Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
The Witcher 3: Wild Hunt (en polaco: Wiedźmin 3: Dziki Gon) é un videoxogo de rol e acción en mundo aberto, desenvolvido polo estudio polaco CD Projekt RED. Foi lanzado para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One o 19 de maio de 2015. É o terceiro título da serie, precedido por The Witcher e The Witcher 2: Assassins of Kings, que están baseados na serie de novelas homónima do autor polaco Andrzej Sapkowski. Xogado na perspectiva de terceira persoa, o xogador controla o protagonista Geralt de Rivia, un cazador de monstros coñecido como witcher, que comeza unha longa viaxe a través do Reinos do Norte.
Finlandia está dividida en 19 rexións, denominadas en lingua finesa maakunta e en sueco andskap. As rexións están gobernadas por consellos rexionais, que serven como foros de cooperación para os concellos da rexión. As principais funcións das rexións son os plans rexionais e o desenvolvemento de empresas e da educación.
A sexta tempada da serie animada The Simpsons emitiuse orixinalmente dende o 4 de setembro de 1994 até o 21 de maio de 1995 e consiste en 25 episodios. O showrunner da produción da sexta tempada foi David Mirkin, que foi produtor executivo de 23 episodios. Os ex-showrunners Al Jean e Mike Reiss produciron os dous restantes; produciron os dous episodios co persoal de The Critic, unha serie que crearon Jean e Reiss despois da súa saída de The Simpsons.
Unha serie de animación é un conxunto de episodios animados cun título común, polo xeral relacionados entre si. Estes episodios normalmente comparten os mesmos personaxes principais, algúns personaxes secundarios diferentes e un tema básico. As series poden ter un número finito de episodios como unha miniserie, un final definido ou ser de final aberto, sen un número predeterminado de episodios.
O Ducado de Cádiz é un título nobiliario español concedido por primeira vez polos Reis Católicos a Rodrigo Ponce de León e Núñez, III conde de Arcos, II marqués de Cádiz, da casa dos Ponce de León. O seu nome refíre á cidade andaluza de Cádiz. Unha vez morto o primeiro duque, os Reis Católicos negociaron coa súa herdeira Francisca Ponce de León e Jiménez de la Fuente a abolición do marquesado e do ducado de Cádiz, reincorporando tras a súa morte a cidade e os títulos á Coroa de Castela, dando ao seu fillo en compensación o condado de Casares e elevando o condado de Arcos a ducado de Arcos.
British Broadcasting Corporation
A British Broadcasting Corporation (en galego, Corporación Británica de Radiodifusión), máis coñecida como BBC, é a primeira empresa de televisión e radio do Reino Unido. Tamén é a corporación de radiodifusión máis grande do mundo. Produce servizos de programas e información, transmitindo na televisión, na radio, e en Internet; sendo unha das cadeas de noticias máis respectadas do mundo.
Robert James Gilbert "Bob" Anderson, nado en Gosport o 15 de setembro de 1922 e finado en West Sussex o 1 de xaneiro de 2012 foi un esgrimista olímpico inglés, e un recoñecido coreógrafo de loita con espadas no cinema durante máis de 50 anos, traballando en Highlander, A princesa prometida, A máscara do Zorro, O señor dos Aneis e Die Another Day entre outras. Foi considerado o primeiro coreógrafo de Hollywood na loita con espada, e durante a súa carreira adestrou moitos actores na arte de armas, tales como Errol Flynn, Sean Connery, Antonio Banderas e Johnny Depp. Tamén apareceu como dobre nas pelexas de láser de Darth Vader en O imperio contraataca e O retorno do Jedi.
Dirk Werner Nowitzki, nado o 19 de xuño de 1978 en Würzburg, Baviera (Alemaña Occidental), é un ex xogador alemán de baloncesto profesional. Nowitzki foi elixido en novena posición do Draft de 1998 por Milwaukee Bucks e foi traspasado inmediatamente a Dallas Mavericks, onde xogou durante toda a súa etapa na NBA. Cos seus 2,13 m de estatura foi un dos xogadores máis versátiles da NBA. Xogaba tanto de ala-pivote como de ala en posicións exteriores. Nowitzki foi All-Star en nove ocasiones e en catro membro do Mellor Quintetos da NBA, sendo o primeiro maverick que o logra.
