Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Boloña (Bulåggna en emiliano-romañolo, Bologna en italiano) é unha cidade de Italia de 374.561 habitantes (2008), capital da provincia homónima, así como da rexión de Emilia-Romaña. Situada entre o río Reno e o río Sávena, cerca dos Apeninos, é unha das cidades históricas mellor conservadas e que posúe a segunda zona vella medieval máis grande de Europa, despois da de Venecia. Antiquísima cidade universitaria (oficialmente dende 1088), acolle numerosos estudantes que enriquecen e animan a súa vida cultural e social.
Edson Arantes do Nascimento, coñecido mundialmente como "Pelé", nado en Tres Corações (Minas Xerais) o 23 de outubro de 1940 e finado en São Paulo o 29 de decembro de 2022, foi un xogador de fútbol brasileiro, considerado "O Rei" dese deporte. Entre el e Diego Armando Maradona está o debate sobre quen é o mellor futbolista de tódolos tempos.
Super Mario Bros. (スーパーマリオブラザーズ) é un videoxogo deseñado por Shigeru Miyamoto para a videoconsola NES en 1985. Universalmente considerado un clásico, foi un dos primeiros xogos de plataforma de desprazamento lateral, a súa popularidade non tivo precedentes e comezou unha nova era nos xogos para consola, convertendo á figura de Mario na mascota oficial de Nintendo e nunha icona internacional.
O Art & Architecture Thesaurus (AAT) é un vocabulario controlado empregado na descrición de elementos de arte, arquitectura e cultura material. O AAT contén termos xenéricos, como "catedral," mais non nomes propios, como "Catedral de Notre Dame". O AAT é empregado por, entre outros, museos, bibliotecas de arte, arquivos, catalogadores, e investigadores da arte e historia da arte.
Google Trends é unha ferramenta de Google Labs que amosa os termos de busca máis populares do pasado recente. As gráficas de Google Trends representan con canta frecuencia se realiza unha busca particular en varias rexións do mundo e en varios idiomas. No eixo horizontal da gráfica representa o tempo (dende algún momento de 2004), e o eixo vertical representa a frecuencia coa que se buscou o termo globalmente.
Stanley Kubrick, nado o 26 de xullo de 1928 no barrio do Bronx en Nova York (Estados Unidos) e finado o 7 de marzo de 1999 en Hertfordshire (Inglaterra), foi un director de cine, guionista, produtor, director de fotografía e editor de cine estadounidense que desenvolveu a meirande parte dos seus traballos no Reino Unido. É considerado como un dos mellores directores de cine de tódolos tempos. Moitos dos seus filmes son adaptacións cinematográficas de novelas e relatos curtos, que destacan polo seu perfeccionismo técnico, a atención os detalles para achegarse ó realismo e o seu intenso simbolismo intelectual.
Un quilómetro (escrito con q na súa forma plena, pero abreviado km por convención internacional) é unha unidade de medida derivada do metro, e equivale a mil (1.000) metros. O seu símbolo é km no Sistema Internacional. Nótese que se escribe con minúscula e sen punto, a non ser que coincida no fin dunha frase.
O esquematismo é unha forma de representar obxectos reais cun estilo caracterizado polo uso de trazos simbólicos e simplificados que non pretenden ser realistas. O debuxo resultante, usualmente, omite detalles irrelevantes para a información que interesa resaltar e, así mesmo, os elementos son reducidos a diagramas arbitrarios ou convencionais que rozan a abstracción e que, malia iso, son doadamente accesibles á comprensión humana. A miúdo engádense símbolos abstractos de difícil interpretación se o debuxo está fóra de contexto, pero a comprensión dos mesmo aumenta a medida que o espectador familiarízase cos elementos icónicos e diagramas empregados.
Universidade Técnica de Berlín
A Universidade Técnica de Berlín (en alemán Technische Universität Berlin; abrev. TUB, TU Berlin); até 1946 Technische Hochschule Berlin, Instituto Técnico de Berlín) é unha Universidade pública que se encontra no barrio de Charlottenburg en Berlín, Alemaña.
