Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O monte Pindo é un macizo granítico de 627 metros de altura que se atopa no concello coruñés de Carnota.O monte Pindo xunto con outros ecosistemas como as praias de Carnota, forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Carnota - Monte Pindo dentro da Rede Natura 2000. Ese ZEC de Carnota - Monte Pindo ten unha superficie de 4 629 ha e abrangue os concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.
As Catacumbas de París (en francés, Les Catacombes) é un dos cemiterios máis famosos de París, capital de Francia. Componse dunha rede de túneles e cuartos subterráneos localizados no que, durante a era romana, foron minas de pedra calcaria. As minas foron convertidas nun cemiterio común a finais do século XVIII. No presente, consérvase como un osario que acolle máis de seis millóns de esqueletos humanos, a maior concentración deste tipo en Europa.A súa visita oficial comprende as minas do décimo cuarto distrito de París.
Manuel Rodríguez-Arijón Pallas
Manuel Rodríguez-Arijón Pallas, nado en Carballo en 1895 e finado no mesmo concello en 1963, foi un inventor galego.
Un animal (do latín animus, "espírito", ou "principio vital") é, segundo a clasificación clásica, un ser vivo heterótrofo, é dicir, que se alimenta de substancias orgánicas. Hoxe en día resérvase o termo animais aos seres complexos e multicelulares, aínda que durante moito tempo se consideraban tamén os protozoos como animais unicelulares. Nas clasificacións científicas dos seres vivos modernas, o reino dos animais constitúe un amplísimo grupo de organismos cuxo taxon se denomina Animalia , creado orixinalmente por Linné en 1758, ou ben Metazoa, sinónimo creado por Haeckel en 1874.
A Enciclopedia Italiana di Scienze, Lettere ed Arti (do italiano "Enciclopedia italiana de Ciencias, Letras e Artes"), máis coñecida como Treccani polo seu desenvolvedor Giovanni Treccani, ou Enciclopedia Italiana, é unha enciclopedia en lingua italiana. A publicación Encyclopaedias: Their History Throughout The Ages, considéraa unha das meirandes enciclopedias, xunto coa Encyclopædia Britannica Undécima Edición e a Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana.
Antonio Tavaris Brown Sr., nado o 10 de xullo de 1988 en Miami, Florida, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga na posición de wide receiver para os Oakland Raiders da National Football League (NFL). Formado na Univerisidade de Central Michigan, onde gañou recoñecementos como All-American en 2008 e 2009 como retornador de punts, foi elixido na sexta rolda do Draft da NFL de 2010 polos Pittsburgh Steelers. Desde que entrou na liga, ningún xogador conseguiu máis recepecións e iardas de recepeción que el.
O topónimo galego e castelán Florida pode referirse a: En Galiza A Florida, parroquia do concello de Vigo; Florida, lugar da parroquia de San Pedro de Viveiro, no concello de Viveiro; A Florida, lugar da parroquia de Campos, no concello de Melide; A Florida, lugar da parroquia de Rarís, no concello de Teo; A Florida, lugar da parroquia do Mato, no concello de Palas de Rei; A Florida, lugar da parroquia de Miraz, no concello de Friol; A Florida, lugar da parroquia de Torneiros, no concello do Porriño; A Florida, lugar da parroquia de Padriñán, no concello de Sanxenxo.En América Florida, estado dos Estados Unidos de América; Florida, aldea do estado de Missouri; Provincia de Florida, no departamento de Santa Cruz, Bolivia; Florida, cidade do Uruguai; Departamento de Florida, con capital en dita cidade; Florida, comuna da VIII rexión de Biobío, Chile; Florida, municipio de Cuba; Florida, municipio de Porto Rico; Florida, barrio da cidade de Vicente López, na provincia de Bos Aires, Arxentina; Florida Oeste, barrio da cidade de Vicente López, na provincia de Bos Aires, Arxentina.
