Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Lista de gasterópodos de Galicia
A seguinte é unha lista alfabética dos moluscos gasterópodos atopados en Galicia. Esta baseada na información recollida dos traballos feitos polo experto en malacoloxía galego Emilio Rolán.Esta clase pertencente ao filo dos moluscos conten arredor de 40.000 especies vivas das cales unhas 600 foron atopadas con maior ou menor abundancia nas costas galegas. Á taxonomía da fauna malacolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.
O portugués é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Suramérica, Goa na India e Macau na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.
Nathan Fillion, nado en Alberta o 27 de marzo de 1971, é un actor canadense. Entre os seus papeis máis coñecidos atópanse o do escritor Rick Castle na serie Castle (ABC) e a do capitán Malcolm Reynolds na serie Firefly e a película Serenity, pero tamén dobrou a un personaxe nun videoxogo Halo 3: ODST e é recoñecido polas súas aparicións en People e Entertainment Weekly. Ademais, Fillion é o cofundador da organización Kids need to read (Os nenos necesitan ler), que se dedica a conseguir máis libros para as bibliotecas con fondos insuficientes.
Un falso amigo (ou falso cognado) é unha palabra doutros idiomas que se parece (na escritura ou na pronunciación) a unha palabra na lingua materna do falante, pero que ten un significado diferente. Moitos dos falsos amigos débense a unha etimoloxía común que derivou en significados distintos en cada lingua.
A US Patriot Act ("Lei Patriota" en inglés), é un texto legal estadounidense promulgado o 26 de outubro do 2001. Foi aprobada por maioría tanto pola Cámara de Representantes como polo Senado estadounidense despois dos atentados do 11 de setembro de 2001. O obxectivo desta lei é ampliar a capacidade de control do Estado sobre a cidadanía co gallo de combater o terrorismo, mellorando a capacidade das distintas axencias federais de seguridade estadounidenses ó coordinalas e dotalas de maiores poderes de vixilancia contra os delitos de terrorismo.
O obxectivismo é un sistema filosófico desenvolvido pola escritora e filósofa ruso-estadounidense Ayn Rand (pseudónimo de Alisa Zinóvievna Rosenbaum; San Petersburgo, 1905 - Nova York, 1982). Presenta posicións propias en metafísica, epistemoloxía, ética, política e estética. O obxectivismo sostén que existe unha realidade independente da mente do ser humano, que este está en contacto con esa realidade a través da percepción dos sentidos e que adquire coñecemento procesando os datos desa percepción por medio da razón (ou a «identificación non-contraditoria»).
Odisha é un estado indio localizado xunto ó Golfo de Bengala. Limita ó norte co Jharkhand, ó nordeste co Bengala Occidental, o leste co Golfo de Bengala, ó sur co estado de Andhra Pradesh e, ó oeste, co estado de Chhattisgarh. A súa capital, Bhubaneshwar, é coñecida como a cidade das catedrais por seus numerosos templos.
O finés é, xunto co estoniano e o húngaro, unha das principais linguas discordantes dentro do monótono panorama indoeuropeo do vello continente. Emparentada fortemente co estoniano e distribuída fundamentalmente en Finlandia, a súa norma estándar baséase principalmente nas variantes xeográficas meridionais, pois antigamente tomábase como referencia a lingua da capital daquela, Turku. Con fortes contactos e influencias do sueco, o rexurdimento da lingua é recente e deuse a raíz da publicación do Kalevala.
A traxicomedia é unha obra dramática na que se mesturan elementos tráxicos e cómicos. Na Grecia clásica a traxicomedia (ou "drama satírico") adoitaba tratar un tema lendario, aínda que con efectos cómicos, protagonizados, fundamentalmente, polo coro. Os deuses non interviñan na vida dos homes, e pode haber máis dunha acción ó mesmo tempo.