O cinema ou cine, abreviaturas de cinematógrafo ou de cinematografía (do grego κινή kinē ou κίνημα kinēma, "movemento", e γράφω graphō "escribir", "gravar") é unha arte, un espectáculo e unha industria que apareceu a finais do século XIX froito dos avances tecnolóxicos que se desenvolveron no mundo da óptica ao longo do mesmo. Foi presentado ao público o 28 de decembro de 1895 en París polo cinematógrafo dos irmáns Lumière, un dispositivo que nos seus comezos servía de cámara para o rexistro de imaxes e de proxector para unha audiencia colectiva. Ao longo de 1896 difundiuse polas cidades europeas e norteamericanas.
Os Kansas City Royals son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Kansas City, Missouri. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Central da American League (AL). Desde 1973 xogan os seus partidos como local no Kauffman Stadium, campo con capacidade para 37.903 espectadores.
LinkedIn é unha rede social para profesionais (coñecida tamén como “Facebook dos profesionais")[Cómpre referencia] fundada en decembro de 2002 e aberta ao público en maio de 2003; sendo creada por Reid Hoffman, Allen Blue, Konstantin Guericke, Eric Ly e Jean-Luc Vaillant. Nesta rede é posible crear o teu perfil e colgar o teu CV (resumo da tua experiencia e logros profesionais), ofrecéndoche a opción de contactar con persoas especializadas no teu mesmo sector, establecendo deste xeito unha rede de contactos. En outubro de 2008, tiña arredor de 20 millóns de usuarios rexistrados.
IGN (abreviatura do nome Imagine Games Network) é unha páxina web estadounidense de videoxogos e entretemento operada por IGN Entertainment Inc., unha subsidiaria de Ziff Davis, á súa vez propiedade de j2 Global. A sede da compañía atópase en San Francisco e está dirixida polo seu antigo editor en xefe, Peer Schneider. A páxina web de IGN foi obra do emprendedor Chris Anderson e foi lanzada o 29 de setembro de 1996.
O número de onda e unha magnitude de frecuencia que indica o número de veces que vibra unha onda nunha unidade de distancia. Na literatura científica adóitase representar coa letra grega nu con til: ν ~ {\displaystyle {\tilde {\nu }}} . As súas unidades no sistema internacional son os ciclos por metro (ou metros recíprocos, m−1).
Novo Testamento (do grego: Διαθήκη Καινή, Diathéke Kainé) é o nome dado á colección de libros que compoñen a segunda parte da Biblia ou libro sagrado do cristianismo. Esta parte corresponde aos Evanxeos canónicos, segundo a tradición escritos por Mateo, Marcos, Lucas e Xoán, que relatan a vida de Xesús, xunto con diversos libros que describen os primeiros tempos do cristianismo e unha Apocalipse, a de Xoán. O termo é unha tradución do latín, Novum Testamentum, á súa vez tradución do grego Ἡ Καινὴ Διαθήκη, Hê Kainê Diathêkê, significando "A Nova Alianza" ou Testamento.
O controlador de xogo é un dispositivo de entrada usado para controlar un videoxogo. Un controlador é normalmente conectado a un arcade, consola ou computador e pode ser un teclado, rato, gamepad, joystick, paddle ou calquera dispositivo proxectado para xogos que poida recibir comandos. Algúns dispositivos especiais como volantes ou pistolas poden ser usados en xogos de carreiras ou de tiro.
Freebase foi unha base de coñecemento colaborativa composta por metadatos creados principalmente polos membros da súa comunidade. Tratábase dunha base de datos en liña recompilados dende diferentes fontes, incluíndo contribucións wiki individuais. O obxectivo de Freebase era crear un recurso global que permitise á xente e ás máquinas acceder á información dun xeito máis efectivo.
A Biblioteca do Estado Ruso (en ruso: Российская государственная библиотека, trans.: Biblioteca Estatal da Rusia) é a biblioteca nacional de Rusia e está situada en Moscova. Non se debe confundir coa Biblioteca Nacional Rusa, situada en San Petersburgo. É a terceira biblioteca máis grande do mundo en número de libros, con máis de 17 millóns de volumes, e a máis grande do país.
