Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
José Manuel Ramos Alonso, nado en La Bañeza o 3 de xaneiro de 1971, máis coñecido como Crispín d'Olot, é un xograr adicado á recuperación da tradición oral e a difusión da literatura medieval, renacentista e barroca en linguas iberorromances, valéndose de pezas folclóricas ou literarias que transforma en cancións ou declamaciones teatrais.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
The A.V. Club é un sitio de entretemento con recencións de filmes, música, televisión, libros e xogos, así como entrevistas e outras ofertas regulares que examinan novos medios, medios clásicos e outros elementos da cultura popular. The A.V. Club foi creado en 1993 como unha parte suplementaria de The Onion e tivo unha presenza mínima na páxina web de The Onion nos seus primeiros anos. Porén, un redeseño da páxina web en 2005 puxo a The A.V. Club nunha posición máis prominente, permitindo que a súa identidade en liña creza.
O milímetro é unha unidade de lonxitude equivalente á milésima parte dun metro, abreviado mm. 1 mm = 10-3 mEn fabricación mecánica os planos construtivos das pezas que se mecanizan van acoutados en milímetros, e a tolerancia das cotas exprésanse en décimas, centésimas ou milésimas de milímetro. O milímetro é a unidade de medida para as precipitacións.
Exipto (en árabe: مصر, Miṣr; en árabe exipcio: مَصر Maṣr; en copto: Ⲭⲏⲙⲓ Khēmi), oficialmente República Árabe de Exipto (en árabe: جمهورية مصر العربية, Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co Mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur co Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sahara, onde só está habitado en oasis.
Turner Classic Movies (TCM) é unha rede de canles de televisión de pagamento especializada na emisión de filmes de cinema, especialmente de cinema clásico e cinema de Hollywood gravado dende os inicios do cinema ata a actualidade. Pertence a Turner Broadcasting System, que á súa vez forma parte da multinacional Time Warner.
A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) (en inglés North Atlantic Treaty Organization, NATO e en francés Organisation du traité de l'Atlantique nord, OTAN), tamén denominada Alianza do Atlántico, Alianza do Atlántico Norte ou Alianza Atlántica, é unha alianza militar intergobernamental creada o 4 de abril de 1949 da que forman parte países de Europa e América. As súas funcións cambiaron dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas de Europa do leste, que se agruparon no chamado Pacto de Varsovia, e tras a caída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano 1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa.
Stranger Things é unha serie de televisión estadounidense do xénero sobrenatural, ciencia ficción e terror creada polos Irmáns Duffer. Foi escrita e dirixida por Matt e Ross Duffer e o seu produtor executivo é Shawn Levy. A primeira tempada, estreada en xullo de 2016, está protagonizada por Winona Ryder, David Harbour, Finn Wolfhard, Millie Bobby Brown, Gaten Matarazzo, Caleb McLaughlin, Natalia Dyer, Charlie Heaton, Cara Buono e Matthew Modine, xunto con Noah Schnapp e Joe Keery nos papeis secundarios.
O Franco suízo (Código ISO 4217: CHF) é a moeda de curso legal na Suíza e Liechtenstein. Aínda que o seu peso na economía mundial non pode ser comparado ao do euro ou ao do dólar, a estabilidade do país ao que pertence faina ser tida en conta como unha "moeda refuxio", sobre todo despois da apreciación respecto da moeda europea desde abril até setembro de 2000. O seu valor rolda os dous terzos de euro.
Orzamento ou presuposto é o cálculo por anticipado dos custos que implicaría unha determinada obra, servizo ou calquera outra actividade económica. A elaboración dun orzamento permita ás empresas, os gobernos, as organizacións privadas ou mesmo ás familias establecer prioridades e avaliar a consecución dos seus obxectivos. Para alcanzar estes fins, pode chegar a ser preciso incorrer en déficit, isto é, que os gastos superen aos ingresos, ou pola contra, ser posíbel aforrar, de xeito que o orzamento presentará un superávit (os ingresos son maiores que os gastos).
