Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cine británico nacionalizado americano, mestre do xénero do thriller de suspense. Tras unha exitosa carreira no cine británico en películas mudas e nas primeiras sonoras, o que o levou a ser considerado o mellor director de Inglaterra, Hitchcock trasladouse a Hollywood en 1939.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Xente ao lonxe é unha novela de Eduardo Blanco Amor publicada en 1972 pola Editorial Galaxia. A segunda edición é de 1976. Galaxia publicou en 2014 unha edición que é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que reconstrúe definitivamente a versión orixinal que se sometera á censura na década de 1970.
Camilo José Cela Trulock, nado en Iria Flavia o 11 de maio de 1916 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 2002, foi un escritor galego de sona. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra como La colmena, Mazurca para dos muertos ou La familia de Pascual Duarte. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.
Unha criptomoeda, criptodivisa ou criptoactivo é un medio dixital de intercambio que utiliza criptografía forte para asegurar as transaccións financeiras, controlar a creación de unidades adicionais e verificar a transferencia de activos; é un tipo de moeda complementaria e de moeda dixital. As criptomoedas teñen un control descentralizado, en contraposición ás moedas centralizadas e aos bancos centrais.O control de cada moeda funciona a través dunha base de datos descentralizada, habitualmente unha cadea de bloques, que serve como unha base de datos de transaccións financeiras pública.A primeira criptomoeda que empezou a operar foi o bitcoin en 2009 e, desde entón, apareceron moitas outras con diferentes características e protocolos como litecoin, namecoin, peercoin, ripple, dogecoin, petro, etc.A comezos de 2019 mesmo algúns bancos traballan xa con criptomoedas.
A Irmandade Druídica Galaica (IDG) é unha asociación relixiosa que representa o druidismo contemporáneo (ou druidaria) na zona da antiga Gallaecia (especialmente en Galiza e o norte de Portugal de hoxe en día).A asociación viu a luz pública en novembro de 2011 co lanzamento da súa web, e foi constituída legalmente como entidade relixiosa en 2015. Está rexistrada, como tal, perante notario e no chamado Rexistro de Entidades Relixiosas do Ministerio de Xustiza español co número 022549. Así, a IDG transformouse na terceira asociación relixiosa do Estado Español (xusto despois da Orden Druida Fintan e a Hermandad Druida Dun Ailline, ambas de Cataluña), e a primeira na Galiza.
Dragon Ball Z (ドラゴンボールZ, Doragon Bōru Zetto), tamén coñecido en Galiza como Dragón Z ou Bóla de Dragón Z, é unha serie de televisión de animación xaponesa de 291 capítulos de 25 minutos adaptada do manga de Akira Toriyama e producida polo estudio Tōei. É a continuación do anime Dragon Ball. En Galiza emitiuse na década de 1990, dentro do programa infantil Xabarín Club da Televisión de Galicia.
Anselmo Antonio Vilar García, nado en Lugo e finado en Vélez-Málaga entre o 9 e o 10 de febreiro de 1937, foi un fareiro galego. A súa actuación na Guerra Civil, apagando a luz do faro de Torre del Mar durante dúas noites, salvou a vida de civís que fuxían de Málaga a Almería e que estaban sendo metrallados e bombardeados polas tropas franquistas.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Manuel Rodríguez-Arijón Pallas
Manuel Rodríguez-Arijón Pallas, nado en Carballo en 1895 e finado no mesmo concello en 1963, foi un inventor galego.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Pablo Nicolás Sebastián de Todos los Santos Urdangarin y Borbón, nado en Barcelona o 6 de decembro de 2000, é o segundo fillo da Infanta Cristina de España e Iñaki Urdangarin. É neto dos reis eméritos de España, Xoán Carlos I e Sofía de Grecia, e sobriño dos reis Filipe VI e Letizia Ortiz. Seis semanas logo do seu nacemento en Barcelona, o novo membro da Familia real española foi bautizado o 20 de xaneiro de 2001 no Palacio da Zarzuela.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Pangasinan, oficialmente provincia de Pangasinan (pangasinés Luyag na Pangasinan) é unha provincia costeira da rexión de Ilocos en Filipinas, con capital en Lingayen; localízase no oeste da illa de Luzón entre o golfo de Lingayen e o mar da China Meridional. A súa superficie é de 5451,01 km2 e a poboación de 3 163 190 en 2020. A lingua pangasinesa é a oficial da provincia canda o tagalo e o inglés.