A ecuación da equivalencia masa-enerxía E = mc2, empregada na Teoría da relatividade, indica que a materia é simplemente outra forma de enerxía, concepto paradoxal en física clásica (e no sentido común). Porén, grazas a esta ecuación foi posible explicar fenómenos como a desintegración radioactiva. Tecnicamente a expresión resulta ser ±E = ±mc2, o que implica que a fórmula admite a existencia tanto de enerxía negativa e positiva, como de materia positiva e negativa, sendo a materia positiva e a enerxía positiva as formas comúns de materia e enerxía que coñecemos, e as súas formas negativas son, polo de agora, teóricas.
Na mitoloxía grega Zeus (en lingua grega Ζεύς), Zeús Kroniōn («descendente de Crono») ou Dias (Δίας, «rei divino») foi o soberano dos deuses e o deus do ceo e mais do trono. Na mitoloxía romana correspóndese con Xúpiter, protector da cidade de Roma desde o seu templo no Capitolio. Zeus deu orixe a boa parte dos deuses olímpicos e tamén á maioría dos heroes gregos, froito das relacións sexuais que tivo con diferentes mulleres mortais.
A batalla por Sebastopol (en ruso: Битва за Севастополь; en ucraíno: Незламна) é un filme ruso-ucraíno de 2015 dirixido por Sergey Mokritskiy e protagonizado por Yulia Peresild. O filme trata sobre Liudmila Pavlichenko, unha muller soviética que se uniu ao Exército Vermello para loitar contra a invasión alemá da URSS e se converteu nun dos francotiradores máis certeiros da segunda guerra mundial. O filme, que é unha coprodución entre Rusia e Ucraína, estreouse en ámbolos dous países o 2 de abril de 2015, e a súa estrea internacional produciuse dúas semanas despois no Festival Internacional de Cinema de Pequín.
Oakland é unha cidade en California situada na parte leste (East Bay) da Área da Baía de San Francisco. É unha cidade etnicamente moi diversa con visibles poboacións de asiáticos, afroamericanos, nativos do pacífico, árabes, indíxenas, indios, e mestizos. Ten unha poboación de 404.155 en 2008, 7.264.887 se contamos toda a área metropolitana de San Francisco.
As Illas Mascareñas (Inglés: /mæskəˈriːn/, francés: Mascareignes) ou Mascarenes ou Arquipélago de Mascarenhas é un grupo de illas no suroeste do Océano Índico ao leste de Madagascar formado polas illas pertencentes á República de Mauricio así como do departamento francés de Reunión. O seu nome deriva do navegante portugués Pedro Mascarenhas, quen as visitou por primeira vez en abril de 1512. As illas comparten unha orixe xeolóxica común no vulcanismo do punto quente da Reunión debaixo da Meseta das Mascareñas e forman unha ecorrexión distinta cunha flora e fauna únicas.
Prosopography of Anglo-Saxon England
A Prosopography of Anglo-Saxon England (PASE) é unha base de datos e un sitio web asociado que ten como obxectivo reunir todo o que se escribiu en rexistros contemporáneos sobre calquera persoa que vivise na Inglaterra anglosaxoa, nunha prosopografía. A base de datos en liña PASE, presenta detalles (que denomina factoides) das vidas de cada individuo rexistrado que viviu na Inglaterra anglosaxoa ou estivo estreitamente relacionado coa Inglaterra entre 597 e 1087, con citas específicas (e moitas veces citas de) de cada fonte primaria que describe cada factoide.PASE foi financiada polo British Arts and Humanities Research Council de 2000 a 2008 como un importante proxecto de investigación baseado no King's College de Londres no Departamento de Historia e no Centre for Computing in the Humanities, e no Departamento de Anglosaxóns, nórdicos e celtas da Universidade de Cambridge.A primeira fase do proxecto foi lanzada pola Academia Británica o 27 de maio de 2005 e está dispoñible gratuitamente en Internet. Unha segunda fase (PASE2), foi publicada o 10 de agosto de 2010, e engadiu á base de datos información extraída principalmente do Domesday Book.
Fullmetal Alchemist (鋼の錬金術師, Hagane no Renkinjutsushi, lit. «O alquimista de aceiro», tamén coñecida como Full Metal Alchemist, FMA ou Hagaren, abreviatura en xaponés) é unha serie manga escrita e ilustrada por Hiromu Arakawa. A súa primeira adaptación ao anime foi dirixida por Seiji Mizushima e a segunda por Yasuhiro Irie.
