Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
A galanina é un neuropéptido codificado no xene GAL do cromosoma 11 humano, que se expresa abundantemente no cerebro, medula espiñal e tracto dixestivo de humanos e outros animais. A sinalización que realiza a galanina prodúcese a través de tres receptores acoplados á proteína G.Descoñécense aínda moitos aspectos do papel funcional da galanina. A galanina está estreitamente implicada na modulación e inhibición de potenciais de acción en neuronas.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Gonzalo Queipo de Llano y Sierra, nado en Tordesillas (provincia de Valladolid) o 5 de febreiro de 1875 e finado en Sevilla o 9 de marzo de 1951, foi un xeneral español, conspirador e un dos principais protagonistas, sobre todo en Sevilla, do golpe que deu orixe á guerra civil española. Foi educado nun seminario, loitou na Guerra hispano-estadounidense e na Guerra do Rif, ascendendo a Xeneral de Brigada en 1923. Aínda que inicialmente apoiou ao ditador Miguel Primo de Rivera, as críticas ás súas políticas fixeron que fose rezagado na escala e nos nomeamentos e foi trasladado á reserva en 1928.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Joan Manuel Serrat i Teresa, nado no barrio de El Poble-sec (Barcelona) o 27 de decembro de 1943, é un cantautor catalán . Trátase dunha das figuras máis destacadas da canción moderna tanto en lingua catalá e castelá. A súa obra contén influencias doutros poetas como Mario Benedetti, Antonio Machado, Miguel Hernández, Rafael Alberti, Federico García Lorca, Pablo Neruda ou León Felipe; así como de xéneros diversos como o folclore catalán, a copla andaluza, o tango, o bolero e do cancioneiro popular da América Latina, con versións de cancións de Violeta Parra e Víctor Jara.
O dominio de inmunoglobulina, tamén chamado pregamento ou dobramento de inmmunoglobulina, é un tipo de dominio proteico que consta dun sándwich de dúas capas de 7-9 febras β antiparalelas dispostas en dous láminas β cunha topoloxía de greca, que consta duns 125 aminoácidos. A espiña dorsal do dominio cambia repetidamente entre as dúas láminas β. Tipicamente, o padrón é (forquita β N-terminal na lámina 1)-(forquita β na lámina 2)-(lámina β na lámina 1)-(forquita β C-terminal na lámina 2).
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 192.568 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Antonio Couceiro Méndez, nado na Coruña o 18 de decembro de 1955, é un político e dirixente galego. Foi conselleiro de Industria e Comercio durante o goberno de Manuel Fraga, entre 1994 e 1999, e deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular entre 1997 e 1999. Ten ocupado presidencias e cargos nos consellos de administración de numerosas institucións, tanto públicas como privadas Na actualidade ocupa entre outros os cargos de presidente da Cámara de Comercio da Coruña (dende 2016) e presidente do Deportivo da Coruña (dende 2021).
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Bran é un nome propio de varón de orixe celta-galaica. O seu significado provén do galés-celta Bran "corvo". O nome coincide cun topónimo galego do concello de Santiso (Bran, Niñodaguia) e outro do concello de Oroso (Bran, Os Ánxeles), mais estes topónimos teñen orixe nun nome masculino medieval de orixe xermánica, Bera, procedente dunha raíz xermánica *bera(n) "oso", *baira "xabarín" ou beran "traer, levar".
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Cuartel de San Fernando de Pontevedra
O antigo Cuartel de San Fernando de Pontevedra, é un grande edificio neoclásico de principios do século XX situado no centro da cidade, diante dos xardíns do doutor Marescot e moi preto da Alameda de Pontevedra.
Pagolle (en francés e oficialmenteen éuscaro: Pagola, Phagola) é unha localidade e comuna francesa, situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania. Situada no límite entre os territorios históricos vascofranceses de Baixa Navarra e de Soa, considérase pertencente a ambos. Administrativamente, tamén depende do Distrito de Baiona e do cantón de Saint-Palais.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Celestino Fernández de la Vega
Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado no Río Miño, en Lugo, en marzo de 1986, foi un escritor galego, filósofo e ensaísta. É coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor, de 1963.
A Copa España (tamén chamada Concurso España) foi un torneo futbolístico por eliminación directa organizado pola Federación Española de Clubs de Foot-ball —antecesora da Real Federación Española de Fútbol— no que se permitía a participación de xogadores estranxeiros, os cales foran previamente excluídos do Campionato de España a causa de disputas xurdidas entre os clubs durante o torneo de 1911. Só se disputou unha edición en 1912 e o gañador foi o Deportivo da Coruña. En 1913, a Real Unión Española de Clubs de Foot-ball —unha escisión da Federación Española de Clubs de Foot-ball— organizou un torneo análogo, do que non se chegaría a disputar a fase final.
