Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Qatar (/ˈkætɑːr/,) (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudita no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.
Mauricio (/məˈrɪʃ(i)əs, mɔː-/, francés: Maurice [mɔʁis, moʁis] ( ); Modelo:Lang-mfe), oficialmente a República de Mauricio, é nación insular no Océano Índico a uns 2.000 quilómetros da costa sueste do continente africano, ao leste de Madagascar. Constituído polas illas Mascareñas orientais (Mauricio e Rodrigues) e por dous arquipélagos de illotes máis ao norte: as illas Cargados Carallos e as illas Agalega (Saint Brandon).. Os seus veciños máis próximos son a posesión francesa de Reunión, ao oeste, e as Seychelles, ao norte.
Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie
Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie (RKD; literalmente, Instituto Neerlandés para a Historia da Arte) é o centro de historia da arte máis grande do mundo e está situado na Haia. O centro está especializado en documentación, arquivos e libros sobre a historia da arte en Occidente a partir da Idade Media até o presente. Todo o seu contido está aberto ó público e a maioría están dixitalizados e dispoñible na súa páxina web.
Airbus SAS, máis coñecida como Airbus, é unha grande empresa paneuropea aeronáutica e aeroespacial subsidiaria de EADS N.V. Foi creada como un consorcio denominado Airbus Industries, que non se encargaba do proceso de fabricación, senón de coordinar todo o proceso de deseño, fabricación e venda. En 2001 creouse en Tolosa, Francia, como unha S.A.S (Sociedade por Accións Simplificada, do francés: Société par Actions Simplifiée).
Libération (tamén coñecido en Francia como Libé) é un xornal editado en París e fundado no 1973 polo filósofo Jean-Paul Sartre e os xornalistas Benny Lévy e Serge July. O proxecto naceu co nome do periódico clandestino vinculado á Resistencia francesa durante a Segunda Guerra Mundial, o Libération que foi dirixido por Emmanuel d'Astier de la Vigerie, e baixo o impulso do maio francés. Por iso, Libé naceu cunhas características insólitas dentro da prensa europea.
María Victoria Casares Pérez, nada na Coruña o 21 de novembro 1922 e finada en Alloue (Charente, Nova Aquitania, Francia) o 22 de novembro de 1996, foi unha actriz galega que triunfou en Francia, onde residía como exiliada por ser filla de Casares Quiroga, que fora Ministro da II República Española durante o goberno de Azaña. En Francia era coñecida como Maria Casarès. Foi considerada unha das grandes actrices do teatro e o cinema francés e apareceu en clásicos como Les enfants du paradis, especialmente durante as décadas de 1940 e 1950.
Robert Campin (1375 – 1444) está considerado como o primeiro gran mestre da pintura flamenga. Aínda que a súa personalidade aínda resulta discutida, boa parte dos historiadores da arte actuais consideran que el é o Mestre de Flemalle. Campin era desde 1418 xefe de obradoiro pictórico en Tournai, cidade buguesa por excelencia e centro da escultura funeraria.
Flavio Graciano Augusto (¿abril, maio? de 359 - 25 de agosto de 383), coñecido como Graciano ou Graciano o Mozo para diferencialo do seu avó Graciano o Vello, foi emperador de Occidente entre 375 e 383. Era fillo do emperador Valentiniano I e a primeira esposa deste, Marina Severa, e naceu na cidade de Sirmium (hoxe Sremska Mitrovica, Serbia), na daquela provincia romana de Panonia.
Universidade Hebrea de Xerusalén
A Universidade Hebrea de Xerusalén (en hebreo: האוניברסיטה העברית בירושלים, [HaUniversita HaIvrit BeYerushalaim]; árabe: الجامعة العبرية في القدس: [Al-Jāmi`ah al-`Ibriyyah fil-Quds]) é a primeira universidade xudía en Israel, fundada 1925 como unha das institucións do Estado de Israel «en camiño» de establecerse como tal.
O xénero gramatical é un trazo gramatical que fai referencia a cada unha das categorías en que se poden clasificar certas clases lexicais dunha lingua. Nalgunhas linguas coma a galega o xénero adoita vincularse vagamente co sexo (cando esas clases refiren seres vivos sexuados, aínda que non sempre).