Inxeba (do xosa: "ferida") é un filme surafricano de 2017 dirixido por John Trengove. Estreouse na Competición de Cine Dramático do Mundo no Festival de Cinema de Sundance de 2017 e na sección Panorama do Festival de Cine de Berlín. O filme abriu o Festival Internacional de Cine LGBT de Tel Aviv en 2017.
A baioneta (do francés baïonnette) é un coitelo moi afiado que se acopla no extremo do canón dun fusil para combater corpo a corpo. A baioneta máis común dende o século XVII até o XIX era a chamada de cubo, consistente nun cilindro metálico oco ó que se engadía unha coitela triangular, que foi especialmente empregada nos mosquetes. No século XX pasou a ser un coitelo que se pode acoplar á arma para permitir o seu uso como baioneta.
O quilómetro por hora (km/h) é unha unidade derivada do SI de velocidade, tanto escalar como vectorial. Un obxecto que viaxa a unha velocidade media de 1 km/h desprázase 1 quilómetro nunha hora se a velocidade se mantén constante durante ese período. O símbolo utilizado para esta unidade é km/h, aínda que tamén se utiliza km·h−1.
Judy Garland, nada co nome de Frances Ethel Gumm en Grand Rapids, Minnesota, o 10 de xuño de 1922 e finada en Londres, Reino Unido, o 22 de xuño de 1969, foi unha actriz e cantante estadounidense. O seu papel máis coñecido foi Dorothy Gale en The Wizard of Oz (1939). Foi nomeada para o Óscar á mellor actriz e gañou moitos outros premios na súa carreira.
Elizabeth Woolridge Grant, máis coñecida como Lana Del Rey, nada o 21 de xuño de 1985 en Nova York, é unha cantante e compositora estadounidense. Criada ao norte do Estado de Nova York, Del Rey trasladouse á cidade de Nova York aos dezaoito anos, onde foi á universidade e comezou a escribir música e a actuar en pequenos clubs. En 2008, Del Rey asinou un contrato cunha marca independente e gravou o seu álbum de estrea homónimo, dispoñible en iTunes en 2010; Del Rey comprou de novo os dereitos do seu álbum e foi retirado pouco despois.
Un arquivo é o conxunto de documentos producidos por unha persoa, unha empresa ou unha institución. A xestión de arquivos de dimensións poboacionais só foi posible co xurdimento dos estados modernos, inda que na Idade Media xa existían bibliotecas, bases de datos (rexistros parroquiais) e xestión de contabilidade (foros) en dependencias eclesiásticas.
Un distrito electoral é unha división electoral formada polo conxunto de persoas dun territorio que votan e constitúen unha unidade de voto. Nas eleccións municipais o distrito é o concello; nas eleccións ao Parlamento galego e ás Cortes españolas, cada provincia é un distrito; nas eleccións ao Parlamento europeo cada estado membro da Unión Europea constitúe un distrito electoral.
2001: Unha odisea do espazo (en inglés: 2001: A Space Odyssey) é un filme británico-estadounidense de ciencia ficción producido e dirixido por Stanley Kubrick que foi estreado en 1968. O guión, escrito por Kubrick e Arthur C. Clarke, está parcialmente baseado na historia curta de Clarke "The Sentinel". Posteriormente, Clarke escribiu a novela 2001: A Space Odyssey, que foi publicada pouco despois da estrea.
NSFW é un acrónimo inglés para a expresión Not Safe/Suitable For Work (Non seguro/non axeitado para o traballo), empregado para se referir na linguaxe de internet ás páxinas web, foros e blogs que conteñen URLs e hipervínculos a páxinas de contido para adultos. Xeralmente, as páxinas ou sitios NSFW albergan contigo pornográfico ou para adultos, contido violento, con son malsoante ou bocapodre.O acrónimo NSFW xorde especialmente coma advertencia de certos sitios web potencialmente inaxeitados para navegar por eles en lugares públicos, froito da universalización e extensión de internet en bibliotecas, institutos, puntos de internet, ou mesmo o traballo. Paralelamente, o termo SFW (safe for work), derivado do anterior, adoita empregarse para páxinas ou sitios web aptos para navegar en público, ou sen contido inaxeitado.
