Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Galicia ou Galitzia (en alemán: Galizien, en polaco: Galicja, en ucraíno: Галичина Halychyna, en checo e eslovaco: Halič; en húngaro: Galícia / Kaliz / Gácsország / Halics; en romanés: Galiția / Halici; en ruso: Галиция / Галичина, Galitsiya / Galichina; en ruteno: Галичина, Halychyna; en yiddish: גאַליציע Galitsie) é unha rexión histórica do leste de Europa, que antigamente foi un pequeno principado e cuxo territorio na actualidade se divide entre Polonia e Ucraína. Hai unha considerable superposición entre Galicia e o suroeste de Rutenia, especialmente referida a unha rexión transfronteiriza centrada no óblast de Zakarpattia, a rexión transcarpática da Ucraína actual, que está habitada por diversas nacionalidades, incluíndo a minoría rusina. Neste sentido moderno, Rutenia esténdese á Ucraína occidental, sueste de Polonia e Eslovaquia Galicia foi, durante moitos séculos, unha rexión tapón, unha zona de paso e un cruzamento de culturas, entre o imperio dos Habsburgo e o Imperio ruso, entre a Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa.
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cine británico nacionalizado americano, mestre do xénero do thriller de suspense. Tras unha exitosa carreira no cine británico en películas mudas e nas primeiras sonoras, o que o levou a ser considerado o mellor director de Inglaterra, Hitchcock trasladouse a Hollywood en 1939.
A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) (en inglés North Atlantic Treaty Organization, NATO e en francés Organisation du Traité de l'Atlantique Nord, OTAN), tamén denominada Alianza do Atlántico, Alianza do Atlántico Norte ou Alianza Atlántica, é unha alianza militar intergobernamental creada o 4 de abril de 1949 da que forman parte países de Europa e América. As súas funcións cambiaron dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas de Europa do leste, que se agruparon no chamado Pacto de Varsovia, e tras a caída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano 1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Ucraína (en ucraíno: Україна, tr. "Ukraina", [ukrɑˈjinɑ] (AFI)) é unha nación eslava situada, en liñas xerais, entre os mares Negro e Azov e o río Prípiat, entre as planicies húngaras, a foz do Danubio e o río Don. Os ríos Dniéper e Dniéster son, e sempre foron, os límites xeográficos centrais de Ucraína.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A batalla do lago Poyang foi un conflito naval que tivo lugar entre o 30 de agosto e o 4 de outubro de 1363 entre as forzas da dinastía Ming: Zhu Yuanzhang e as do xeneral rebelde Chen Youliang, fundador do estado de Chen Han. Forma parte do conflito coñecido como o levantamento do turbante vermello que conduciu ao final da dinastía Yuan. Xa dende mediados do século XIV a dinastía Yuan, establecida polo clan mongol Borjigin, estaba xa apunto de colapsar.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 179.293 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Chisasibi (cree: ᒋᓵᓰᐲ/Cisâsîpî, literalmente "río grande") é unha vila no bordo oriental da baía de James, no territorio equivalente Eeyou Istchee no norte do Quebec. Sitúase na ribeira sur do río que lle dá nome, a menos de 10 quilómetros da súa foz. Chisasibi é unha das once vilas cree da rexión que forman parte do Gran Consello dos Crees .
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Mohandas Karamchand Gandhi (en gujarati, મોહનદાસ કરમચંદ ગાંધી, devanágari मोहनदास करमचन्द गांधी), máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Gujarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución. Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico, inspirando a outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias e en última análise para o desmantelamento do Imperio Británico e a súa substitución pola Comunidade Británica (Commonwealth). O principio do satyagraha, frecuentemente traducido como "o camiño da verdade" ou "a busca da verdade", tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela.
Un selo de cilindro é un cilindro gravado cunha "historia en debuxo", que se usaba na antigüidade para enrolar unha impresión sobre unha superficie bidimensional, xeralmente arxila húmida. Os selos estaban feitos de pedra ( lapislázuli, hematita, obsidiana, esteatita, amatista, cornalina, calcaria, diorita, talco, ágata, serpentina, clorita, glauconita, magnetita ), vidro, marfil, cerámica (por exemplo, faienza exipcia). metais.