O sistema gustativo ou sentido do gusto é un sistema sensorial que é parcialmente responsable da percepción dos sabores. O gusto é a percepción producida ou estimulada cando unha substancia na boca reacciona quimicamente con células receptoras do gusto situadas nas papilas gustativas da cavidade oral, principalmente na lingua. O gusto, xunto co olfacto e a estimulación do nervio trixémino (rexistrando textura, dor e temperatura), determina o sabor dos alimentos e doutras substancias.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
O latín (autoglotónimo: Lingua Latina ou Latina; en grego clásico: Λατινικὴ ɣλῶττα; en neogrego: Λατινική γλώσσα ou Λατινικά) é unha lingua itálica pertencente ao subgrupo das linguas latino-faliscas, e á súa vez á familia das linguas indoeuropeas que foi falada na Roma antiga e posteriormente durante a Idade Media e a Idade Moderna, chegando ata a Idade Contemporánea, pois se mantivo como lingua científica ata o século XIX. O seu nome deriva dunha zona xeográfica da península itálica onde se desenvolveu Roma, o Lacio (en latín, Latium). Adquiriu gran importancia coa expansión de Roma, e foi lingua oficial do Imperio romano en gran parte de Europa, África setentrional e Oriente Próximo, xunto co grego. Como as demais linguas indoeuropeas en xeral, o latín era unha lingua flexiva de tipo fusional cun maior grao de síntese nominal que as actuais linguas romances, na cal dominaba a flexión mediante sufixos, combinada en determinadas veces co uso das preposicións, mentres que nas linguas modernas derivadas dominan as construcións analíticas con preposicións, mentres que se reduciu a flexión nominal a marcar só o xénero e o número, conservando os casos de declinación só nos pronomes persoais (estes teñen, ademais, unha orde fixa nos sintagmas verbais).O latín orixinou un gran número de linguas europeas, denominadas linguas romances, como o español, francés, franco-provenzal, friulano, galego, istriano, istrorromano, italiano, ladino, ligur, lombardo, meglenorrumano, napolitano, occitano, piemontés, portugués, romanche, romanés, sardo, siciliano, valón, véneto, aragonés, arrumano, asturleonés, catalán, corso, emiliano-romañol, e outros xa extintos, como o dalmático, panonio e o mozárabe.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Manuel de Falla y Matheu, nado en Cádiz o 23 de novembro de 1876 e finado en Alta Gracia (Arxentina) o 14 de novembro de 1946, foi un compositor andaluz do nacionalismo musical. Con Isaac Albéniz, Enrique Granados, Joaquín Turina e Joaquín Rodrigo é un dos músicos máis importantes da primeira metade do século XX en España, e un dos compositores españois máis importantes de todos os tempos. Pertenceu a unha acomodada familia de comerciantes gaditanos e recibiu formación musical dende a súa infancia, tanto de piano como de solfexo.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
O peixe sapo é un peixe do xénero Lophius moi apreciado en gastronomía. Polo seu contido en graxa é un peixe dos denominados brancos, xa que para chamarse azuis deberán posuír máis dun 5% de materia graxa na súa composición e o peixe sapo, incluíndo a súa pel, ten un 4,5%, o que o situaría en semi-branco e sen ela, non chega ao 2%.
O cacao en po é a parte do cacao desprovista da súa manteiga e elaborado por medio da redución da manteiga mediante o uso de prensas hidráulicas e disolventes alimentarios especiais, que adoitan ser álcalis, até lograr unha textura pulverulenta. O cacao en po adoita ter contidos graxos por debaixo do 20 % de manteiga de cacao.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Islandia (en islandés: Ísland) é un país insular situado na Dorsal Medio Atlántica, e xeralmente englobada en Europa. A illa está bañada polo océano Atlántico ao sur e ao oeste e polo mar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos son Groenlandia ao noroeste, da cal está separada polo estreito de Dinamarca, as Illas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illa norueguesa de Jan Mayen ao nordeste.