Existen tres tratados coñecidos como Tratado de Lisboa: O Tratado de Lisboa de 1668, asinado entre Portugal e España, de independencia de Portugal e de remate da Guerra de Restauración portuguesa. O Tratado de Lisboa de 1864, asinado entre España e Portugal que definiou as fronteiras entre ambos países, e suprimiu a existencia do Couto Mixto O Tratado de Lisboa de 2007, acordo institucional da Unión Europea que emenda os tratados de Roma e de Maastricht.
ONA siglas que aluden á frase en inglés "original network animation" coñecido no Xapón como Web Anime (ウェブアニメ, Webu Anime), é un termo acuñado en Xapón para referirse á animación creada para ser lanzada directamente en Internet. É unha forma relativamente nova de distribución de anime, aínda non completamente adoptada, pero que se está facendo frecuente grazas á crecente cantidade de sitios dedicados á distribución de contido multimedia a través de Internet no Xapón. O seu nome deriva do termo original video animation (OVA), un termo que é empregado na industria do anime para a animación lanzada directamente en vídeo, dende principios da década de 1980.
O silencio dos cordeiros (en inglés: The Silence of the Lambs) é un filme estadounidense dirixido por Jonathan Demme que foi estreado en 1991. Está protagonizado por Jodie Foster, Anthony Hopkins e Scott Glenn. Está baseado na novela de Thomas Harris The Silence of the Lambs (1988), o segundo título sobre a personaxe de Hannibal Lecter, un brillante psiquiatra e asasino en serie caníbal.
En informática teórica e matemáticas, a teoría da computación é a rama que estuda como de eficientemente poden resolverse os problemas nun modelo de computación, empregando un algoritmo. O campo divídese en tres áreas principais: a teoría e linguaxe de autómatas, a teoría da computabilidade e a teoría da complexidade computacional, que están ligadas pola pregunta: "cales son as capacidades fundamentais e as limitacións das computadoras?".Para establecer un estudo rigoroso sobre a computación, os científicos computacionais traballan cunha abstracción matemática de computadoras denominada modelo de computación. Existen varios modelos en uso, mais o máis comunmente examinado é a máquina de Turing.
MobyGames é un sitio web dedicado a catalogar videoxogos, tanto do pasado como do presente. O sitio contén unha extensa base de datos de información de videoxogos. O obxectivo do sitio web defínese así na propia páxina: "Catalogar polo miúdo toda a información relevante acerca de xogos electrónicos (computadora, consola, e arcade) nunha maneira de xogo-por-xogo, e logo ofrecer esa información a través de preguntas flexibles e minaría de datos.
Na escala de tempo xeolóxico, o Cretáceo é o período da era Mesozoica do eón Fanerozoico que está comprendido entre 145 millóns e 500 mil e 65 millóns e 500 mil anos atrás, aproximadamente. O período Cretáceo sucede o período Xurásico da súa era e precede o período Paleoxeno da era Cenozoica do seu eón. Divídese nas épocas Cretáceo Inferior e Cretáceo Superior, da máis antiga para a máis recente.
Unha capital é unha cidade que desempeña un papel relevante na condución da política dun país. Na maioría dos casos a capital é a cidade onde está a sede do goberno, habendo no entanto excepcións. Algúns dos factores que determinan que unha cidade sexa considerada capital inclúen: A cidade é sede do goberno ou da residencia do xefe de Estado.
Philip Douglas "Phil" Jackson, nado o 17 de setembro de 1945, en Deer Lodge, Montana, Estados Unidos, é un adestrador e ex xogador da National Basketball Association (NBA). Como xogador, Phil Jackson conseguiu dous campionatos da NBA, e como adestrador ten o récord absoluto con once títulos, superando a anterior marca histórica de nove campionatos como adestrador de Red Auerbach dos Boston Celtics.
A Sega Dreamcast (en xaponés: ドリームキャスト) foi a última consola de videoxogos creada por Sega. Despois de que a Dreamcast fose descontinuada, Sega abandonou o negocio da venda de videoconsolas, dedicándose ao mundo das máquinas de arcade e ao desenvolvemento de software para plataformas doutras empresas.