Santa Euxenia de Setados é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 233 habitantes (116 homes e 117 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 257 habitantes. Foi capital do concello de Setados ata que en 1904 a capital pasou a Santa María das Neves.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A cultura castrexa foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome; só reciben o nome de citanias determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega ata os ríos Navia e Túa polo leste e o Douro polo sur. Desenvolveuse durante a Idade de Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade de Bronce.
Blas de Lezo y Olavarrieta (ou Olabarrieta) nado en Pasaia, Guipúscoa o 3 de febreiro de 1689 e finado en Cartaxena de Indias, Nova Granada (Colombia hoxe) o 7 de setembro de 1741, primeiro marqués de Ovieco (a título póstumo) foi un almirante español coñecido como Patapalo ou máis tarde como Mediohome, polas moitas feridas sufridas ao longo da súa vida militar, é considerado un dos mellores estrategos da historia da Armada Española.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Un personaxe é cada un dos seres que forman a acción dunha obra literaria, película etc., e que son o motor da acción narrativa. Non debe confundirse o termo persoeiro (individuo real de relevancia ou que queremos salientar) con personaxe (ser ficticio por moito que represente a unha persoa real da que soamente é unha representación inventiva). O personaxe é o elemento motor da acción narrativa.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Neon Genesis Evangelion (en xaponés: 新世紀エヴァンゲリオン; Shin Seiki Evangerion; que quere dicir literalmente "O Evanxeo do Novo Século") tamén coñecida sinxelamente como Evangelion ou Eva, é unha serie de animación xaponesa, ou anime, producida por Gainax e Tatsunoko Production, dirixida por Hideaki Anno e emitida orixinalmente pola canle TV Tokyo dende outubro de 1995 até marzo de 1996. O anime conta con 26 episodios e o elenco de voces xaponesas orixinais inclúe a Megumi Ogata como Shinji Ikari, Megumi Hayashibara como Rei Ayanami e Yūko Miyamura como Asuka Langley Soryu. A música da serie foi composta por Shirō Sagisu.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Ricardo I de Inglaterra, nado en Oxford o 8 de setembro de 1157 e finado o 6 de abril de 1199, foi rei de Inglaterra desde o 6 de xullo de 1189 ata a súa morte. Tamén foi duque de Normandía como Ricardo IV, de Aquitania e de Gascuña, señor de Irlanda e Chipre, conde de Anjou e de Nantes. Foi coñecido como Ricardo Corazón de León, grazas á súa boa reputación como líder militar e guerreiro.
Cesce, Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (castelán: Compañía Española de Seguros de Crédito a la Exportación), é unha empresa mixta pública-privada de xestión de risco comercial presente en 9 países. É o cuarto grupo mundial e o segundo de España en crédito e en caución. Conta con 140 000 clientes, 1,5 millóns de límites de risco en vigor, 24 oficinas comerciais, 100 axentes e 1 462 empregados[Cómpre referencia].
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Crimea, que abrangue a República Autónoma de Crimea, (ucraíno: Автономна Республіка Крим - Avtonomna Respublika Krym, ruso: Автономная Республика Крым - Avtonomnaia Respublika Krym, tártaro de Crimea: Qırım Muhtar Cumhuriyeti) e a cidade de Sebastopol, é unha península e república autónoma situada na costa setentrional do Mar Negro que foi anexionada por Rusia no ano 2014. Crimea estivo baixo o control ruso dende 1783 até 1954, cando foi transferida dentro Unión Soviética, dende a República Soviética Federativa Socialista de Rusia á República Socialista Soviética de Ucraína. Posteriormente, despois do referendo do 20 de xaneiro de 1991, conseguiu o status de república autónoma dentro da República Socialista Soviética de Ucraína.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Hipopotomonstrosesquipedaliofobia
A hipopotomonstrosesquipedaliofobia é o medo irracional ou fobia á pronunciación de palabras longas ou complicadas; e a calquera conversa que poida implicar o uso destas palabras ou palabras que non sexan de uso coloquial. Esta fobia presenta de por si certa ironía na palabra que a describe, dado que é unha palabra longa e complicada. Na actualidade, a palabra máis común para definir esta fobia é sesquipedaliofobia, coma abreviatura da orixinal.