American Idol (American Idol: The Search for a Superstar na primeira tempada) é un programa de televisión estadounidense, que consiste nun concurso de talentos na procura do mellor cantante. Creouno Simon Fuller baseado no Pop Idol británico e comezou a emitirse o 11 de xuño de 2002, converténdose nun dos programas máis populares da televisión norteamericana. Mediante audicións por todo o país o programa procura descubrir o mellor cantante, os xuíces encárganse de realizar as críticas e avaliar a actuación dos participantes, Randy Jackson e Simon Cowell fórono en todas as tempadas e Paula Abdul das tempadas unha a oito e Kara DioGuardi na oito.
American Horror Story é unha serie de televisión de terror creada e producida por Ryan Murphy e Brad Falchuk. Descrita como unha serie antolóxica, cada temporada está concibida como unha miniserie autónoma que segue a un conxunto dispar de personaxes e escenarios, e unha historia co seu propio principio, nó e desenlace. Algúns elementos do argumento de cada tempada están vagamente inspirados en feitos reais.
Thomas Jane, nado como Thomas Elliott III en Baltimore (Maryland) o 23 de febreiro de 1969, é un actor, guionista, produtor e director de cine estadounidense. É coñecido polas súas interpretacións en filmes como Deep Blue Sea (1999), The Punisher (2004), e a adaptación cinematográfica de The Mist (2007) de Stephen King. Actualmente actúa na serie de televisión The Expanse.
The Lord of the Rings: The Return of the King
The Lord of the Rings: The Return of the King é un filme épico e de fantasía de 2003 dirixido por Peter Jackson que está baseado na segunda e terceira parte da triloxía d'O Señor dos Aneis de J. R. R. Tolkien. É o terceiro e derradeiro filme da triloxía cinematográfica, precedido por The Fellowship of the Ring (2001) e The Two Towers (2002). Cando Sauron lanza as derradeiras ofensivas para a conquista da Terra Media, Gandalf e o rei Théoden de Rohan unen forzas para axudar a defender a capital de Gondor, Minas Tirith, da ameaza inminente.
A Cessna 172 Skyhawk é unha avioneta monomotor de catro asentos fabricada por Cessna Aircraft Company. Realizou o seu primeiro voo en 1955 e aínda está en produción, sendo o modelo de avión con máis unidades fabricadas da historia.Medindo a súa lonxevidade e popularidade, a Cessna 172 é o avión máis exitoso da historia. Cessna entregou o primeiro exemplar de produción en 1956 e cara 2015 a compañía e os seus asociados fabricaran máis de 43 000 unidades.Os principais competidores do Skyhawk foron o Beechcraft Musketeer, a serie Grumman AA-5 (ningún dos dous hoxe en día en produción), o Piper Cherokee, e, máis recentemente, o Diamond DA40 e o Cirrus SR22.
Israel Isidore Baline, nado en Tyumen, Rusia (ou probablemente Mogilev, actualmente en Belarús) o11 de maio de 1888 e finado en Nova York o 22 de setembro de 1989 foi un compositor e letrista estadounidense, coñecido como Irving Berlin, un dos máis prolíficos e famosos da historia contemporánea de América. Berlin, xudeu, foi un dos poucos compositores de Tin Pan Alley/Broadway que escribiron tanto as letras como a música das súas cancións. Aínda que non chegou a aprender nunca a ler música máis aló dun nivel elemental, compuxo ao redor de 3000 cancións, moitas das cales se converteron en cancións populares e estándares, como "Cheek to Cheek", "Puttin' on the Ritz", "Alexander's Ragtime Band", "There's Non Business Like Show Business", as cancións festivas "White Christmas" (Branco Nadal) ou "Eastern Parade" (Desfile de Pascua) e himnos patrióticos como "God Bless America".
