Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Biblioteca Apostólica Vaticana
A Biblioteca Apostólica Vaticana (en latín: Bibliotheca Apostolica Vaticana), máis comunmente coñecida como Biblioteca Vaticana ou simplemente como Vat, é a biblioteca da Santa Sé, situada na Cidade do Vaticano. Leva o nome de "apostólica", porque é unha institución que dende a súa fundación se considera a "Biblioteca do papa", xa que lle pertence directamente. É unha das máis antigas bibliotecas do mundo e custodia unha moi importante colección de textos históricos.
Serbia (en serbio: Србија/Srbija) é un país pechado ó mar situado no centro e no sueste de Europa, ocupando a parte sur da chaira panónica e a parte central da península balcánica. O país fai fronteira con Hungría polo norte, Romanía e Bulgaria polo leste, Albania e Macedonia do Norte polo sur e con Montenegro, Croacia e Bosnia e Hercegovina polo oeste. A súa capital é Belgrado.
Unha vila é un núcleo de poboación dun tamaño intermedio entre a aldea, ou poboación, e a cidade, trátase dunha poboación que recibiu ao longo da historia certos recoñecementos explícitos, como determinados privilexios (por exemplo, o de celebrar feiras) da autoridade recoñecida, pero que, por razóns diversas, tampouco lle foi concedida a categoría superior, a de cidade. Nalgúns casos existen documentos antigos, sobre todo medievais e da Idade Moderna, que a categorizan como vila; noutros casos é o mesmo uso, derivado do costume popular, que a denomina sempre como vila pola súa importancia dentro da súa contorna. Dotada dunha economía na que o sector terciario (comercio e servizos) ten unha importancia como mínimo razoábel.
Esther Duflo, nada en París o 25 de outubro de 1972, é unha economista francesa, cofundadora e directora do Abdul Latif Jameel Poverty Action Lab (J-PAL), e profesora de redución da pobreza e economía do desenvolvemento no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Así mesmo, Duflo é investigadora asociada no National Bureau of Economic Research (NBER) dos Estados Unidos, forma parte da directiva do Bureau for Research and Economic Analysis of Development (BREAD), e dirixe o programa de economía do desenvolvemento do think tank Center for Economic and Policy Research.As súas investigacións céntranse en aspectos microeconómicos de países en vías de desenvolvemento, incluíndo o comportamento das familias, educación, acceso a financiamento, saúde e avaliación de políticas públicas. Xunto con Abhijit Banerjee, Dean Karlan, Michael Kremer, John A. List e Sendhil Mullainathan, impulsou o avance da experimentación de campo como unha importante metodoloxía para descubrir relacións causais en economía.
Para ver o artigo sobre o concello da provincia de Pontevedra, véxase A Estrada Unha estrada é unha vía de dominio e uso público, proxectada e construída fundamentalmente para a circulación de vehículos automóbiles. Existen diversos tipos de estradas, aínda que coloquialmente úsase o termo estrada para definir á estrada convencional que pode estar conectada, a través de accesos, ás propiedades lindeiras, diferenciándoas doutro tipo de estradas, as autovías e autoestradas, que non poden ter pasos e cruces ao mesmo nivel. Distínguese dun simple camiño porque está especialmente concibida para a circulación de vehículos de transporte.
O dragón de Komodo (Varanus komodoensis) é unha especie de lagarto que vive nas illas de Komodo, Rinca, Flores, Gili Motang e Gili Dasami, en Indonesia central. É un membro da familia dos varanos (Varanidae), e é a especie máis grande vivente de lagartos; que acada unha medida de dous a tres metros e pesa aproximadamente setenta quilogramos. A súa medida infrecuente atribúese ó xigantismo insular, xa que non hai outros animais carnívoros que poidan cubrir o nicho das illas onde viven, e tamén ó ritmo metabólico baixo do dragón de Komodo.
Dirham dos Emiratos Árabes Unidos
O dirham ( درهم ) é a moeda oficial dos Emiratos Árabes Unidos. O seu código ISO 4217 é AED. Está dividido en 100 fils.
Unha cordilleira ou cordal, é un gran sistema de montañas que resulta xeralmente do encontro de dúas placas tectónicas e do que moitas veces parten outras cadeas montañosas secundarias chamadas contrafortes. As cordilleiras máis famosas do mundo son a do Himalaia en Asia, a dos Andes en América do Sur, as Montañas Rochosas en América do Norte e a dos Alpes en Europa.