A PlayStation 3 ou PS3 é a terceira videoconsola de Sony Computer Entertainment e sucesora da PlayStation 2 como parte da serie PlayStation. As datas de lanzamento foron o 11 de novembro de 2006 no Xapón, o 17 de novembro de 2006 en América do Norte e América do Sur e o 23 de marzo de 2007 en Europa e Oceanía.
Catálogo de autoridades de nomes e títulos de Cataluña
O Catálogo de autoridades de nomes e títulos de Cataluña (en catalán: Catàleg d'autoritats de noms i títols de Catalunya), máis coñecido polo acrónimo Càntic, é un catálogo de autoridades de Cataluña, cooperativo e en liña. O seu obxectivo é normalizar os puntos de acceso aos catálogos bibliográficos, mellorar a comunicación entre os diferentes catálogos e favorecer a busca e recuperación da información. Por estandarizar os nomes, nomes-títulos e títulos (chamados "puntos de acceso") dá consistencia aos catálogos do sistema bibliotecario.
Un arcaísmo (do grego antigo: ἀρχαϊκός, archaïkós, 'anticuado', ou de grego antigo: ἀρχαῖος, archaîos, 'antigo'), é un termo ou elemento lingüístico amplamente empregado nunha época pasada, e que en gran parte caeu en desuso, sendo utilizado marxinalmente en contextos moi específicos ou con fins especiais.
Os vulgarismos son desvíos da norma dunha lingua que se dan no plano oral. Están producidos por alteracións vocálicas; no galego estas son: a metátese, a metafonía, a harmonización, a labialización, a aférese e, en menor medida (que tamén se dan no plano escrito) a prótese, a paragoxe, a epéntese ("i" epentético) e a síncope.
Circa é unha palabra latina que significa ao redor ou cerca (podendo abreviarse como c., ca. ou cca.). Úsase fundamentalmente a súa abreviatura en bibliografía para describir diversas datas (normalmente de nacemento ou falecemento) ou datos que son incertos ou aproximados, polo que utilizar circa indica que a data ou valor é estimación aproximada.
Un eufemismo é un recurso lingüístico consistente en evitar nun acto de fala a palabra con que se designa algo noxento, molesto ou inoportuno, substituíndoa por unha outra expresión máis agradable que non achega á mente as connotacións do vocábulo orixinario. O eufemismo conséguese mediante a pseudosinonimia, a equivalencia (sinonimia entre vocábulo e locución) e as relacións de inclusión (hiponimia, hiperonimia, cohiponimia).
Tate é o museo nacional de arte moderna do Reino Unido acollido principalmente na cidade de Londres. Comprende catro galerías: Tate Britain (aberta en 1897), Tate Liverpool (1988), Tate St Ives (1993) e Tate Modern (2000), coa aínda a galería online, Tate Online (1998). Foi fundada orixinalmente co nome de National Gallery of British Art e renomeada tras Henry Tate fundar un edificio especialmente para ela en Millbank, Londres.
Jacques-Yves Cousteau, mundialmente coñecido como Jacques Cousteau ou Capitán Cousteau, nado en Saint André de Cubzac o 11 de xuño de 1910 e finado en París o 25 de xuño de 1997, foi un oficial naval francés, explorador, ecoloxista, cineasta e investigador que estudou o mar e todas as formas de vida acuáticas. Desenvolveu o equipo de mergullo aqua-lung, foi pioneiro na conservación mariña e era membro da Académie française.
Asdrúbal Barca, fillo de Amílcar Barca e irmán de Aníbal. Foi levado polo seu pai a Hispania no 237 a.C. e converteuse no xefe do exército cartaxinés en Hispania no 218 a.C. Cando Aníbal invadiu Italia, Asdrúbal permaneceu ó fronte da Península Ibérica, combatendo entre os anos 218 a.C. e 208 a.C. contra o exército de Publio Cornelio Escipión.