Unha facultade é unha institución docente de estudo e investigación que normalmente constitúe unha subdivisión dunha universidade. Abrangue unha área de estudo concreta ou un conxunto de áreas relacionadas. A antiga Universidade de París, que serviu de modelo para a maioría das universiades medievais de Europa, tiña catro facultades: Teoloxía, Leis, Medicina e Artes.
Isabelle Huppert, nada en París o 16 de marzo de 1953 é unha actriz francesa. Ademais de ser unha das intérpretes máis prolíficas de Francia, Isabelle Huppert presenta unha filmografía de proxección internacional: dende Estados Unidos (da man de directores como Michael Cimino, Hal Hartley, Curtis Hanson ou Otto Preminger), Italia (baixo a dirección dos irmáns Taviani, Mauro Bolognini, Marco Ferreri e Marco Bellocchio), Rusia (con Igor Minaiev), Europa central (co alemán Werner Schroeter, a suíza Ursula Meier, o austríaco Michael Haneke, a húngara Márta Mészáros ou o serbio Aleksandar Petrović), ata países do continente asiático (co coreano Hong Sang-soo, o filipino Brillante Mendoza ou o franco-camboxano Rithy Panh). Como actriz de teatro traballou con directores como Bob Wilson, Yasmina Reza, Claude Régy, Krzysztof Warlikowski ou Jacques Lassalle.
The Elder Scrolls V: Skyrim é un videoxogo de rol en mundo aberto desenvolvido por Bethesda Game Studios e publicado por Bethesda Softworks. É o quinto título da serie The Elder Scrolls, despois de The Elder Scrolls IV: Oblivion. Skyrim foi estreado internacionalmente o 11 de novembro de 2011, para Microsoft Windows, PlayStation 3 e Xbox 360.
Un acuario público é un estabelecemento aberto ao público para a observación das especies acuáticas en acuarios expostos nun obxectivo comercial ou educativo. Certos acuarios especializáronse na presentación de especies de auga doce, outros na exhibición de especies de auga salgada. Un acuario público pode ser tamén unha parte dun xardín zoolóxico ou dun museo científico (museo oceanográfico, museo de historia natural,...).
A xestión de dereitos dixitais (en inglés Digital Rights Management ou DRM) é unha serie de mecanismos por medio de software e hardware que limitan a utilización de contidos dixitais ao mesmo tempo en que se asegura e administra os dereitos de autoría e as súas marcas rexistradas. O obxectivo do DRM é impedir o uso libre dun contido dixital, aínda adquirido legalmente, alén dos límites estabelecidos polo propietario dos dereitos, mesmo se eses límites son ilegais. Por exemplo o dispositivo DRM pode impedir facer copias dun arquivo ou a súa reprodución máis alá dun número determinado de veces, incluso en países onde ese dereito á copia privada está recoñecido pola lexislación.
Lisa Randall, nada en Nova York o 18 de xuño de 1962, é unha física teórica estadounidense, especializada na física de partículas e cosmoloxía. Traballou en varios dos modelos de teoría de cordas que tratan de explicar o funcionamento íntimo do universo. A súa achega máis coñecida neste eido é o modelo de Randall-Sundrum ou modelo RS publicado en 1999 xunto con Raman Sundrum.Foi a primeira muller en ocupar un posto no departamento de física da Universidade de Princeton e a primeira muller Física Teórica no MIT e na Universidade Harvard.
Songkick é unha compañía tecnolóxica estadounidense que proporciona servizos de descubrimento de concertos e de vendas de entradas para eventos musicais ao vivo. A web e a app móbil de Songkick permite aos usuarios rastrexar a artistas en xira, recibir alertas de concertos na súa área e mercar entradas para os espectáculos, usando tecnoloxía e servizos que dirixen e xestionan as vendas de entradas en nome de artistas.
Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle
Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle, traducido como Autocontrol no Software de Entretemento e abreviado comunmente como USK, é unha organización de clasificación de videoxogos en Alemaña.