Coa morte nos talóns (en inglés: North by Northwest) é un filme estadounidense de 1959 producido e dirixido por Alfred Hitchcock. Está protagonizado por Cary Grant, Eva Marie Saint e James Mason. O guión foi escrito por Ernest Lehman, que quería escribir "o filme de Hitchcock para rematar todas os filmes de Hitchcock".
"'El Biscella" («O rizado» ) é unha canción milanesa, cuxa letra foi escrita por Alfredo Bracchii, e cuxa música foi composta por Giovanni D'Anzi.Considérase unha das cancións milanesas máis coñecidas, sendo reproducida en toda Italia e usada coma estereotipo da música en italiano. Foi interpretada, en versións distintas, por D'anzi, Nanni Svampa, Gianni Magni.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022.
Charles-Edouard Jeanneret-Gris, nado o 6 de outubro de 1887 en La Chaux-de-Fonds, Suíza francófona, e falecido o 27 de agosto de 1965 en Roquebrune-Cap-Martin, preto de Niza, Francia, máis coñecido polo pseudónimo de Le Corbusier, foi un arquitecto de orixe suíza que se considera como o pai de arquitectura moderna e que xunto con Frank Lloyd Wright, Ludwig Mies van der Rohe e Alvar Aalto son considerados dos arquitectos máis importantes do século XX.
Laika (ruso: Лайка c. 1954 – 3 de novembro de 1957) foi unha cadela que participou no Programa Sputnik soviético, converténdose nun dos primeiros animais en saír ao espazo e o primeiro en orbitar a Terra. Laika foi atopada nas rúas de Moscova sen dono e foi seleccionada para ser a ocupante do Sputnik 2, lanzado ao espazo o 3 de novembro de 1957.Antes da súa misión non se tiñan datos do impacto dos voos espaciais nos seres vivos e a tecnoloxía para saír de órbita non se desenvolvera aínda, polo que os científicos non esperaban que Laika sobrevivira á misión.
Miguel da Silva e Menezes, nado en Évora en 1480 e finado en Roma en 1556, foi un nobre portugués do século XVI, embaixador en Roma, bispo de Viseu (1526) e cardeal da Igrexa Católica Romana (1539). Na historiografía coñécese coa antonomasia coa que foi nomeado en vida: Cardeal de Viseu. De familia relixiosa, era sobriño de Santa Beatriz da Silva e do Beato Amadeu da Silva.
A península de Crimea é unha importante masa de terra situada no norte do mar Negro, que está case completamente rodeada pola auga. Os seus nomes oficiais son: півострів Кримський, en ucraíno полуостров Крымский, en ruso Qırım Yarimadasi, en tártaroA península pertence a Ucraína, desde que en 1954 foi trasferida polo presidente da URSS Nikita Khrushchev, desde a República Socialista Soviética de Rusia, cando ambas as repúblicas formaban parte da Unión Soviética aínda que de feito, e sen recoñecemento internacional, está controlada por Rusia desde marzo de 2014. Encóntrase xusto ao sur do resto da costa de Ucraína e ao oeste da rexión rusa de Kuban.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Cantiga nova que se chama Riveira
Cantiga nova que se chama Riveira é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en 1933 por Resol. Reeditado nunha edición ampliada en 1957 por Editorial Monterrey. Premio Gil Vicente.
Dragon Ball Z (ドラゴンボールZ, Doragon Bōru Zetto), tamén coñecido en Galiza como Dragón Z ou Bóla de Dragón Z, é unha serie de televisión de animación xaponesa de 291 capítulos de 25 minutos adaptada do manga de Akira Toriyama e producida polo estudio Tōei. É a continuación do anime Dragon Ball. En Galiza emitiuse na década de 1990, dentro do programa infantil Xabarín Club da Televisión de Galicia.