Cristina Federica Victoria Antonia de la Santísima Trinidad de Borbón y Grecia, nada en Madrid o 13 de xuño de 1965, é infanta de España e foi duquesa de Palma, é a segunda dos fillos dos reis de España Xoán Carlos I e Sofía. É a sexta na liña de sucesión logo das fillas do seu irmán Filipe, rei de España, e da súa irmá Elena e os seus fillos.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Os fogos de artificio son un tipo de dispositivos pirotécnicos usados normalmente con fins estéticos de entretemento ou de celebración. Son usados en distintas partes do mundo é son o atractivos de moitas celebracións culturais e relixioso. Existen diferentes tipos de fogos de artificio, cuxos efectos pódense agrupar en catro categorías: ruído, luces, fume e materiais flotantes (na maioría de casos úsase confeti para xerar ese efecto).
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.
Enrique Liste Forján, coñecido como Enrique Líster, nado en Ameneiro (Calo, Teo) o 21 de abril de 1907 e falecido en Madrid o 8 de decembro de 1994, foi un militante comunista e dirixente militar republicano galego, que combateu na guerra civil española e na Segunda guerra mundial. Recibiu formación militar na Unión Soviética, en academias do Exército Vermello e durante a guerra civil española tivo un destacado papel organizando e dirixindo as milicias do Quinto Rexemento. Posteriormente pasou a mandar varias unidades do Exército Popular da República.
Ibai Llanos Garatea, nado en Deusto (Bilbao) o 26 de marzo de 1995, é unha celebridade de internet (ou influencer), streamer e narrador de deportes electrónicos español. Foi "caster" (narrador de deportes electrónicos) de League of Legends para a Liga de Videoxogos Profesional (LVP), creador de contido para G2 Esports e agora é creador de contido en Twitch e copropietario de KOI, un equipo de deportes electrónicos. É coñecido popularmente como Ibai.
Mohandas Karamchand Gandhi (en gujarati, મોહનદાસ કરમચંદ ગાંધી, devanágari मोहनदास करमचन्द गांधी), máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Gujarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución. Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico, inspirando a outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias e en última análise para o desmantelamento do Imperio Británico e a súa substitución pola Comunidade Británica (Commonwealth). O principio do satyagraha, frecuentemente traducido como "o camiño da verdade" ou "a busca da verdade", tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela.
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 179.156 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Pokémon (ポケットモンスター, Poketto Monsutā, Pocket Monsters, literalmente "monstros de peto" en galego) é unha franquía multimillonaria, que orixinalmente comezou coma un videoxogo, mais debido á súa popularidade logrou expandirse a outros medios de entretemento coma series de televisión, xogos de cartas, roupa, entre outros, converténdose nunha marca que é recoñecida no mercado mundial. As vendas de videoxogos até o 1 de decembro de 2006, acadaran unha cantidade de 175 millóns de exemplares (incluíndo a venda da versión Pikachu da consola Nintendo 64), atinxindo ocupar o segundo lugar das sagas de videoxogos máis vendidos de Nintendo. A franquía celebrou o seu décimo aniversario o 27 de febreiro de 2006.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Un personaxe é cada un dos seres que forman a acción dunha obra literaria, película etc., e que son o motor da acción narrativa. Non debe confundirse o termo persoeiro (individuo real de relevancia ou que queremos salientar) con personaxe (ser ficticio por moito que represente a unha persoa real da que soamente é unha representación inventiva). O personaxe é o elemento motor da acción narrativa.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A moeda viquinga foi a utilizada na Idade Media, durante a chamada era viquinga en diversas rexións da Europa do Norte e das Illas Británicas. Antes da cuñaxe e do uso de moedas, a economía viquinga utilizaba eminentemente pezas de metal e lingotes, sen un valor predeterminado, senón que este estaba en función do seu peso e do valor do metal concreto.No século IX as incursións viquingas puxeron en contacto este pobo con outras culturas europeas que estaban familiarizadas co uso da moeda nas súas economías, feito este que influíu no inicio da propia produción de moedas por parte dos viquingos.Dentro da propia Escandinavia, os viquingos coñecían xa as moedas propias dalgunhas rexións próximas, e mesmo chegaron a ter contacto con emisións de pobos árabes que chegaron a Escandinavia a través do comercio, que tamén supuxeron unha influencia para o desenvolvemento das posteriores cuñaxes viquingas.Os reinos gobernados polos dinamarqueses nas Illas Británicas, coñecidos como Danelaw, comezaron a producir as súas moedas, con alusións aos seus soberanos e diversas imaxes cristiás. E dentro de Escandinavia, as emisións dos daneses, dos suecos e dos noruegueses tiveron as súas particularidades, sinaladamente pola alusión aos seus respectivos gobernantes, e a habituación ao seu uso seguiu ritmos diferentes en cada rexión.Os achados de numerosos tesouros de moedas de prata tanto nas Illas Británicas como en Escandinavia proporcionou información acerca da diversidade de tipos e deseños das moedas a nome de cada gobernante, e tamén sobre a influencia de culturas e tradicións monetarias externas.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O efecto dominó suxire a idea de que un efecto é a causa doutro efecto, xerando unha serie de eventos similares de duración media, longa ou infinita. O termo efecto dominó é unha alusión a un xogo ou pasatempo que consiste en colocar varias fichas de dominó en posición vertical seguidas de xeito que se a primeira se derrumba cun simple toque, unha derruba á outra até estaren todas derrubadas. É habitual empregar os termos en ciencia, cando os procesos desencadean outros procesos de forma recursiva, e tamén en xornalismo, para informar eventos que desencadean unha serie doutros eventos.
