Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O ollo ( pronunciación ), (do latín ocŭlus), ou globo ocular é o órgano que detecta a luz, sendo a base do sentido da vista. Componse dun sistema sensible aos cambios de luz, capaz de transformar estes en impulsos eléctricos. Os ollos máis sinxelos non fan máis que detectar se os arredores están iluminados ou escuros.
O termo audiencia pode tomar os significados seguintes: Telecomunicacións: A audiencia, o público que recibe mensaxes a través dun medio de comunicación, polo xeral a radio e a televisión. Horario de máxima audiencia. Dereito: A audiencia, o momento dun proceso en que se admiten razón ou en que se presentan as probas dun xuízo.
Cravos vermellos (titulado orixinalmente en inglés Red Nails) é un relato escrito polo autor estadounidense Robert E. Howard para o seu personaxe de espada e bruxaría Conan o bárbaro. Foi o primeiro relato de Conan en ser publicado postumamente (a revista pulp Weird Tales publicouno en outubro de 1936 despois de que Howard se suicidara en xuño) e tamén foi o primeiro, e o único, no que aparece a personaxe feminina de Valeria, que máis tarde, en 1982, sería utilizada no filme Conan o bárbaro, con Arnold Schwarzenegger no papel de Conan e Sandahl Bergman no papel de Valeria, aínda que a historia narrada no filme non coincidise coa historia narrada en Cravos vermellos. Foi traducido ó galego por Tomás González Ahola e foi publicado dentro da colección "Conan IV" de Urco Editora no ano 2016.
Un ano luz é unha unidade de lonxitude, utilizada en astronomía, que corresponde á distancia percorrida no vacuo pola luz durante un ano. Máis precisamente, é a distancia percorrida por un fotón no vacuo a unha distancia infinita de calquera campo gravitatorio ou magnético, nun ano gregoriano medio e a unha velocidade de 299.792.458 m/s. Para calcular o valor en quilómetros dun ano luz utilízase a velocidade indicada (299.792.458 m/s) e como tempo un ano gregoriano Medio (ver Calendario gregoriano) con 365,2425 días.
SEGA (株式会社セガ) é unha compañía internacional de videoxogos que traballa en software e hardware. Nos principios do ano 2001, Sega deixou de facer videoconsolas, e agora só traballa en xogos doutras consolas e máis en máquinas de salóns recreativos (arcade). As oficinas principais de Sega, tamén denominadas as de SEGA of Japan, están sitas en Toquio, Xapón.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Un ordenador, tamén chamado computadora ou computador, é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa. A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/saída (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles.
Deci (símbolo d) é un prefixo do Sistema Internacional de Unidades que denota un factor de 10−1, ou 1/10. Adoptado en 1795, o prefixo vén do latín decimus, significando decena. É de uso frecuente como decibel, utilizado para medir a intensidade de son e outras taxas sobre el, que se interpreten seguindo unha escala logarítmica.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Jeffrey Lionel Dahmer, nado o 21 de maio de 1960 en Milwaukee, Wisconsin, e finado o 28 de novembro de 1994 en Portage, Wisconsin, alcumado como o Caníbal de Milwaukee ou o Monstro de Milwaukee, foi un asasino en serie e delincuente sexual estadounidense resposábel do asasinato e desmembramento de dezasete homes e rapaces entre 1978 e 1991. Moitos dos seus últimos asasinatos incluían a necrofilia, o canibalismo e a conservación permanente de partes do corpo, xeralmente todo ou parte do esqueleto. Malia ser diagnosticado con trastorno límite da personalidade, trastorno de personalidade esquizotípica e cun trastorno psicótico, Dahmer foi declarado legalmente san no seu xuízo.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 190.389 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
En zooloxía, un folívoro ou filófago é un animal que se alimenta fundamentalmente de follas.As follas maduras conteñen unha elevada proporción de celulosa, difícil de dixerir, cun contido enerxético relativamente alto e a miúdo con compostos tóxicos. Por iso, os animais folívoros tenden a teren aparellos dixestivos longos e un metabolismo lento. Moitos necesitan a axuda de bacterias simbióticas para absorberen os nutrientes da súa dieta.