A terceira revolta servil foi a última a última dunha serie de rebelións sen conexión fracasadas contra Roma, coñecidas colectivamente como revoltas ser exército de escravos escapados, en torno a 120.000, baixo as ordes de Espartaco, famoso gladiador da época, atacou o rural do sur de Italia e derrotou a varios exércitos romanos enviados para capturalos ou destruílos. O obxectivo era a obtención da liberdade, e cruzaron toda a península para superar os Alpes, pero chegando á Galia Cisalpina por razóns non de todo aclaradas deron volta cara ao sur de Italia e acabaron sendo derrotados por Craso e Pompeio.
Lión (en francés: Lyon, francoprovenzal: Liyon), é a terceira cidade máis grande e a segunda área urbana máis grande de Francia. Está situado na confluencia dos ríos Ródano e Saona, a uns 470 km ao sueste de París, 320 km ao norte de Marsella e 56 km ao nordés de Saint-Étienne. A cidade de Lión propiamente dita tiña unha poboación de 516.092 en 2017 dentro do seu pequeno territorio municipal de 48 km², pero xunto coa súa contorna e suburbios a área metropolitana de Lión tiña unha poboación de 2.323.221 ese mesmo ano a segunda máis poboada de Francia.
Addenda et corrigenda son morfoloxicamente xerundios (en latín: gerundivum 'relativo ao que debe levarse a cabo') en neutro plural, que equivalen respectivamente a o que debe engadirse ou corrixirse (cf. axenda). No mundo editorial, tan empregados ata non hai moito, significan apéndice, o primeiro, e fe de erratas, o segundo.
As bocaladas, grosarías, groserías ou palabras feas son un conxunto de formas lingüísticas que a comunidade lingüística ou parte dela considera inapropiadas, obscenas, indecentes, deshonestas, inxuriosas ou ofensivas. A quen emprega estas palabras con frecuencia considéraselle bocalán, malfalado, desbocado ou deslinguado.É propio das bocaladas referirse ao que socialmente se considera sacro (relixión, raza, orixe familiar ou nacional) ou tabú (escatoloxía, determinadas partes do corpo, sexo, sicalipse, humor negro); liberando a tensión emocional con expresións excesivas ou hiperbólicas (blasfemia, maldición, renego, xuramento, voto) ou dirixíndose a un destinatario concreto en forma de improperio, insulto, desprezo, ridiculización, estigmatización ou descrición persoal exacerbada.
Avengers: Endgame é un filme estadounidense de 2019 baseado nos superheroes de Marvel Comics. Producido por Marvel Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures, é a secuela directa de Avengers: Infinity War (2018) e o vixésimo segundo filme do Universo Cinematográfico Marvel (MCU). Dirixido por Anthony e Joe Russo e escrito por Christopher Markus e Stephen McFeely, o filme conta cun elenco composto por Robert Downey Jr., Chris Evans, Mark Ruffalo, Chris Hemsworth, Scarlett Johansson, Jeremy Renner, Don Cheadle, Paul Rudd, Brie Larson, Karen Gillan, Danai Gurira, Benedict Wong, Jon Favreau, Bradley Cooper, Gwyneth Paltrow e Josh Brolin.
A expresión variedade lingüística é unha forma neutral de referirse ás diferenzas lingüísticas entre os falantes dun mesmo idioma. Co uso do termo variedade preténdese evitar a ambigüidade e falta de univocidade de termos como lingua ou dialecto, xa que non existen criterios unívocos para decidir cando dúas variedades deben ser consideradas como a mesma lingua ou dialecto, ou como linguas ou dialectos diferentes.
A Rugby Football Union (RFU) é a autoridade que regula a práctica do rugby masculino en Inglaterra. Entre as súas competencias están a organización dos partidos internacionais da Selección de rugby de Inglaterra, a promoción do rugby en Inglaterra e a formación de xogadores e árbitros. O Twickenham Stadium é da súa propiedade e nel están a súas oficinas.
