Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Xente ao lonxe é unha novela de Eduardo Blanco Amor publicada en 1972 pola Editorial Galaxia. A segunda edición é de 1976. Galaxia publicou en 2014 unha edición que é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que reconstrúe definitivamente a versión orixinal que se sometera á censura na década de 1970.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Cristina Federica Victoria Antonia de la Santísima Trinidad de Borbón y Grecia, nada en Madrid o 13 de xuño de 1965, é infanta de España e foi duquesa de Palma, é a segunda dos fillos dos reis de España Xoán Carlos I e Sofía. É a sexta na liña de sucesión logo das fillas do seu irmán Filipe, rei de España, e da súa irmá Elena e os seus fillos.
Pablo Nicolás Sebastián de Todos los Santos Urdangarin y Borbón, nado en Barcelona o 6 de decembro de 2000, é un xogador de balonmán español, que milita no filial do FC Barcelona. É o segundo fillo da Infanta Cristina de España e Iñaki Urdangarin, neto dos reis eméritos de España, Xoán Carlos I e Sofía de Grecia, e sobriño dos reis Filipe VI e Letizia Ortiz. Seis semanas logo do seu nacemento en Barcelona, o novo membro da Familia real española foi bautizado o 20 de xaneiro de 2001 no Palacio da Zarzuela.
O aneto ou endro (Anethum graveolens) é unha planta herbácea de curta vida. Medra silvestre nos campos da Península Ibérica, sobre todo no val do Ebro e en Andalucía, resto da Europa meridional, Exipto, Asia Menor, África do Norte, cultívase en Alemaña, Hungría, Italia, Gran Bretaña, Países Baixos, India, Paquistán, Estados Unidos para a súa utilización nos sectores farmacéutico, cosmético, alimentario e para a produción de licores. É unha planta anual de entre 60 e 150 cm, co talo feble e oco, as flores amarelas, os froitos de cor castaña e arrodeados por unha película clara, cun cheiro aromático.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Carmen Jedet Izquierdo Sánchez, máis coñecida simplemente como Jedet, nada o 7 de xullo de 1992 en Polícar (Granada), é unha actriz, cantante, celebridade de internet e activista do colectivo LGTB española. Pola súa interpretación de Cristina Ortiz "La Veneno" na serie de televisión Veneno recibiu o Premio Ondas 2020 na categoría de mellor intérprete feminina en ficción nacional.
A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) (en inglés North Atlantic Treaty Organization, NATO e en francés Organisation du Traité de l'Atlantique Nord, OTAN), tamén denominada Alianza do Atlántico, Alianza do Atlántico Norte ou Alianza Atlántica, é unha alianza militar intergobernamental creada o 4 de abril de 1949 da que forman parte países de Europa e América. As súas funcións cambiaron dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas de Europa do leste, que se agruparon no chamado Pacto de Varsovia, e tras a caída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano 1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 179.156 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Acordo Centroeuropeo de Libre Comercio
O Acordo Centroeuropeo de Libre Comercio (Central European Free Trade Agreement ou CEFTA, polas súas siglas en inglés) é un acordo comercial internacional entre países maioritariamente localizados no Sueste de Europa. Fundado por representantes de Polonia, Hungría e Checoslovaquia, o CEFTA ampliouse a Albania, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia, Moldavia, Montenegro, Macedonia do Norte, Romanía, Serbia, Eslovenia e a MINUK (en representación de Kosovo, de acordo coa UNSCR 1244).
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
Os fogos artificiais ou fogos_de_artificio, ou simplemente fogos, son un tipo de dispositivos pirotécnicos usados normalmente con fins estéticos de entretemento ou de celebración. Son usados en distintas partes do mundo é son o atractivos de moitas celebracións culturais e relixiosas. Existen diferentes tipos de fogos de artificio, cuxos efectos pódense agrupar en catro categorías: ruído, luces, fume e materiais flotantes (na maioría de casos úsase confeti para xerar ese efecto).