En informática, un teclado de ordenador é un periférico utilizado pola introdución de ordes e datos nun ordenador, aínda que teclados similares se utilizan tamén en máquinas de escribir. Actualmente o teclado é un elemento indispensábel para un ordenador e é xunto co rato o periférico de entrada máis importante.
O Renacemento italiano foi a primeira manifestación do Renacemento europeo, un período de grande cambios e adiantos culturais que comezou en Italia durante o século XIV, e durou ata o século XVI, marcando a transición entre a Idade Media e a Idade Moderna. O termo Renacemento é moderno en realidade, xa que provén do século XIX, de historiadores como Jules Michelet e Jacob Burckhardt. Malia que na orixe do movemento o esforzo intelectual estaba confinado á literatura e o patrocinio formou parte do século XIV, moitos aspectos da cultura e da sociedade italiana seguiron a ser fondamente medievais.
Fullmetal Alchemist: Brotherhood
Fullmetal Alchemist: Brotherhood (en xaponés: 鋼の錬金術師 FULLMETAL ALCHEMIST, Hepburn: Hagane no Renkinjutsushi: Furumetaru Arukemisuto) é unha serie anime adaptada do manga Fullmetal Alchemist de Hiromu Arakawa. Producida por Bones, a serie está dirixida por Yasuhiro Irie e foi escrita por Hiroshi Ōnogi. Fullmetal Alchemist: Brotherhood é a segunda adaptación televisiva baseada en Fullmetal Alchemist, sendo a primeira a versión de 2003.
Un grupo social, chamado tamén grupo orgánico, é un conxunto de persoas que desenvolven rol social recíproco dentro da sociedade. Este pode ser facilmente identificado, ten forma estruturada e é duradeiro. As persoas dentro del actúan de acordo cunhas mesmas normas, valores e fins acordados e necesarios para o ben común do grupo.
O número CAS é unha identificación numérica única para compostos químicos, polímeros, secuencias biolóxicas, preparados e aliaxes. Tamén se fai referencia a el como CAS RN (en inglés CAS registry number). O Chemical Abstracts Service (CAS) asigna estes identificadores a cada composto químico descrito.
Game of Thrones é unha serie de televisión estadounidense de fantasía medieval creada para a canle HBO por David Benioff e D. B. Weiss. Está baseada na obra do autor George R. R. Martin A Song of Ice and Fire, unha serie de novelas de fantasía, a primeira das cales se chama A Game of Thrones. A serie ródase en Paint Hall Studios de Belfast, e en diversas localizacións en Irlanda do Norte, Malta, Croacia, Islandia, España, os Estados Unidos e Marrocos.
Friends é unha serie de televisión estadounidense, creada por Marta Kauffman e David Crane, producida en asociación coa Warner Bros. Television, filmada nos Warner Bros Studios en Burbank e emitida por vez primeira o 22 de setembro de 1994 na cadea NBC. Inmediatamente despois do éxito no seu país, comezou a súa difusión por todo o mundo con similares resultados, sendo considerado ata hoxe en día coma un dos mellores na historia da televisión. A serie está composta de dez tempadas duns 24 capítulos cada unha, agás a terceira e a sexta que tiveron 25 e a última que só tivo 18.
A National Trust, nome polo que se coñece popularmente a National Trust for Places of Historic Interest or Natural Beauty (Fundación Nacional para Sitios de Interese Histórico ou Beleza Natural), é unha organización de conservación existente en Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte, e a organización asociativa máis grande no Reino Unido. A misión da National Trust consiste na preservación e protección dos espazos e lugares históricos. A National Trust posúe sobre 350 propiedades, entre as cales se contan numerosos xardíns e edificios históricos, monumentos industriais e sitios históricos.
British Board of Film Classification
O British Board of Film Classification («Consello Británico de Clasificación de Filmes», coñecido tamén polas súas siglas BBFC), é a organización responsable da clasificación e censura de filmes, vídeos e algúns videoxogos (por exemplo a saga GTA) dentro do Reino Unido.