A Catedral de Aquisgrán ou Catedral Imperial de Aquisgrán (en alemán Aachener Dom e en francés Cathédrale d'Aix-la-Chapelle) é unha catedral situada na cidade alemá de Aquisgrán, ao oeste do país e a escasos quilómetros da fronteira con Bélxica e os Países Baixos. A Catedral de Aquisgrán é considerada a catedral máis antiga do norte de Europa. A súa orixe se remóntase á Capela Palatina construída polo emperador franco Carlomagno a finais do século VIII, ano 786 d.C, onde enterrouse despois da súa morte no 814.
Un bloque de apartamentos ou bloque de pisos é un edificio alto construído cunha finalidade residencial, aínda que neles tamén se poden atopar oficinas, almacéns ou locais comerciais nos baixos. Os bloques de apartamentos teñen vantaxes económicas e técnicas nas áreas cunha densidade de poboación alta. En contraste coas vivendas unifamiliares e os edificios baixos, os bloques de pisos acollen máis habitantes nunha área reducida de terra e reduce o custo das infraestruturas municipais.
A linguaxe é a capacidade do ser humano para se comunicar mediante un sistema de signos ou lingua. Non se debe confundir con lingua ou idioma, que é a representación concreta desta capacidade, manifestada na existencia das linguas naturais. Ás veces o termo esténdese ás linguaxes que os humanos usan para comunicarse, ademais da linguaxe falada, como a lingua de sinais.
Jacint Verdaguer i Santaló, nado en Folgueroles o 17 de maio de 1845 e finado en Vallvidrera, Barcelona, o 10 de xuño de 1902, foi un poeta e sacerdote catalán. Verdaguer é unha das grandes figuras da Cataluña moderna. Foi un poeta romántico, adscrito á xeración da Restauración de 1874, que no marco da Renaixença volve a situar á lingua catalá na categoría de lingua literaria.
Penélope Cruz Sánchez, nada en Madrid o 28 de abril de 1974, é unha actriz española. Aínda que inicialmente foi bailarina e presentou programas de televisión, é mundialmente coñecida pola súa faceta cinematográfica, participando en películas realizadas en español, inglés e outros idiomas, coas que acadou un éxito importante e varios premios.
Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill
A Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (en inglés: Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill), tamén coñecida como UNC polas súas siglas en inglés, ou sinxelamente Carolina, é unha universidade pública con sede en Chapel Hill, Carolina do Norte, nos Estados Unidos. Fundada en 1789, a universidade comezou a matricular estudantes en 1795, o que tamén a converte nunha das tres institucións que reclaman o título de ser a universidade pública máis antiga dos Estados Unidos, xunto con Xeorxia e William and Mary. Carolina do Norte é unha das oito universidades Public Ivy.
O terrorismo é unha sucesión de actos de violencia que se caracteriza por inducir terror na poboación civil de forma premeditada. Dentro dos comportamentos forzados pola ameaza do terrorismo en devandita poboación civil inclúense a aceptación de condicións de moi diversa índole: políticas, económicas, lingüísticas, de soberanía, relixiosas etc. Cando este tipo de estratexias é utilizado por gobernos oficialmente constituídos, denomínase terrorismo de Estado.
Biblioteca Virtual de Prensa Histórica
A Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (BVPH) é unha hemeroteca dixital española. Fundada en 2009 e xestionada polo Ministerio de Cultura e Deporte de España, dixitalizou numerosas publicacións periódicas, desde o século XVIII até o XXI. Nela recóllense fondos de diversas comunidades autónomas. A BVPH, que en 2013 contaba con 2037 títulos, compleméntase coa Hemeroteca Dixital da Biblioteca Nacional de España.
Para ver a aplicación na Wikipedia, véxase Wikipedia:Punto de vista neutral.A obxectividade ou o punto de vista neutral trátase dun xeito de participar na xeración de coñecemento dende unha perspectiva gnoseolóxica científica, e relativamente desideoloxizada. Nada que o sentido común non poida acadar.