Osman I (en turco: Sultan Osman Gazi; Osman é unha deformación do árabe: عُثمَان `uθmān, `Uthman; en turco: gazi, "triunfador, combatente da fe"), nado nun lugar descoñecido e finado en Bursa en 1323 ou 1324, foi o líder dos osmanlís ou otománs, a dinastía que estableceu e gobernou o Imperio Otomán. Era fillo de Ertuğrul e sucedeuno en 1281. Osman aproveitou a debilidade dos imperios selxúcida e bizantino para establecer e fortalecer o seu emirato.
O Mens Sana Basketball Academy, antes coñecido como Mens Sana Basket, é un club de baloncesto italiano con sede en Siena, na rexión da Toscana. O club foi popularmente denominado como Montepaschi de Siena, en referencia ao seu patrocinador entre 2000 e 2014: Banca Monte dei Paschi di Siena. Desde a temporada 2020-21 compite na Serie A2, cuarta categoría do baloncesto italiano.
Un monumento é un tipo de estrutura que foi creada para conmemorar unha persoa ou evento importante, ou que se volveu importante para un grupo social porque lembra a un tempo histórico ou unha cultura herdada, ou tamén pode ser un exemplo de arquitectura histórica. O termo 'monumento' é empregada a miúdo en edificios ou estruturas que son considerados exemplos de herdanza arquitectónica ou cultural importante.
Un filme ou película é unha arte visual baseada nunha serie de imaxes fixas que, cando se proxectan nunha pantalla de forma consecutiva en rápida sucesión, crean a ilusión óptica de imaxes en movemento. O termo úsase normalmente como sinónimo de obra cinematográfica, é dicir, unha historia (ficticia ou documental), rexistrada nun soporte (filme flexible ou contedor dixital) que se grava e le mediante un mecanismo continuo ou intermitente de sucesión de imaxes. Un filme pódese crear fotografando escenas reais cunha cámara de imaxes en movemento, fotografando debuxos ou modelos en miniatura empregando técnicas de animación tradicional, por medio de imaxes xeradas por computador ou animación por ordenador, ou por unha combinación dalgunhas ou todas destas técnicas e outros efectos visuais.
Unha corporación ou sociedade corporativa é unha entidade xurídica que consiste nun grupo de persoas que formaron unha asociación con propósitos comerciais ou sen fins de lucro. Esta asociación formal, recoñecida como persoa xurídica e amparada polo dereito de sociedades, conta cos seus propios privilexios e responsabilidades distintos a aqueles dos seus membros (persoas naturais). Unha corporación pode ser un concello, unha universidade, unha igrexa, unha ONG, unha empresa, un gremio, un sindicato ou outro tipo de persoa colectiva.
Paraguai (en guaraní: Paraguái), oficialmente a República de Paraguai (en castelán: República del Paraguay; en guaraní: Tetã Paraguái) é un país do centro da América do Sur, limitado ó norte e oeste por Bolivia, ó norte e leste polo Brasil e ó sur e oeste pola Arxentina. A súa capital é a cidade de Asunción. O Paraguai é un dos dous países da América do Sur que non posúe unha saída para o mar, sendo o outro Bolivia.
Un imposto é unha clase de tributo (obrigas xeralmente pecuniarias en favor do acredor tributario: goberno central, autonómico ou local) rexido por dereito público, pagado por persoas ou organizacións. Caracterízase por non requirir unha contraprestación directa ou determinada por parte da administración da facenda (acredor tributario). Os impostos na maioría das lexislacións xorden exclusivamente pola "potestade tributaria do Estado", principalmente co obxecto de financiar os seus gastos.
Un director de orquestra, ou unha directora de orquestra, é a persoa encargada de conducir a música que interpreta unha orquestra. O seu labor é moi arduo. A partir do estudo profundo e intensivo dunha partitura, deberá encargarse de unificar a interpretación dunha obra que interpretará un grupo amplo de músicos.
