Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Johannes Gensfleish zur Laden zum Gutenberg, nado en Maguncia en c. 1398 e finado o 3 de febreiro de 1468, foi un ferreiro, ourive, impresor, e editor alemán que introduciu a impresión en Europa, sendo coñecido polas súas contribucións á tecnoloxía da impresión ao menos en tres dos seus procesos: nas matrices ou pranchas de impresión de tipos móbiles, na prensa e nas tintas para transferir os tipos ao pergamiño ou ao papel. O seu invento fixo posible a publicación de libros en grandes cantidades e foi un dos factores máis decisivos para a difusión das ideas do Renacemento en toda Europa.
Uberon é unha ontoloxía de anatomía comparada que representa unha gran variedade de estruturas atopadas en animais, como pulmóns, músculos, ósos, plumas e aletas. Estas estruturas están conectadas a outras estruturas vía relacións como meronimia e "desenvolvido dende". Un dos usos desta ontoloxía é o de integrar datos dende bases de datos biolóxicas diferentes, e dende outras ontoloxías específicas de especies como o Foundational Model of Anatomy.
Os furigana (振り仮名, ふりがな) son caracteres kana (hiragana ou ben katakana) de tamaño menor que se colocan preto dun kanji ou doutro carácter para indicar a súa pronuncia. Na escrita vertical colócanse á dereita do carácter. Na escrita horizontal están situados enriba do carácter.Empréganse nos seguintes casos: En libros escritos para nenos que non dominan a lectura dos kanji, así como nalgúns manga (bandas desñadas xaponesas) En caracteres que non se atopan na lista dos 1945 kanji de uso común ou Jōyō kanji.
Rusia ten pasado por importantes transformacións desde o fin da Unión Soviética, saíndo dunha economía illada e planeada centralmente, para unha economía de mercado globalmente integrada. As reformas económicas dos anos 1990 privatizaron grande parte da industria, coa notable excepción dos sectores de enerxía e militar. Con todo, o rápido proceso de privatización, incluíndo un sistema de imprestimo para a compra de accións, permitiu a formación de "oligarquías" económicas con fortes relacións políticas, que deixaron a propiedade das empresas privatizadas altamente concentrada en poucas mans.
Este artigo trata sobre a cantante, para a representación artística da Virxe María, véxase Madonna (arte).Madonna Louise Ciccone, nada en Bay City (Míchigan) o 16 de agosto de 1958, é unha cantante, compositora e produtora estadounidense, máis coñecida como Madonna. De ascendencia italiana e francocanadiense, o seu estilo musical abrangue a música disco, pop, dance e electrónica. Traballou de maneira máis intermitente como actriz, deseñadora de moda, escritora e directora de cinema.
Un faro é unha construción dotada dun foco de luz para axudar á navegación marítima. Como topónimo pode referirse a: Faro, parroquia do concello de Viveiro; Faro, lugar de dita parroquia; O Faro, lugar da parroquia de Iñás, no concello de Oleiros; O Faro, lugar da parroquia de Espasante, no concello de Ortigueira; O Faro, lugar da parroquia de Corrubedo, no concello de Ribeira; O Faro, lugar da parroquia de Buxán, no concello de Rois; O Faro da Estaca de Bares, lugar da parroquia de Bares, no concello de Mañón. Serra do Faro, cadea montañosa que separa a comarca do Deza da de Chantada; Faro de Avión, monte da serra do Suído; Monte Faro, monte da serra do Courel; Faro de Domaio, monte da serra de Domaio.
Na xeografía da Antigüidade, especialmente en fontes romanas, Dacia era a rexión habitada polos dacios (ou getas, como eran coñecidos polos antigos gregos), unha rama dos tracios que vivía ao norte dos Balcáns. A Dacia tiña como fronteiras meridionais o río Danubio (Istros, nas fontes gregas) ou, na súa maior extensión o monte Hemo (en latín, Haemus Mons), actual cordilleira dos Balcáns. Mesia (Dobruja), unha área ao sur do Danubio era o centro da rexión en que os getas vivían e interactuaban cos antigos gregos.