O Apollo 13 foi a sétima misión tripulada do Proxecto Apollo dos Estados Unidos de América. Non puido cumprir o seu obxectivo, que era realizar unha aluaxe na rexión de Fra Mauro, debido ás enormes complicacións causadas pola explosión dun tanque de osíxeno cando a nave espacial viaxaba cara á Lúa. Esta aventura espacial foi levada ao cine en 1995 coa película Apollo 13.
O violín (Etimoloxía: do italiano Violino, diminutivo de viola) é un instrumento cordófono de corda fretada, o máis agudo e pequeno da súa familia. Componse de catro cordas afinadas a unha distancia de quinta xusta. Na orquestra o primeiro violín é chamado de spalla, despois do rexente, el é o comandante da orquestra.
Laura Chinchilla Miranda, nada en San Xosé o 28 de marzo de 1959, é unha política costarriqueña que foi presidenta do país entre 2010 e 2014. Foi unha das dúas vicepresidentas e ministra de xustiza na administración de Óscar Arias. Foi a candidata do PLN nas eleccións de 2010, onde gañou co 46,76% dos votos o 7 de febreiro.
Un texto científico, ou sexa, unha publicación científica ou comunicación científica, é un dos derradeiros pasos de calquera investigación científica, previo ao debate externo. As publicacións científicas comezaron como cartas persoais entre os científicos, libros e publicacións periódicas (como anuarios ou revistas científicas). Actualmente a ferramenta máis avanzada é internet, que xustamente naceu como un mecanismo para comunicar as fases ds investigacións científicas entre científicos e militares situados en distintas partes do mundo.
O Manchester United Football Club é un club de fútbol da Premier League inglesa que xoga os seus partidos en Old Trafford no Gran Manchester. O equipo foi fundado como Newton Heath en 1878, uníndose á Football League en 1892 e xogando na primeira categoría do fútbol inglés dende 1938, coa excepción da temporada 1974-75. É considerado como un dos máis populares do mundo, debido a que conta con máis de 659 millóns de seguidores a nivel internacional, e tendo a media de asistencia máis alta aos seus partidos do fútbol inglés nos últimos 50 anos.O Manchester United é o actual campión inglés, gañando o título da Premier League no ano 2008-09, sendo así un dos clubs ingleses máis exitosos da historia, gañando dende a chegada do actual adestrador, Alex Ferguson, en novembro de 1986 vinte e dous títulos importantes.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].
Biblioteca da Universidade da Coruña
A Biblioteca da Universidade da Coruña é un servizo pertencente á Universidade da Coruña (UDC).
O sindicalismo ou movemento sindical é un termo amplo para designar o desenvolvemento da historia e a organización colectiva dos traballadores, en dirección á defensa dos seus intereses e de mellores condicións de traballo, fronte ós empregadores e os gobernos. Sindicato e gremio son palabras habituais para designar as organizacións dos traballadores coa fin de representar colectivamente os intereses da clase obreira.
Un piano é un instrumento musical composto dunha serie de cordas metálicas de diferente lonxitude e diámetro, ordenadas de maior a menor no interior dunha caixa sonora. Estas cordas son percutidas por pequenos mazos impulsados por un teclado, producindo sons claros e vibrantes. Atendendo á súa forma e dimensión denomínanse verticais, de cola e media cola, ou de mesa.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Club Deportivo Arenteiro é un equipo de fútbol do Carballiño fundado no 1958, que milita actualmente na Segunda División RFEF. O seu campo é o Estadio de Espiñedo, con céspede natural e capacidade para 2.000 persoas. Tamén utiliza para os adestramentos o Campo da Uceira situado no barrio carballiñés da Uceira. Alí disputan os seus partidos as categorías inferiores do equipo carballiñés (EMF Arenteiro) e o Sporting Carballiño, que figura na Primeira de Galicia (grupo 4º).
Abraham Lincoln, nado preto de Hodgenville, Kentucky, o 12 de febreiro de 1809 e finado en Washington o 15 de abril de 1865, foi un avogado e estadista estadounidense que exerceu como 16º presidente dos Estados Unidos desde 1861 ata o seu asasinato en 1865. Lincoln liderou a nación durante a guerra civil americana, o conflito máis sanguento e quizais tamén a maior crise moral, constitucional e política que sufriu a nación estadounidense. O mesmo tempo logrou preservar a Unión, abolir a escravitude, reforzar o goberno federal e modernizar a economía estadounidense.Lincoln naceu na pobreza nunha cabana de troncos no estado de Kentucky e criouse na fronteira, principalmente en Indiana, no que entón era o Afastado Oeste.