Denomínase ascetismo ou ascética (do grego ἄσκησις, áskēsis, "exercicio" ou "formación"), á doutrina filosófica e relixiosa que busca purificar o espírito por medio da negación dos placeres materiais ou abstinencia; ao conxunto de procedementos e condutas de doutrina moral que se basea na oposición sistemática ao cumprimento de necesidades de diversa índole que dependerá, en maior ou menor medida, do grao e orientación de que se trate. En moitas tradicións relixiosas, a ascética é un modo de acceso místico. A maioría dos sistemas ascéticos desdeñan as necesidades fisiolóxicas do individuo por consideralas de orde inferior.
Na Igrexa católica e nas ortodoxas, nas cales se cre na intercesión dos santos, o santo patrón[Cómpre referencia] ou simplemente patrón, padrón, padroeiro ou avogado é un santo que ten unha afinidade especial cunha comunidade ou un grupo específico de persoas e a cuxa intercesión se acollen os membros deses colectivos. O termo (do latín, patrōnus) é sinónimo de defensor e protector. Os santos patróns son considerados por moitos crentes como intercesores e avogados ante Deus, sexa dunha nación, un pobo, un lugar, unha nación, unha profesión, unha clase...
Batman (en galego, O home morcego) é un superheroe de banda deseñada, que apareceu por primeira vez na historia O estraño caso do sindicato químico da revista Detective Comics #27 en maio de 1939. Foi creado polo artista Bob Kane e o escritor Bill Finger, aínda que só Kane recibiu crédito oficial. Ao principio Batman non era máis que un dos personaxes que aparecían en Detective Comics, pero co tempo converteuse en protagonista de cómics e filmes, compartindo o éxito con outro personaxe de DC Comics, Superman.
Parque Xurásico (en inglés: Jurassic Park) é un filme de 1993, dirixido por Steven Spielberg e con guión baseado no libro homónimo de Michael Crichton. É o primeiro filme da franquía Jurassic Park, e o guión foi escrito entre Crichton e David Koepp. O filme está ambientado na illa ficticia de Nublar, localizada na costa pacífica de América Central, preto de Costa Rica, onde un filántropo billonario e o seu equipo de científicos xenetistas crearon un parque temático de dinosauros clonados.
Un videoxogo para un xogador, (single-player en inglés) é aquel que ten entrada para un único xogador . Os videoxogos máis temperáns, como Tennis for Two, eran para dous xogadores, os xogos para un único xogador gañan popularidade pouco despois con títulos como Speed Race e Space Invaders. A primeiros dos 90 presentáronse moitos xogos que utilizaron redes de área local para modos de multixogador, Doom é un exemplo notábel destes.
Almería é unha cidade costeira do sur de España, capital da provincia de Almería, en Andalucía. É considerada así mesmo capital da comarca metropolitana de Almería e da comarca turística denominada Costa de Almería. A cidade sitúase no extremo sueste da Península Ibérica e está rodeada ao oeste pola serra de Gádor, ao norte pola serra Alhamilla e o leste polo val e delta do río Andarax.
Obsidian Entertainment é unha empresa estadounidense desenvolvedora de videoxogos fundada en 2003 con sede en Irvine, California. Foi fundada por Chris Jones, Chris Avellone, Darren Monahan e Feargus Urquhart, ex-empregados de Black Isle Studios. Esta empresa é recoñecida polo desenvolvemento de xogos para PC, como Star Wars: Knights of the Old Republic II: The Sith Lords, Neverwinter Nights 2, Pillars of Eternity, Fallout New Veigas e The Outer Worlds.
BBC One é a máis antiga estación de televisión do Reino Unido e do mundo. É a principal canle da BBC, e comezou a emitir como BBC Television Service o 2 de novembro de 1936, aínda que a BBC emitira experimentalmente en gran variedade de formatos dende que o 30 de setembro de 1929 Baird Televisión emitise utilizando os medios da BBC. O 1 de setembro de 1939 as emisións foron interrompidas ata que de novo o 7 de xuño de 1946 volveu transmitir. A estación tivo o monopolio das transmisións de televisión no Reino Unido ata a aparición da ITV en 1955.