Paraguai (en guaraní: Paraguái), oficialmente a República de Paraguai (en castelán: República del Paraguay; en guaraní: Tetã Paraguái) é un país do centro da América do Sur, limitado ó norte e oeste por Bolivia, ó norte e leste polo Brasil e ó sur e oeste pola Arxentina. A súa capital é a cidade de Asunción. O Paraguai é un dos dous países da América do Sur que non posúe unha saída para o mar, sendo o outro Bolivia.
Narendra Damodardas Modi, nado en Vadnagar o 17 de setembro de 1950, é un político indio, primeiro ministro desde o 26 de maio de 2014. Foi ministro-xefe do estado de Guxarat desde o ano 2001 ata 2014, membro do Partido do Pobo Indio (BJP). Membro da organización Rashtriya Swayamsevak Sangh (RSS), cualificado como un nacionalista hinduísta polos medios e por el mesmo.
Unha convención constitucional é un encontro político, que ten como obxectivo redactar unha constitución nova ou revisar unha xa existente. Realízase unha convención constitucional xeneral para crear a primeira constitución dunha entidade política ou para substituír unha preexistente, mentres que unha convención constitucional limitada realízase para revisar unha constitución xa existente.
Jean-Marie Gustave Le Clézio, ás veces abreviado como J.M.G. Le Clézio, nado o 13 de abril de 1940 en Niza, é un escritor franco-mauricio. Coñece moi pronto o éxito coa súa primeira novela Le Procès-verbal, publicada en 1963. Influído polas súas orixes familiares, polas súas viaxes, e o gusto polas culturas amerindias, J.M.G. Clézio é principalmente coñecido polas súas novelas Désert e Le Chercheur d'or, pero é tamén autor dunha corentena doutras obras de ficción (novelas, contos, noticias) e ensaios.
O protón é unha partícula, con carga eléctrica positiva de valor 1,6*10−19C, que pode atoparse nos núcleos atómicos. O número de protóns dun núcleo atómico determina o número atómico Z deste, e a suma de número de protóns máis número de neutróns, a súa masa atómica A (ó ter os neutróns unha masa só lixeiramente superior, e poder desprezar a masa dos electróns). Protóns e neutróns son chamados nucleóns.
Ente (ens en latín, do grego on, participio presente do verbo einai, ser) ou entidade, é un termo central na meirande parte da historia da filosofía. No seu sentido máis xeral úsase para designar un ser calquera, isto é, unha cousa que está “sendo”, que existe.Na filosofía grega a discusión filosófica sobre o ente xiraba en torno a se está sometido ou non ó cambio. Neste sentido, pódese afirmar que todo o pensamento grego aliméntase da tensión entre Física (ciencia do cambio) e Metafísica (ciencia do inmutable).
A Dinastía Tang (en chinés 唐朝; pinyin Táng Cháo; Chinés medio Dâng) foi unha dinastía imperial chinesa precedida pola Dinastía Sui e sucedida polo período das Cinco Dinastías e Dez Reinos, que gobernou en China entre o 18 de xuño de 618 e o 1 de xuño de 907. Foi fundada pola familia Li (李), que chegou ao poder durante a decadencia e colapso do Imperio Sui. A Dinastía foi interrompida brevemente entre o 8 de outubro de 690 e o 3 de marzo de 705 pola Segunda Dinastía Zhou, cando a emperatriz Wu Zetian se apoderou do trono, converténdose na única emperatriz reinante, gobernante por dereito propio.
O diñeiro, cartos ou capital é calquera ben - que cumpre as seguintes tres propiedades nunha sociedade determinada: É unha medida do valor das cousas; É unha reserva do valor das cousas; É aceptado xeralmente como medio de pagamento.Como medio de pagamento pode intercambiarse por calquera tipo de ben material ou servizo. Como medida do valor permite facer comparacións entre os diferentes bens e servizos. Como reserva de valor permite ser gardado indefinidamente sen que se deteriore nin perde ningunha das súas características co paso do tempo.