O Museo de Arte de Filadelfia (en inglés, Philadelphia Museum of Art), situado ao oeste do Benjamin Franklin Parkway no Fairmount Park de Filadelfia, creouse en 1876 ligado á Exposición do Centenario dese mesmo ano e hoxe en día atópase entre os máis grandes e importantes museos de arte dos Estados Unidos. Orixinalmente chamouse Pennsylvania Museum and School of Industrial Art (Museo de Pensilvania e Escola de Artes Industriais). A súa fundación foi inspirada polo Museo de South Kensington (hoxe o Museo Vitoria e Alberto) en Londres, que naceu da Grande Exposición de 1851.
Computer Entertainment Rating Organization
A Computer Entertainment Rating Organization (特定非営利活動法人 コンピュータエンターテインメントレーティング機構, Tokutei Hieiri Katsudō Hōjin Konpyūta Entāteinmento Rētingu Kikō) (CERO) é a organización que se encarga de clasificar os videoxogos no Xapón con niveis de clasificación ("rating") que informan ao consumidor acerca da natureza do produto e para que grupo de idades é adecuado. Foi establecido en xullo de 2002 como unha división da Computer Entertainment Supplier's Association, e usando a ESRB norteamericana como modelo e foi oficialmente recoñecido como organización sen fines de lucro en 2003.
Unha galleta (chamada tamén biscoito tradicionalmente) é un alimento que consiste nun anaco pequeno e máis ou menos fino que resulta de cocer unha pasta composta de fariña, azucre e outros ingredientes, como ovos, manteiga etc. Adoita ser seco, de formato achatado, e pode levar outros ingredientes coma noces moídas, chocolate, coco relado, canela etc. Pode consumirse de diversas formas, doce, salgada, ou acompañada de queixos, marmeladas, especias e/ou patés.
Gustav Heinrich Ralph von Koenigswald
Gustav Heinrich Ralph von Koenigswald, nado en 1902 e finado en 1982, foi un paleontólogo e xeólogo que investigou sobre os homínidos, incluíndo o Homo erectus. Descubriu e estudou fósiles de homínido en Xava e estudou outros importantes fósiles no sueste de Asia.
Ronald Gerald Wayne, nado en 1934 en Cleveland, é o terceiro e pouco coñecido fundador da empresa de computadoras Apple Computer (ademais de Steve Jobs e Steve Wozniak). Foi el quen ilustrou o primeiro logotipo de Apple (un debuxo de Isaac Newton debaixo dunha maceira). Ademais escribiu os manuais de instrucións do Apple I e o convenio de colaboración.
A música pop (apócope de popular) é un xénero de música popular que tivo a súa orixe a finais dos anos 1950 coma un derivado do rock and roll, en combinación con outros xéneros musicais que estaban de moda nese momento. A música pop, á marxe da instrumentación e tecnoloxía aplicada para a súa creación, conserva a estrutura formal "verso - retrouso - verso", executada dun modo sinxelo, melódico, apegadizo, e normalmente asimilable para o gran público. As súas grandes diferenzas con outros estilos están nas voces melódicas e claras en primeiro plano e percusións lineais e repetidas.
En matemáticas, chámase porcentaxe á forma de expresar un número como unha fracción que ten o número 100 como denominador. Tamén se lle chama comunmente tanto por cento, onde por cento significa "de cada cen unidades". Úsase para definir relacións entre dúas cantidades, de forma que o tanto por cento dunha cantidade, onde tanto é un número, refírese á parte proporcional a ese número de unidades de cada cen desa cantidade.
A lingua groenlandesa (kalaallisut), tamén chamada esquimó-groenlandés ou groenlandés-inuktitut, é unha lingua esquimó-aleutiana falada en Groenlandia e que está estreitamente relacionada con algúns idiomas canadenses como o inuktitut. O groenlandés, ao igual que as linguas coas que está emparentada, é de carácter altamente polisintético e ergativo. Case non ten palabras compostas.
