Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Estocolmo (en lingua sueca Stockholm ) é a capital e cidade máis poboada de Suecia, administrativamente unha municipalidade do Condado de Estocolmo. Cunha poboación en 2017 de 965 232 habitantes (2 352 549 na súa área metropolitana, arredor do 20% da poboación de Suecia), é a cidade máis grande dos países nórdicos. É a cidade máis importante do país dende o século XIII, grazas a súa localización, na costa leste sueca, no centro sur, cun arquipélago do mar Báltico en fronte e o lago Mälaren ás costas.
A televisión é un sistema de telecomunicación para a transmisión de imaxes en movemento, habitualmente acompañadas de son, así como tamén o medio de radiodifusión desa imaxe e son a través de ondas electromagnéticas, funciona a partir da análise e conversión da luz e do son en ondas electromagnéticas e da súa reconversión nun aparello que recibe o mesmo nome do sistema ou pode tamén chamarse televisor ou aparello de televisión. O aparello de televisión capta as ondas electromagnéticas e a través dos seus compoñentes internos convérteas novamente en imaxe e son. Establecida comercialmente a fins da década de 1930 nuns poucos países e na maioría entre 1950 e 1970, converteuse nun aparello común en fogares, negocios e institucións, particularmente como fonte de entretemento e información, xerando unha potente industria ao seu redor, a partir de 1970 coa aparición do vídeo doméstico e despois do laserdisc, DVD, discos Blu-ray e discos duros permitiu ver contidos gravados ou lanzados especificamente neses medios.
O Club Deportivo Arenteiro é un equipo de fútbol do Carballiño fundado no 1958, que milita actualmente na Segunda División RFEF. O seu campo é o Estadio de Espiñedo, con céspede natural e capacidade para 2.000 persoas. Tamén utiliza para os adestramentos o Campo da Uceira situado no barrio carballiñés da Uceira. Alí disputan os seus partidos as categorías inferiores do equipo carballiñés (EMF Arenteiro) e o Sporting Carballiño, que figura na Primeira de Galicia (grupo 4º).
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
Sorteo Extraordinario de Nadal
O Sorteo Extraordinario de Nadal (en castelán: Sorteo Extraordinario de Navidad), tamén coñecido como Sorteo ou Lotaría de Nadal, é un dos sorteos de lotaría máis populares que se celebra en España cada 22 de decembro, e que ten lugar, xeralmente, no salón de sorteos de Loterías y Apuestas del Estado, en Madrid. Forma parte dos sorteos de Lotaría Nacional. O premio máximo recibe o nome de "O Gordo", que dende 2011 ten un valor de catro millóns de euros o billete, 400.000 euros por décimo.
O sistema gustativo ou sentido do gusto é un sistema sensorial que é parcialmente responsable da percepción dos sabores. O gusto é a percepción producida ou estimulada cando unha substancia na boca reacciona quimicamente con células receptoras do gusto situadas nas papilas gustativas da cavidade oral, principalmente na lingua. O gusto, xunto co olfacto e a estimulación do nervio trixémino (rexistrando textura, dor e temperatura), determina o sabor dos alimentos e doutras substancias.
Celestino Fernández de la Vega
Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado no Río Miño, en Lugo, en marzo de 1986, foi un escritor galego, filósofo e ensaísta. É coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor, de 1963.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
A galanina é un neuropéptido codificado no xene GAL do cromosoma 11 humano, que se expresa amplamente no cerebro, medula espiñal e tracto dixestivo de humanos e outros animais. A sinalización que realiza a galanina prodúcese a través de tres receptores acoplados á proteína G.Descoñécense aínda moitos aspectos do papel funcional da galanina. A galanina está estreitamente implicada na modulación e inhibición de potenciais de acción en neuronas.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Allan Stewart Koningsberg, coñecido como Woody Allen, nado o 1 de decembro do ano 1935 en Nova York, é un director de cine, guionista, actor, músico e cómico estadounidense. Ao longo da súa carreira gañou varios Óscars. O seu elevado número de traballos e o seu peculiar estilo convérteno nun dos directores de cine máis respectados e prolíficos dos últimos tempos.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 192.550 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
Palmarés do Deportivo da Coruña
O Deportivo da Coruña é o club de fútbol máis laureado de Galiza. Ao longo da súa historia (116 anos), o equipo coruñés ténse proclamado campión das tres principais competicións de primeira categoría organizadas pola Real Federación Española de Fútbol (RFEF): a Liga de Primeira División, a Copa do Rei e a Supercopa de España; ás que hai que engadir outras competicións oficiais a nivel galego e estatal. A nivel internacional, o equipo chegou ás semifinais da Recopa de Europa na tempada 1995-96 e da Liga de Campións na tempada 2003-04.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.Aínda que o sexo anal está moi asociado coa homosexualidade masculina, non tódolos homes gay practican sexo anal e é bastante frecuente nas relacións heterosexuais.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Cuartel de San Fernando de Pontevedra
O antigo Cuartel de San Fernando de Pontevedra, é un grande edificio neoclásico de principios do século XX situado no centro da cidade, diante dos xardíns do doutor Marescot e moi preto da Alameda de Pontevedra.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Cambre é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2019) conta con 24.648 habitantes (23.621 no 2010, 23.231 no 2009, 22.513 no 2007, 22.092 no 2006, 21.523 no 2005, 20.919 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambrés ou cambresa.