Ucraína (en ucraíno: Україна, tr. "Ukraina", [ukrɑˈjinɑ] (AFI)) é unha nación eslava situada, en liñas xerais, entre os mares Negro e Azov e o río Prípiat, entre as planicies húngaras, a foz do Danubio e o río Don. Os ríos Dniéper e Dniéster son, e sempre foron, os límites xeográficos centrais de Ucraína.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Avelino Díaz Díaz, nado en Santa Comba da Órrea, (Riotorto), o 14 de novembro de 1897 e finado en Buenos Aires o 29 de marzo de 1971, foi un poeta e xornalista galego. No seu libro monográfico de 2003, Marivel Freire identifícao como "unha voz comprometida na Galicia emigrante". A súa outra faceta poética, máis lírica e sensible, foi escrita toda na Arxentina, onde viviu case toda a vida.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Francia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende a concepción do premio en 1956. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Mohandas Karamchand Gandhi (en gujarati, મોહનદાસ કરમચંદ ગાંધી, devanágari मोहनदास करमचन्द गांधी), máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Gujarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución. Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico, inspirando a outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias e en última análise para o desmantelamento do Imperio Británico e a súa substitución pola Comunidade Británica (Commonwealth). O principio do satyagraha, frecuentemente traducido como "o camiño da verdade" ou "a busca da verdade", tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Camilo José Cela Trulock, nado en Iria Flavia o 11 de maio de 1916 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 2002, foi un escritor galego de sona. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra como La colmena, Mazurca para dos muertos ou La familia de Pascual Duarte. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Juan Valentín de Todos los Santos Urdangarin y Borbón, nado en Barcelona o 29 de setembro de 1999, é o fillo primoxénito da Infanta Cristina de España e Iñaki Urdangarin. É neto dos reis eméritos de España, Xoán Carlos I e Sofía de Grecia, e sobriño dos actuais reis Filipe VI e Letizia Ortiz. Tres meses logo do seu nacemento Juan Valentín foi bautizado no Palacio da Zarzuela o día 12 de decembro.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Dragon Ball Z (ドラゴンボールZ, Doragon Bōru Zetto), tamén coñecido en Galiza como Dragón Z ou Bóla de Dragón Z, é unha serie de televisión de animación xaponesa de 291 capítulos de 25 minutos adaptada do manga de Akira Toriyama e producida polo estudio Tōei. É a continuación do anime Dragon Ball. En Galiza emitiuse na década de 1990, dentro do programa infantil Xabarín Club da Televisión de Galicia.
Un isotipo é un tipo de logotipo que representa a unha marca de maneira gráfica, sen incluír ningunha letra ou palabra.[[Categoría:]] O obxectivo deste é brindar unha imaxe que permita identificar facilmente á marca cun debuxo, sen a necesidade de palabras ou letras. Esta debe ser orixinal: diferenciarse do isotipo da competencia é clave para que o cliente non confunda os logos.
Este artigo trata sobre o mártir e santo, para o nome de varón véxase Sebastián. Sebastián, coñecido tamén como San Sebastián Mártir, nado en Narbona (Francia) no ano 256 e finado en Roma contra o ano 288, foi un mártir e santo cristián, que foi supostamente martirizado durante o mandato do emperador romano Diocleciano, perseguidor dos cristiáns. Adoita ser representado como un individuo amarrado a un poste e perforado por frechas.
LinkedIn é unha rede social para profesionais (coñecida tamén como “Facebook dos profesionais")[Cómpre referencia] fundada en decembro de 2002 e aberta ao público en maio de 2003; sendo creada por Reid Hoffman, Allen Blue, Konstantin Guericke, Eric Ly e Jean-Luc Vaillant. Nesta rede é posible crear o teu perfil e colgar o teu CV (resumo da tua experiencia e logros profesionais), ofrecéndoche a opción de contactar con persoas especializadas no teu mesmo sector, establecendo deste xeito unha rede de contactos. En outubro de 2008, tiña arredor de 20 millóns de usuarios rexistrados.
Enténdese por publicidade a comunicación establecida tras a emisión dunha mensaxe que ofrece unha información interesada e que se divulga co obxectivo de influír no público para producir un beneficio ó emisor ou promotor ou no caso da publicidade institucional ofrecer información de servizo público. Na publicidade tamén se utilizan unha gran variedade de medios: de viva voz, medios de comunicación, o correo, teléfono, folletos, redes informáticas, competicións deportivas, bolígrafos, paraugas, roupa e mesmo avionetas, automóbiles, trens, bicicletas ou navíos. Na publicidade empréganse con frecuencia estratexias de base lingüística: A implicación do receptor na mensaxe, usando imperativos ou con oracións interrogativas.
Un personaxe é cada un dos seres que forman a acción dunha obra literaria, película etc., e que son o motor da acción narrativa. Non debe confundirse o termo persoeiro (individuo real de relevancia ou que queremos salientar) con personaxe (ser ficticio por moito que represente a unha persoa real da que soamente é unha representación inventiva). O personaxe é o elemento motor da acción narrativa.
Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.
A entrada da Real Academia Galega máis precisa para o lema no ámbito publicitario é: “pensamento que serve de guía á conduta dunha persoa” . É dicir, un conxunto de crenzas ou principios que axuda á audiencia a identificar á marca cunha idea. O lema comunica a filosofía ou a personalidade da marca, fai tanxible a súa esencia.
Agathe Mella, de nome orixinal Léonie Marie Jacqueline Cordier, nada no 6º distrito de Lyon o 11 de setembro de 1909 e finada en Gaillon o 6 de agosto de 2003, foi unha personalidade da radio francesa. Incorporouse á Radiodiffusion Nationale tras a Segunda Guerra Mundial e participou na reestruturación da Radiodiffusion-Télévision Française.