Fullmetal Alchemist (鋼の錬金術師, Hagane no Renkinjutsushi, lit. «O alquimista de aceiro», tamén coñecida como Full Metal Alchemist, FMA ou Hagaren, abreviatura en xaponés) é unha serie manga escrita e ilustrada por Hiromu Arakawa. A súa primeira adaptación ao anime foi dirixida por Seiji Mizushima e a segunda por Yasuhiro Irie.
The Legend of Zelda é a epígrafe baixo a que se agocha unha das sagas máis rendibles e famosas da historia dos videoxogos. Creada nos anos 80 por Shigeru Miyamoto e Taqueshi Tezuka para a compañía Nintendo, pronto alcanzaría unha gran fama entre os xogos de acción e aventura. A historia conta como un rapaz da fraga de Kokiri (chamado Link) ten a misión de salva-lo mundo (Hyrule) ou ben rescatar á princesa Zelda.
A Head Full of Dreams é o sétimo álbum de estudio do grupo de música inglés Coldplay. Foi lanzado o 4 de decembro de 2015 polos selos discográficos Parlophone e Atlantic Records. É o segundo álbum da banda con Atlantic, despois de que Coldplay fosen transferidos dende Capitol Records America no 2013.
Elizabeth Ann Reaser, nada o 15 de xuño de 1975 en Bloomfield Township, Míchigan, é unha actriz estadounidense de cine, televisión e teatro. Entre os seus traballos destacan Stay, The Family Stone, Sweet Land, Against the Current, e a saga de Twilight, así como as series Saved, Grey's Anatomy e The Ex-List.
Anne Lister, nada en Halifax o 3 de abril de 1791 e finada en Kutaisi o 22 de setembro de 1840, foi unha propietaria de terras, alpinista e viaxeira británica, coñecida polo seu diario codificado que orixinou o filme The Secret Diaries of Miss Anne Lister. Ao longo de súa vida, mantivo un diario onde narrou os detalles de súa vida cotiá, incluíndo as súas relacións lésbicas, as súas preocupacións financeiras, as súas actividades industriais e o seu traballo dedicado ao Salón Shibden. Os diarios conteñen máis de catro millóns de palabras e preto dun sexto delas (aquelas que tratan sobre os detalles íntimos das súas relacións amorosas e sexuais) foron escritas en código.
Un porto de montaña é unha ruta ou paso para cruzar unha montaña o calquera clase de sistema montañoso; o cume do porto é o lugar de maior altitude sobre o que pasa dito camiño e á vez adoita ser o punto máis baixo de dito sistema montañoso. Os portos de montaña caracterízanse por ter trazados moi sinuosos e pendentes moi pronunciadas ademais da frecuente presenza de neve. Nos porto de montaña o vento adoita encaixar e adoita ser particularmente forte, o que causa un descenso de altitude nas bandas de vexetación.
Age of Empires III: The WarChiefs
Para a serie de videoxogos, vexa Age of Empires.Age of Empires III: The WarChiefs é o primeiro pack de expansión do videoxogo de estratexia en tempo real Age of Empires III. Foi estreado o 17 de outubro de 2006 nos Estados Unidos. Foi comercializado xunto co xogo completo de Age of Empires III nunha edición especial chamada Age of Empires III Gold Edition o 23 de outubro de 2007. A versión para Mac foi adaptada, desenvolvida e distribuída por Destineer, de MacSoft.
En informática, un teclado de ordenador é un periférico utilizado pola introdución de ordes e datos nun ordenador, aínda que teclados similares se utilizan tamén en máquinas de escribir. Actualmente o teclado é un elemento indispensábel para un ordenador e é xunto co rato o periférico de entrada máis importante.