Rincewind é un personaxe de ficción das novelas de Discworld do autor inglés Terry Pratchett. É un mago (fracasado) de nivel 0 que non dá aprobado os cursos da Universidade Invisible (Unseen University) en Ankh-Morpork. Rincewind pasa case todo o seu tempo escapando de varios grupos de persoas que intentan matalo por diferentes razóns.
Machu Picchu (do quechua sureño Machu Pikchu, "montaña vella") é o nome contemporáneo que se lle dá a unha llaqta (antigo poboado andino inca) de pedra construída principalmente a mediados do século XV no promontorio rochoso que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu na vertente oriental dos Andes Centrais, no sur do Perú e a 2430 msnm, altitude da súa praza principal. O seu nome orixinal sería Picchu ou Picho.Segundo documentos de mediados do século XVI Machu Picchu sería unha das residencias de descanso de Pachacuti (primeiro emperador inca, 1438-1470). Así a todo, algunhas das súas mellores construcións e o evidente carácter cerimonial da principal vía de acceso á llaqta demostrarían que esta foi usada como santuario relixioso.
Notable Names Database ou NNDB, é un banco de datos en liña con detalles biográficos de persoas famosas destacadas dentro da sociedade mundial. Producido pola Soylent Communications, o NNDB contén tamén ligazóns entre as persoas, como ten tamén estatísticas vitais, emprego de determinada persoa, relixión, orientación sexual e unha biografía (consta tamén se determinada persoa ten ou non antecedentes criminais).
FilmAffinity é un sitio web dedicado ao cinema, creado en 2002 polo crítico Pablo Kurt e o programador informático Daniel Nicolás. Tamén conta cunha versión en inglés. A edición americana de PC Magazine (abril de 2004) incluíu FilmAffinity entre as cen mellores webs por descubrir do mundo; cualificouno como a mellor web na categoría de entretemento.
British Board of Film Classification
O British Board of Film Classification («Consello Británico de Clasificación de Filmes», coñecido tamén polas súas siglas BBFC), é a organización responsable da clasificación e censura de filmes, vídeos e algúns videoxogos (por exemplo a saga GTA) dentro do Reino Unido.
The Two Popes é un filme de 2019 dirixido por Fernando Meirelles e escrito por Anthony McCarten, adaptado a partir da obra de McCarten The Pope. Está protagonizado por Anthony Hopkins no papel do papa Bieito XVI e Jonathan Pryce como o cardeal Jorge Mario Bergoglio (máis tarde o papa Francisco).Estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 31 de agosto de 2019. Tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 27 de novembro de 2019 e no Reino Unido o 29 de novembro de 2019.
Un videoxogo é un xogo electrónico no que unha ou máis persoas interactúan, por medio dun controlador, cun dispositivo que mostra imaxes de vídeo. Este dispositivo electrónico, coñecido xenericamente como «plataforma», pode ser unha computadora, unha máquina arcade, unha videoconsola ou un dispositivo portátil, por exemplo un teléfono móbil. Os videoxogos poden ser de moitos tipos e son, ano tras ano, unha das principais industrias da arte e o entretemento.
Un apartamento, tamén chamado departamento, ou piso é unha unidade de vivenda que comprende unha ou máis habitacións deseñadas para proporcionar instalacións completas para un individuo ou unha pequena familia. A principal diferenza existente entre este tipo de vivendas e outras, como casas unifamiliares, casaríos etc., é a superficie que ocupa, normalmente menor que as anteriores, e o seu posible uso, moitas veces vacacional ou temporal. Un edificio de apartamentos é unha solución económica, que se realiza mediante o aproveitamento en común de zonas de circulación, tanto verticais como horizontais.
Box Office Mojo é unha páxina web que achega información sobre filmes. A web comezou a funcionar en agosto de 1998 e conta cunha media de máis dun millón de visitantes ao mes. A información que proporciona actualízase constantemente; entre estes datos atópanse os referentes ás recadacións dos filmes.