Margaret Eleanor Atwood, nada en Otava o 18 de novembro de 1939, é unha poeta, escritora, crítica literaria, mestra, activista ambiental e inventora canadense. Dende 1961, publicou dezaoito libros de poesía, dezaoito novelas, once libros de non ficción, nove coleccións de historias curtas de ficción, oito libros infantís e dúas novelas gráficas, así como unha serie de publicación en prensa tanto de poesía como ficción. Atwood gañou numerosos premios e honras pola súa escritura, incluíndo dous Premios Booker, o Premio Arthur C. Clarke, o Premio do Gobernador Xeral, o Premio Franz Kafka, o Premio Princesa de Asturias das Letras e o Premio PEN Center USA Lifetime Achievement do Círculo de Críticos Nacional do Libro.
Fitzcarraldo é un filme alemán de 1982 escrito e dirixido por Werner Herzog e protagonizado por Klaus Kinski. Conta a historia dun señor do caucho, un irlandés coñecido no Perú como Fitzcarraldo, que está determinado a transportar un barco de vapor sobre un outeiro para acceder a un rico territorio do caucho na conca do Amazonas. O filme baseáse nos feitos reais do peruano Carlos Fitzcarrald e a súa fazaña de transportar un barco de vapor desmontado sobre o istmo de Fitzcarrald.
A bioloxía é a ciencia que estuda a vida e, en particular, as características e comportamento dos organismos, a orixe de especies e individuos, e o xeito en que estes interactúan entre si e co seu ambiente. A bioloxía abrangue un espectro amplo de áreas académicas consideradas frecuentemente disciplinas independentes, mais que, no seu conxunto, estudan a vida ás máis variadas escalas. A vida é estudada á escala atómica e molecular pola bioloxía molecular, pola bioquímica e pola xenética molecular, no nivel da célula pola bioloxía celular e á escala multicelular pola fisioloxía, pola anatomía e pola histoloxía.
Box Office Mojo é unha páxina web que achega información sobre filmes. A web comezou a funcionar en agosto de 1998 e conta cunha media de máis dun millón de visitantes ao mes. A información que proporciona actualízase constantemente; entre estes datos atópanse os referentes ás recadacións dos filmes.
A batalla por Sebastopol (en ruso: Битва за Севастополь; en ucraíno: Незламна) é un filme ruso-ucraíno de 2015 dirixido por Sergey Mokritskiy e protagonizado por Yulia Peresild. O filme trata sobre Liudmila Pavlichenko, unha muller soviética que se uniu ao Exército Vermello para loitar contra a invasión alemá da URSS e se converteu nun dos francotiradores máis certeiros da segunda guerra mundial. O filme, que é unha coprodución entre Rusia e Ucraína, estreouse en ámbolos dous países o 2 de abril de 2015, e a súa estrea internacional produciuse dúas semanas despois no Festival Internacional de Cinema de Pequín.
A tradución (do latín traducere: facer pasar dun lugar a outro) é unha actividade que comprende a interpretación do significado dun texto nun idioma, o texto orixe, a un texto equivalente noutro idioma, o texto meta. Tamén o produto desta actividade, o texto meta, denomínase tradución. Tradicionalmente, a tradución foi unha actividade desenvolvida por humanos.
O solsticio de verán (o termo solsticio provén do latín sol ["Sol"] e sistere ["ficar quedo"]) ocorre durante o verán de cada hemisferio, cando o semieixo dun planeta, xa for no hemisferio norte ou no sur, está máis inclinado cara á estrela da súa órbita. A inclinación máxima do eixo da Terra cara ao sol é de 23°27'. Isto ocorre dúas veces ao ano: dous intres nos que o Sol acada a súa posición máis alta no ceo, como se ve desde o polo norte ou sur.