Para outros significados, consultar o arquipélago de Madeira ou Madeira (homónimos). A madeira é un material sólido, orgánico, higroscópico (absorbe auga) e ortotrópico (crecemento diferente nas dimensións espaciais) obtido orixinalmente do tronco das plantas leñosas, especialmente das árbores, mais tamén dos arbustos. Esas plantas perennes caracterízanse polos caules, que crecen en diámetro ano tras ano, e tamén están compostas por celulosa, hemicelulosa e lignina entre os seus tecidos.
O universo ficticio de Harry Potter creado por J. K. Rowling na saga de novelas de fantasía comprende dúas sociedades distintas e separadas: o mundo máxico e mais o mundo dos muggles. Ambos os mundos coexisten na mesma realidade; o primeiro deles, agochado para os habitantes do outro, é onde se sitúa a trama principal da serie, nunha Gran Bretaña contemporánea na que a maxia é real e aqueles que poden empregala viven á parte dos muggles, que a descoñecen; o segundo é o nome outorgado ao mundo habitado pola poboación muggle ou non-máxica.
En matemáticas e ciencias da computación, un grafo (do grego grafos: debuxo, imaxe) ou gráfica é o principal obxecto de estudo da teoría de grafos. Informalmente, un grafo é un conxunto de obxectos chamados vértices ou nós unidos por enlaces chamados arestas ou arcos, que permiten representar relacións binarias entre elementos dun conxunto.
Star Wars Episode III: Revenge of the Sith
A vinganza dos Sith (orixinal: Revenge of the Sith) é un filme de ópera espacial de 2005, escrito e dirixido polo estadounidense George Lucas. É o sexto filme da saga A guerra das galaxias e o terceiro en orde cronolóxica interna da saga.
The Nightmare Before Christmas
The Nightmare Before Christmas é un filme de animación baseado no poema de Tim Burton, producido por Touchstone Pictures, estreado o 29 de outubro de 1993, e distribuído por Touchstone Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. Foi dirixido por Henry Selick e producido e coescrito por Tim Burton.
O cine de animación é aquel no que se usan maioritariamente técnicas de animación. O cine de imaxe real rexistra imaxes reais en movemento continuo, descompoñéndoas nun número discreto de imaxes por segundo. No cine de animación non existe movemento real que rexistrar, senón que se producen as imaxes individualmente e unha por unha (mediante debuxos, modelos, obxectos e outras múltiples técnicas), de xeito que ao proxectarse consecutivamente se produza a ilusión de movemento.
Albus Percival Wulfric Brian Dumbledore é un personaxe de ficción da serie Harry Potter escrita por J. K. Rowling. Fai a súa primeira aparicion no primeiro libro, Harry Potter e a pedra filosofal, e durante a meirande parte da saga é o director da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. Como parte da súa historia, revélase que é o fundador e líder da Orde do Fénix, unha organización dedicada a loitar contra o antagonista principal da serie, Lord Voldemort.
Ray Douglas Bradbury, nado en Waukegan (Illinois) o 22 de agosto de 1920 e finado o 6 de xuño de 2012, foi un escritor estadounidense de ciencia ficción e de misterio. Deuse a coñecer polos seus relatos breves de ciencia ficción, que deron lugar á colección de Crónicas marcianas publicadas en 1950. É coñecido sobre todo pola súa novela Fahrenheit 451 na que se describe un mundo no que os libros están prohibidos e o pensamento crítico é perseguido.
Fullmetal Alchemist: Brotherhood
Fullmetal Alchemist: Brotherhood (en xaponés: 鋼の錬金術師 FULLMETAL ALCHEMIST, Hepburn: Hagane no Renkinjutsushi: Furumetaru Arukemisuto) é unha serie anime adaptada do manga Fullmetal Alchemist de Hiromu Arakawa. Producida por Bones, a serie está dirixida por Yasuhiro Irie e foi escrita por Hiroshi Ōnogi. Fullmetal Alchemist: Brotherhood é a segunda adaptación televisiva baseada en Fullmetal Alchemist, sendo a primeira a versión de 2003.
