Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Anne Igartiburu Verdes, nada en Elorrio, Biscaia, o 16 de febreiro de 1969, é unha presentadora de televisión e actriz vasca. Comezou a súa andaina profesional nunha televisión local da que saltou a Euskal Telebista (a televisión autonómica do País Vasco) e de alí a diferentes canles de cobertura nacional, onde adquiriu popularidade.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Noitevella (en inglés: New Year's Eve) é un filme estadounidense de 2011 dirixido por Garry Marshall. Está protagonizado por Halle Berry, Jessica Biel, Jon Bon Jovi, Abigail Breslin, Ludacris, Robert De Niro, Josh Duhamel, Zac Efron, Héctor Elizondo, Katherine Heigl, Ashton Kutcher, Seth Meyers, Lea Michele, Sarah Jessica Parker, Michelle Pfeiffer, Jake T. Austin, Til Schweiger, Hilary Swank, Sofía Vergara, Carla Gugino e Alyssa Milano. Noitevella é o segundo título da triloxía non oficial de filmes románticos dirixidos por Garry Marshall, todos eles ambientados en épocas festivas e cun grande elenco e historias diferentes, sendo os outros filmes Historias do San Valentín (2010) e Mother's Day (2016).
Francisco Javier Vázquez Maneiro
Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou só Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973, é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.
Betty Marion White Ludden, nada en Oak Park (Illinois) o 17 de xaneiro de 1922 e finada o 31 de decembro de 2021, foi unha actriz e cómica estadounidense, coa carreira televisiva máis longa do mundo do espectáculo. Considerada unha pioneira da televisión, foi unha das primeiras mulleres en ter control diante e detrás das cámaras e está recoñecida como a primeira muller que produciu unha telecomedia (Life with Elizabeth), o que contribuíu a que recibise o título honorífico de Alcaldesa de Hollywood en 1955.Durante a súa carreira de case 80 anos, recibiu oito premios Emmy en diferentes categorías, tres American Comedy Awards, tres Screen Actors Guild Awards e un Grammy. Ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood, foi incluída no Television Hall of Fame en 1995 e recibiu o título de Disney Legend en 2009.
As doce uvas é unha tradición de orixe española consistente en tomar doce uvas ao son das doce badaladas que sinalan o comenzo do Aninovo. A orixe de tomar uvas na Noitevella data cando menos da década de 1880. A popularización da práctica deuse por intereses económicos, cando en vésperas do Ano Novo 1909 os colleiteiros de uva tiveran unha gran produción.
Un año (do latín agnus) é a cría de calquera animal do xénero Ovis, en especial da ovella doméstica (Ovis orientalis aries). Algún autores consideran que o termo só se refire á cría que non pasa dun ano, aínda que esta restrición só acostuma referirse ao termo cordeiro. Por extensión, chámase año ou cordeiro á carne que se obtén deste animal sacrificado cunha idade inferior a un ano e cun peso de entre 5,5 e 25 kg, é o xeito principal no que se consomen estas especies.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Un sitio de unión ao ribosoma (RBS polas súas siglas en inglés de ribosome-binding site) é unha secuencia de nucleótidos situada augas arriba do codón de inicio dun transcrito de ARNm que é responsable do recrutamento dun ribosoma durante a iniciación da tradución. Na maior parte dos casos, o termo sitio de unión ao ribosoma refírese a secuencias bacterianas, aínda que describiuse o sitio de entrada ao ribosoma interno (IRES) en ARNm de células eucariotas e virus que infectan eucariotas. O recrutamento do ribosoma en eucariotas é xeralmente mediado pola carapucha 5' presente nos ARNm eucariotas.
Alejandro Guillán Castaño, coñecido artisticamente como Baiuca, nado en Catoira en 1990 é un músico galego. Usou o nome artístico Alex Casanova ata 2017, momento no que deixou atrás o estilo musical pop para innovar coa mestura de música electrónica e música tradicional galega, resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica. Reside en Madrid.
Edward Christopher "Ed" Sheeran, nado en Halifax (West Yorkshire) o 17 de febreiro de 1991, é un cantautor inglés. Firmou un contrato coa discográfica Asylum / Atlantic Records. Sheeran saltou á fama no mes de xuño de 2011, cando o seu primeiro single "The A Team" debutou nas listas británicas co número 3.