Non é un país para vellos (en inglés: No Country for Old Men) é un filme dirixido polos irmáns Coen no 2007. Está baseado na novela homónima de Cormac McCarthy. Está protagonizado por Tommy Lee Jones, Javier Bardem e Josh Brolin e conta a historia dun home corrente ó cal o azar lle dá unha fortuna que non lle pertence.
No corpo humano feminino, a capucha do clítoris (tamén chamada preputium clitoridis e prepucio do clítoris) é un pregamento de pel que rodea e protexe o glande do clítoris; tamén cobre o eixe externo do clítoris, desenvólvese como parte dos labios menores e é homólogo co prepucio no sistema reprodutor masculino. O prepucio do clítoris está composto de tecidos mucocutánea, estes tecidos están entre a membrana mucosa e a pel, e poden ter importancia inmunolóxica porque poden ser un punto de entrada das vacinas das mucosas. O prepucio do clítoris tamén é importante non só no protección do glande do clítoris, pero tamén no pracer, xa que o seu tecido forma parte das zonas eróxenas da vulva.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial
A Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) é unha futura axencia estatal cuxa creación foi anunciada polo Goberno de España o 28 de decembro de 2021 e que se encargará de supervisar o cumprimento da normativa europea en materia de intelixencia artificial. Con isto, España converterase no primeiro Estado membro da Unión Europea con axencia estatal de supervisión da IA, previo á entrada en vigor do futuro Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial, que establece a necesidade de que os Estados membros teñan unha autoridade supervisora nesta materia.
Francisco Gómez de Sandoval y Rojas
Francisco Gómez de Sandoval y Rojas, máis coñecido polo seu título de duque de Lerma, nado en Tordesillas en 1553 e finado en Valladolid o 17 de maio de 1625, foi un político, cardeal e valido do rei Felipe III de España, rei de Castela, Aragón e Portugal na dinastía filipina.
Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Esta é unha lista dos filmes propostos na 95ª edición dos Óscar para o mellor filme internacional. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou ás industrias cinematográficas de varios países a presentar o seu mellor filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.
Val do Dubra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Limita ó sur con Santiago de Compostela e Ames, ó oeste con Santa Comba e A Baña, o norte con Coristanco e Tordoia e ó leste con Trazo. Sitúase a 20 quilómetros da capital autonómica coa que se comunica a través da estrada CP-0701, con Carballo coa CP-1914, con Ordes coa CP-5903 e dende Ames a través da estrada AC-452.
Alejandro Guillán Castaño, coñecido artisticamente como Baiuca, nado en Catoira en 1990 é un músico galego. Usou o nome artístico Alex Casanova ata 2017, momento no que deixou atrás o estilo musical pop para innovar coa mestura de música electrónica e música tradicional galega, resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica. Reside en Madrid.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O galego antigo, galego medieval ou galego-portugués (tamén chamado galaico-portugués) é a lingua medieval que se falou no noroeste da Península Ibérica que deu lugar ó galego e portugués actuais. Procedía do latín falado na Gallaecia e foi introducido polos colonizadores romanos. É polo tanto unha lingua romance.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Forza Aérea dos Estados Unidos de América
A Forza Aérea dos Estados Unidos (en inglés: United States Air Force, USAF) é unha das ramas das Forzas Armadas dos Estados Unidos. É a forza aérea máis grande e máis avanzada tecnoloxicamente do mundo e conta cuns 15 000 avións en servizo e uns 352 000 homes en activo, 72 000 na reserva, e 102 000 na garda aérea nacional (Air National Guard). O 18 de setembro de 1947, trala aprobación da Acta de Seguridade Nacional de 1947, escindiuse do exército (US Army).
O Xapón (en xaponés: 日本 Nihon ou Nippon; oficialmente 日本国, Nihon-koku Nippon-koku, literalmente: "Estado do Xapón") é un país insular situado no Extremo Oriente asiático. Circundado polo leste polo océano Pacífico e polo oeste polo mar do Xapón, ao oeste está a China, Corea do Norte, Corea do Sur e Rusia, estendéndose dende o mar de Okhotsk ao norte, até o mar da China Oriental e Taiwán ao sur. Os caracteres que compoñen o nome do Xapón significan 'sol orixe', polo que o país é chamado ás veces a "Terra do Sol Nacente".
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei".A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible. Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas, entre outros.
Gonzalo Queipo de Llano y Sierra, nado en Tordesillas (provincia de Valladolid) o 5 de febreiro de 1875 e finado en Sevilla o 9 de marzo de 1951, foi un xeneral español, conspirador e un dos principais protagonistas, sobre todo en Sevilla, do golpe que deu orixe á guerra civil española. Foi educado nun seminario, loitou na Guerra hispano-estadounidense e na Guerra do Rif, ascendendo a Xeneral de Brigada en 1923. Aínda que inicialmente apoiou ao ditador Miguel Primo de Rivera, as críticas ás súas políticas fixeron que fose rezagado na escala e nos nomeamentos e foi trasladado á reserva en 1928.
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.