Cristovo Colón, nado na República de Xénova en 1451 e finado en Valladolid o 20 de maio de 1506, foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei, explorador e gobernador xeral das Indias durante os séculos XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do Océano Atlántico co obxectivo de chegar á India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central conseguindo establecer as rutas marítimas e abrindo o camiño á colonización americana. As terras exploradas por Colón foron inicialmente chamadas Indias Occidentais ou Novo Mundo, até a aparición, en 1507, do mapa de Martin Waldseemüller e Matthias Ringmann do obradoiro cartográfico de Saint-Dié-des-Vosges, cando se pasaron a chamar América, co gallo de que Waldseemüller leu unhas relacións sobre exploracións feitas naquel continente polo navegante italiano Amerigo Vespucci. Malia que posibelmente non foi o primeiro explorador europeo de América, Colón foi quen descubriu un novo continente para Europa e a historia, ao ser o primeiro navegante capaz de trazar unha ruta de ida e retorno aproveitando as correntes mariñas do Atlántico que hoxe aínda se utilizan, abrindo deste modo un Novo Mundo para explorar, e explotar, nos vellos reinos europeos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
A OU-536 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Ata xaneiro de 2003 era coñecida como C-536, e unía as localidades de Ourense e A Rúa pola Pobra de Trives. A Xunta de Galicia iniciou unha redenominación das súas estradas en 2002 seguindo a política de racionalización da nomenclatura dos viarios iniciada polo Ministerio de Fomento.
O Balón de Ouro (en francés: Ballon d'Or) é un premio futbolístico creado no ano 1956 pola revista France Football e entregado anualmente ao mellor futbolista do mundo. En 2010 a FIFA e o grupo editorial Amaury, propietario do diario deportivo France Football, chegaron a un acordo mediante o cal os trofeos FIFA World Player e Balón de Ouro pasaban a formar un só galardón, que levou o nome de FIFA Balón de Ouro. Dita unión durou ata 2016, cando volveron separarse.
Relacións internacionais de Bután
Bután ten relacións diplomáticas con 54 dos 193 estados membro das Nacións Unidas e da Unión Europea. O número limitado de relacións deste tipo de Bután, incluída a ausencia de relacións formais con calquera dos membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, forma parte dunha política isolacionista deliberada de limitar a influencia estranxeira no estado. Esta postura foi salvagardada polas estreitas relacións coa India, da que Bután foi considerado anteriormente un estado protexido.En 1971, impulsado pola India, Bután comezou a desenvolver as súas relacións exteriores uníndose ás Nacións Unidas.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Un hiato é a concorrencia de dúas vogais sucesivas que pertencen a dúas sílabas diferentes, e que polo tanto non forman ditongo. En galego pode haber hiato nos seguintes casos: Dúas vogais abertas (a, e, o) seguidas: aéreo (a-é-re-o), cacao (ca-ca-o), área (á-re-a), fideo (fi-de-o), táboa (tá-bo-a), adoecer (a-do-e-cer). Unha vogal aberta ou media e unha pechada (i, u) tónica.
As relacións de Bután e o Canadá refírense ás relacións bilaterais entre Bután e o Canadá. O Reino de Bután mantén relacións oficiais co Canadá dende o ano 2003. Aínda que ningún país ten un embaixador residente, a Alta Comisión canadense en Nova Deli serve como representante consular do Canadá para Bután.
O Protocolo de Transferencia de Hipertexto (HTTP) é un protocolo de aplicación para sistemas de información de hipermedia distribuídos, colaborativos. HTTP é a base da comunicación de datos para a World Wide Web, onde os documentos de hipertexto inclúen hiperligazóns a outros recursos aos que o usuario pode acceder facilmente, por exemplo, facendo clic co rato ou tocando a pantalla nun navegador web. HTTP foi desenvolto para facilitar o hipertexto e a World Wide Web.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
As penicilinas son antibióticos do grupo dos betalactámicos empregados profusamente no tratamento de infeccións provocadas por bacterias sensibles. A maioría das penicilinas son derivados do ácido 6-aminopenicilánico, diferindo entre si segundo a substitución na cadea lateral do seu grupo amino. A bencilpenicilina ou penicilina G foi o primeiro antibiótico empregado amplamente en medicina; o seu descubrimento foi atribuído a Alexander Fleming en 1928, quen xunto cos científicos Ernst Boris Chain e Howard Walter Florey -que crearon un método para producir en masa o fármaco- obtivo o Premio Nobel de Medicina en 1945.
Alexia Putellas Segura, nada en Mollet del Vallès o 4 de febreiro de 1994, é unha futbolista catalá que xoga como mediocampista, concretamente na posición de interior esquerdo, como capitá na primeira división española de fútbol feminino co Futbol Club Barcelona. É tamén internacional coa Selección Absoluta de España desde o 2013. No 2021 e no 2022 foi premiada co Balón de Ouro á mellor xogadora do mundo, e o 17 de xaneiro de 2022, foi premiada co Premio The Best FIFA de 2021, sendo a segunda futbolista en acadar ambos premios na mesma temporada, tra-la americana Megan Rapinoe, que o fixo no ano 2019.