Johan Julius Christian Sibelius ( pronunciación ), máis coñecido como Jean Sibelius, nado en Hämeenlinna o 8 de decembro de 1865 e finado en Järvenpää o 20 de setembro de 1957, foi un compositor finlandés do Romanticismo tardío, sendo o compositor máis famoso do país. Trátase dun dos máis populares compositores de finais do século XIX e principios do século XX. A súa música, como o poema sinfónico Finlandia e o seu xenio xogaron un importante papel na formación da identidade nacional finlandesa, sendo xunto con Johan Ludvig Runeberg, un dos finlandeses que simbolizan este nacemento a pesar de seren suecofalantes. Sibelius converteuse non só no símbolo da música finlandesa, senón tamén de todo o país, e a súa música acadou un nivel de universalidade equiparable ao dos máis grandes espíritos da música occidental.
Death Cab for Cutie é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Bellingham, Washington no ano 1997. Está composta por Ben Gibbard (voces, guitarra, piano), Chris Walla (guitarra, teclados), Nick Harmer (baixo) e Jason McGerr (batería). A música de Death Cab for Cutie foi etiquetada como indie rock, indie pop, emo e rock alternativo, e destaca polo seu uso de instrumentos pouco convencionais e polo característico estilo lñirico de Gibbard.
MPlayer é un reprodutor de medios libre e de código aberto que destaca pola súa capacidade para reproducir unha enorme variedade de formatos de vídeo. A súa versión máis recente é a 1.0rc2. Está dispoñible para os sistemas operativos máis importantes, entre os cales están GNU/Linux e outros sistemas baseados en Unix, FreeBSD, Mac OS X e Windows.
A dos insectos (nome científico Insecta Linnaeus, 1758) son unha clase de animais invertebrados, e o grupo máis grande dentro do filo dos artrópodos, caracterizados por presentar un par de antenas, tres pares de patas e dous pares de ás (que, con todo, poden reducirse ou faltar). A ciencia que estuda os insectos denomínase entomoloxía. O seu nome provén do latín insectum, calco do grego ἔντομα, 'cortado no medio'.Os insectos comprenden o grupo de animais máis diversos da Terra con aproximadamente un millón de especies descritas, máis que todos os demais grupos de animais xuntos, e con estimacións de ata trinta millóns de especies non descritas, co que, potencialmente, representarían máis do 90 % das formas de vida do planeta.
Xoán Paulo II, nado co nome de Karol Józef Wojtyła (AFI: [ˈkarɔl ˈjuzɛf vɔjˈtɨwa]) en Wadowice o 18 de maio de 1920 e finado na Cidade do Vaticano o 2 de abril de 2005, foi o papa número 264 da Igrexa católica. De orixe polaca, foi o primeiro Pontífice non italiano dende Hadrián VI, finado en 1523. O seu pontificado de 26 anos foi o terceiro máis longo na historia da Igrexa católica, despois do de San Pedro (crese que entre 34 e 37 anos) e o de Pío IX (31 anos).
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O Club Deportivo Arenteiro é un equipo de fútbol do Carballiño fundado no 1958, que milita actualmente na Segunda División RFEF. O seu campo é o Estadio de Espiñedo, con céspede natural e capacidade para 2.000 persoas. Tamén utiliza para os adestramentos o Campo da Uceira situado no barrio carballiñés da Uceira. Alí disputan os seus partidos as categorías inferiores do equipo carballiñés (EMF Arenteiro) e o Sporting Carballiño, que figura na Primeira de Galicia (grupo 4º).
