Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Alfabeto Internacional de Transliteración Sánscrita
O Alfabeto Internacional de Transliteración Sánscrita ou AITS (do inglés International Alphabet of Sanskrit Transliteration, IAST) é un popular sistema de transliteración que permite a romanización de escrituras índicas sen perda de información. O AITS é o sistema máis popular de romanización do sánscrito e o pali. Emprégase normalmente en publicacións impresas, especialmente en libros sobre temas en sánscrito e pali antigos relacionados coas relixións da India.
Un espazo natural protexido, área protexida ou espazo de conservación, é unha paraxe terrestre ou mariña definida xeograficamente e que se protexe coa finalidade de conservar a súa biodiversidade e os seus hábitats. Préstaselles atención pola súa importancia no ecosistema ou o seu valor engadido de importancia cultural. Nestes espazos, ben por interese gobernamental ben asociativo, aplícanse accións de preservación do ecosistema para manter os seus servizos ou melloralos, se é que teñen zonas degradadas por actividade humana.
Sociedade Deportiva e Cultural Galicia
A Sociedade Deportiva e Cultural Galicia, coñecida como Galicia de Mugardos, é un club de fútbol galego fundado en 1953 na parroquia de Meá, no concello de Mugardos. Actualmente compite no Grupo 1 da Primeira Autonómica de Galicia.
Skyfall é un fiilme británico-estadounidense de 2012 e vixésimo terceiro filme da serie James Bond producido por Eon Productions. É o terceiro protagonizado por Daniel Craig no papel do axente 007, xunto con Javier Bardem como Raoul Silva. Foi dirixido por Sam Mendes e escrito por Neal Purvis, Robert Wade, e John Logan, e conta coa canción "Skyfall", escrita a interpretada por Adele.
Ceres pode referirse a: Ceres, a deusa da terra e a agricultura na mitoloxía romana (na grega é Démeter), de onde proceden as palabras: cereal, un tipo de vexetal; Cerio, elemento químico; Ceres, planeta anano do Sistema Solar, tamén denominado 1 Ceres; Ceres, localidade arxentina da provincia de Santa Fe; Ceres, concello italiano da provincia de Turín; Ceres, cidade surafricana da provincia Occidental do Cabo.
O Arco de Constantino (en italiano: Arco di Costantino) é un arco de triunfo que se atopa a entre o Coliseo e a cuíña do Palatino, en Roma. É un dos 3 arcos que permanece na Vía do Foro Imperial, xunto co Arco de Tito (81) e o Arco de Septimio Severo (202-203). O arco foi ergueito polo Senado para conmemorar a vitoria de Constantino I o Grande contra Maxencio na batalla de Ponte Milvio, o 28 de outubro de 312, e para conmemorar, tamén, a outros emperadores anteriores.
Kubuntu é unha derivación oficial do sistema operativo Ubuntu, pero con KDE como contorno de escritorio. Tal como se explica no sitio web de Kubuntu na wiki de Ubuntu: "O proxecto Kubuntu quere ser para KDE o que Ubuntu é para GNOME: Un sistema operativo integrado con tódalas características de Ubuntu, pero baseado no entorno de escritorio KDE. As novas versións de Kubuntu saen de maneira regular e predecible; faise unha nova versión cada vez que sae unha actualización de KDE". Tódolos paquetes comparten os mesmos arquivos que Ubuntu.
O Hecatompedón, Antigo Partenón o Pre-Partenón (grego antigo: ἑκατόμπεδος, do ἑκατόν, "centos" e πούς, "pous" (unidade de lonxitude da Grecia antiga), tamén coñecido como Ur-Parthenon e H-Architektur, foi un antigo templo grego na Acrópole de Atenas, constitúe o primeiro intento por edificar un santuario para Atenea Parthenos no lugar onde se atopa o actual Partenón (Atenas, Grecia).
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas ,,,. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peatón é rei".,,,A cidade é coñecida polo seu urbanismo,,,, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización e desenvolvemento sostible.,,,,,, Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai,, ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas,, entre outros. Tamén é coñecida como a cidade dos nenos, sendo unha das cidades do mundo onde os nenos viven mellor.,,O camiño Portugués, do que é capital en España,,, atravesa a cidade de sur a norte.