A Fédération Internationale de Football Association ou Federación Internacional de Fútbol (FIFA) é a institución que dirixe internacionalmente as asociación deportivas de fútbol. Fundouse o 21 de maio de 1904 e ten a súa sede en Zúric, en Suíza. Forma parte do FA Board Internacional, organismo encargado de modificar as regras do xogo.
Fight Club é un filme estadounidense de 1999 baseado na novela homónima de 1996 escrita por Chuck Palahniuk, dirixido por David Fincher con Brad Pitt, Edward Norton e Helena Bonham Carter coma protagonistas. Norton representa o protagonista sen nome, ó que se fai referencia como Narrador, un home insatisfeito co seu traballo de oficina e con problemas de insomnio que forma un "club da loita" co fabricante de xabón Tyler Durden, representado por Pitt, ó que se unen outros homes que queren loitar entre eles por diversión. O Narrador vese envolto nunha complicada relación con Durden e con Marla Singer, representada por Bonham Carter, mentres que o club evoluciona cara a unha organización anticapitalista que leva a cabo un ataque terrorista.
Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos
A Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos (inglés: United States Atomic Energy Commission), tamén coñecida polas siglas AEC, foi unha axencia do goberno dos Estados Unidos establecida trala segunda guerra mundial polo Congreso dos Estados Unidos para fomentar e controlar o desenvolvemento da ciencia e tecnoloxía atómica. O presidente Harry S. Truman asinou a Acta de Enerxía Atómica/McMahon o 1 de agosto de 1946, transferindo o control da enerxía atómica dende o exército a mans civís, facéndose efectiva o 1 de xaneiro de 1947. Este cambio deulle ós membros da AEC o control completo das plantas, laboratorios, equipamento e persoal involucrado na produción da bomba atómica durante o Proxecto Manhattan.A AEC tivo un papel importante no desenvolvemento institucional da ecoloxía de ecosistemas, fornecendo recursos financeiros para a investigación ecolóxica.
O branco e negro é un termo amplamente usado para referirse a un abano de acabamentos e procesos das artes visuais de carácter monocromo, e onde só existen brancos, negros e distintas tonalidades de grises. Existe a fotografía en branco e negro e a banda deseñada en branco e negro. Tamén tiveron a súa época, se ben agora só se usan xa con carácter experimental, o cine en branco e negro e a televisión en branco e negro.
A comuna é a división administrativa de menor nivel en Francia. A palabra francesa commune apareceu no século XII, da verba pertencente ao latín medieval communia, cuxo significado se refire ao pequeno conxunto de xente que comparte unha vida común, do latín communis, cousas en común. As comunas francesas son aproximadamente equivalentes ao concello galego.
Matthew Abram Groening, nado o 15 de febreiro de 1954 en Portland, (Oregón), é un debuxante, produtor de televisión e escritor estadounidense, coñecido por ser o creador de The Simpsons. Ademais, tamén é o creador de Futurama e o autor da tira cómica semanal Life in Hell. Groening publicaba Life in Hell no semanario de Licorice Pizza, unha tenda na cal traballaba.
No Man's Sky é un videoxogo de acción e supervivencia desenvolvido e publicado polo estudio independente Hello Games para PlayStation 4 e Microsoft Windows. O xogo foi lanzado internacinalmente en agosto de 2016. O modo de xogo de No Man's Sky está baseado en catro alicerces —exploración, supervivencia, loita e comercio.
ESPN, Inc. (siglas de Entertainment and Sports Programming Network, hoxe en desuso), é un grupo dos medios con sede nos Estados Unidos, que opera e produce canles de televisión por cable, satélite, radio, sitios web, revistas e libros relacionados co deporte. Tamén organiza eventos tales como os Premios ESPY desde 1993 e os X Games desde 1995.
O microgramo é unha unidade de masa do Sistema Internacional de Unidades que equivale á milmillonésima parte dun quilogramo (10-9 kg) ou á millonésima parte dun gramo (10-6 g); o seu símbolo é µg. Algunhas organizacións, como Joint Commission, propoñen a utilización da abreviatura mcg polo risco de confusión da letra grega µ cunha m do que resultaría unha dose mil veces maior. Esta unidade de medida tamén era chamada gamma (símbolo: γ), nome e símbolo actualmente obsoletos, como sinónimos de microgramo.