República Socialista Soviética Bielorrusa
A República Socialista Soviética Bielorrusa (Беларуская Савецкая Сацыялістычная Рэспубліка) foi un dos membros fundadores da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas en 1922, xunto á RSS de Ucraína, a RSSF Transcaucásica e a RSSF de Rusia. Tamén foi coñecida co nome de Rusia Branca. A capital da República era Minsk.
O presidio perpetuo ou cadea perpetua é unha pena privativa de liberdade de carácter indefinido, que normalmente se impón como condena perante un delito grave, e que pode implicar a privación de liberdade para sempre. Na maioría de xurisdicións nas que non se contempla a pena capital, a cadea perpetua (en especial sen posibilidade de liberdade condicional) constitúe o castigo máis severo que pode recibir un criminal. Nalgúns países, a cadea perpetua considérase unha alternativa á pena capital por crimes maiores.
British Board of Film Classification
O British Board of Film Classification («Consello Británico de Clasificación de Filmes», coñecido tamén polas súas siglas BBFC), é a organización responsable da clasificación e censura de filmes, vídeos e algúns videoxogos (por exemplo a saga GTA) dentro do Reino Unido.
Os estudios de gravación Abbey Road Studios (chamados EMI Studios ata 1970) están situados na rúa londiniense de Abbey Road. O grupo The Beatles gravou case a totalidade da súa discografía neles e para a portada do álbum Abbey Road decidiron tomar unha fotografía da agrupación mentres cruzaba o paso de peóns situado diante dos estudios. Esta imaxe foi e segue a ser unha das imaxes máis emblemáticas de portadas de álbums.
Apache Subversion (SVN) é un sistema de control de versións (VCS) que traza os cambios en ficheiros e permite a coordinación de traballo de moitas persoas para o desenvolvemento de software, páxinas web ou documentación. Distribúese como software libre coa licenza de ApacheCreouno CollabNet Inc. en 2000, co liderádego de Karl Fogel e Ben Collins-Sussman e coa finalidade de ser compatible con Concurrent Versions System (CVS), o naquela hora sistema de control de versións máis usado, e ser o seu sucesor.
O calado dun corpo é a diferenza entre a súa parte máis somerxida e o nivel que acada a auga no corpo, polo tanto pódese definir como a altura dun corpo somerxida nun líquido, xeralmente aplicado a barcos, bateas, boias e demais obxectos marítimos ou fluviais na auga. Este calado dependerá da densidade do líquido, da superficie na que o corpo toca co líquido e da densidade do corpo principalmente. Por estas razóns mentres que un petroleiro, por exemplo, leva varios metros de barco afundidos, unha lancha planeadora apenas leva uns centímetros.
Frodo Bulseiro (Frodo Baggins no orixinal), é un dos personaxes principais da novela O Señor dos Aneis de John Ronald Reuel Tolkien. Chamado "o portador do anel", este hobbit foi o encargado de levar o Anel Único ata o Orodruin (chamado en lingua común Monte do Destino) para destruílo. Posteriormente, deixou a Terra Media nun navío que o levou, xunto a Gandalf o branco, ás Terras Imperecedoiras.
Un volcán é unha estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados erupcións, nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, gas e aerosois na atmosfera, podendo causar arrefriamento climático temporal. Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros.
A rupia (en hindi e urdu: रुपया, transl. rupayā, do sánscrito rúpya, rūpyakam, "moeda de prata") é o nome común das moedas oficiais da India, Paquistán, Sri Lanka, Nepal, Mauricio, Seychelles, Indonesia e as Maldivas. Divídese en cen unidades, denominadas centavos nas illas Seychelles, Mauricio e Sri Lanka; paise (singular: paisa) na India, Paquistán e Nepal; sen en Indonesia; laaris nas Maldivas.