María Teresa Portela Rivas, nada en Aldán (Cangas) o 5 de maio de 1982, é unha piragüista galega, que compite na modalidade de augas tranquilas. Coas súas 15 medallas no Campionato Mundial, 17 no Europeo e seis participacións olímpicas, cunha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, é unha das figuras máis importantes deste deporte a nivel internacional.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O home dels nassos (en galego: Home dos fociños) é unha personaxe da mitoloxía catalá que ten tantos fociños como días lle restan ó ano. Porén, só se pode ver o 31 de decembro ou aninovo. Facéndose visible só o último día do ano, a personaxe da mitoloxía ten, como todos os seres humanos, un único nariz, e polo tanto, pode ser calquera persoa.Tradicionalmente, explícaselle ós nenos que o último día do ano aparece o Home dels nassos, unha persoa que ten tantos fociños como días ten o ano.
OHSAS 18001 (en inglés: Occupational Health and Safety Assessment Series) é unha normativa internacional de British Standard sobre seguridade dos traballadores e un sistema de xestión da seguridade laboral. No ano 2013, había 40 versións internacionais de OHSAS 18001 adoptadas por diferentes países e preto de 90.000 certificados en todo o mundo, emitidos en 127 países.
Antonio Fernández Resines é un actor español nado o 7 de agosto de 1954 en Torrelavega, Cantabria (España). Resines é un dos actores españois máis coñecidos e de extensísima filmografía, na que figuran moitas películas de éxito do cine español, ademais de varias series de televisión. Recibiu multitude de premios durante a súa traxectoria.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Minecraft é un videoxogo de mundo aberto tipo sandbox creado orixinalmente polo deseñador sueco Markus "Notch" Persson e desenvolvido e publicado posteriormente por Mojang. Os aspectos creativos e de construción de Minecraft permítenlles ós xogadores construír elementos a partir de cubos con diversas texturas nun mundo en 3D xerado por procedementos. Outras actividades do xogo inclúen a exploración, a recolección de recursos, a confección de obxectos e o combate.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Roxette foi un dúo sueco formado por Per Håkan Gessle e Gun-Marie Fredriksson. Venderon 75 millóns de discos e singles, catro dos cales chegaron a primeira posición no Billboard de Estados Unidos e foron a primeira banda de fala non inglesa en gravar un unplugged para a MTV. Se ben o grupo fundouse no 1986, a fama internacional chegou en 1989 cando a canción The Look os elevou a cima das principais listas musicais; e logo pola súa participación en Pretty Woman coa canción It Must Have Been Love, na súa segunda versión editada especialmente para este filme. Ademais escribiron cancións para outras películas como Almost Unreal para Super Mario Bros e Stupid para Spun.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 178.656 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
A mercadotecnia é «o proceso social e administrativo polo cal os grupos e individuos satisfán as súas necesidades ao crearen e intercambiaren bens e servizos». Segundo Philip Kotler, considerado pai da mercadotecnia, a mercadotecnia ten moitas definicións, como a que afirma que a mercadotecnia é a ciencia de satisfacer as necesidades dos clientes dun xeito rendible. A mercadotecnia involucra estratexias de mercado, de vendas, estudo de mercado, posicionamento de mercado etc.
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
Soraya Arnelas Rubiales, máis coñecida como Soraya, nada en Valencia de Alcántara (Cáceres) o 13 de setembro de 1982, é unha cantante española. O seu debut discográfico comenzou con Corazón de fuego lanzado en 2005, baixo os sellos discográficos de Santarder Records e Vale Music. En total lanzou catro álbums de estudio e nove singles.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O cairn de Gavrinis é un importante cairn (túmulo de pedras neolítico) francés localizado na pequena illa de Gavrinis, pertencente á comuna de Larmor-Baden, no departamento de Morbihan (rexión da Bretaña). Gavrinis é un exemplo destacado do megalitismo tardío europeo e está catalogado desde o 19 de xullo de 1901 como monumento histórico de Francia.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
María Laura Corradini Falomir, máis coñecida como Chenoa, nada en Mar del Plata (Arxentina) o 25 de xuño de 1975, é unha cantante solista con nacionalidade española. Alcanzou a fama en 2001, formando parte do reality show musical Operación Triunfo. No 2002 foi gañadora do Eurobest co tema "It's raining men".
