava e Sumatra. A caldeira forma parte dun grupo de illas volcánicas chamado arquipélago de Krakatoa, que comprende catro illas: dúas das cales, Lang e Verlaten, son os restos que quedan dun edificio volcánico maior previo que foi destruído moito antes da sonada erupción de 1883; outra illa, Rakata, é o que queda da illa máis grande destruída na erupción de 1883 (Krakatoa). A cuarta illa do arquipélago formouse na caldeira de 1883 no ano 1927 debido a novas erupcións e denomínase Anak Krakatau ou "Fillo do Krakatoa".
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
O latín é unha lingua indoeuropea morta que foi utilizada polos antigos romanos. Mantívose como lingua litúrxica da relixión católica, e aínda é oficial no Vaticano, factores polos que era aprendida polos cregos e falada nos seminarios. Utilizouse como lingua de cultura desde a Idade Media ata a época moderna, e aínda hoxe ten algúns usos científicos (por exemplo, o nome científico das especies de seres vivos).
As Canarias son un arquipélago do Atlántico, unha das dezasete comunidades autónomas de España e unha das rexións ultraperiféricas da Unión Europea. Está formada por oito illas: El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife, que forman a provincia de Santa Cruz de Tenerife; e Fuerteventura, Gran Canaria, Lanzarote e La Graciosa, que forman a provincia das Palmas. Tamén forman parte das Canarias os illotes deshabitados de Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste, que forman xunto coa illa de La Graciosa o Arquipélago Chinijo, e a Illa de Lobos, todos eles pertencentes á provincia das Palmas.
Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga, talvez finado en Alba de Tormes en 1486, foi unha das figuras máis salientables do medievo galego, considerado hoxe o prototipo de cabaleiro feudal. De orixe bastarda, foi un home belicoso que chegou ao máis alto rango da liñaxe dos Soutomaior. Temido e admirado, os ecos dos seus feitos promoveron centos de estudos sobre a súa figura e mais o seu tempo.
Javier Martínez Aginaga, nado o 2 de setembro de 1988 en Estella (Navarra), é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Bayern de Múnic. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.Destaca polo seu poderoso físico, que lle permite realizar con eficacia a presión e roubo de balón, senón tamén incorporarse ao ataque desde a segunda liña.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Unión Demócrata Cristiá de Alemaña
A Unión Demócrata Cristiá de Alemaña (CDU - Christlich Demokratische Union Deutschlands) é un partido político de centro-dereita de Alemaña que se fundou en 1945, é membro da Unión Demócrata Internacional. A CDU non opera en Baviera, aínda que mantén acordos de colaboración coa Unión Social Cristiá en Baviera e no Bundestag os dous partidos forman un único grupo.Angela Merkel é a actual líder da CDU, que goberna en Alemaña en coalición co Partido Socialdemócrata de Alemaña. O CDU ten 469.575 militantes (2013), 255 deputados no Bundestag (sobre 630) e goberna en solitario ou en coalición en 11 dos estados federais.
Lista de municipios portugueses
Esta é unha lista de municipios portugueses ordenados alfabeticamente. Actualmente (2006), Portugal ten 308 concellos.
O foro é un tipo de contrato, especialmente agrario, de longa duración ou, eventualmente, perpetuo, polo que unha persoa ou institución —fidalguía e Igrexa— lle cede a outra o uso ou proveito dunha cousa ou ben (xeralmente unha terra), a cambio do cumprimento de diversas condicións previamente estipuladas.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Os Alpes (alemán: Alpen; italiano: Alpi; francés: Alpes; grego: Αλπεις; occitano: Aups/Alps; romanés: Alps; eslovaco. Alpe) son o sistema de montañas máis altas e estensas situadas totalmente en Europa. Exténdense dende Francia ó oeste ata Austria e Eslovenia ó leste, e dende Alemaña o norte ata Italia e Mónaco no sur así mesmo tamén atravesa a meirande parte de Suíza e Liechtenstein.
Pilar Castillo Sánchez, nada na Coruña en 1895 e finada en 1942, foi unha pianista e compositora galega de comezos do século XX. Foi profesora de piano e posiblemente ocupou a cátedra de piano en Madrid. A pianista vasca María Luisa Ozaita sinalou que o mesmo Arthur Rubinstein interesouse por ela e deulle consellos e apoio na súa carreira.
Dorotea Barnés González, nada en Pamplona o 21 de decembro de 1904 e finada en Fuengirola o 4 de agosto de 2003, foi unha das pioneiras españolas en química, tanto en investigación como en docencia, durante a Idade de Prata. Durante a guerra, estivo exiliada en Francia. Regresou a España en 1940 onde foi inhabilitada para o ensino.