Eleccións municipais en Curtis
Corporacións democráticas en Curtis desde a aprobación da Constitución de 1978. 1979 Alcalde: José Tomé Piñeiro — AEC 1983 Alcalde: José Tomé Piñeiro — AIC-T 1987 Alcalde: José Tomé Piñeiro — PSdeG-PSOE 1991 Alcalde: José Tomé Piñeiro — PSdeG-PSOE 1995 Alcalde: Luís Novo Vázquez — PPdeG, en coalición con PPC ata xuño de 1997. 1999 Alcalde: Antonio Fraga Sánchez — PSdeG-PSOE, en coalición con PPC. Substituído en xullo de 2001 por Javier Caínzos Vázquez (Plataforma Popular de Curtis) en vritude do pacto de goberno co PSdeG-PSOE. 2003 Alcalde: Javier Caínzos Vázquez — PPdeGModelo:Curtis 2003 2007 Alcalde: Javier Caínzos Vázquez — PPdeG 2011 Alcalde: Javier Caínzos Vázquez — PPdeG 2015 Alcalde: Javier Caínzos Vázquez — PPdeGCandidatos: Javier Francisco Caínzos Vázquez (PP) e Xosé Manuel Tomé Fernández (BNG).
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Dragon Ball (ドラゴンボール, Doragon Bōru), tamén traducido ó galego como As bólas máxicas, é o nome dun manga xaponés e dunha serie de anime creados por Akira Toriyama. O manga publicouse inicialmente na revista semanal Shōnen Jump entre 1984 e 1995 e orixinalmente editouse en 42 tomos individuais chamados Tankōbon. No 2004 volveuse publicar o manga nunha colección de 34 volumes, chamados Kanzenban, que incluía un final lixeiramente modificado.
Le Dernier Métro é un filme francés de 1980 escrito e dirixido por François Truffaut, e protagonizado por Catherine Deneuve e Gérard Depardieu. Ambientado en 1942 durante a ocupación alemá de Francia, segue a fortuna dun pequeno teatro da zona de Montmartre, en París, que emprega a resistencia pasiva mantendo a súa integridade cultural, a pesar da censura, o antisemitismo e a escaseza de materiais, para saír triunfante ao final da guerra. O título evoca dous feitos salientables da vida da cidade baixo os alemáns: a escaseza de combustible levou á xente a pasar as noites en teatros e outros lugares de entretemento, mais o toque de queda fixo que tivesen que coller o último tren do metro para casa.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A Anta de São Brissos, construída entre o IV e o III milenio a.C., está situada na parroquia de Santiago do Escoural, no concello de Montemor-o-Novo. O dolmen está actualmente transformado nunha pequena capela, que data do século XVII, polo que tamén se coñece como Anta de Nossa Senhora do Livramento ou Anta-Capela de Nossa Senhora do Livramento. A anta-capela incorpora tres dos piares orixinais, así como parte da cuberta orixinal da cámara.
Timothée Hal Chalamet, nado o 27 de decembro de 1995, é un actor franco-estadounidense. É coñecido polas súas actuacións como Finn Walden na serie de Showtime Homeland (2012), Danny Vance no filme dramático Men, Women & Children (2014), Tom Cooper no filme de ciencia ficción Interstellar (2014), Elio Perlman no filme de drama romántico Call Me by Your Name (2017) e Kyle Scheible no filme Lady Bird (2017).