O bádminton é un deporte de raqueta no que se enfrontan dous xogadores (individuais ou sós) ou dúas parellas (dobres) situadas nas metades opostas dunha pista rectangular dividida por unha rede. A diferenza doutros deportes de raqueta, no bádminton non se xoga con pelota, senón cun volante. Os xogadores deben golpear coas súas raquetas o volante para que este cruce a pista por encima da rede e caia no campo do opoñente.
PlayStation 4 (プレイステーション4, Pureisutēshon Fō, oficialmente abreviada como PS4) É a cuarta videoconsola do modelo PlayStation. Forma parte das videoconsolas de oitava xeración. Foi anunciada oficialmente o 20 de febreiro de 2013 no evento PlayStation Meeting 2013, aínda que o deseño da consola non foi presentado ata o 10 de xuño no E3 2013.
StarCraft: Brood War é unha expansión para o videoxogo de estratexia en tempo real de ciencia ficción futurista StarCraft, desenvolvida por Blizzard Entertainment e publicada en 1998. É un dos xogos para ordenador máis vendidos da historia, catalogado de best-séller e considerado como un clásico dos xogos de ordenador. Foi presentado para distintas plataformas, como Windows, Mac e Nintendo 64, aínda que esta última con menos acollida.
Joan Miró, nado en Barcelona o 20 de abril de 1893 e finado en Palma o 25 de decembro de 1983, foi un pintor, escultor e ceramista catalán, un dos máximos representantes do surrealismo. Na súa obra reflectiu o seu interese no subconsciente, no infantil e no seu país. Nun principio mostrou fortes influencias fauvistas, cubistas e expresionistas, pasando a unha pintura plana con certo aire naïf, como o é o seu coñecido cadro La masia do ano 1920.
A catedral de San Vito (en checo: Katedrála Svatého Víta ou Katedrála svatého Víta, Václava a Vojtěcha) é un templo adicado ao culto católico situado na cidade de Praga (República Checa). Forma parte do conxunto artístico monumental do Castelo de Praga e é a maior mostra de arte gótica da cidade. Dende 1989 está adicada a San Vito, San Venceslau e San Adalberto.
Streaming (fluxo de información multimedia, en galego) é unha forma de distribución de datos, polo xeral datos multimedia, nunha rede a través de ordenadores. O termo streaming provén do inglés e refírese a unha corrente continua, que flúe sen interrupción. A tecnoloxía in streaming funciona mediante un búfer de datos que van sendo almacenados a medida que se van descargando na estación do usuario para despois amosarlle o material descargado.
Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle
Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle, traducido como Autocontrol no Software de Entretemento e abreviado comunmente como USK, é unha organización de clasificación de videoxogos en Alemaña.
Neon Genesis Evangelion (en xaponés: 新世紀エヴァンゲリオン; Shin Seiki Evangerion; que quere dicir literalmente "O Evanxeo do Novo Século") tamén coñecida sinxelamente como Evangelion ou Eva, é unha serie de animación xaponesa, ou anime, producida por Gainax e Tatsunoko Production, dirixida por Hideaki Anno e emitida orixinalmente pola canle TV Tokyo dende outubro de 1995 até marzo de 1996. O anime conta con 26 episodios e o elenco de voces xaponesas orixinais inclúe a Megumi Ogata como Shinji Ikari, Megumi Hayashibara como Rei Ayanami e Yūko Miyamura como Asuka Langley Soryu. A música da serie foi composta por Shirō Sagisu.
Scrooge McDuck, coñecido en Galicia coma Tío Gilito polas versións en lingua castelá, é un personaxe de ficción de banda deseñada e animacións creado polo artista Carl Barks para a The Walt Disney Company. En Portugal coñéceselle coma o Tio Patinhas. McDuck é coñecido por ser o titío rico do Pato Donald e titío avó dos cativos Huey, Dewey e Louie.
