Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Squid Game (en coreano: 오징어게임; Ojingeo Geim) é unha serie de televisión surcoreana de 2021 escrita e dirixida por Hwang Dong-hyuk. A serie, composta de nove episodios, está protagonizada por Lee Jung-jae, Park Hae-soo e Wi Ha-joon, e conta a historia dun grupo de persoas que arriscan as súas vidas nun misterioso xogo de supervivencia cun premio de 45,6 billóns de wons. Estreouse internacionalmente o 17 de setembro de 2021 a través de Netflix.
La Palma, cuxo nome histórico é San Miguel de La Palma, é unha illa española que forma parte do arquipélago de Canarias, situado no océano Atlántico fronte ás costas africanas. Pertence á provincia de Santa Cruz de Tenerife e a capital da illa é Santa Cruz de la Palma. Desde 2002, La Palma é Reserva da Biosfera.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Horizontes de grandeza (en inglés: The Big Country) é un filme estadounidense de 1958 dirixido por William Wyler, protagonizado por Gregory Peck, Jean Simmons, Carroll Baker, Charlton Heston e Burl Ives. Os actores secundarios son Charles Bickford e Chuck Connors. Rodado en Technicolor e Technirama, o filme está baseado na novela Ambush at Blanco Canyon de Donald Hamilton e foi coproducido por Wyler e Peck.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).O raposo ou golpe é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.
O bikini (do inglés "bikini") é unha peza feminina de baño composta de dous triángulos de tea na parte superior similar a un apertador que cobre os seos e dous triángulos de tea na parte inferior, a frontal que cobre a pelve, pero que expón o embigo, e a parte de atrás que cobre as nádegas. O tamaño da parte superior e inferior pode variar desde a cobertura completa dos seos, pelve, e nádegas, ata os deseños máis atrevidos como o tanga que cobren só a aréola e o monte de Venus, pero expoñen as nádegas. O deseñador de moda Jacques Heim presentou en París un deseño de traxe de baño de dúas pezas en 1946 ao que chamou Atome.
Un volcán é unha estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados erupcións, nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, gas e aerosois na atmosfera, podendo causar arrefriamento climático temporal. Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 176.544 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Os glicosomas son orgánulos celulares do grupo dos microcorpos relacionados cos peroxisomas , que se encontran nos protozoos cinetoplástidos como os tripanosomas produtores da enfermidade do sono ou en Leishmania. Os glicosomas están rodeados de membrana e encerran unha matriz proteica densa, que contén encimas da glicólise. Os Trypanosoma brucei que se encontran no sangue humano dependen exclusivamente da glicólise para a produción de ATP, xa que neles esta vía metabólica non funciona correctamente no citosol, e os seus encimas deben estar compartimentalizados no glicosoma.
Louis Braille, nado en Coupvray, a 40 km de París, o 4 de xaneiro de 1809 e finado o 6 de xaneiro de 1852 en París, foi un profesor francés famoso pola invención do sistema de escrita para cegos que tamén se chama Braille. Ensinou Matemáticas e Música entre outras materias. Pola súa orixe, o seu nome debe pronunciarse con elle e non con ele como se escoita ás veces.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Caquexia, concepto orixinado a partir de dous termos gregos "kakos" que significa malo e "hexis" que significa condición, é un estado de desnutrición extremo, característico de certas enfermidades en fase terminal. Representa un estado patolóxico que resulta do consumo inadecuado dun ou máis nutrientes esenciais e que se manifesta ou descobre clinicamente ou por probas bioquímicas, de laboratorio ou antropométricas.
Lista de presidentes da República Portuguesa
O presidente é o xefe de estado de Portugal. Segundo a constitución de 1976, el é elixido para un mandato de 5 cunha única posibilidade de reelección. Esta é a lista dos presidentes de Portugal despois de 1910.
Guillermo Rodríguez Godínez, nado o 23 de marzo de 1994 en Alacant, máis coñecido como Arkano, é un rapeiro español, recoñecido por ser un dos mellores rapeiros de España na categoría de freestyle, e por ser a persoa con menor idade que gañou unha final nacional da batalla dos galos en 2009, con só 15 anos. Desde outubro de 2018 é, ademais, presentador do programa Ritmos urbanos na 2. É considerado un dos maiores expoñentes en freestyle de fala hispana da historia, xunto con Aczino e Chuty.