A Unión Soviética, de nome completo Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (abreviado: URSS, en ruso: Союз Советских Социалистических Республик ou СССР, tr.: Soyuz Sovétskij Sotsialistícheskij Respublik) foi unha federación de repúblicas soviéticas de proporcións continentais, cubrindo practicamente un sexto das terras emerxidas do planeta, converténdose así no meirande estado do planeta, o que tiña máis liña de costa e máis quilómetros de fronteiras ademais de ser un dos máis diversos etnicamente.Foi fundada o 30 de decembro de 1922 pola xuntanza dos países que formaban o antigo Imperio Ruso, tanto de Europa como de Asia, cun número que variou ao longo do tempo, aínda que foi de quince durante a maior parte da existencia do estado. Foi unha das dúas superpotencias durante a guerra fría xunto aos Estados Unidos de América. Foi disolta o 26 de decembro de 1991.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
Alan Walbridge Ladd, nado o 3 de setembro de 1913, finado o 29 de xaneiro de 1964, foi un actor estadounidense de cine negro, cine bélico e western. Fíxose célebre polo seu talante pouco expresivo en escena e por ser máis ben de pouca estatura (arredor de 1,65 m). Na maioría das películas que protagonizou representou ou ben o típico heroe americano ou algún malvado non exento de principios.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Cristina Federica Victoria Antonia de la Santísima Trinidad de Borbón y Grecia, nada en Madrid o 13 de xuño de 1965, é infanta de España e foi duquesa de Palma, é a segunda dos fillos dos reis de España Xoán Carlos I e Sofía. É a sexta na liña de sucesión logo das fillas do seu irmán Filipe, rei de España, e da súa irmá Elena e os seus fillos.
San Mamede pode referirse a: Mamede de Capadocia, pai da Igrexa.Como topónimo, San Mamede pode referirse a: San Mamede de Urrós, parroquia do concello de Allariz; San Mamede, lugar de dita parroquia; Sanamede do Monte, parroquia do concello da Baña; San Mamede de Lousada, parroquia do concello do Carballedo; San Mamede, lugar de dita parroquia; San Mamede de Carnota, parroquia do concello de Carnota; San Mamede de Lousada, parroquia do concello de Guntín; San Mamede, lugar de dita parroquia; San Mamede dos Anxos, parroquia do concello de Lugo; San Mamede, lugar de dita parroquia; San Mamede do Carballal, parroquia do concello de Palas de Rei; San Mamede de Ferreiros, parroquia do concello do Pino; San Mamede de Trives, parroquia do concello da Pobra de Trives; San Mamede de Trives, lugar de dita parroquia; San Mamede de Belaz, parroquia do concello de Portomarín; San Mamede, lugar de dita parroquia; San Mamede do Río, parroquia do concello de Portomarín; San Mamede do Río, lugar de dita parroquia; San Mamede do Couto, parroquia do concello de Samos; San Mamede, lugar de dita parroquia; San Mamede de Ribadulla, parroquia do concello de Vedra; San Mamede, lugar de dita parroquia; San Mamede, parroquia do concello de Viana do Bolo; San Mamede de Hedrada, parroquia do concello de Vilariño de Conso; San Mamede de Hedrada, lugar de dita parroquia; San Mamede, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Ames; San Mamede, lugar da parroquia de San Martiño de Berredo, no concello da Bola; San Mamede, lugar da parroquia de Ardaña no concello de Carballo; San Mamede, lugar da parroquia de Vieiro, no concello da Fonsagrada; San Mamede, lugar da parroquia de Ronfe, no concello de Láncara; San Mamede, lugar da parroquia de Ribas de Miño, no concello de Lugo; San Mamede, lugar da parroquia de Fiolleda, no concello de Monforte de Lemos; San Mamede, lugar da parroquia de Velle, no concello de Ourense; San Mamede, lugar da parroquia de Bragade, no concello de Oza-Cesuras; San Mamede, lugar da parroquia de Conforto, no concello da Pontenova; San Mamede, lugar da parroquia do Camiño, no concello de Sarria; San Mamede, lugar da parroquia de Fión, no concello do Saviñao; San Mamede, lugar da parroquia da Torre, no concello de Taboada; San Mamede da Canda, lugar da parroquia da Canda, no concello de Piñor; San Mamede de Agüela, lugar da parroquia de Agüela, no concello de Antas de Ulla; San Mamede de Sobreganade, lugar da parroquia de Sobreganade, no concello de Porqueira; Serra de San Mamede, no leste da provincia de Ourense.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
O léxico técnico e científico utiliza adoito prefixos e sufixos na creación de palabras que denominen novos conceptos tomándoos habitualmente do latín ou do grego. Como é natural, este feito non se dá só no eido científico. Prefixo é todo elemento que se coloca diante dunha palabra ou raíz para modifica-lo significado da palabra ou formar unha nova palabra cun significado diferente.
