Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Daniel Barenboim (en hebreo: דניאל בארנבוים), nado en Buenos Aires o 15 de novembro de 1942, é un pianista e director de orquestra con nacionalidade arxentina, israelí, palestina e española. Foi a primeira persoa que tivo simultaneamente as cidadanías israelí e palestina. É coñecido tamén polo seu traballo coa West-Eastern Divan Orchestra, unha orquestra de mozos músicos do mundo árabe e de Israel, que fundou con Edward Said.
Camela é unha banda de música española de pop electrónico formada en Madrid. Os seus compoñentes son Dionisio Martín Lobato (vocalista-compositor) e María de los Ángeles Muñoz Dueñas (vocalista-compositora). O terceiro integrante, Miguel Ángel Cabrera Jiménez (teclados-compositor), abandonou o grupo en febreiro de 2013 debido á falta de acordo cos seus compañeiros.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Betty Marion White Ludden, nada en Oak Park (Illinois) o 17 de xaneiro de 1922 e finada o 31 de decembro de 2021, foi unha actriz e cómica estadounidense, coa carreira televisiva máis longa do mundo do espectáculo. Considerada unha pioneira da televisión, foi unha das primeiras mulleres en ter control diante e detrás das cámaras e está recoñecida como a primeira muller que produciu unha telecomedia (Life with Elizabeth), o que contribuíu a que recibise o título honorífico de Alcaldesa de Hollywood en 1955.Durante a súa carreira de case 80 anos, recibiu oito premios Emmy en diferentes categorías, tres American Comedy Awards, tres Screen Actors Guild Awards e un Grammy. Ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood, foi incluída no Television Hall of Fame en 1995 e recibiu o título de Disney Legend en 2009.
Alejandro Guillán Castaño, coñecido artisticamente como Baiuca, nado en Catoira en 1990 é un músico galego. Usou o nome artístico Alex Casanova ata 2017, momento no que deixou atrás o estilo musical pop para innovar coa mestura de música electrónica e música tradicional galega, resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica. Reside en Madrid.
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cine británico nacionalizado americano, mestre do xénero do thriller de suspense. Tras unha exitosa carreira no cine británico en películas mudas e nas primeiras sonoras, o que o levou a ser considerado o mellor director de Inglaterra, Hitchcock trasladouse a Hollywood en 1939.
Francisco Javier Vázquez Maneiro
Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou só Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973, é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.
A glutamato deshidroxenase (GLDH, GDH) é un encima presente tanto en procariotas coma en mitocondrias de eucariotas que cataliza a reacción de oxidación do glutamato a α-cetoglutarato (tamén chamado 2-oxoglutarato) e amoníaco. As glutamato deshidroxenases coñecidas poden usar como cofactores o NAD, o NADP ou ambos. L-glutamato + H2O + NAD (P)+ ⇌ {\displaystyle \rightleftharpoons } α-cetoglutarato + NH3 + NAD(P)H + H+Nesa reacción tamén se forma amoníaco, que nos eucariotas é procesado como substrato no ciclo da urea.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Concerto de Aninovo da Wiener Philharmoniker
O Concerto de Aninovo da Wiener Philharmoniker (en alemán: Das Neujahrskonzert der Wiener Philharmoniker) é un concerto que ten lugar cada ano na mañá do 1 de xaneiro na Sala Dourada do Musikverein de Viena (Austria). É transmitido en boa parte do mundo, cunha audiencia potencial de 1.000 millóns de espectadores en 54 países. Cada ano, o mesmo programa é interpretado tamén o 30 de decembro ("ensaio xeral"), e o 31 de decembro como "Concerto de San Silvestre" (Sylvesterkonzert).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.
Anne Igartiburu Verdes, nada en Elorrio, Biscaia, o 16 de febreiro de 1969, é unha presentadora de televisión e actriz vasca. Comezou a súa andaina profesional nunha televisión local da que saltou a Euskal Telebista (a televisión autonómica do País Vasco) e de alí a diferentes canles de cobertura nacional, onde adquiriu popularidade.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 178.675 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
El número uno foi un programa de televisión español emitido por Antena 3 e producido por Gestmusic Endemol. Nel, concursantes anónimos deberán seducir semanalmente, cos temas elixidos por eles mesmos, tanto ao público como ao xurado. Foi estreado o 26 de marzo de 2012 e foi presentado pola galega Paula Vázquez.
Manuel González González (músico)
Manuel González González, tamén coñecido como O Chicho do Funk, nado en Santiago de Compostela o 30 de agosto de 1994, é un músico galego.