Wò hǔ cáng lóng (título orixinal: 臥虎藏龍) que en galego significa "Tigre agazapado, Dragón agochado"; é un filme wuxia (de acción, aventuras e artes marciais) dirixido por Ang Lee en 2000. É unha coprodución entre China, Hong Kong, Taiwán e Estados Unidos e a lingua orixinal é o mandarín. Está protagonizado por estrelas do cine de etnia chinesa, incluíndo a Chow Yun-fat, Michelle Yeoh, Zhang Ziyi e Chang Chen.
Giorgio Armani, nado en Piacenza o 11 de xullo de 1934, é un deseñador de moda e empresario italiano. Principalmente coñecido pola súa roupa para os homes, formou a súa propia empresa en 1974 e 37 anos máis tarde a revista Forbes considerouno o deseñador italiano de maior éxito comercial, estimando a súa fortuna en 9,8 miles de millóns de dólares. Admirado e promocionado por diferentes actores de cinema e músicos, Armani diversificou a súa produción con perfumaría e outros complementos no que se coñece como Emporio Armani.
Milán (en italiano: Milano, [miˈlaːno] (AFI), escoitar; en lombardo: Milàn, [miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión da Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1 351 562 habitantes no 2017, Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.
Kathrin Romany "Kate" Beckinsale, nada o 26 de xullo de 1973 en Finsbury Park, Londres, é unha actriz inglesa. Despois dalgúns papeis menores en series de televisión, debutou no cine no filme Much Ado About Nothing (1993) mentres era estudante Universidade de Oxford. Logo apareceu en Prince of Jutland (1994), Cold Comfort Farm (1995), Emma (1996) e The Golden Bowl (2000), ademais de colaborar en producións de teatro e radio.
A transliteración é o cambio de sistema de escrita e mesmo só ortográfico nun texto, aplicado tanto ó léxico común coma para nomes propios (principalmente topónimos e antropónimos). Para ter en conta a complexidade deste cambio débese comprender a fondo as regras que utilizan os sistemas de escrita orixinario e final. Tendo en conta que os sistemas de escrita poden ser alfabetos, abxades, sistemas rasgais ou pictográficos, os cambios poden ser dende moi lenes a moi importantes segundo a combinación.
A Coroa de Aragón é un termo que adoita denominar á unión permanente de múltiples títulos e estados nas mans do Rei de Aragón. Os reinos compoñentes da Coroa nunca foron unidos politicamente excepto a nivel do rei. Polo tanto, a Coroa de Aragón non debería ser confundida co Reino de Aragón, sendo este mesmo un reino compoñente da Coroa de Aragón.
A Xurisprudencia é a doutrina uniforme dos Tribunais expresada co gallo da resolución dos asuntos sometidos á súa xurisdición respecto dunha cuestión xurídica sometida a interpretación. Enténdese que existe xurisprudencia, no caso de España, cando se producen dúas ou máis resolucións xudiciais *consontes e unánimes respecto da cuestión litixiosa. Máis rigorosamente, constitúe xurisprudencia soamente aquela doutrina emanada do Tribunal Supremo, se ben cando se trata de Tribunais inferiores xerarquicamente, adóitase chamar xurisprudencia menor.
A Autoridade dende o punto de vista do Estado, pode ser considerado como a forza exercida por unha persoa lexitimada por unha institución, conforme a unhas funcións que lle son xeralmente recoñecidas. Neste sentido cando unha persoa ten autoridade dedúcese que ten aptitude para mandar (ou impoñe-lo seu punto de vista ou se facer respectar). Así, cando o individuo ten «a» autoridade está autorizado a actuar, a exercer un determinado poder.
Le Dernier Métro é un filme francés de 1980 escrito e dirixido por François Truffaut, e protagonizado por Catherine Deneuve e Gérard Depardieu. Ambientado en 1942 durante a ocupación alemá de Francia, segue a fortuna dun pequeno teatro da zona de Montmartre, en París, que emprega a resistencia pasiva mantendo a súa integridade cultural, a pesar da censura, o antisemitismo e a escaseza de materiais, para saír triunfante ao final da guerra. O título evoca dous feitos salientables da vida da cidade baixo os alemáns: a escaseza de combustible levou á xente a pasar as noites en teatros e outros lugares de entretemento, mais o toque de queda fixo que tivesen que coller o último tren do metro para casa.