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2020 tiña 65.560 habitantes (34.675 mulleres e 30.885 homes), sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia. Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval.
Uxío Novoneyra, nado como Eugenio Novo Neira en Parada (Seoane do Courel, no concello de Folgoso do Courel), o 19 de xaneiro de 1930 e finado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999, foi un poeta e escritor galego. Sendo fillo dunha familia de labregos, O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. Xosé Luís Méndez Ferrín encadrouno dentro da Xeración das Festas Minervais.
O conflito árabe-israelí (en árabe: الصراع العربي الإسرائيلي Al-Sira'a Al'Arabi A'Israili; en hebreo: הסכסוך הישראלי-ערבי Ha'Sikhsukh Ha'Yisraeli-Aravi) refírese á tensión política e os conflitos armados entre o Estado de Israel e os seus veciños árabes, en particular os palestinos e comeza coa descolonización de Reino Unido e Francia da ribeira oriental do mar Mediterráneo. Existen un cúmulo de circunstancias e causas que orixinaron o conflito. A súa definición, historia e posibles solucións son materia de permanente debate e os problemas que inclúe varían co tempo.
Alvariza pode referirse a: Apiario, conxunto de colmeas de abellas; Abellariza, construción tradicional consistente nun muro, xeralmente circular, onde se garda un apiario para o protexer do clima e os animais. Alvariza, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia. Alvariza, grupo musical folk galego.
Michael Francis Moore é un cineasta e escritor estadounidense, Palma de Ouro 2004 no Festival de Cannes coa súa película Fahrenheit 9/11, autor de libros e películas nas que denuncia á sociedade e poderes estadounidenses, en particular e con esta película, o contorno do Presidente George W. Bush e o seu contorno a raíz dos atentados do 11 de setembro de 2001 (ós que fai alusión o título, que xoga co da novela Fahrenheit 451 de Ray Bradbury).
Non confundir con Xénero (bioloxía) ou Sexo Xénero —do lat. genus, -ĕris.— é un termo técnico específico en ciencias sociais que alude ao «conxunto de características diferenciadas que cada sociedade asigna a homes e mulleres». Non se trata dunha clasificación dos suxeitos en grupos identitarios, senón que segundo a Organización Mundial da Saúde, se refire a «os roles socialmente construídos, comportamentos, actividades e atributos que unha sociedade considera como apropiados para homes e mulleres», orientado a visibilizar aquelas diferenzas e desigualdades sociais entre homes e mulleres que proveñen da aprendizaxe, así como os estereotipos, os prexuízos e a influencia das relacións de poder na construción dos xéneros.O significado de xénero destina unha construción social e toma un perímetro da condición biolóxica dos suxeitos —características anatómico-fisiolóxicas—, polo que a analoxía ou sinonimia semántica entre os termos «xénero» e «sexo» é errónea.
Un hiato é a concorrencia de dúas vogais sucesivas que pertencen a dúas sílabas diferentes, e que polo tanto non forman ditongo. En galego pode haber hiato nos seguintes casos: Dúas vogais abertas (a, e, o) seguidas: aéreo (a-é-re-o), cacao (ca-ca-o), área (á-re-a), fideo (fi-de-o), táboa (tá-bo-a), adoecer (a-do-e-cer). Unha vogal aberta ou media e unha pechada (i, u) tónica.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Juan Valentín de Todos los Santos Urdangarin y Borbón, nado en Barcelona o 29 de setembro de 1999, é o fillo primoxénito da Infanta Cristina de España e Iñaki Urdangarin. É neto dos reis eméritos de España, Xoán Carlos I e Sofía de Grecia, e sobriño dos actuais reis Filipe VI e Letizia Ortiz. Tres meses logo do seu nacemento Juan Valentín foi bautizado no Palacio da Zarzuela o día 12 de decembro.
Cousin, Cousine é un filme francés de 1975 dirixido por Jean-Charles Tacchella e protagonizado por Marie-Christine Barrault, Victor Lanoux e Marie-France Pisier. Escrito por Tacchella e Danièle Thompson, o filme trata de dous curmáns por matrimonio que se coñecen nunha voda e desenvolven unha estreita amizade. Despois de que os seus cónxuxes resultan infieis, a amizade dos curmáns leva a unha apaixonada relación amorosa.