Les Parapluies de Cherbourg é un filme musical de 1964 producido entre Francia e Alemaña do Oeste que foi escrito e dirixido por Jacques Demy, con música e letra de Michel Legrand. Catherine Deneuve e Nino Castelnuovo protagonizan a dous amantes na cidade francesa de Cherbourg, separados polas circunstancias que lles tocou vivir. O diálogo do filme cántase enteiramente como un texto recitativo, incluída a conversación casual, e é cantado ou composto, como algunhas óperas e musicais escénicos.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Arias Pérez de Deza (tamén Airas e Peres), tamén coñecido como Arias Pérez de Monterroso, foi un cabaleiro galego do século XII natural das Terras do Deza. Foi señor dos castelos de Lobeira e Pena Corneira e participou dos sucesos políticos do seu tempo liderando unha irmandade de nobres galegos opostos á alta aristocracia condal da casa de Traba.
Na mitoloxía grega Zeus (en lingua grega Ζεύς), Zeús Kroniōn («descendente de Crono») ou Dias (Δίας, «rei divino») foi o soberano dos deuses e o deus do ceo e mais do trono. Na mitoloxía romana correspóndese con Xúpiter, protector da cidade de Roma desde o seu templo no Capitolio. Zeus deu orixe a boa parte dos deuses olímpicos e tamén á maioría dos heroes gregos, froito das relacións sexuais que tivo con diferentes mulleres mortais.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Manuel Rodríguez-Arijón Pallas
Manuel Rodríguez-Arijón Pallas, nado en Carballo en 1895 e finado no mesmo concello en 1963, foi un inventor galego.
O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Río Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores, tras ascender en 2021 desde a Liga LEB. Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño.
O termo vehículo deportivo utilitario (en inglés SUV, de sport utility vehicle) designa a aqueles vehículos semellantes aos vehículos familiares pero cun chasis máis lixeiro e normalmente equipado con tracción ás catro rodas coa pretensión de ser utilizado nalgunha medida como vehículo todo terreo, a súa orixe está nos vehículos militares tales como os jeeps e os Land Rover. Foi un vehículo popular na década de 1990 e 2000 nos Estados Unidos, Canadá e Australia e en menor medida en Europa. Desde aquela declinou polo aumento do prezo do combustible e a crise económica substituído polo crossover que conta ademais cunha mellor eficiencia no consumo de combustible.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Steven Allan Spielberg, nado en Cincinnati (Ohio) o 18 de decembro de 1946, é un director de cine estadounidense. Foi sete veces candidato ao Óscar ó mellor director, obténdoo en dúas ocasións, cos filmes A lista de Schindler (1993) e Saving Private Ryan (1998). Tres das súas películas lograron converterse no filme de maior recadación no seu momento: Tiburón (1975), E.T. the Extra-Terrestrial (1982) e Parque Xurásico (1993).
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Lacombe Lucien é un filme francés de 1974 dirixido por Louis Malle. O filme conta a historia dun adolescente francés durante a ocupación alemá de Francia na segunda guerra mundial. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 47ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.
Canduas, Cabana de Bergantiños
San Martiño de Canduas é unha parroquia situada ao oeste do concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Nacional de Estadística no ano 2018 tiña 917 habitantes (443 homes e 474 mulleres), 111 menos que no 2009, 173 menos que no 2004 e 291 menos que no 2000. Están distribuídos en 21 entidades de poboación.
Este artigo trata sobre o códice miniado coñecido en latín como Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus, para o libro de poemas de Luz Pozo Garza véxase Códice Calixtino. O códice miniado coñecido en latín como Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus e en galego como Libro de Santiago ou máis comunmente como Códice Calixtino é un conxunto de textos reunidos en Santiago de Compostela nos anos finais do arcebispado de Diego Xelmírez e que se presentaba como da autoría do papa Calisto II. É o libro referecial do mundo xacobeo e o máis antigo centrado exclusivamente nesta temática.O exemplar máis antigo, datado entre 1150 e 1160, consérvase na catedral de Santiago de Compostela e é copia dun exemplar modelo. A copia que realizou o monxe Arnaldo de Monte en 1173 coñécese como manuscrito de Ripoll e consérvase no presente en Barcelona.
Manuel Yarza Ormazábal, nado en Vigo en 1884, foi un futbolista galego, que xogaba como centrocampista. Membro histórico do Madrid Foot-Ball Club, xunto co seu irmán Quincho Yarza, foi campión da Copa do Rei catro veces consecutivas, dende 1905 ata 1908. Na edición de 1908 ambos foron rivais, e máis tarde recalou no Español de Madrid.