Os deputados ao Parlamento Europeo, coñecidos como eurodeputados ou europarlamentarios, son os membros electos do Parlamento Europeo, a institución que no marco institucional da Unión Europea desempeña, xunto co Consello, os poderes lexislativo e orzamentario, ademais da función de control político que sobre o resto de institucións, e particularmente sobre a Comisión Europea, correspóndelle en exclusiva, e a cuxo presidente elixe.
Overwatch é un videoxogo de tipo shooter en primeira persoa (ou FPS) desenvolto por Blizzard Entertainment lanzado ao público en maio do 2016 para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One. No 2017 foi premiado como Xogo do Ano en The Game Awards 2016. Overwatch pon aos xogadores en equipos de seis persoas, con cada persoa escollendo un dos varios heroes dispoñibles, cada un cos seus movementos e habilidades únicas.
A lingua santali (en ol chiki: ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ; en nagari: সাঁওতালি) é unha lingua da subfamilia munda das linguas austroasiáticas. Está relacionada coas linguas ho e mundari, e fálase nos estados indios de Jharkhand, Bengala Occidental e Chhattisgarh. É unha lingua rexional recoñecida na India na súa constitución.
The Walking Dead (o morto andante ou os mortos andantes en galego) pode referirse a: The Walking Dead (1936), unha película estadounidense dirixida por Michael Curtiz e protagonizada por Boris Karloff. The Walking Dead (1995), unha película estadounidense dirixida por Preston A. Whitmore II e protagonizada por Allen Payne. The Walking Dead - Os mortos viventes (2003-), unha serie mensual de historietas realizadas por Robert Kirkman, Richard Norton, Tony Moore e Charlie Adlard.
Os Países Cataláns (Països Catalans en catalán) son os territorios nos que a lingua autóctona é o catalán, ou ben os territorios que forman parte dunha unidade xeohistórica, cultural e lingüística de predominio catalán. Son tamén os territorios onde viviron ou viven os falantes de catalán.En termos xerais, os Países Cataláns abranguen a zona oriental da península Ibérica, entre os Pireneos, até a Lagoa de Leucate e a serra das Corbières, polo norte, e o río Segura polo sur, o arquipélago das Baleares (que inclúe o das Pitiusas) e illas adxacentes (como as Columbretes e a illa de Tabarca), a Franxa Oriental (no leste de Aragón), a comarca do Carxe (na Rexión de Murcia) e a cidade de L'Alguer (na illa de Sardeña), onde un 30% da poboación fala catalán.Os Países Cataláns teñen unha superficie conxunta de 70 520 quilómetros cadrados e unha poboación de 14,4 millóns de habitantes.
Suecia (en sueco: Sverige, [ˈsværjɛ] (AFI), escoitar), oficialmente Reino de Suecia, é un país nórdico situado na península escandinava. Limitado ao norte e oeste con Noruega e ao leste con Finlandia, está conectado con Dinamarca pola ponte-túnel de Oresund, cruzando o estreito de Öreseund. Ademais está bañada polas costas do Mar Báltico, formando o Golfo de Botnia xunto con Finlandia.
Campo de concentración de Dachau
O campo de concentración de Dachau (en alemán: Konzentrationslager (KZ) Dachau) foi o primeiro campo de concentración nazi aberto en Alemaña, localizado nos terreos dunha fábrica de municións abandonada preto da cidade medieval de Dachau, a 16 km ao noroeste de Múnic, no estado de Baviera. Funcionou entre 1933 e 1945. Dachau tivo unha repercusión especial na memoria pública occidental debido a que foi o segundo campo de concentración nazi en ser liberado por forzas británicas ou estadounidenses, e foi dos primeiros lugares amosados a Occidente como proba da brutalidade nazi.