Abraham Lincoln, nado preto de Hodgenville, Kentucky, o 12 de febreiro de 1809 e finado en Washington o 15 de abril de 1865, foi un avogado e estadista estadounidense que exerceu como 16º presidente dos Estados Unidos desde 1861 ata o seu asasinato en 1865. Lincoln liderou a nación durante a guerra civil americana, o conflito máis sanguento e quizais tamén a maior crise moral, constitucional e política que sufriu a nación estadounidense. O mesmo tempo logrou preservar a Unión, abolir a escravitude, reforzar o goberno federal e modernizar a economía estadounidense.Lincoln naceu na pobreza nunha cabana de troncos no estado de Kentucky e criouse na fronteira, principalmente en Indiana, no que entón era o Afastado Oeste.
A mitoloxía galega é o conxunto de mitos máis ou menos relacionados (ou mesmo sen conexións entre si): relatos que forman parte da cultura do pobo galego. Poden chegar a través de discursos, narracións ou expresións culturais de orixe sagrada e que posteriormente foron secularizados e tratados como discursos relativos a esta cultura, a unha época concreta ou a unha serie de crenzas de carácter imaxinario.
O daltonismo -denominado así polo físico inglés John Dalton, quen o padecía- é un defecto xenético consistente na imposibilidade de distinguir as cores (discromatopsia). Aínda que ningún daltónico confunde as mesmas cores, é moi frecuente que confundan o verde e o vermello; con todo, poden ver máis matices do violeta que as persoas de visión normal e son capaces de distinguir obxectos camuflados. Tamén hai casos nos que a incidencia da luz pode facer que varíe a cor que ve o daltónico.
Xordania (árabe: الأردن Al-ʼUrdunn), oficialmente Reino Haxemita de Xordania (المملكة الأردنّيّة الهاشميّة Al-Mamlaka al-Urdunniyya al-Hāshimiyya), chamado Transxordania ata 1950, é un país de Asia localizado na rexión do Oriente Medio. Limita ao norte con Siria, ao nordeste con Iraq, ao leste e ao sur con Arabia Saudita e ao suroeste co mar Vermello (no Golfo de Aqaba, con Israel e co territorio palestino de Cisxordania).O que hoxe é Xordania foi habitado por humanos desde o período Paleolítico. Tres reinos estables xurdiron alí ao final da Idade de Bronce: Amón, Moab e Edom.
Miguel Rafael Martos Sánchez, nado en Linares (Xaén) o 5 de maio de 1943, coñecido internacionalmente como Raphael, é un dos cantantes máis relevantes do tardofranquismo e dos comezos democráticos do Estado Español. Malia que cun ritmo menor, a día de hoxe segue en activo e ten grande aceptación nos países de fala hispana.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 191.240 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Na lírica medieval galego-portuguesa unha cantiga de amigo é unha composición breve e sinxela posta en boca dunha muller namorada. Deben o seu nome a que na maior parte delas aparece a palabra amigo no primeiro verso e, sobre todo, a que a voz narrativa é sempre a dunha muller nova —a amiga—, quen fala nelas do seu amigo-amado, habitualmente ausente nese momento. Constitúen o xénero máis destacado desta literatura pola súa orixinalidade, e o corpus lírico galego-portugués conta con arredor de 500 cantigas deste tipo.
Os galaicos (termo actual derivado do latino gallaeci ou callaeci e do grego Καλλαϊκοί) eran un conxunto de pobos de cultura e lingua celtas ou celtizadas -sen que exista consenso entre os investigadores- do noroeste da Península Ibérica antes e durante o Imperio Romano. O termo gallaecus/gallaeco tamén designou, desde finais do Imperio de Occidente ata entrada a Idade Media, os habitantes de Gallaecia e Galicia, evolucionando lingüisticamente ata o xentilicio actual galego. Aínda que poidamos falar dos galaicos durante a Idade Media, tradicionalmente o termo aplícase ao período previo á integración destes pobos no Imperio romano, servindo tamén como xentilicio culto para os habitantes da actual Galicia, do mesmo xeito que se empregan os cultismos galo, xermánico, anglosaxón ou luso, aos habitantes de Francia, Alemaña, Inglaterra e Portugal respectivamente.