O Pensilvaniano, tamén chamado Carbonífero Superior, unha división da escala temporal xeolóxica, é un subperíodo xeolóxico do período Carbonífero que se iniciou hai aproximadamente 318,1 ± 1,3 millóns de anos e que finalizou hai 299 ± 0,8 millóns de anos, aínda que a data exacta de comezo e fin do período son incertas nuns poucos millóns de anos. Ao igual que ocorre coa maioría dos outros períodos xeolóxicos, os estratos de rocha que definen o período están ben identificados e o Pensilvaniano leva o nome do estado de Pensilvania, onde as rochas desta antigüidade están moi estendidas. En Norteamérica, onde os primeiros estratos do Carbonífero son principalmente calcarias mariñas, o Pensilvaniano é considerado como un período xeolóxico pleno.
O envellecemento humano ou senescencia humana é o conxunto de modificacións morfolóxicas e fisiolóxicas que aparecen como consecuencia da acción do tiempo sobre os seres humanos (e tamén noutros seres vivos), que supón unha diminución da capacidade de adaptación en cada un dos órganos, aparatos e sistemas, e da capacidade de resposta aos axentes lesivos (noxas) que inciden no individuo. O envellecemento dos organismos e particularmente o da especie humana foi motivo de preocupación desde hai moito tempo por diversas razóns de saúde e demográficas.A esperanza de vida humana aumentou significativamente nos últimos anos. O envellecemento da poboación pode considerarse un éxito das políticas de saúde pública e do desenvolvemento socioeconómico, aínda que tamén é un reto para toda a sociedade, xa que debe adaptarse a esta nova realidade.
Por existencialismo desígnase un amplo movemento filosófico desenvolvido en Europa principalmente entre os anos 30 e 50 do século pasado. Ademais do existencialismo sensu stricto do filósofo Jean-Paul Sartre e de novelistas como Simone de Beauvoir ou Albert Camus, inclúense tamén baixo esta rúbrica, non sen certa polémica, as filosofías existenciais de Gabriel Marcel, Karl Jaspers e Martin Heidegger, así como a teoloxía existencial de Karl Barth, entre outros. Como precursor de todos eles soese mencionar o pensador danés Søren Kierkegaard.
O pensador (en francés: Le Penseur) é unha das esculturas máis famosas de Auguste Rodin. O escultor concibiu esta peza entre 1881 e 1882 para decorar o tímpano do conxunto escultórico A Porta do Inferno, encargado en 1880 polo Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes de Francia. Isto serviría como entrada do Museo de Artes Decorativas de París, aínda que o proxecto non se concluíu.
Anna Helene Paquin, nada en Winnipeg (Canadá) o 24 de xullo de 1982, é unha actriz neozelandesa. O primeiro filme co que acadou sona internacional foi The Piano, de Jane Campion, grazas ó que gañou o Oscar á mellor actriz secundaria en 1994, cando tiña once anos, converténdose deste xeito na segunda persoa máis nova en acadar este premio. Despois do éxito en The Piano, a súa traxectoria como actriz colle folgos unha década máis tarde con papeis en filmes como She's All That, Almost Famous e X-Men, sendo neste último onde interpreta a Pícara, papel polo cal é amplamente coñecida.
Arctic Monkeys é unha banda británica de indie rock e post-punk formada en 2002 nos suburbios de Sheffield, Inglaterra. A banda é xeralmente considerada parte da escena indie rock así como as bandas contemporáneas The Libertines, The Futureheads e Franz Ferdinand. Chegaron ao éxito a través do intercambio de arquivos.
Polydor Records é un selo discográfico cuxa sede se atopa nestes momentos no Reino Unido, filial de Universal Music Group. O seu estilo é Pop, Rock e R&B no que se atopan os mellores artistas do panorama Pop Británico, como é o caso de Bryn Christopher, Duffy, Sophie Ellis-Bextor, Ronan Keating,Girls Aloud, Scissor Sisters, Björk, The Jam ou Take That, artistas de Estados Unidos, como Black Eyed Peas, Nelly Furtado ou Eminem. En Francia a Mylène Farmer quen logrou vender 30 millóns de discos.