Mary-Claire King, nada en 1946, é unha xenetista estadounidense. É profesora da Universidade de Washington onde se dedica á investigación sobre a xenética e as súas interaccións de influencias xenéricas e ambientais nas condicións de vida dos seres humanos, en condicións como o VIH, o lupus, a xordeira hereditaria, o cancro de mama e o cancro do ovario. King é coñecida por tres grandes logros: identificación dos xenes do cancro de mama; a demostración de que os humanos e os chimpancés son xeneticamente idénticos nun 99%; a aplicación da secuenciación do ADN para identificar as vítimas de violacións de dereitos humanos, especialmente os desaparecidos .
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
As cucúrbitas (Cucurbita) é un xénero pertencente á familia das cucurbitáceas, comprende un grupo de plantas rubideiras coñecidas coma cabaceiras ou calacueiras, cultivadas polas súas flores, as súas sementes comestíbeis, e especialmente os seus froitos coñecidos coma cabazas, cabazos, cabaciñas, botefas e calacús, dependendo da especie e a zona. A diversidade dos cultivares e a facilidade coa que as especies de Cucurbita hibridan leva a moita confusión arredor da súa nomenclatura.
Os polos xeográficos son os dous puntos da superficie terrestre por onde a globo terrestre é atravesada polo eixe terrestre. Ao situado no extremo norte chámaselle polo norte, polo boreal ou polo ártico, e ao situado no extremo sur polo sur, polo meridional ou polo antártico. Os polos (norte e sur) teñen ambos unha latitude xeográfica de noventa graos (norte e sur, respectivamente).
Afonso X, tamén coñecido como Afonso IX, nado en Toledo o 23 de novembro de 1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León.Á morte do pai, Fernando III o Santo, retomou a ofensiva contra os musulmáns, e ocupou Xerez (1253), arrasou Salé, o porto de Rabat (1260) e conquistou Cádiz (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos mudéxares de Murcia e do val do Guadalquivir. Como fillo de Beatriz de Suabia, da casa de Hohenstaufen, aspirou á coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico, proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.
O Reino de Bután e a República Popular da China non manteñen relacións diplomáticas oficiais, e as relacións son historicamente tensas. A República Popular da China comparte unha fronteira contigua de 470 quilómetros con Bután e as disputas territorias con Bután foron unha fonte de conflito potencial. Dende a década de 1980, os dous gobernos mantiveron conversas periódicas sobre cuestións fronteirizas e de seguridade destinadas a reducir as tensións.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, e finada o 8 de setembro de 2022 en Balmoral, Escocia, foi unha monarca inglesa. Foi raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Belize, Canadá, Granada, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón, Tuvalu e Xamaica. Tamén foi a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Unha isoglosa é unha liña imaxinaria que divide xeograficamente a existencia de dous fenómenos lingüísticos distintos. Os trazos poden ser fonéticos, fonolóxicos, morfolóxicos, sintácticos e mesmo pragmáticos. Partindo como exemplo do galego actual, as isoglosas dos principais fenómenos (plurais dos substantivos e adxectivos rematados en -n e -l, variantes no paradigma dos verbos, na estrutura fonolóxica, nas realizacións fonéticas, gheada, seseo, etc.) contribúen a delimitar o territorio dos tres bloques lingüísticos: occidental, central e oriental.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Galiza estremeira é a denominación que reciben todos aqueles territorios galegofalantes, que se atopan fóra das fronteiras de Galiza, baixo a administración de Castela e León e Asturias. Ligados lingüística, cultural e tradicionalmente a Galiza, existe neles e arredor deles, a reivindicación histórica de pertenza á cultura galega e nalgúns casos de incorporación ou reincorporación á propia Galiza, utilizándose neste último caso a denominación de Galiza irredenta moi a miúdo ou mesmo outras denominacións como Faixa Leste.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Esferoide achatado coa zona máis plana preto da Terra, cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
A dos Anseriformes é unha orde de aves acuáticas que comprende unhas 180 especies vivas repartidas en tres familias: anímidos (tres especies) anseranátidos (unha especie) e anátidos, a familia máis numerosa, que inclúe máis de 170 especies, entre elas os patos, os gansos e os cisnes.A maioría das especies modernas da orde están moi ben adaptadas para unha existencia acuática na superficie da auga. Coa excepción dos anímidos, os machos teñen pene, unha característica que se perdeu nas neoaves. Debido á súa natureza acuática, a maioría das especies teñen os pés palmados (é dicir, cos tres dedos dianteiros unidos por unha membrana interdixital).