A glutamato deshidroxenase 1 (GLUD1) é un encima da matriz mitocondrial, un dos encimas da familia das glutamato deshidroxenases, que están moi estendidas entre os seres vivos. Exerce un papel clave no metabolismo do nitróxeno e glutamato (Glu) e na homeostase enerxética. Esta deshidroxenase exprésase a altos nives no fígado, cerebro, páncreas e riles, pero non no músculo.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A Marcha Radetzky é unha composición orquestral de Johann Strauss, escrita en 1848. Foi composta na horna ao mariscal de campo austríaco Joseph Radetzky von Radetz, que nunha serie de vitorias, salvou o poder militar de Austria no norte de Italia durante a revolución de 1848 e 1849. A marcha acadou moita popularidade como expresión do nacionalismo austríaco.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
A orde do Císter (en latín: Ordo cisterciensis, o.Cist.) é unha orde relixiosa fundada en Citeaux por Roberto de Molesmes no ano 1098. Foron coñecidos na idade media como os monxes brancos, pola cor do seu hábito, en oposición aos monxes negros, que eran os beneditinos. En 2020, sumaba 1.601 monxes, mentres que a rama femina da orde, en 2015, contaba con 825 relixiosas.
Antonio Fernández Resines é un actor español nado o 7 de agosto de 1954 en Torrelavega, Cantabria (España). Resines é un dos actores españois máis coñecidos e de extensísima filmografía, na que figuran moitas películas de éxito do cine español, ademais de varias series de televisión. Recibiu multitude de premios durante a súa traxectoria.
Emma Charlotte Duerre Watson, nada o 15 de abril de 1990 en París, Francia, é unha actriz británica coñecida pola súa interpretación de Hermione Granger, unha das tres protagonistas da saga de filmes de Harry Potter, baseada nos libros de J. K. Rowling. Watson foi escollida para o papel de Hermione á idade de nove anos, aínda que daquela só participara en obras teatrais da escola. O seu traballo reportoulle diversos galardóns e beneficios por máis de 10 millóns de libras.
Little Women é un filme estadounidense de 2019 escrito e dirixido por Greta Gerwig. É a sétima adaptación ó cinema da novela homónima de 1868 escrita por Louisa May Alcott. Está protagonizado por Saoirse Ronan, Emma Watson, Florencia Pugh, Eliza Scanlen, Laura Dern, Timothée Chalamet, Meryl Streep, Tracy Letts, Bob Odenkirk, James Norton, Louis Garrel e Chris Cooper.
2021 (MMXXI) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI, comezado en venres. En 2021 celebráronse algúns eventos orixinariamente previstos para 2020, incluídos o Festival de Eurovisión, a Eurocopa de Fútbol, os Xogos Olímpicos e a Expo 2020, que foron pospostos ou cancelados debido á pandemia da COVID-19.As Nacións Unidas declararon o 2021 como Ano Internacional da Paz e da Confianza, Ano Internacional da Economía Creativa para o Desenvolvemento Sustentable, Ano Internacional das Froitas e as Verduras, e Ano Internacional para a Eliminación do Traballo Infantil.
Ibai Llanos Garatea, nado en Deusto (Bilbao) o 26 de marzo de 1995, é unha celebridade de internet (ou influencer), streamer e narrador de deportes electrónicos español. Foi "caster" (narrador de deportes electrónicos) de League of Legends para a Liga de Videoxogos Profesional (LVP), creador de contido para G2 Esports e agora é creador de contido en Twitch e copropietario de KOI, un equipo de deportes electrónicos. É coñecido popularmente como Ibai.
Mad Max: Furia na estrada (en inglés: Mad Max: Fury Road) é un filme de acción dirixido e producido por George Miller, e escrito por Miller, Brendan McCarthy e Nico Lathouris que foi estreado no 2015. É o cuarto título da serie Mad Max, e foi producido por Kennedy Miller Mitchell, RatPac-Dune Entertainment e Village Roadshow Pictures. Está ambientado nun deserto do futuro onde a auga e a gasolina son bens moi cobizados.
Robert De Niro, nado o 17 de agosto de 1943 en Nova York, é un actor, director e produtor estadounidense de orixe italiana. Os seus primeiros papeis maiores foron nos filmes Toca con xeito ese tambor e Quérote, Nova Iorque, ambos de 1973. En 1974, interpretou a Vito Corleone en O padriño (II parte), un papel que lle valeu o Óscar ó mellor actor secundario.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Timothée Hal Chalamet, nado o 27 de decembro de 1995, é un actor franco-estadounidense. É coñecido polas súas actuacións como Finn Walden na serie de Showtime Homeland (2012), Danny Vance no filme dramático Men, Women & Children (2014), Tom Cooper no filme de ciencia ficción Interstellar (2014), Elio Perlman no filme de drama romántico Call Me by Your Name (2017) e Kyle Scheible no filme Lady Bird (2017).
