Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Sociedade Francesa de Fotografía
A Sociedade Francesa de Fotografía (en francés: Société française de photographie ou SFP polas súas siglas) é unha asociación fundada o 15 de novembro de 1854, e que mantén unha actividade moi relacionada coa historia da fotografía e a súa difusión.
A Interestatal 95 (abreviada I-95) é unha autoestrada das máis transitadas da Rede de Autoestradas Interestatais dos Estados Unidos. Cunha lonxitude de 1.927 millas (3.101 quilómetros), discorre pola costa leste dos Estados Unidos, entre o seu extremo setentrional na fronteira canadense en Houlton, Maine, onde se converte na Ruta de Novo Brunswick 95, e o seu extremo meridional na cidade de Miami, Florida nun empalme coa ruta 1, e é a estrada norte-sur máis longa da costa leste, conectando as Provincias Marítimas do Canadá con Boston, a Cidade de Nova York e Florida. O seu centro aproximado está a 83 millas ao norte de Richmond, Virginia, cerca do cruzamento coa Interestatal 295.
Winston Leonard Spencer-Churchill, nado no pazo de Blenheim, na comarca de Oxford, o 30 de novembro de 1874 e finado en Londres o 24 de xaneiro de 1965, foi un político e escritor británico, coñecido polo seu liderado no Reino Unido durante a segunda guerra mundial. Así mesmo desempeñou labores de periodista, soldado e pintor, este último no seu lecer. Foi gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 1953.
WikiTree é unha páxina web libre e social sobre xenealoxía que deixa ós usuarios investigador e contribuír ás súas propias árbores familiares persoais, ó tempo que constrúe e colabora nunha singular árbore mundial familiar dentro do mesmo sistema. O sitio foi creado no ano 2008 por Chris Whitten, desenvolvedor da páxina WikiAnswers, e é propiedade de Interesar.com, Inc. O sitio utiliza unha linguaxe “wiki markup" (achegada polo software MediaWiki) que ofrece a usuarios principiantes e experimentados a habilidade de crear e editar perfís persoais, categorías e “páxinas espaciais” libres para documentar a historia da súa familia.
A Universidade de Toronto, tamén coñecida como UofT, é unha universidade localizada en Toronto (Ontario), a meirande do Canadá. Atrae estudantes de todo o estado, así como un número significativo de estudantes doutros países. Nas súas instalacións graduáronse catro Primeiros ministros do Canadá, dous gobernadores xerais, e numerosos líderes de negocios e académicos de recoñecido prestixio internacional.
A alquimia é unha antiga práctica protocientífica e filosófica que combina elementos da química, a metalurxia, a física, a medicina, a astroloxía, a semiótica, o misticismo, o espiritualismo e a arte. Practicouse no Antigo Exipto, na India, na China, na Grecia Antiga e no Imperio Romano, no Imperio Islámico, e despois en Europa ata o século XIX, nunha complexa rede de escolas e sistemas filosóficos que abrangue polo menos 2.500 anos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
The Terminal é un filme estadounidense de dirixido por Steven Spielberg que foi estreado no 2004. Está protagonizado por Tom Hanks e Catherine Zeta-Jones, e conta a historia dun home que queda atrapado no aeroporto de Nova York cando lle é denegada a entrada nos Estados Unidos e tampouco pode volver ó seu país por mor dun golpe de estado. O filme está parcialmente inspirado na historia de Mehran Karimi Nasseri, que pasou dezaoito anos na Terminal 1 do Aeroporto de París-Charles de Gaulle, entre 1988 e 2006.
A Liga Árabe (en árabe:الجامعة العربية al-Jāmiʻa al-ʻArabiya), oficialmente chamada Liga de Estados Árabes (جامعة الدول العربية Jāmiʻat ad-Duwal al-ʻArabiya), é unha organización política internacional de estados árabes da África do Norte, o Corno de África e Asia Occidental. Foi fundada no Cairo o 22 de marzo de 1945 por seis estados, Exipto, Iraq, Transxordania (renomeada posteriormente como Xordania), Líbano, Arabia Saudita e Siria. O Iemen uniríase o día 5 de maio de 1945.
O irlandés ou gaélico irlandés (Gaeilge) é unha lingua céltica da rama goidélica falada na illa de Irlanda. Segundo datos de 2016, na República de Irlanda había 73 803 persoas que falan o irlandés a diario fóra do sistema educativo, mentres que outras 1 761 420 declararan ser quen de falalo como segunda lingua. Tamén a fala un número indeterminado de inmigrantes noutros países (Reino Unido, Canadá, Estados Unidos e Australia).