De acordo coa clasificación tradicional, seguida aínda na actualidade por numerosos autores, os elasmobranquios (Elasmobranchii) conformaban unha subclase dentro da clase dos peixes cartilaxinosos ou condrictios (Chondrichthyes). Comprendía dúas superordes: selacimorfos (Selachimorpha) —os tiburóns— e batoideos (Batoidea) —as raias en sentido amplo—.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Glugea é un xénero de microsporidios parasitos, que infectan predominantemente peixes. Entre as súas especies están: Glugea anomala - parasito do peixe espiñento (Gasterosteus aculeatus) Glugea atherinae - parasito do peixe mediterráneo Atherina boyeri Glugea capverdensis - parasito do peixe Myctophum punctatum Glugea caulleryi - parasito da anguía de area Hyperoplus lanceolatus (peixe teleósteo) Glugea heraldi - parasito do cabalo de mar Hippocampus erectus Glugea hertwigi - parasito dos peixes Osmerus eperlanus e Osmerus mordax Glugea merluccii - parasito do peixe Merluccius hubbsi Glugea nagelia - parasito do peixe Cephalopholis hemistiktos Glugea plecoglossi - paraswita o pe3ixe Plecoglossus altivelis Glugea sardinellensis - parasito dos peixes do xénero Sardinella Glugea shiplei - parasito dos peixes do xénero Trisopterus Glugea stephani - parasito do peixe plano Pseudopleuronectes americanus Glugea vincentiae - parasito do peixe teleósteo australiano Vincentia conspersa Glugea weissenbergi - parasita a peixes Gasterosteidae de Norteamérica.
Carla Antonelli, nome artístico de Carla Delgado Gómez, nada en Güímar (Tenerife) o 13 de xullo de 1959, é unha actriz, política e recoñecida activista dos dereitos LGBT. Desde 2011 é deputada da Asemblea de Madrid polo Partido Socialista Obrero Español, converténdose na primeira muller transexual de España en acceder a este cargo. En 2019 era a Vicepresidenta da Comisión de Cultura e Turismo e Deportes e responsable de familias, menores e temas LGTBI na Comisión de Políticas Sociais e Familia na Asemblea de Madrid.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O cinema ou cine, abreviaturas de cinematógrafo ou de cinematografía (do grego κινή kinē ou κίνημα kinēma, "movemento", e γράφω graphō "escribir", "gravar") é unha arte, un espectáculo e unha industria que apareceu a finais do século XIX froito dos avances tecnolóxicos que se desenvolveron no mundo da óptica ao longo do mesmo. Foi presentado ao público o 28 de decembro de 1895 en París polo cinematógrafo dos irmáns Lumière, un dispositivo que nos seus comezos servía de cámara para o rexistro de imaxes e de proxector para unha audiencia colectiva. Ao longo de 1896 difundiuse polas cidades europeas e norteamericanas.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Un encoro, presa, represa, vaira ou encalco é unha barreira fabricada con pedra, formigón ou outros materiais, que se constrúe nun río coa finalidade de depositar parte da auga para un posterior aproveitamento en abastecemento ou regadío, para elevar o seu nivel co obxectivo de derivala a canalizacions de rego, ou para a produción de enerxía mecánica ao transformar a enerxía potencial do almacenamento en enerxía cinética, e esta novamente en mecánica ao accionar a forza da agua un elemento móbil. A enerxía mecánica pode aproveitarse directamente, como nos antigos muíños, ou de forma indirecta para producir enerxía eléctrica, como se fai nas centrais hidroeléctricas.
A arte de Galicia tivo unha evolución paralela á do resto da arte europea, seguindo de formas diversas as múltiples tendencias que se teñen producido no contexto da historia da arte occidental. A historia da arte galega mostra as manifestacións culturais e artísticas ao longo do tempo dende os primeiros asentamentos humanos até a actualidade. Dende o paleolítico á cultura contemporánea, a arte feita en Galicia ten certas características propias, alimentada polas correntes traídas por outros pobos.
Declaración dos dereitos do neno e outras cousas nosas
Declaración dos dereitos do neno e outras cousas nosas é unha obra publicada polo alumnado do Instituto Masculino de Lugo en 1973 co fin de difundir a declaración dos dereitos do neno e de poder recadar fondos para a excursión de fin de curso. Foi coordinada polo profesor Xesús Alonso Montero e publicada nas Ediciones Celta de Lugo.
Escherichia coli, moitas veces abreviado como E. coli, é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo, que se encontra comunmente no tracto gastrointestinal inferior dos organismos de sangue quente (endotermos). A maioría das cepas de E. coli son inofensivas, pero algúns serotipos poden causar graves intoxicacións alimentarias nos humanos, e son ocasionalmente responsables da retirada de produtos alimenticios debido á súa contaminación. As cepas inofensivas son parte da flora intestinal humana normal, e poden ser beneficiosas para os seus hóspedes ao produciren vitamina K2, e impediren que se establezan alí bacterias patóxenas.E. coli e as bacterias relacionadas constitúen arredor do 0,1% da flora intestinal, e a transmisión fecal-oral é a principal ruta utilizada polas cepas patóxenas que causan doenzas.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.