O Xunqueiredro ou Xunqueiredo II é un poliedro de 80 caras, que son triángulos equiláteros iguais. Pódese construír a partir de varias estrela octángulas ou a partir de varios tetraedros. Foi nomeado oficialmente polo Club de Ciencia do IES A Xunqueira II de Pontevedra no acto de entrega de premios do I Concurso Novos Poliedros organizados por Igaciencia, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A química é a ciencia natural que estuda a composición, estrutura e propiedades da materia xa sexa en forma de elementos, especies, compostos, mesturas ou outras substancias, así como os cambios que estas experimentan durante as reaccións e a súa relación coa enerxía química. Linus Pauling definiuna como a ciencia que estuda as substancias, a súa estrutura (tipos e formas de acomodo dos átomos), as súas propiedades e as reaccións que as transforman noutras substancias en referencia co tempo. A química, a través dunha das súas ramas coñecida como química supramolecular, ocúpase principalmente das agrupacións supratómicas, como son os gases, as moléculas, os cristais e os metais, estudando a súa composición, propiedades estatísticas, transformacións e reaccións, aínda que a química xeral tamén inclúe a comprensión das propiedades e interaccións da materia a escala atómica.
O estramonio (Datura stramonium), tamén coñecido como figueira tola, figueira do inferno, herba do demo e herba do gurgullo, é unha planta da familia das solanáceas, de follas relativamente grandes e anchas, flores solitarias e xeralmente brancas en embude e froito ovoide semellante a unha noz espiñenta, que contén numerosas sementes vermellas. Medra en zonas montañosas e atópase a menor altitude en zonas húmidas e con alto contido en nitróxeno. Todas as partes da planta resultan tóxicas pola elevada concentración de alcaloides, especialmente nos talos e nas nervaduras das follas.
Pena Trevinca é un pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora. É o punto de maior altitude do territorio galego pois está a 2127 m sobre o nivel do mar.Pena Trevinca é ademais un espazo natural galego declarado zona especial de conservación (ZEC) e parte dunha zona de especial protección para as aves (ZEPA) que abrangue o macizo montañoso dos vales glaciais galegos que rodean este pico. A ZEC atravesa parte dos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 190.389 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Francisco José Rivera Pantoja, máis coñecido como Kiko Rivera ou Paquirrín, nado en Sevilla o 9 de febreiro de 1984, é un personaxe dos medios español, fillo da cantante Isabel Pantoja e do toureiro Francisco Rivera "Paquirri", que faleceu cando el tiña só 7 meses. Converteuse nun personaxe coñecido polas súas aparicións na prensa rosa e en programas de televisión. Nos últimos anos iniciou a súa carreira como DJ e cantante, con éxitos como Quítate el top (2011), Chica loca (2013) con Dr.Bellido ou Sangre caliente (2016).
Deci (símbolo d) é un prefixo do Sistema Internacional de Unidades que denota un factor de 10−1, ou 1/10. Adoptado en 1795, o prefixo vén do latín decimus, significando decena. É de uso frecuente como decibel, utilizado para medir a intensidade de son e outras taxas sobre el, que se interpreten seguindo unha escala logarítmica.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Un bestiario (do latín bestiarum vocabulum) é un compendio de bestas. Orixinarios do mundo antigo, os bestiarios fixéronse populares na Idade Media en volumes ilustrados que describían varios animais e mesmo rochas. A historia natural e a ilustración de cada besta adoitaba ir acompañada dunha lección moral.