O aneto ou endro (Anethum graveolens) é unha planta herbácea de curta vida. Medra silvestre nos campos da Península Ibérica, sobre todo no val do Ebro e en Andalucía, resto da Europa meridional, Exipto, Asia Menor, África do Norte, cultívase en Alemaña, Hungría, Italia, Gran Bretaña, Países Baixos, India, Paquistán, Estados Unidos para a súa utilización nos sectores farmacéutico, cosmético, alimentario e para a produción de licores. É unha planta anual de entre 60 e 150 cm, co talo feble e oco, as flores amarelas, os froitos de cor castaña e arrodeados por unha película clara, cun cheiro aromático.
A bioloxía é a ciencia que estuda a vida e, en particular, as características e comportamento dos organismos, a orixe de especies e individuos, e o xeito en que estes interactúan entre si e co seu ambiente. A bioloxía abrangue un espectro amplo de áreas académicas consideradas frecuentemente disciplinas independentes, mais que, no seu conxunto, estudan a vida ás máis variadas escalas. A vida é estudada á escala atómica e molecular pola bioloxía molecular, pola bioquímica e pola xenética molecular, no nivel da célula pola bioloxía celular e á escala multicelular pola fisioloxía, pola anatomía e pola histoloxía.
María Teresa Portela Rivas, nada en Aldán (Cangas) o 5 de maio de 1982, é unha piragüista galega, que compite na modalidade de augas tranquilas. Coas súas 15 medallas no Campionato Mundial, 17 no Europeo e seis participacións olímpicas, cunha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, é unha das figuras máis importantes deste deporte a nivel internacional.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A Orquesta Mallo é un conxunto musical fundado na Coruña en 1930 polo acordeonista de Carballo Antonio Mallo. É unha das orquestras máis antigas de Galiza, e a súa actividade só se viu interrompida pola guerra civil española. Consolidada e independente, a Mallo é unha das orquestras máis salientables do panorama galego.
San Martiño de Alixo é unha parroquia que se localiza no leste do concello ourensán do Barco de Valdeorras na comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 96 habitantes (50 mulleres e 46 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 126 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 67 habitantes, sendo 30 homes e 37 mulleres.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Santa María de Barxés é unha parroquia do concello de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2007 tiña 304 habitantes, dos cales 158 eran homes e 156 mulleres, o que supón unha diminución respecto de 1999 cando tiña 331 habitantes. Atópase situada ao norte do concello de Muíños.
A fisioterapia é unha disciplina das ciencias da saúde que ofrece unha alternativa terapéutica non farmacolóxica para diagnosticar, previr e tratar síntomas de múltiplas doencias, tanto agudas como crónicas, por medio do exercicio terapéutico mediante a calor, o frío, a luz, a auga, a electricidade e técnicas manuais.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
As Canarias son un arquipélago do Atlántico, unha das dezasete comunidades autónomas de España e unha das rexións ultraperiféricas da Unión Europea. Está formada por oito illas: El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife, que forman a provincia de Santa Cruz de Tenerife; e Fuerteventura, Gran Canaria, Lanzarote e La Graciosa, que forman a provincia das Palmas. Tamén forman parte das Canarias os illotes deshabitados de Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste, que forman xunto coa illa de La Graciosa o Arquipélago Chinijo, e a Illa de Lobos, todos eles pertencentes á provincia das Palmas.
As zonas horarias ou fusos horarios son cada unha das vinte e catro áreas en que se divide a Terra e que seguen a mesma definición de tempo. Anteriormente, usábase o tempo solar aparente, de forma que a hora do día diferenciábase lixeiramente dunha cidade a outra. Os fusos horarios corrixiron en parte o problema ao colocar os reloxos de cada rexión no mesmo tempo solar medio.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
O nacionalismo copto é un movemento político nacionalista que defende os intereses dos coptos (copto: ⲚⲓⲢⲉⲙ̀ⲛⲭⲏⲙⲓ ̀ⲛ̀Ⲭⲣⲏⲥⲧⲓ̀ⲁⲛⲟⲥ Niremenkīmi Enkhristianos, árabe: أقباط Aqbat), como un grupo étnico que habita principalmente na área do moderno Exipto. A maioría dos coptos étnicos forman parte da Igrexa ortodoxa copta. Os cristiáns ortodoxos coptos son a meirande denominación cristiá de Exipto.