José Vega y Verdugo, nado en Ciempozuelos (Madrid) en 1623 e finado en Madrid en 1696, foi un cóengo que viviu en Santiago de Compostela entre 1649 e 1672, onde desenvolveu diferentes reformas na Catedral, polo que se lle considera o introdutor da arte barroca en Galicia. Ostentou o título de Conde de Alba Real.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Para o buque oceanográfico homónimo, véxase B/O Lura. A lura (Loligo vulgaris), tamén chamada lula nalgunhas partes de Galicia, e tamén lura común, é, para moitos autores, un molusco cefalópodo coleoideo da superorde dos decapodiformes, orde dos téutidos e familia dos lolixínidos. Porén, outros autores sitúana na orde dos miópsidos.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O termo galos designa as poboacións protohistóricas de celtas que residían na Galia, (Gallia en latín), é dicir, aproximadamente nos territorios actuais da Francia, o sur de Bélxica, e máis a Italia do norte, probabelmente a partir da primeira Idade de Ferro (cara ao 800 a.c.). Os galos estaban divididos en múltiples tribos ou pobos, as veces federados, presentando cada un certa cultura orixinal. As civilizacións galas son clasificadas en arqueoloxía dentro da civilización céltica de La Tène (do nome dun lugar sito nas beiras do lago de Neuchâtel, en Suíza).
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Qatar (/ˈkætɑːr/,) (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudita no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.
Selección de fútbol de Galicia
A selección de fútbol de Galicia é o equipo de fútbol formado por xogadores galegos, que representa á Federación Galega de Fútbol, independentemente de que participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola FIFA. Dado que este organismo non é membro da FIFA nin do COI, a selección absoluta galega non pode participar en torneos oficiais e só disputa partidos amigábeis a nivel internacional. Porén, en categorías inferiores participa nas competicións que organiza a Federación Española de Fútbol, e dende 1999 a selección de Galicia de afeccionados disputa a Copa das Rexións da UEFA. O equipo é coñecido familiarmente como «A Irmandiña», rememorando a historia da Galicia medieval, na cal se constituíron Irmandades para a defensa do pobo fronte os abusos dos señores.
Enténdese por lusofonía o intersistema cultural que agrupa as comunidades que comparten como norma sistémica a lingua portuguesa, así como aquelas que se identifican como pertencentes (ou que aspiran a pertencer) a ese conxunto. Así, na lusofonía converxen territorios e comunidades unidos por lazos históricos e por canles de identidade que teñen un vínculo forte e común, a lingua portuguesa, coas súas diversas posibilidades de realización e de actualización.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Evan Taylor Ellingson, nado en La Verne (California) o 1 de xullo de 1988, é un actor estadounidense de cine e televisión. Co-protagonizou MAD TV, e despois tivo un papel regular na serie de televisión Titus. No 2004, Evan foi escollido para interpretar a Kyle Savage na sitcom producida por Mel Gibson Complete Savages, que foi cancelada despois da primeira tempada.
O burro ( pronunciación ) ou asno (Equus asinus) é un mamífero doméstico da familia dos équidos, de ata metro e medio aproximadamente de altura á cruz, caracterizado polas longas orellas e a cabeza proporcionalmente grande. O pelo das crinas é curto, polo que estas son erectas. Emprégase, ou mellor empregábase, como animal de carga.
In medias res (ou in media res) é unha expresión latina que significa «no medio das cousas» e que designa unha técnica narrativa consistente en iniciar unha narración nun momento posterior ao do inicio da acción, normalmente nun momento crucial. Isto permítelle ao narrador moverse para tras e para diante no tempo entre acontecementos interrelacionados. A orixe da expresión está na Ars Poetica de Horacio: Os exemplos máis coñecidos son A Ilíada e A Odisea de Homero e Paradise Lost de John Milton.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Javier Rodríguez González (poeta)
Javier Rodríguez González, nado en Ourense en 1983, é un escritor galego.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].