Auto-Tune (en inglés, "auto afinar") é un procesador e creador de son creado en 1997 pola empresa Antares Audio Technologies para voces e instrumentos musicais. Auto-Tune é un afinador de tons de son en gravacións ou actuacións en directo. É amplamente empregado pola industria musical en estudios de música e artistas musicais.
A seguinte é unha lista alfabética dos anfibios atopados en Galicia (a alfabetización faise polos nomes dos xéneros). Está baseada na información recollida dos traballos feitos pola Asociación Herpetológica Española , a información obtida na Lista Vermella da IUCN e polos expertos en herpetoloxía Javier Andrada, Pedro Galán e Gustavo Fernández. Esta clase contén arredor de 6.433 especies vivas das cales unhas 17 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio galego.
Albert Einstein, ( [ˈalbɐt ˈaɪnʃtaɪn] ) nado en Ulm o 14 de marzo de 1879 e falecido en Princeton (Estados Unidos) o 18 de abril de 1955, foi un físico e matemático alemán de nacemento recoñecido internacionalmente por propor a teoría da relatividade, un dos piares da física moderna xunto a mecánica cuántica. A obra de Einstein resultou tamén de grande influencia na filosofía da ciencia. Einstein é coñecido na cultura popular pola súa fórmula da equivalencia masa-enerxía E = mc2, alcumada "a fórmula máis famosa do mundo".Nos comezos da súa carreira científica, Einstein considerou que a mecánica de Newton non era suficiente para reconciliar as leis da mecánica clásica coas leis do campo electromagnético.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Xela Martínez Domínguez, nada en Lugo o 25 de xaneiro de 2006, é unha atleta galega que pertence ao club Atlética Lucense. No ano 2021, conseguiu o récord de España sub-16 e sub-18 nos 3.000 metros, cun tempo de 9:28.34, sendo ademais récord de España nos 1.000 metros en pista cuberta, cunha marca de 2:49.31. Na tempada de verán, logrou a medalla de ouro nos 1.500 metros obstáculos, cun tempo de 4:42:82, o que lle permitiu acadar o récord de España sub-16 na citada proba.
Bridge to Terabithia (filme de 2007)
Bridge to Terabithia é un filme estadounidense de 2007 dirixido por Gábor Csupó e escrito por David L. Paterson e Jeff Stockwell. Está baseado na novela homónima de 1977 escrita por Katherine Paterson. O filme, protagonizado por Josh Hutcherson, AnnaSophia Robb, Robert Patrick, Bailee Madison e Zooey Deschanel, conta a historia dun neno e unha nena de 11 anos que son amigos e veciños e crean un mundo de fantasía chamado Terabithia para enfrontarse á realidade e pasar o seu tempo libre xuntos nunha casa na árbore abandonada.
Xaneiro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xaneiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.
Martin Luther King, Jr., nado en Atlanta (Xeorxia) o 15 de xaneiro de 1929 e asasinado en Memphis (Tennessee) o 4 de abril de 1968, foi un pastor evanxélico e activista político estadounidense. Pertencente á Igrexa Batista, tornouse un dos máis importantes líderes activistas polos dereitos cívicos e do movemento negro nos Estados Unidos e no mundo, a través dunha campaña de non-violencia e de amor para co próximo. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1964.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Benidorm Fest é un festival da canción organizado en España pola empresa pública de comunicación Radio Televisión Española (RTVE) en colaboración coa Generalitat Valenciana. Este concurso determina a canción representativa do citado país para o Festival de Eurovisión e celébrase desde 2022 na localidade homónima. O certame consta de dúas semifinais e unha final, sendo o gañador elixido polo público e por equipos de xuíces, ambas as partes tendo a mesma influencia no resultado final.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.