O nacionalismo croata é a ideoloxía nacionalista que defende a nacionalidade e promove a unidade cultural dos croatas. O nacionalismo croata moderno xurdiu por primeira vez no século XIX despois do aumento da presión para a maxiarización, e comezou a crecer especialmente despois das leis de abril que ignoraban a autonomía croata no Reino Húngaro. Baseouse en dúas ideas principais: un dereito de estado histórico baseado nunha continuidade co estado medieval croata e unha identidade asociada aos eslavos.
Erupción volcánica de La Palma de 2021
A erupción volcánica de La Palma de 2021 iniciouse ás 14:12 (UTC) do 19 de setembro de 2021 na zona de Las Manchas, na illa de La Palma en Canarias (España). Trátase da última erupción da illa logo da erupción de Teneguía de 1971 e a última producida no arquipélago canario dende a erupción submarina de El Hierro de 2011.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
O nacionalismo branco é un tipo de nacionalismo ou pannacionalismo racista que defende a crenza que as persoas brancas son unha raza e busca desenvolver e manter unha identidade racial e nacional branca. Moitos dos seus defensores identifícanse e adhírense ao concepto dunha nación branca ou dun "etnoestado branco".Os analistas describen o nacionalismo branco como algo que se solapa co supremacismo branco e o separatismo branco. O nacionalismo bRanco descríbese ás veces como un eufemismo ou un subconxunto do supremacismo branco, e os xornalistas e analistas empregaron ambos termos indistintamente.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A célula (do latín cellula, que significa 'cuarto pequeno, cela') é a unidade estrutural e funcional mínima con vida, a cal é capaz de realizar tódalas funcións características ou vitais de calquera organismo vivo: a nutrición, a relación co medio que a rodea e a reprodución. Todos os seres vivos existentes posúen, cando menos, unha célula. Estes seres formados por unha soa célula son os chamados organismos unicelulares, mentres que se están constituídos por un conxunto de varias (ata miles de millóns) reciben o nome de organismos pluricelulares.
O reintegracionismo ou lusismo é unha postura lingüística que defende que o galego, xunto co resto de variedades da lingua portuguesa, son unha única lingua. Por tanto, as diferentes falas galegas serían, como as portuguesas, parte da mesma lingua, e non dúas linguas do mesmo diasistema lingüístico como defende a RAG. Como consecuencia da procura da converxencia entre o galego e o portugués, este movemento propón a adopción da normativa reintegracionista do galego, se ben hoxe en día asociacións como a AGAL promoven a convivencia desa norma xunto coa normativa oficial do galego nun chamado binormativismo. A normativa reintegracionista do galego ten a súa orixe no Estudo crítico das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego de 1983.
O nacionalismo estoniano é a ideoloxía nacionalista que defende a nacionalidade dos estonianos e promove a súa unidade cultural. Refírese ao movemento ideolóxico que busca manter a identidade, a unidade e a autonomía en nome dunha poboación considerada por algúns dos seus membros como unha unidade cultural estoniana de poboación, cunha patria diferenciada, mitos e tradicións ancestrais compartidas, unha cultura pública, economía común e dereitos e deberes legais comúns para todos os membros.
Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Francia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende a concepción do premio en 1956. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O fútbol gaélico (chamado en irlandés: Peil Ghaelach ou Caid) é unha variante do fútbol xogado principalmente en Irlanda. Trátase do deporte de máis popularidade dese país xunto co hurling. O fútbol gaélico xógase en equipos de 15 xogadores (alternativamente 11, 9 ou 7 dependendo da competición, ás veces mesmo 5, raramente 8) nunha cancha de céspede rectangular con porterías en forma de H a ambos lados e unha rede na parte inferior destas.
120 Battements par minute é un filme francés de 2017 dirixido por Robin Campillo e protagonizado por Nahuel Pérez Biscayart, Arnaud Valois e Adèle Haenel. O filme conta a hiatoria do activismo pola SIDA de ACT UP Paris na década de 1990 en Francia. Campillo e o coguionista Philippe Mangeot baseáronse nas súas experiencias persoais con ACT UP no desenvolvemento da historia.