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Antonio Vega Tallés, nado en Madrid o 16 de decembro de 1957 e finado na mesma cidade o 12 de maio de 2009 aos 51 anos, foi un músico español. Mediano de sete irmáns, o seu pai é un prestixioso médico leonés de Carrizo da Marxe especializado en traumatoloxía. En 1978 forma a banda Nacha Pop, que provén doutra banda, Uhu-Helicopter, na que militaba o seu curmán Nacho.
A glutamato deshidroxenase (GLDH, GDH) é un encima presente tanto en procariotas coma en mitocondrias de eucariotas que cataliza a reacción de oxidación do glutamato a α-cetoglutarato (tamén chamado 2-oxoglutarato) e amoníaco. Coñécense tres encimas glutamato deshidroxenase, que poden usar como cofactores o NAD, o NADP ou ambos. L-glutamato + H2O + NAD (P)+ ⇌ {\displaystyle \rightleftharpoons } α-cetoglutarato + NH3 + NAD(P)H + H+Como nesa reacción tamén se forma amoníaco, que nos eucariotas é procesado como substrato no ciclo da urea.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O "Pan Celtic Festival" (en galego: festival das nacións celtas) é un festival de música de linguas celtas feito anualmente na semana despois das Pascuas. O primeiro festival tivo lugar en Killarney, Condado Kerry, Irlanda en 1971. A súa finalidade é para promover as linguas celtas modernas e as culturas e a artistas das nacións de herdanza celta.
Ricardo Hevia Álvarez, nado en Mieres (Asturias) o 16 de setembro de 1940, é un exadestrador profesional de baloncesto español. A súa carreira como adestrador inclúe dirixiu clubs como CB Breogán, OAR Ferrol, Club Ourense Baloncesto ou CB Murcia.Actualmente reside en Lugo e escribe sobre o Breogán en La Voz de Galicia. En decembro de 2021 someteuse a unha operación cirúrxica en Lugo que evoluíu a unha situación de extrema gravidade.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Gun-Marie Fredriksson, máis coñecida como Marie Fredriksson, nada o 30 de maio de 1958 en Östra-Ljungby, e finada o 9 de decembro de 2019, foi unha cantante e compositora sueca. Era mundialmente coñecida por ser a voz feminina do exitoso dúo sueco de pop Roxette, xunto a Per Gessle. Antes de formar parte do grupo, xa tiña unha consolidada carreira como solista no seu país natal.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en once ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, cinco delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
O Aninovo é a festa que conmemora o inicio dun novo ano. A data en que se realiza esta celebración depende do tipo de calendario utilizado. A máis común é o 1 de xaneiro segundo o calendario gregoriano, que foi instaurado polo papa Gregorio XIII en 1582 e que na actualidade rexe na maioría dos países do mundo.
O Nadal na cultura popular galega
As festas do Nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade de Nadal noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co solsticio de inverno sobre as que houbo unha superposición relixiosa .
A Porta do Sol é unha céntrica praza da cidade de Madrid. Aquí atópase desde 1950 o denominado Quilómetro Cero das estradas radiais españolas. O edificio máis antigo da Porta do Sol é a Casa de Correos e nela destaca o reloxo de torre que foi construído e doado no século XIX por José Rodríguez de Losada, e cuxas badaladas das 12 da noite do 31 de decembro marcan a tradicional toma das doce uvas á gran maioría dos españois.
Coñécese como gripe de 1918 unha pandemia de gripe que afectou a todo o planeta precisamente cando remataba a primeira guerra mundial. Entre xaneiro de 1918 e decembro de 1920 infectou 500 millóns de persoas, aproximadamente un cuarto da poboación da época , e matou entre 17 e 50 millóns de persoas, un número tres veces maior que o de baixas na guerra.
Ibai Llanos Garatea, nado en Deusto (Bilbao) o 26 de marzo de 1995, é unha celebridade de internet (ou influencer), streamer e narrador de deportes electrónicos español. Foi "caster" (narrador de deportes electrónicos) de League of Legends para a Liga de Videoxogos Profesional (LVP), creador de contido para G2 Esports e agora é creador de contido en Twitch e copropietario de KOI, un equipo de deportes electrónicos. É coñecido popularmente como Ibai.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica.Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.