A guitarra, un instrumento musical de corda pulsada, evolución da vihuela, é un invento español, desenvolto nos séculos XVI a XVIII e perfeccionada polo lendario Antonio de Torres que lle deu a forma e estrutura que aínda ten hoxe. A guitarra clásica, de concerto ou española, está feita de madeira (normalmente nobres) e ten seis cordas, os tres bordóns graves metálicas e as agudas de nailon ou carbono; antigamente as cordas eran de tripa. No século XX apareceron outros tipos de guitarra nos Estados Unidos, primeiro a chamada acústica, con cordas de aceiro, e despois a guitarra eléctrica, que ten unha pastilla ou imán bobinado que transforma as vibracións nun sinal eléctrico que se pode amplificar.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Antonio García Teijeiro, nado en Vigo en 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola. Recibiu o premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.
A Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CCOO) é un sindicato español, primeiro en número de persoas afiliadas e por delegados elixidos nas eleccións sindicais. Fundouse en 1976 como confederación das diferentes Comisións Obreiras que existían na clandestinidade. Nas súas orixes o sindicato estaba profundamente ligado ao Partido Comunista, sendo moi habitual a dupla militancia no PCE e nas Comisións Obreiras clandestinas.
A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).
José de Sousa Saramago, nado en Azinhaga, Golegã, o 16 de novembro de 1922 e finado en Tías , Lanzarote , o 18 de xuño de 2010, foi un escritor portugués, gañador en 1998 do Premio Nobel de Literatura e en 1995 do Premio Camões.Saramago considerouse responsable do recoñecemento internacional efectivo da prosa en portugués. Coñecido polo seu ateísmo e iberismo, foi membro do Partido Comunista Portugués e foi subdirector do Diário de Notícias. Xunto con Luiz Francisco Rebello, Armindo Magalhães, Manuel da Fonseca e Urbano Tavares Rodrigues foi, en 1992, un dos fundadores da Fronte Nacional para a Defensa da Cultura (FNDC).
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O ballet ou danza clásica é un xénero dramático cuxa acción se representa por medio de pantomimas e danzas. É, tamén, o nome específico dado a unha forma concreta de danza e a súa técnica. Segundo as épocas, os países ou as correntes o espectáculo coreográfico pode incluír ademais de danza e música (de orquestra e coral), mímica, texto, decorados e maquinaria.
Exeria, coñecida tamén como Egeria, Echeria e Eteria, foi unha muller da Idade Antiga coñecida pola súa obra Itinerarium Egeriae, na que narra unha viaxe a Terra Santa. Todo parece indicar que naceu na Gallaecia, «nas ribeiras máis afastadas do océano occidental», segundo documentos do século IV, aínda que como se perdeu a primeira parte da súa obra non son poucos os autores que sitúan a súa terra de orixe na Aquitania francesa. Non obstante, estudos actuais sitúana como orixinaria do Bierzo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Francisco Xavier Pérez Vázquez, nado en Silleda o 24 de abril de 1968 e finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 2016, máis coñecido como Narf, nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e mais de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez, foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra, que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras. Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais. Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 191.225 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
O fair use ou uso lexítimo é un concepto da lexislación estadounidense que permite baixo circunstancias especiais o uso de material protexido con dereitos de autor. Se se trata de marcas rexistradas, os tribunais dos Estados Unidos consideran catro factores para determinar se é alegable a defensa de uso razoable: o propósito e o carácter do uso en disputa; a natureza da obra protexida con dereitos de autor; a importancia da parte utilizada en relación coa obra en total; e o efecto de devandito uso no mercado sobre o valor da obra protexida con dereitos de autor.No caso de marcas rexistradas, o usuario secundario debe demostrar que non está usando unha marca de nome descritiva, xeograficamente descritiva ou persoal no sentido das marcas rexistradas, senón só para describir os seus bens ou servizos, ou a orixe xeográfica dos mesmos, ou ben, para nomear á persoa que dirixe a empresa.
Antonio Stradivari, nado no ano 1644 en Cremona, Lombardía e finado o 18 de decembro de 1737, foi un luthier italiano especialista en instrumentos de corda como violíns, violoncellos, guitarras, violas e arpas.Stradivari está considerado como o mellor e máis importante artesán no seu campo. A forma latinizada do seu apelido, Stradivarius, utilízase para referirse aos seus instrumentos. Estímase que ao longo da súa vida produciu 1 116 instrumentos, dos que 960 foron violíns.