Sutorenjia Mukōhadan (ストレンヂア 無皇刃譚, Stranja Mukōhadan) é un filme xaponés dirixido por Masahiro Andō que foi estreado no 2007. O filme conta a historia de Kotaro, un cativo que é perseguido por un grupo de espadachíns da Dinastía Ming por razóns misteriosas. Entre eles hai un bravo loitador occidental chamado Luo-Lang, cuxo único desexo é atopar un rival do seu talle.
GIF (Graphics Interchange Format) é un formato gráfico de mapa de bits para imaxes de ata 256 cores. O formato introduciuno CompuServe en 1987. Deseñado especificamente para comprimir imaxes e gráficos creados por ordenador, o formato tivo unha gran popularidade na World Wide Web xa que, ao utilizar o algoritmo de compresión sen perda LZW, mesmo imaxes de gran tamaño podían descargarse nun período de tempo razoable, aínda con modems moi lentos.
O termo traballo pode referirse: En FísicaTraballo, unha magnitude.En Antropoloxía e SocioloxíaTraballo, actividade humana e social.En EconomíaTraballo, un dos factores da produción.En DereitoTraballo, obxecto de estudo do dereito laboral.Non debe confundirse co dereito ao traballo.En EducaciónTraballo, tarefa de aprendizaxe ou monografía que forma parte do proceso formativo.
David Keith Lynch, nado en Missoula (Montana) o 20 de xaneiro de 1946, coñecido como David Lynch, é un director de cine estadounidense. A súa actividade artística esténdese así mesmo ó terreo da pintura, a música, a fotografía e incluso o deseño de mobiliario. Foi descrito por The Guardian como "o director máis importante desta época".
Os melanosomas son orgánulos celulares que conteñen o pigmento melanina, o pigmento que absorbe luz máis común no reino animal. A melanina sintetízase nunhas células chamadas melanocitos e nas células do epitelio pigmentario da retina. Se a célula simplemente fagocita e incorpora a melanina (pero non a sintetiza) non é propiamente un melanocito e recibe o nome de melanófago.
Simpsons Roasting on an Open Fire
"Simpsons Roasting on an Open Fire", tamén coñecido como "The Simpsons Christmas Special", é o primeiro episodio da serie de animación The Simpsons que estaba pensado para que, orixinalmente, fose o oitavo episodio producido para a primeira temporada. A súa estrea orixinal foi na cadea FOX o 17 de decembro de 1989. No episodio, Homer descobre que non cobrará a paga extra de Nadal, polo que a familia non terá cartos para mercar agasallos de Nadal.
O crioulo haitiano (Kreyòl ayisyen; kɣejɔl ajisjɛ̃), adoito chamado simplemente kreyòl, é unha lingua falada en Haití por arredor de oito millóns de persoas (o 80% da poboación total do país) e, a través da emigración, ten un millón de falantes en Cuba, Bahamas, Canadá, Illas Caimán, república Dominicana, Güiana Francesa, Martinica, Guadalupe, Belize, Porto Rico e nos Estados Unidos. É a lingua crioula máis falada do mundo.
Os Chicago Bulls son un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede en Chicago, Illinois. Os Bulls xogan na División Central da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Fundados o 16 de xaneiro de 1966, o equipo ten a súa sede no United Center, pavillón que comparte cos Chicago Blackhawks da National Hockey League (NHL).
Jin-Roh (人狼, Jinrō, lit. "Lobishome") é un filme anime xaponés dirixido por Hiroyuki Okiura que foi estreado en 1999. É a terceira adaptación do manga de Mamoru Oshii Ken-Roh Densetsu, despois de dous filmes en vivo: The Red Spectacles e StrayDog: Kerberos Panzer Cops estreados en 1987 e 1991 respectivamente.