Eleanor Marie Robertson, nada en Silver Spring (Maryland) o 10 de outubro de 1950, é unha escritora de best-sellers estadounidense, dentro do xénero da novela romántica e de suspense co nome de Nora Roberts e de literatura fantástica co nome de J. D. Robb. Foi a primeira escritora incluída no Salón da Fama dos Escritores Románticos dos Estados Unidos. A partir de 2011, as súas novelas totalizaron 861 semanas na Lista de Best-Sellers do New York Times, incluíndo 176 semanas na posición número un.Publicou tamén unha historia nunha revista co pseudónimo de Jill March.
A unidade astronómica (UA) é unha unidade de distancia aproximadamente igual á distancia media (xa que as órbitas son elípticas) entre a Terra e mailo Sol. É bastante utilizada en astronomía para expresar a órbita dos planetas e outros corpos celestes no ámbito da astronomía planetaria, e equivale aproximadamente a 149 597 870 700 metros.
Thriller 25 é unha edición especial polo 25 aniversario do sexto álbum do artista Michael Jackson, Thriller. O álbum orixinal vendeu entre 51 e 65 millóns de copias en todo o mundo, sendo o álbum máis vendido de toda a historia. O proxecto dun "segundo capítulo" de Thriller foi publicado por vez primeira en Access Hollywood a finais de 2006.
Agar.io é un videoxogo de acción en liña masivo multixogador creado por Matheus Valadares. Cada xogador controla unha célula nun mapa que representa unha placa de Petri, e o obxectivo é gañar a maior candidade de masa absorbendo células máis pequenas e evitando a outras células meirandes. O nome do xogo provén da substancia ágar-ágar, usada en bioloxía para cultivar bacterias.O xogo recibiu críticas xeralmente favorables pola súa sinxeleza, competitividade e mecánicas, mais tamén foi criticado negativamente pola súa repetitividade.
O Art & Architecture Thesaurus (AAT) é un vocabulario controlado empregado na descrición de elementos de arte, arquitectura e cultura material. O AAT contén termos xenéricos, como "catedral," mais non nomes propios, como "Catedral de Notre Dame". O AAT é empregado por, entre outros, museos, bibliotecas de arte, arquivos, catalogadores, e investigadores da arte e historia da arte.
Jan Svatopluk Presl, nado o 4 de setembro de 1791 preto de Praga, e finado o 6 de abril de 1849 en Praga foi un botánico, químico, mineralólogp, paleontólogo, xeólogo, zoólogo e político do Reino de Bohemia. Ademais foi un lexicógrafo, impulsor da lingua checa para a linguaxe científica, cando unicamente se escribía en alemán. Foi o autor da terminoloxía científica checa de varias ramas da ciencia, incluída a nomenclatura química.
A iTunes Store é unha tenda en líña de contido dixital da empresa Apple Inc., accesible unicamente a través do programa iTunes. A tenda iTunes Music Store abrió o 28 de abril de 2003 e os seus produtos poseían un sistema de xestión dixital de dereitos que impide a reprodución dos arquivos comprados en ordenadores que non teñan autorización (DRM).
No Man's Sky é un videoxogo de acción e supervivencia desenvolvido e publicado polo estudio independente Hello Games para PlayStation 4 e Microsoft Windows. O xogo foi lanzado internacinalmente en agosto de 2016. O modo de xogo de No Man's Sky está baseado en catro alicerces —exploración, supervivencia, loita e comercio.
Sant Just Desvern é unha cidade e municipio español da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Cataluña, que forma parte do área metropolitana de Barcelona. Está a unha distancia de 10,6 km de Barcelona. A distancia é de centro a centro, aínda que os barrios do distrito de Les Corts de Barcelona atópanse a pouco máis de 2 km de Sant Just Desvern.