O Museo do Louvre (en francés: Musée du Louvre) é un dos museos máis importantes do mundo. Está situado en París, Francia, no palacio do Louvre. As súas coleccións son o resultado dun esforzo histórico: por unha banda, as coleccións reais, por outra, o esforzo dos homes da Ilustración e o labor desamortizador da Revolución francesa.
Wikivoyage é unha guía turística libre en Internet baseada na tecnoloxía wiki. Foi fundada en setembro do ano 2006 por autores alemáns de Wikitravel desconformes coas políticas dos donos do devandito sitio. Converteuse no wiki co tema viaxes máis popular en Alemaña, con máis de 8000 artigos, e en decembro do 2007 lanzouse a versión en italiano, que actualmente rolda os 1600 artigos.
Este artigo refírese a humanos. Para a preñez en animais véxase Preñazo.O embarazo, gravidez, preñazo ou preñez dunha muller é o período que transcorre entre a implantación do cigoto no útero ata o momento do parto. Durante este período prodúcense na muller importantes cambios fisiolóxicos, metabólicos e incluso morfolóxicos coa finalidade de protexer, nutrir e permitir o desenvolvemento do feto, como son a interrupción dos ciclos menstruais, ou o aumento do tamaño das mamas para preparar a lactación.
Os furigana (振り仮名, ふりがな) son caracteres kana (hiragana ou ben katakana) de tamaño menor que se colocan preto dun kanji ou doutro carácter para indicar a súa pronuncia. Na escrita vertical colócanse á dereita do carácter. Na escrita horizontal están situados enriba do carácter.Empréganse nos seguintes casos: En libros escritos para nenos que non dominan a lectura dos kanji, así como nalgúns manga (bandas desñadas xaponesas) En caracteres que non se atopan na lista dos 1945 kanji de uso común ou Jōyō kanji.
Aeroporto de Fort Lauderdale-Hollywood
O aeroporto internacional de Fort Lauderdale-Hollywood (IATA: FLL, OACI: KFLL) é un aeroporto estadounidense situado no condado de Broward, en Florida. O aeroporto atópase entre as cidades de elimitando as cidades de Fort Lauderdale, Hollywood e Dania Beach, a 5 quilómetros ao suroeste do centro de Fort Lauderdale e a 34 ao norte de Miami. O aeroporto está preto da terminal de cruceiros de Port Everglades e é popular entre os turistas que embarcan cara o Caribe.
Iuri Alexeievitch Gagarin (en ruso Юрий Алексеевич Гагарин; [ˈjʉrʲɪj ɐlʲɪˈksʲejɪvʲɪtɕ ɡɐˈɡarʲɪn]), nado en Klushino (óblast de Smolensk) o 9 de marzo de 1934 e finado preto de Novosiolovo (óblast de Vladimir) o 27 de marzo de 1968, heroe da Unión Soviética, foi un cosmonauta ruso que, o 12 de abril de 1961, marcou a historia da humanidade e da exploración espacial ao converterse no primeiro ser humano que viaxou ao espazo exterior, realizando un voo orbital completo arredor da Terra, a bordo da nave espacial Vostok 1.Gagarin converteuse nunha celebridade internacional, e foi galardoado con diferentes medallas e honores, como o de Heroe da Unión Soviética, o honor máis elevado da nación. A Vostok 1 foi a súa única misión espacial, aínda que ocupou un cargo na tripulación de recambio da misión Soiuz 1 (que terminou en accidente). Despois, Gagarin converteuse no director de formación adxunto do Centro de adestramento de cosmonautas, que logo se renomeou no seu honor.
O dalton (símbolo Da) ou unidade de masa atómica (símbolo u) é unha unidade de masa empregada en física e química, especialmente na medida de masas atómicas e moleculares. Equivale á doceava (1/12) parte da masa dun átomo de carbono-12. No Sistema Internacional de Magnitudes (ISO 80000-1), dáse como único nome o de dalton e desaconséllase o de unidade de masa atómica unificada.