As Provincias Unidas ou a República dos Sete Países Baixos Unidos foi un estado que con frecuencia adoita ser chamado erroneamente Holanda, formado polas sete provincias do norte da rexión histórica dos Países Baixos (Frisia, Groninga, Güeldres, Holanda, Overijssel, Utrecht e Zelandia), agrupadas dende a Unión de Utrecht (1579), ata a ocupación francesa de 1795.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
O ISO 3166-1 é parte da norma ISO 3166 que propón códigos para nomes de países e dependencias. É un sistema de dúas letras, usado entre outras cousas para os dominios de Internet. AD Andorra AE Emiratos Árabes Unidos AF Afganistán AG Antiga e Barbuda AI Anguila AL Albania AM Armenia AO Angola AQ Antártida AR Arxentina AS Samoa Americana AT Austria AU Australia AW Aruba AZ Acerbaixán BA Bosnia e Hercegovina BB Barbados BD Bangladesh BE Bélxica BF Burkina Faso BG Bulgaria BH Bahrein BI Burundi BJ Benín BL Saint-Barthélemy BM Bermudas BN Brunei BO Bolivia BQ Bonaire, San Eustaquio e Saba BR Brasil BS Bahamas BT Bután BV Illa Bouvet BW Botswana BY Belarús BZ Belize CA Canadá CC Illas Cocos CD República Democrática do Congo CF República Centroafricana CG República do Congo CH Suíza CI Costa do Marfil CK Illas Cook CL Chile CM Camerún CN China CO Colombia CR Costa Rica CU Cuba CV Cabo Verde CW Curaçao CX Illa de Nadal CY Chipre CZ Chequia DE Alemaña DJ Djibuti DK Dinamarca DM Dominica DO República Dominicana DZ Alxeria EC Ecuador EE Estonia EG Exipto EH Sáhara Occidental ER Eritrea ES España ET Etiopía FI Finlandia FJ Fidxi FK Illas Malvinas FM Estados Federados de Micronesia FO Illas Feroe FR Francia GA Gabón GB Reino Unido GD Granada GE Xeorxia GF Güiana Francesa GG Guernsey GH Ghana GI Xibraltar GL Groenlandia GM Gambia GN Guinea GP Guadalupe GQ Guinea Ecuatorial GR Grecia GS Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur GT Guatemala GU Guam GW Guinea-Bissau GY Güiana HK Hong Kong HM Illa Heard e Illas McDonald HN Honduras HR Croacia HT Haití HU Hungría ID Indonesia IE Irlanda IL Israel IM Illa de Man IN India IO Territorio Británico do Océano Índico IQ Iraq IR Irán IS Islandia IT Italia JE Jersey JM Xamaica JO Xordania JP Xapón KE Kenya KG Kirguizistán KH Camboxa KI Kiribati KM Comores KN Saint Kitts e Nevis KP Corea do Norte KR Corea do Sur KW Kuwait KY Illas Caimán KZ Casaquistán LA Laos LB Líbano LC Santa Lucía LI Liechtenstein LK Sri Lanka LR Liberia LS Lesoto LT Lituania LU Luxemburgo LV Letonia LY Libia MA Marrocos MC Mónaco MD Moldavia ME Montenegro MF San Martiño, Francia MG Madagascar MH Illas Marshall MK Macedonia do Norte ML Malí MM Myanmar MN Mongolia MO Macau MP Illas Marianas do Norte MQ Martinica MR Mauritania MS Montserrat MT Malta MU Mauricio MV Maldivas MW Malaui MX México MY Malaisia MZ Mozambique NA Namibia NC Nova Caledonia NE Níxer NF Illa Norfolk NG Nixeria NI Nicaragua NL Países Baixos NO Noruega NP Nepal NR Nauru NU Niue NZ Nova Zelandia OM Omán PA Panamá PE Perú PF Polinesia francesa PG Papúa Nova Guinea PH Filipinas PK Paquistán PL Polonia PM Saint-Pierre-et-Miquelon PN Illa de Pitcairn PR Porto Rico PS Palestina PT Portugal PW Palau PY Paraguai QA Qatar RE Reunión RO Romanía RS Serbia RU Rusia RW Ruanda SA Arabia Saudita SB Illas Salomón SC Seychelles SD Sudán SE Suecia SG Singapur SH Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha SI Eslovenia SJ Svalbard (Svalbard e Jan Mayen ) SK Eslovaquia SL Serra Leoa SM San Marino SN Senegal SO Somalia SR Suriname SS Sudán do Sur ST San Tomé e Príncipe SV O Salvador SX Sint Maarten (Países Baixos) SY Siria SZ Eswatini TC Turks e Caicos TD Chad TF Territorios Austrais Franceses TG Togo TH Tailandia TJ Taxiquistán TK Tokelau TL Timor Leste TM Turkmenistán TN Tunisia TO Tonga TR Turquía TT Trinidad e Tobago TV Tuvalu TW Taiwán TZ Tanzania UA Ucraína UG Uganda UM Illas Ultramarinas dos Estados Unidos US Estados Unidos de América UY Uruguai UZ Uzbekistán VA Vaticano VC San Vicente e as Granadinas VE Venezuela VG