Kobe Bean Bryant, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 23 de agosto de 1978 e finado en California o 26 de xaneiro de 2020, foi un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou durante toda a súa carreira para Los Angeles Lakers na National Basketball Association (NBA). Bryant gozou dunha exitosa carreira no baloncesto de instituto, polo que decidiu tentar ingresar na NBA despois de graduarse. Foi seleccionado no posto número trece no Draft da NBA de 1996 polos Charlotte Hornets, e logo traspasado aos Lakers dos Ánxeles.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Jeffrey Lionel Dahmer, nado o 21 de maio de 1960 en Milwaukee, Wisconsin, e finado o 28 de novembro de 1994 en Portage, Wisconsin, alcumado como o Caníbal de Milwaukee ou o Monstro de Milwaukee, foi un asasino en serie e delincuente sexual estadounidense resposábel do asasinato e desmembramento de dezasete homes e rapaces entre 1978 e 1991. Moitos dos seus últimos asasinatos incluían a necrofilia, o canibalismo e a conservación permanente de partes do corpo, xeralmente todo ou parte do esqueleto. Malia ser diagnosticado con trastorno límite da personalidade, trastorno de personalidade esquizotípica e cun trastorno psicótico, Dahmer foi declarado legalmente san no seu xuízo.
The Notebook é un filme romántico e dramático dirixido por Nick Cassavetes que foi estreado no 2004. Está baseado no libro The Notebook do escritor norteamericano Nicholas Sparks. Está protagonizado por Ryan Gosling e Rachel McAdams, que interpretan á parella de mozos que se namoran na década de 1940.
Copa do Xeneralísimo de fútbol 1958/59
A Copa do Xeneralísimo de fútbol 1958/59 foi a 57ª edición do torneo. A competición comezou o 21 de decembro de 1958 e concluíu o 21 de xuño de 1959 coa final no estadio Santiago Bernabéu en Madrid. O campión foi o FC Barcelona, que sumou o seu 14º título ao derrotar na final ao Granada por 4-1.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
John Forbes Nash, Jr., nado en Bluefields (Virxinia Occidental) o 13 de xuño de 1928 e finado en Monroe Township (Nova Jersey) o 23 de maio de 2015 foi un matemático estadounidense que realizou contribucións fundamentais na teoría de xogos, a xeometría diferencial e as ecuacións en derivadas parciais.En 1994 compartiu o Premio Nobel de Economía cos teóricos de xogos Reinhard Selten e John Harsanyi e en 2015 recibiu o premio Abel. A súa loita contra a esquizofrenia é a base da biografía escrita por Sylvia Nasar, A Beautiful Mind, e do filme homónimo protagonizado por Russell Crowe.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
José María Ruiz-Mateos y Jiménez de Tejada, Marqués de Olivara, nado en Rota (Cádiz) o 11 de abril de 1931 e finado en El Puerto de Santa María (Cádiz) o 7 de setembro de 2015, foi un empresario español fundador do holding Rumasa e, posteriormente, de Nueva Rumasa. Estivo casado con Teresa Rivero e tivo trece fillos, seis homes e sete mulleres.
Mareas vivas foi unha serie da Televisión de Galicia, creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual e Zopilote, emitida entre 1999 e 2003. Foi o maior éxito da TVG e os personaxes das primeiras tempadas fixéronse moi populares entre a poboación galega. A teleserie fixo historia por empregar unha lingua popular, dialectalmente propia do galego da Costa da Morte.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Artai, segundo a mitoloxía galega, é o fillo maior de Brigo, o primeiro poboador de Galicia. As lendas din que el foi o fundador do pobo dos ártabros, que se espallaron polas mariñas betanceiras cara ao Cabo Fisterra, e que lle deu nome á vila de Arteixo. Tivo unha filla chamada Celt, proxenitora da raza celta.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Vila Bulsa é a vivenda subterránea dos hobbits Bilbo e Frodo Bulseiro nas novelas de fantasía O Hobbit e O Señor dos Aneis de J. R. R. Tolkien. De alí parten Bilbo e Frodo nas súas aventuras, e ambos os dous voltan para ela, durante un tempo. Constitúe o punto inicial dos arcos narrativos principais nas novelas e, ao regresaren os hobbits a ela, tamén representa un punto final da trama en cada caso.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Balón de Ouro (en francés: Ballon d'Or) é un premio futbolístico creado no ano 1956 pola revista France Football e entregado anualmente ao mellor futbolista do mundo. En 2010 a FIFA e o grupo editorial Amaury, propietario do diario deportivo France Football, chegaron a un acordo mediante o cal os trofeos FIFA World Player e Balón de Ouro pasaban a formar un só galardón, que levou o nome de FIFA Balón de Ouro. Dita unión durou ata 2016, cando volveron separarse.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