O termo gota pode designar distintos conceptos: Gota ou pinga: porción de líquido de pequeno tamaño e forma arredondada. Gota fría: fenómeno meteorolóxico caracterizado por episodios de choivas torrenciais. Gota: enfermidade provocada polo exceso de ácido úrico e caracterizada por inflamacións dolorosas nas articulacións.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Dos arquivos do trasno: Contos do monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como dianteira no AC Milan, da Serie A de Italia. Amplamente considerada como a mellor futbolista española da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a única en marcar nunha final.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 191.397 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Seúl (서울; hangul, 서울특별시; hanja, 서울特別市; romanización revisada, Seoul Teukbyeolsi; McCune–Reischauer, Sŏul T'ŭkpyŏlsi) é a capital e meirande metrópole de Corea do Sur. Segundo o censo de 2020, Seúl tiña unha poboación de 9,9 millóns de persoas e forma o corazón da Área da capital de Seúl coa metrópole circundante de Incheon e a provincia de Gyeonggi. Considerada unha cidade global e clasificada como unha cidade alfa pola Globalization and World Cities Research Network (GaWC), Seúl foi a 4ª economía metropolitana máis grande do mundo en 2014 despois de Toquio, Nova York e Os Ánxeles.
Gran Premio de Abu Zabi de 2022
O Gran Premio de Abu Zabi de 2022 (oficialmente coñecido como Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2022) foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 20 de novembro de 2022 no Circuíto de Yas Marina na Illa Yas, unha illa nos arredores de Abu Zabi nos Emiratos Árabes Unidos. A carreira foi a última rolda da tempada 2022, a décimo cuarta edición do Gran Premio de Abu Zabi e a décimo cuarta vez que a carreira se disputou como unha proba do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.
Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
O Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón é un galardón literario instaurado no ano 1988 polo concello de Dodro coa finalidade de honrar o poeta Eusebio Lorenzo Baleirón e co obxectivo de contribuír ao enaltecemento da poesía galega.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Convento de Santa Bárbara da Coruña
O convento de Santa Bárbara é un convento de clausura situado na praza homónima da Cidade Vella da Coruña.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2022, ano dedicado a Florencio Delgado, 62 autores (5 mulleres e 57 homes) foron homenaxeados nas 60 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
A guerra de Devolución (1667-1668) foi un conflito bélico entre España e Francia que ganou esta última. Iniciouse coa invasión de Luís XIV aos Países Baixos españois, baixo o pretexto de que non se pagara o dote da súa esposa María Tareixa. En realidade, seguía a política de Richelieu de afastar a fronteira da corte de París a costa dos Países Baixos españois.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Un cogomelo ou cogumelo ( pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña) é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).
JSON, acrónimo de JavaScript Object Notation, é un formato lixeiro para o intercambio de datos. JSON é un subconxunto da notación literal de obxectos de JavaScript que non require o uso de XML. A simplicidade de JSON deu lugar á xeneralización do seu uso, especialmente como alternativa a XML en AJAX. Unha das supostas vantaxes de JSON sobre XML como formato de intercambio de datos neste contexto é que é moito máis sinxelo escribir un analizador sintáctico (parser) de JSON. En JavaScript, un texto JSON pódese analizar facilmente usando o procedemento eval(), o cal foi fundamental para que JSON fose aceptado por parte da comunidade de desenvolvedores AJAX, debido á ubicuidade de JavaScript en case calquera navegador web. Na práctica, os argumentos a favor da facilidade de desenvolvemento de analizadores ou do rendemento dos mesmos son pouco relevantes, debido ás cuestións de seguridade que expón o uso de eval() e o auxe do procesamento nativo de XML incorporado nos navegadores modernos.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial a ilustración, defensa e promoción da lingua galega. Elabora as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, e decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua.
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
Elon Reeve Musk, nado en Pretoria o 28 de xuño de 1971, é un empresario, enxeñeiro e inventor surafricano de nacionalidade estadounidense-canadense. É o CEO e o CTO de SpaceX. É un dos primeiros investidores e CEO de Tesla, Inc.; fundador de The Boring Company; cofundador de Neuralink e cofundador e xefe inicial de OpenAI. Musk é unha das persoas máis adiñeiradas do mundo.
Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato de Lois Reigosa, un músico na illa de Toralla.
Santa María do Mundil é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 608 habitantes, dos cales 310 eran homes e 298 mulleres. A finais do século XX experimentou un envellecemento demográfico e un profundo cambio nas actividades socioeconómicas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».