Illas Virxes Británicas VI Illas Virxes Estadounidenses VN Vietnam VU Vanuatu WF Wallis e Futuna WS Samoa YE Iemen YT Mayotte ZA Suráfrica ZM Zambia ZW CimbabueOs capítulos que derivan deste código son: ISO 3166-2, códigos para subdivisións, tales como, Estados e/ou Provincias; ISO 3166-3, códigos para substituír códigos Alfa-2 obsoletos; ISO 4217, códigos para unidades monetarias; ISO 3166-1 Alfa-3, un sistema de tres letras; ISO 3166-1 Numérico, un sistema numérico de tres díxitos, idéntico ao que foi definido pola División de Estatística das Nacións Unidas (ONU);Un país ou territorio xeralmente recibe un novo código Alfa se o seu nome se modifica, mentres que se dá un novo código numérico se houber alteración dos límites fronteirizos.
O Nadal na cultura popular galega
As festas do Nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade de Nadal noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co solsticio de inverno sobre as que houbo unha superposición relixiosa .
O Club Deportivo Arenteiro é un equipo de fútbol do Carballiño fundado no 1958, que milita actualmente na Segunda División RFEF. O seu campo é o Estadio de Espiñedo, con céspede natural e capacidade para 2.000 persoas. Tamén utiliza para os adestramentos o Campo da Uceira situado no barrio carballiñés da Uceira. Alí disputan os seus partidos as categorías inferiores do equipo carballiñés (EMF Arenteiro) e o Sporting Carballiño, que figura na Primeira de Galicia (grupo 4º).
Pablo Ruiz Picasso, nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a cerámica, a escultura con bronce, o collage, e mesmo fixo poesía.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A glicosa 6-fosfato (tamén escrita glicosa-6-fosfato ) é unha molécula de glicosa fosforilada no carbono 6. É un composto moi común nas células, xa que a gran maioría da glicosa que entra na célula termina sendo fosforilada e convertida en glicosa 6-fosfato; unha vez fosforilada a carga negativa que ten o fosfato a pH celular impídelle saír da célula, porque non pode atravesar a membrana celular. Intervén en diversas rutas metabólicas entre as que podemos salientar as seguintes: Glicólise.
O IES Valle Inclán é un instituto de educación secundaria e un grande edificio ecléctico con elementos modernistas situado no centro da cidade de Pontevedra. Leva o nome do escritor Valle-Inclán que estudou e viviu en Pontevedra. O edificio é obra dos arquitectos Joaquín Rojí-López Calvo e José Lorite Kramer.
Elasmosaurus é un xénero de plesiosaurios que viviu en América do Norte durante a etapa Campaniana do período Cretácico Superior, hai uns 80,5 millóns de anos. O primeiro exemplar foi descuberto en 1867 preto de Fort Wallace, Kansas, EE. UU., e foi enviado ao paleontólogo estadounidense Edward Drinker Cope, quen o chamou E. platyurus en 1868. O nome xenérico significa "réptil de placa delgada" e o nome específico.
2022 (MMXXII) é o ano actual do calendario gregoriano comezado en sábado. As Nacións Unidas declararon 2022 como Ano Internacional da Pesca Internacional e da Acuicultura, Ano Internacional das Ciencias Básicas para o Desenvolvemento Sustentábel, Ano Internacional do Desenvolvemento Sustentábel das Montañas, e Ano Internacional do Vidro.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Premio Álvaro Cunqueiro de Novela
O Premio Álvaro Cunqueiro de Novela foi convocado en 2022 polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Casa Museo Álvaro Cunqueiro, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Editorial Galaxia, coa finalidade de honrar a memoria do escritor Álvaro Cunqueiro e, asemade, axudar á promoción da escrita literaria en lingua galega e á divulgación das súas autoras e autores.Deben ser obras orixinais e inéditas, a dotación é de 9000 € e a obra gañadora será publicada pola Editorial Galaxia.
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Paris Saint-Germain da Ligue 1 de Francia. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.