O Protocolo de Transferencia de Hipertexto (HTTP) é un protocolo de aplicación para sistemas de información de hipermedia distribuídos, colaborativos. HTTP é a base da comunicación de datos para a World Wide Web, onde os documentos de hipertexto inclúen hiperligazóns a outros recursos aos que o usuario pode acceder facilmente, por exemplo, facendo clic co rato ou tocando a pantalla nun navegador web. HTTP foi desenvolto para facilitar o hipertexto e a World Wide Web.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Joseph Robinette "Joe" Biden, Jr, nado en Scranton, Pensilvania o 20 de novembro de 1942, é un avogado e político estadounidense, 46º presidente dos Estados Unidos de América. Membro do Partido Demócrata, Biden foi senador por Delaware durante seis mandatos dende 1973 a 2009 e foi o 47º vicepresidente dos Estados Unidos de América, no goberno de Barack Obama, dende 2009 a 2017. Criado en Scranton, Pensilvania e no condado de New Castle, Delaware, Biden estudou na Universidade de Delaware antes de obter a carreira de Dereito na Universidade de Siracusa en 1968.
Un cogomelo ou cogumelo ( pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña) é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do estado e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o máis afastado no noso sistema solar. No sistema solar, é o cuarto planeta máis grande por diámetro, o terceiro planeta máis masivo e o planeta xigante máis denso. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso.
Reinado de Isabel II de España
O reinado de Isabel II é o período da historia contemporánea de España comprendido entre a morte de Fernando VII en 1833 e o triunfo da Revolución de 1868, que obrigou á raíña a marchar ao exilio. O seu reinado está dividido en dúas grandes etapas: a minoría de idade (1833-1843) durante a que asumiron a rexencia, primeiro a súa nai María Cristina de Borbón e, despois, o xeneral Baldomero Espartero; e o reinado efectivo que comeza coa declaración polas Cortes en 1843 da maioría de idade da raíña adiantada aos trece anos. Ao longo do seu reinado produciuse a configuración do Estado liberal en España.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Un hiato é a concorrencia de dúas vogais sucesivas que pertencen a dúas sílabas diferentes, e que polo tanto non forman ditongo. En galego pode haber hiato nos seguintes casos: Dúas vogais abertas (a, e, o) seguidas: aéreo (a-é-re-o), cacao (ca-ca-o), área (á-re-a), fideo (fi-de-o), táboa (tá-bo-a), adoecer (a-do-e-cer). Unha vogal aberta ou media e unha pechada (i, u) tónica.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O milímetro é unha unidade de lonxitude equivalente á milésima parte dun metro, abreviado mm. 1 mm = 10-3 mEn fabricación mecánica os planos construtivos das pezas que se mecanizan van acoutados en milímetros, e a tolerancia das cotas exprésanse en décimas, centésimas ou milésimas de milímetro. O milímetro é a unidade de medida para as precipitacións.
Celestino Fernández de la Vega
Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado no Río Miño, en Lugo, en marzo de 1986, foi un escritor galego, filósofo e ensaísta. É coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor, de 1963.
Antonio García Teijeiro, nado en Vigo en 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola. Recibiu o premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.
A abeleira ou abraira (Corylus avellana) é un arbusto caducifolio das betuláceas, de pólas abundantes e madeira dura e cuxo froito é a abelá. Ecoloxicamente é moi importante na formación de sebes que choen as leiras na Europa atlántica, especialmente en Galiza, Asturias e sur de Inglaterra. As varas empregábanse tradicionalmente para a construción de valados, cestaría, feche de canastros e na construción, mesturando as pólas con barro para a fabricación de tabiques.