Un sitio web é unha colección de páxinas web, imaxes, vídeos ou outros elementos dixitais albergados nun ou máis servidores ligados entre si e, normalmente accesible vía Internet, teléfonos móbiles ou LAN. Ao conxunto de todos eses sitios web accesibles coñécese como World Wide Web (www). No ano 2006 a Web pasou dos 100 000 000 de sitios web. Ás páxinas dun sitio web accédese dende unha URL raíz común, a páxina principal.
Vila Bulsa é a vivenda subterránea dos hobbits Bilbo e Frodo Bulseiro nas novelas de fantasía O Hobbit e O Señor dos Aneis de J. R. R. Tolkien. De alí parten Bilbo e Frodo nas súas aventuras, e ambos os dous volven para ela, durante un tempo. Constitúe o punto inicial dos arcos narrativos principais nas novelas e, ao regresaren os hobbits a ela, tamén representa un punto final da trama en cada caso.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
Jeffrey Lionel Dahmer, nado o 21 de maio de 1960 en Milwaukee, Wisconsin, e finado o 28 de novembro de 1994 en Portage, Wisconsin, alcumado como o Caníbal de Milwaukee ou o Monstro de Milwaukee, foi un asasino en serie e delincuente sexual estadounidense resposábel do asasinato e desmembramento de dezasete homes e rapaces entre 1978 e 1991. Moitos dos seus últimos asasinatos incluían a necrofilia, o canibalismo e a conservación permanente de partes do corpo, xeralmente todo ou parte do esqueleto. Malia ser diagnosticado con trastorno límite da personalidade, trastorno de personalidade esquizotípica e cun trastorno psicótico, Dahmer foi declarado legalmente san no seu xuízo.
O Protocolo de Transferencia de Hipertexto (HTTP) é un protocolo de aplicación para sistemas de información de hipermedia distribuídos, colaborativos. HTTP é a base da comunicación de datos para a World Wide Web, onde os documentos de hipertexto inclúen hiperligazóns a outros recursos aos que o usuario pode acceder facilmente, por exemplo, facendo clic co rato ou tocando a pantalla nun navegador web. HTTP foi desenvolto para facilitar o hipertexto e a World Wide Web.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
José María Ruiz-Mateos y Jiménez de Tejada, Marqués de Olivara, nado en Rota (Cádiz) o 11 de abril de 1931 e finado en El Puerto de Santa María (Cádiz) o 7 de setembro de 2015, foi un empresario español fundador do holding Rumasa e, posteriormente, de Nueva Rumasa. Estivo casado con Teresa Rivero e tivo trece fillos, seis homes e sete mulleres.
Artai, segundo a mitoloxía galega, é o fillo maior de Brigo, o primeiro poboador de Galicia. As lendas din que el foi o fundador do pobo dos ártabros, que se espallaron polas mariñas betanceiras cara ao Cabo Fisterra, e que lle deu nome á vila de Arteixo. Tivo unha filla chamada Celt, proxenitora da raza celta.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
O estramonio (Datura stramonium), tamén coñecido como figueira tola, figueira do inferno, herba do demo e herba do gurgullo, é unha planta da familia das solanáceas, de follas relativamente grandes e anchas, flores solitarias e xeralmente brancas en embude e froito ovoide semellante a unha noz espiñenta, que contén numerosas sementes vermellas. Medra en zonas montañosas e atópase a menor altitude en zonas húmidas e con alto contido en nitróxeno. Todas as partes da planta resultan tóxicas pola elevada concentración de alcaloides, especialmente nos talos e nas nervaduras das follas.
John Forbes Nash, Jr., nado en Bluefields (Virxinia Occidental) o 13 de xuño de 1928 e finado en Monroe Township (Nova Jersey) o 23 de maio de 2015 foi un matemático estadounidense que realizou contribucións fundamentais na teoría de xogos, a xeometría diferencial e as ecuacións en derivadas parciais.En 1994 compartiu o Premio Nobel de Economía cos teóricos de xogos Reinhard Selten e John Harsanyi e en 2015 recibiu o premio Abel. A súa loita contra a esquizofrenia é a base da biografía escrita por Sylvia Nasar, A Beautiful Mind, e do filme homónimo protagonizado por Russell Crowe.
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, ás sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.