Un lago (do latín lacus) é un accidente xeográfico constituído por unha grande extensión de auga (ou nalgún caso doutro líquido), en xeral auga doce, rodeada de terra e sen movemento fluído (isto é, sen corrente). Esa auga pode provir: da choiva; dunha nacente local; ou de cursos de auga, como ríos que desauguen nesa depresión.Normalmente, a auga dos lagos é auga doce, mais existen no mundo algúns importantes lagos salgados, como o Gran Lago Salgado da América do Norte ou o Mar Morto no Oriente Medio (Israel e Palestina). Nalgúns casos, o termo lago úsase para describir unha bacía que, aínda estando baldeira a maior parte do tempo, pode chegar a encherse de auga en condicións estacionais de chuvias fortes.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en once ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, cinco delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
Asociación de Electores de Schleswig Meridional (SSW)
A Asociación de Electores de Schleswig Merdional (en alemán Südschleswigscher Wählerverband, abreviado SSW; en dinamarqués Sydslesvigsk Vælgerforening; e en frisón setentrional Söödschlaswiksche Wäälerferbånd) é o partido político alemán da minoría dinamarquesa e frisoa en Schleswig-Holstein. A SSW intégrase no partido político europeo da Alianza Libre Europea.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis.É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede. Hai nodos que se dedican a crear e a verificar bitcoins mediante operacións matemáticas que requiren gran capacidade de potencia de cálculo.
Krakatoa (ou Krakatau na lingua indonesia) é un arquipélago, antiga illa e caldeira volcánica situado en Indonesia no estreito de Sonda entre as grandes illas de Xava e Sumatra. A caldeira forma parte dun grupo de illas volcánicas chamado arquipélago de Krakatoa, que comprende catro illas: dúas das cales, Lang e Verlaten, son os restos que quedan dun edificio volcánico maior previo que foi destruído moito antes da sonada erupción de 1883; outra illa, Rakata, é o que queda da illa máis grande destruída na erupción de 1883 (Krakatoa). A cuarta illa do arquipélago formouse na caldeira de 1883 no ano 1927 debido a novas erupcións e denomínase Anak Krakatau ou "Fillo do Krakatoa".
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
O Sistema Solar é o conxunto de corpos celestes na galaxia chamada Vía Láctea, que desenvolven os seus movementos en torno ao Sol. Inclúe os planetas como corpos principais, o Sol e outros corpos celestes como asteroides, cometas e satélites. Outro xeito de consideralo é como a zona na que o Sol é a estrela de influencia predominante, se ben este segundo concepto abrangue unha zona de extensión moito maior, na que se supón que existen moitos corpos descoñecidos ata o momento, incluíndo a Nube de Oort, considerada como o berce dos cometas.
Rodrigo Germade Barreiro, nado en Cangas o 23 de agosto de 1990, é un piragüista galego. Especialista nas distancias de 500 e 1000 metros do K2 e do K4, foi campión do mundo en 2017 e 2021, campión de Europa en 2018 e medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2020. Foi ademais tres veces subcampión mundial, unha vez subcampión europeo, medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 2018 e diploma olímpico en Río 2016.
Eldred Gregory Peck, nado en San Diego (California) o 5 de abril de 1916 e finado nos Ánxeles o 12 de xuño de 2003, foi un actor americano de cinema. Gañou o Óscar ó mellor actor en 1962 co filme To Kill a Mockingbird. Tamén gañou un Globo de Ouro en 1963 por súa actuación neste filme e outro por súa actuación en The Yearling (1947).
Unha especie pouco preocupante (abreviado oficialmente como LC dende o nome orixinal en inglés "least concern") é aquela que se que considera ser de baixa preocupación cando, tras ser avaliada pola UICN, non cumpre ningún dos criterios das categorías de especies en perigo, en perigo crítico, vulnerable ou case ameazada da lista vermella que elabora a organización. En consecuencia, a categoría "preocupación menor" da lista inclúe a todos aqueles taxons abundantes e de ampla distribución, que non se atopan baixo ameaza de desaparecer nun futuro próximo. Son, polo tanto, os de menor risco na lista.
O software privativo ou software propietario é todo o software que non ten o seu código fonte accesible dunha forma libre, sen restricións, porque o desenvolvedor, ou unha persoa física ou xurídica, retén a propiedade intelectual deste ou incluso os dereitos de patentes. O software privativo pódese distribuír tanto dun xeito gratuíto como comercial. Porén, o usuario final só ten a posibilidade de executar un binario baixo certas condicións que establece o desenvolvedor ou distribuidor.
Siberia (en ruso: Сиби́рь, Sibir), tamén coñecida como Asia do norte, Norte de Asia ou Asia Setentrional. é unha vasta rexión da Rusia e do Norte do Casaquistán, integralmente no norte da Asia, espallándose dende os Urais até o Océano Pacífico, e para sur desde o Océano Ártico ata os montes do centro-norte do Casaquistán e ata á fronteira coa Mongolia e China. O xentilicio é siberiano/siberiana.