En botánica, un herbario (do latín herbarium) é unha colección de plantas ou de partes de plantas, secadas, conservadas da mellor maneira posíbel, identificadas e acompañadas de información crítica como a identidade do recolector, o lugar e a data da recolección e o hábitat onde se encontraba a planta.
The Simpsons (en galego, Os Simpson) é unha comedia de situación de animación estadounidense creada por Matt Groening para a canle de televisión, tamén estadounidense, Fox Broadcasting Company. A serie é unha parodia satírica do estilo de vida do americano de clase media personificado na familia protagonista, formada por Homer, Marge, Bart, Lisa e Maggie. O programa está ambientado na cidade de ficción Springfield, satirizando moitos dos aspectos das condicións humanas, dentro das que se atopa a cultura, sociedade e televisión dos Estados Unidos.
2001: Unha odisea do espazo (en inglés: 2001: A Space Odyssey) é un filme británico-estadounidense de ciencia ficción producido e dirixido por Stanley Kubrick que foi estreado en 1968. O guión, escrito por Kubrick e Arthur C. Clarke, está parcialmente baseado na historia curta de Clarke "The Sentinel". Posteriormente, Clarke escribiu a novela 2001: A Space Odyssey, que foi publicada pouco despois da estrea.
América do Norte ( pronunciación ) ou Norteamérica ( pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur. Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central.
John Christopher Depp II, nado en Owensboro, Kentucky, o 9 de xuño de 1963, é un actor, produtor e músico estadounidense. Gañou un Globo de Ouro e un Premio do Sindicato de Actores ó mellor actor. Depp acadou a fama coa serie de televisión dos anos 1980 21 Jump Street, na que se converteu nun ídolo adolescente.
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
Alhambra é unha cidade palatina situada na cidade de Granada en España. Tratase dun rico complexo palaciano e fortaleza que aloxaba ó monarca e a corte do Reino de Granada. O seu verdadeiro atractivo, como noutras obras musulmás da época, non só radica nos interiores cunha decoración que está entre os cumios da arte andalusí, senón que tamén na súa localización e adaptación, xerando unha paisaxe totalmente integrada coa natureza preexistente.
Plants vs. Zombies 2: It's About Time
Plants vs. Zombies 2: It's About Time é un videoxogo desenvolvido por PopCap Games e publicado por Electronic Arts. É a secuela de Plants vs.
Blade Runner é un filme de ciencia ficción, cyberpunk e cinema negro de 1982 dirixido por Ridley Scott e protagonizado por Harrison Ford, Rutger Hauer, Sean Young, Edward James Olmos e Daryl Hannah. O guión, escrito por Hampton Fancher e David Peoples, foi unha adaptación libre da novela de 1968 Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick.
Nick Cave and The Bad Seeds é unha banda de Rock/post-punk cunha aliñación internacional e flutuante. Foi formada en 1983 por dous membros da desaparecida banda australiana The Birthday Party: Nick Cave (cantante, compositor) e o músico Mick Harvey. Uníuselles o guitarrista Blixa Bargeld, membro da banda alemá Einstürzende Neubauten, o ex-guitarrista da banda Magazine Hugo Race e o tamén membro desta última banda Barry Adamson, baixista e pianista.
Gioachino Antonio Rossini, nado en Pesaro (Estados Pontificios) o 29 de febreiro de 1792 e finado en Passy (Francia) o 13 de novembro de 1868, foi un compositor musical italiano. Rossini compuxo en total 39 óperas, destacando especialmente Il barbiere di Siviglia. A súa primeira ópera compúxoa aos 14 anos, e a derradeira, Guillerme Tell aos 37, despois do cal decidiu retirarse da composición a grande escala, encontrándose no cume da súa popularidade.
O utilitarismo é a teoría ética que defende que a mellor acción é aquela que ten a maior utilidade. A "utilidade" defínese de varias maneiras, baseándose por regra xeral en termos de benestar de entidades con capacidade de sentir. A primeira persoa en plantear esta teoría foi o inglés, Jeremy Bentham.