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
As leis de Celavella é unha serie de televisión de suspense e misterio emitida pola Televisión de Galicia e producida por Voz Audiovisual dende o 19 de xaneiro do 2004 até o 2006. Gañadora de nove estatuíñas do premio Mestre Mateo 2004, 10 no 2005. Ambientada en 1925, conta a historia dun avogado que volta á súa vila logo de estudar en Santiago de Compostela para dirixir o despacho de seu pai.
As doce uvas é unha tradición de orixe española consistente en tomar doce uvas ao son das doce badaladas que sinalan o comenzo do Aninovo. A orixe de tomar uvas na Noitevella data cando menos da década de 1880. A popularización da práctica deuse por intereses económicos, cando en vésperas do Ano Novo 1909 os colleiteiros de uva tiveran unha gran produción.
Brigitte Nielsen, de nome real Gitte Nielsen, nada en Rødovre o 15 de xullo de 1963, é unha modelo e actriz dinamarquesa. Alcanzou a fama nos anos 80 polo seu casamento e divorcio con Sylvester Stallone, grazas ao cal participou en películas estadounidenses e italianas, en series de televisión, e no mundo da música, xa de maneira máis irregular. É lembrada tamén polo seu exuberante físico, e polas súas peripecias sentimentais.
Matrix (en inglés: The Matrix) é un filme de ciencia ficción escrito e dirixido por Lana e Lilly Wachowski e protagonizado por Keanu Reeves, Laurence Fishburne, Carrie-Anne Moss e Hugo Weaving. Foi estreado nos Estados Unidos o 31 de marzo de 1999 e foi o primeiro da triloxía de Matrix e dunha serie de videoxogos, curtas animadas e bandas deseñadas. O filme gañou 4 Premios Oscar incluíndo a mellor montaxe, mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais.
Margarita García San Segundo, coñecida como Ágata Lys, nada en Valladolid o 3 de decembro de 1953 e finada o 12 de novembro de 2021, foi unha actriz española que gañou notoriedade a raíz dos seus destapes no cinema español do tardofranquismo así como pola súa participación no progama de TVE Un, dos, tres... responda otra vez (1972).
Mareas vivas foi unha serie da Televisión de Galicia, creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual e Zopilote, emitida entre 1999 e 2003. Foi o maior éxito da TVG e os personaxes das primeiras tempadas fixéronse moi populares entre a poboación galega. A teleserie fixo historia por empregar unha lingua popular, dialectalmente propia do galego da Costa da Morte.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Sir Michael John Gambon, OBE, nado o 19 de outubro de 1940 en Cabra, Irlanda, é un actor británico de orixe irlandesa que traballou no teatro, televisión e no cine. É un actor moi respectado e prolífico no teatro, pero é recoñecido internacionalmente polo seu papel como Philip Marlow da serie de televisión da BBC, The Singing Detective e por encarnar a Albus Dumbledore nos filmes de Harry Potter, en substitución do xa falecido actor Richard Harris. Gañador de catro premios BAFTA e tres premios Laurence Olivier e nomeado tamén ós Globos de Ouro, ós Emmy e ós Premios Tony.
Jacqueline Mary du Pré, OBE, nada en Oxford o 26 de xaneiro de 1945 e finada en Londres o 19 de outubro de 1987, foi unha violoncellista británica, unha das máis prestixiosas do século XX.Esposa e compañeira musical do pianista e director arxentino Daniel Barenboim, tivo que retirarse á idade de 28 anos (en 1973) debido á esclerose múltiple que produciu a súa morte catorce anos máis tarde, cando só contaba 42 anos. Foi condecorada como oficial da Orde do Imperio Británico en 1976 e a súa interpretación do Concerto para cello de Edward Elgar é considerada referencial.
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Bohemian Rhapsody ", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Viena (en alemán: Wien ( [viːn] ; en bavarés: Wean)) é unha cidade situada en Europa Central, capital de Austria, ademais dun dos nove Bundesländer ou Estados austríacos. Situada á beira do río Danubio e ao pé dos primeiros ramais dos Alpes é, cunha poboación de arredor de 1,9 millóns habitantes (2,8 millóns coa área metropolitana), a maior cidade e centro político e cultural do país. Rodeada polo estado de Baixa Austria, a súa área metropolitana acada os 2 419 000 habitantes, poboación semellante á que tiña no ano 1914.
Santa Mariña de Ribasar é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Limita ao norte co concello de Brión, ao leste co de Teo, ao sur co de Padrón e no oeste coa parroquia de Sorribas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 435 habitantes (211 homes e 224 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.