María de la O Lejárraga García ou María Martínez Sierra polo seu pseudónimo, nada en San Millán de la Cogolla o 28 de decembro de 1874 e finada en Buenos Aires o 28 de xuño de 1974, foi unha escritora, dramaturga, feminista e deputada española. Foi a autora orixinal de varias obras do seu marido, o escritor Gregorio Martínez Sierra. Foi deputada por Granada no Congreso español.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Paris Saint-Germain da Ligue 1 de Francia. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán menor, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 192.049 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Marrocos (en árabe: المغرب; Al-Magrib, en bérber: ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; lmeɣrib), oficialmente Reino de Marrocos (en árabe: المملكة المغربية; Al-mamlaka al-maḡribiyya, en amazigh: ⵜⴰⴳⵍⴷⵉⵜ ⵏ ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; Tageldit n lmeɣrib) é un país do noroeste de África. A súa longa costa atlántica chega desde o Sáhara Occidental ata o estreito de Xibraltar para dar ao mar Mediterráneo (ao norte), e continúa cara ao leste ata chegar a Alxeria, coa que limita ao leste e sueste.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
María Luísa Nache, nada en Ferrol en 1924 e finada na Coruña en 1985, foi unha soprano galega. Cantou nalgúns dos máis importantes teatros de ópera do mundo con grandes figuras do bel canto e con algúns dos directores de orquestra máis destacados da época. Mantivo unha importante relación profesional co tenor italiano Franco Corelli, con quen cantou óperas como Il trovatore ou Turandot.
Arsenio Iglesias Pardo, tamén coñecido como o Bruxo de Arteixo ou o Raposo de Arteixo, nado na Baiuca, Arteixo, o 24 de decembro de 1930, é un ex-futbolista e adestrador de fútbol galego que estivo unido durante boa parte da súa carreira ao Deportivo da Coruña, onde acadou importantes éxitos deportivos, converténdose nunha das figuras máis destacadas da historia do club. Como futbolista xogaba de dianteiro, e tras pasar polo Bergantiños, o Fabril e o Xuvenil, debutou en Primeira División co Deportivo na tempada 1951/52. Xogou seis anos co club coruñés, disputando 146 partidos oficiais e marcando 33 goles.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Partido Comunista do Pobo Galego
O Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG) é un partido político galego.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (ESCRBBCCG) é un centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Ten a súa sede en Pontevedra, no antigo Cuartel de San Fernando, o mesmo edificio que a Facultade de Belas Artes de Pontevedra. É a única Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia e do noroeste peninsular e é a segunda escola de restauración máis antiga de España.
A Veiga, Carballeda, Carballeda de Avia
A Veiga é un lugar da parroquia da Carballeda no concello ourensán de Carballeda de Avia na comarca do Ribeiro. Tiña 37 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 14 eran homes e 23 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 38 habitantes (13 homes e 25 mulleres).
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
Lucio Urtubia Jiménez, nado en Cascante (Navarra) o 18 de febreiro de 1931 e finado en París o 18 de xullo de 2020, foi un albanel e militante anarquista. Considerado como o último dos "bandidos bos", foi definido como un "Robin Hood", como un Quixote; aínda que en palabras de Albert Boadella "Lucio es un Quijote que no luchó contra molinos de viento, sino contra gigantes de verdad".
Cuartel de San Fernando de Pontevedra
O antigo Cuartel de San Fernando de Pontevedra, é un grande edificio ecléctico de finais do século XIX situado no centro da cidade, diante dos xardíns do doutor Marescot e moi preto da Alameda de Pontevedra.
Narón (xentilicio «naronés/naronesa») é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrol, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2020 tiña 39.056 habitantes (20.177 mulleres e 18.879 homes), o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
A Wikipedia en yiddish (en yiddish: יידיש-וויקיפעדיע) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua yiddish. Foi creada o 3 de marzo de 2004, e o primeiro artigo foi escrito o 28 de novembro dese mesmo ano. Esta versión da enciclopedia contén 15.452 artigos e 46.542 usuarios, dos cales 57 son activos.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Irlanda do Norte (oficialmente en inglés: Northern Ireland, en irlandés: Tuaisceart Éireann) é o nome oficial dun dos países constituíntes do Reino Unido, que se atopa ao nordeste da illa de Irlanda conformado por 6 condados. A súa capital é Belfast. Limita ao norte co océano Atlántico, ao leste coa canle do Norte, ao sueste co mar de Irlanda, e ao sur, suroeste e oeste (360 km de fronteira) coa República de Irlanda.