Fuxan os ventos é un grupo musical inserido no movemento folk da canción galega, formado en 1972 en Lugo no seo do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. O grupo participou co nome de Folk 72 no III Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, onde gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome para o grupo.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
A lista de títulos con versión en galego que foron estreados nas plataformas de streaming inclúe os filmes, series e miniseries das que hai versión en galego, ben sexa dobrada ou subtitulada.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 190.470 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Nemesio Martín Montejo, máis coñecido como Neme, nado en Sanchón de la Sagrada, Salamanca, o 31 de decembro de 1939 e finado en Salamanca o 20 de outubro de 2022, foi un futbolista e adestrador español que xogaba como dianteiro. Futbolista histórico do Pontevedra, no que militou oito tempadas, é o máximo goleador do club na Primeira División con 35 goles, así como o único futbolista en vestir a camiseta da selección española mentres militaba no equipo pontevedrés. Como adestrador dirixiu principalmente equipos da Segunda División B durante as décadas de 1980 e 1990.
Kobe Bean Bryant, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 23 de agosto de 1978 e finado en California o 26 de xaneiro de 2020, foi un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou durante toda a súa carreira para Los Angeles Lakers na National Basketball Association (NBA). Bryant gozou dunha exitosa carreira no baloncesto de instituto, polo que decidiu tentar ingresar na NBA despois de graduarse. Foi seleccionado no posto número trece no Draft da NBA de 1996 polos Charlotte Hornets, e logo traspasado aos Lakers dos Ánxeles.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior...
O microscopio (das palabras gregas micro-, μικρο, pequeno, e scopio, σκοπεω, observar) é un aparello utilizado para visualizar estruturas minúsculas, demasiado pequenas para ser observadas a simple vista, como as células. O tipo máis común, e o primeiro en ser inventado, foi o microscopio óptico. Trátase dun instrumento óptico que contén unha ou varias lentes que permiten obter unha imaxe aumentada do obxecto e que funciona por refracción.
A Xunta de Galicia aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia como o órgano colexiado de goberno de Galicia. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais as conselleiras e os conselleiros. As vicepresidencias e as conselleiras e conselleiros noméanse dende a presidencia.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Torre Heist é un filme estadounidense de 2011 dirixido por Brett Ratner, escrito por Ted Griffin e Jeff Nathanson. Está baseado nunha historia de Bill Collage, Adam Cooper e Griffin e está protagonizado por Ben Stiller, Eddie Murphy, Casey Affleck, Alan Alda, Matthew Broderick, Judd Hirsch, Téa Leoni, Michael Peña e Gabourey Sidibe. A trama segue a empregados dun exclusivo edificio de apartamentos que perden as súas pensións por mor do esquema Ponzi dun empresario de Wall Street e solicitan a axuda dun delincuente, un empresario en quebra e unha criada inmigrante para irrumpir no seu apartamento e roubarlles os cartos mentres evitan aos axentes do FBI encargados do seu caso.
Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, nado o 22 de outubro do 1908 nas Foucellas (Cabrui, Mesía) e agarrotado o 7 de agosto de 1952 no cárcere da Coruña, foi un militante da CNT e guerrilleiro antifranquista. Viviu 16 anos fuxido ata que foi detido no lugar da Costa (Oza-Cesuras) nun enfrontamento coa Garda Civil. Benigno Andrade é un dos nomes míticos do antifranquismo armado en Galicia.
A Fuga dos Condes (en irlandés Imeacht na nlarlaí, en inglés: the Flight of the Earls) tamén coñecida como a Fuxida dos Condes ou o Voo dos Condes, refírese á marcha de Irlanda de Hugh O'Neill, conde de Tyrone e Rory O'Donnell, o 14 de setembro de 1607. Este momento marcou a fin da era medieval de Irlanda e do seu sistema de clans ancestrais, xa que a través da colonización de zonas importantes da illa de Irlanda se introduciu un elemento cultural inglés. Na idade media clans irlandeses adoitaban manter conflitos con ingleses, viquingos ou entre si, con terras lindeiras na illa, algúns dos patriarcas mantiñan prisioneiros por longo tempo, e variaban a hexemonía entre os diversos clans.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Sir Charles Spencer "Charlie" Chaplin, nado en Walworth (Londres, Inglaterra) o 16 de abril de 1889 e finado en Corsier-sur-Vevey (Suíza) o 25 de decembro de 1977, foi un actor, director de cine e compositor inglés que acadou a fama na era do cine mudo. Converteuse nunha icona mundial a través da súa personaxe "Charlot" (The Tramp en inglés, "O vagabundo"), e é considerado unha das figuras máis importantes da historia da industria do cine. A súa carreira abrangue máis de 75 anos, dende a súa nenez na época vitoriana ata un ano antes da súa morte ós 88 anos.