O Music Man StingRay é un baixo eléctrico fabricado pola compañía Music Man Instruments a partir do ano 1976 e deseñado por Leo Fender e Tom Walker. Foi o primeiro baixo eléctrico producido con ecualización activa preamplificada integrada e segue sendo o modelo máis fabricado da empresa californiana. Caracterízase pola súa liña ergonómica, unha construción sólida, unha ponte maziza de aceiro endurecido, golpeador ovalado simétrico, e un caravilleiro con disposición 3+1.
Un Stradivarius é un instrumento de corda construído por un membro da familia italiana de Antonio Stradivari. Os instrumentos de Stradivarius son moi valorados polos intérpretes máis importantes do mundo e polos coleccionistas de antigüidades. As características sonoras e individuais destas obras de arte son consideradas únicas, e a miúdo os instrumentos identifícanse polo nome de alguén, xeralmente un músico famoso que foi o seu propietario ou que simplemente o utilizou nalgún momento para as súas interpretacións.
Robert Nesta Marley naceu en Nine Mile o 6 de febreiro de 1945 e finado en Miami (Florida) o 11 de maio de 1981, máis coñecido como Bob Marley, foi un músico xamaicano e membro do movemento rastafari. A súa fe foi unha parte importante da súa carreira e agora é considerado por moitos como un profeta de Rastafari.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Estatuto de autonomía de Galicia de 1936
O Estatuto de autonomía de Galicia de 1936 foi un estatuto de autonomía, apoiado maioritariamente en referendo o 28 de xuño, pero que non chegou a ser aprobado en Cortes, e tan só foi admitido a trámite, por mor da guerra civil española e tamén debido a que Galicia foi territorio en poder dos sublevados dende o inicio da contenda. O proceso autonómico galego foi protagonizado nun primeiro momento polos republicanos da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), entre eles os nacionalistas Villar Ponte e Lois Peña Novo . A ORGA foi sempre maioritaria nas comisións redactoras, nas Asembleas etc.
O termo secretario xeral ou primeiro secretario é designación utilizada para identificar ao principal xefe ou líder de certas organizacións sindicais, partidos, asociacións nacionais e internacionais ou empresas. Utilízase normalmente para designar o cargo máis importante dentro dunha organización internacional multilateral. Tamén, pode ser utilizado para denominar ao cargo inmediatamente inferior ao presidente dunha organización.
Joaquín Ramón Martínez Sabina, nado en Úbeda (Xaén) o 12 de febreiro de 1949, coñecido artisticamente como Joaquín Sabina, é un cantautor e poeta español. Publicou catorce discos de estudio, catro en directo e tres recompilatorios, ademais, ten colaborado con distintos artistas cantando dúos e realizando outras colaboracións. Tamén compón para outros artistas como Ana Belén ou Miguel Ríos.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Sergei Pavlovich Diagilev (en ruso: Сергей Павлович Дягилев), nado o 31 de marzo de 1872 en Selichtchi (Gobernación de Novgorod, Imperio Ruso) e finado o 19 de agosto de 1929 en Venecia (Reino de Italia), foi un crítico de arte, mecenas e empresario de ballet ruso, fundador dos Ballets Russes, de onde xurdiron moitos famosos bailaríns e coreógrafos, marcando un antes e un despois na danza clásica. É considerado unha das personalidades máis importantes da historia do ballet.O xenio de Diagilev e o seu extraordinario coñecemento de todas as artes levaronno a descubrir e inspirar o xenio dos demais e facilitou a colaboración cos artistas que descubriu. O seu aprecio á nova e distintiva modernidade fíxoo capaz de axudar a dar forma a unha nova arte para un novo século.Aínda que Diagilev reformou o ballet europeo, a súa compañía estivo frecuentemente próxima á bancarrota.
O castiñeiro común (Castanea sativa), tamén coñecido popularmente como castiñeiro bravo, castiro, uriceiro ou castieiro, é unha árbore caducifolia da familia Fagaceae apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestíbeis, as castañas. Moitos exemplares acadan unha gran lonxevidade e teñen unha longa historia que se pode remontar a varios séculos. Orixinario do sur de Europa e de Asia Menor, a súa presenza nestas áreas xeográficas débese a que durante a última glaciación, o castiñeiro atopou zonas de refuxio nas costas cantábrica e atlántica da Península Ibérica, así como na Península Itálica e na Península de Anatolia, sendo moi común nos montes de Galicia.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como mais o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.