Un lago (do latín lacus) é un accidente xeográfico constituído por unha grande extensión de auga (ou nalgún caso doutro líquido), en xeral auga doce, rodeada de terra e sen movemento fluído (isto é, sen corrente). Esa auga pode provir: da choiva; dunha nacente local; ou de cursos de auga, como ríos que desauguen nesa depresión.Normalmente, a auga dos lagos é auga doce, mais existen no mundo algúns importantes lagos salgados, como o Gran Lago Salgado da América do Norte ou o Mar Morto no Oriente Medio (Israel e Palestina). Nalgúns casos, o termo lago úsase para describir unha bacía que, aínda estando baldeira a maior parte do tempo, pode chegar a encherse de auga en condicións estacionais de chuvias fortes.
My Stepmother Is An Alien é un filme estadounidense, unha comedia de ficción científica de 1988. O filme produciuno Weintraub Entertainment Group e distribuiuno Columbia Pictures, a dirección é de Richard Benjamin e os protagonistas principais Kim Basinger, Dan Aykroyd, Jon Lovitz e Alyson Hannigan.
Xbox One é unha consola de videoxogos desenvolvida por Microsoft e anunciada en maio de 2013. É a sucesora da Xbox 360 e a terceira consola da familia Xbox, lanzada á venda en Norteamérica, algúns países de Europa, Australia e no Brasil en novembro de 2013, e no Xapón, China e outros países europeos en setembro de 2014. Compite coa consola de Sony PlayStation 4 e a Wii U de Nintendo como parte oitava xeración de videoconsolas.
Sony Music Entertainment, tamén coñecida como SME, Sony Music ou simplemente Sony (anteriormente denominada Sony BMG Music Entertainment) é un selo musical estadounidense. É un dos catro maiores conglomerados de compañías discográficas do mundo xunto coa Universal Music Group, EMI e Warner Music Group, sendo actualmente a segunda maior.
A Cinémathèque Française (en galego: "Cinemateca Francesa") é unha institución francesa con sede en París, fundada en 1936, que se dedica a coleccionar, conservar, restaurar e dar a coñecer o patrimonio cinematográfico mundial. Malia ser unha asociación privada, está financiada principalmente polo Estado Francés.
Resident Evil (coñecido no Xapón como Biohazard (バイオハザード, Baiohazādo) é unha serie de videoxogos de supervivencia de terror e unha serie de cómics, novelas, catro filmes e unha manchea de coleccionables como figuras de acción, guías de estratexia e publicacións. Desenvolvida pola compañía Capcom e creada por Shinji Mikami, a serie vendeu máis de 35 millóns de xogos ata marzo de 2009.
Venom é unha banda inglesa de heavy metal formada en 1979 en Newcastle upon Tyne. O grupo fíxose famoso no final da "New Wave of British Heavy Metal", e os seus dous primeiros álbums, Welcome to Hell (1981) e Black Metal (1982), son considerados unha grande influencia no thrash metal e no metal extremo en xeral. O seu segundo traballo probou a influencia da banda, xa que o seu título sería usado como o nome dun subxénero do meta extrema, o black metal.
Mauricio (/məˈrɪʃ(i)əs, mɔː-/, francés: Maurice [mɔʁis, moʁis] ( ); Modelo:Lang-mfe), oficialmente a República de Mauricio, é nación insular no Océano Índico a uns 2.000 quilómetros da costa sueste do continente africano, ao leste de Madagascar. Constituído polas illas Mascareñas orientais (Mauricio e Rodrigues) e por dous arquipélagos de illotes máis ao norte: as illas Cargados Carallos e as illas Agalega (Saint Brandon).. Os seus veciños máis próximos son a posesión francesa de Reunión, ao oeste, e as Seychelles, ao norte.
International Standard Musical Work Code
O ISWC (acrónimo inglés de International Standard Musical Work Code) é o número de referencia internacional para a identificación e comercialización de obras musicais, equivalente ao ISBN para os libros. Está descrito pola norma internacional ISO 15707.
Incredibles 2 é un filme de animación estadounidense de 2018 producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures. Escrito e dirixido por Brad Bird, é a secuela do filme de 2004 The Incredibles e o segundo título da franquía. O seu argumento é unha continuación directa dos eventos do primeiro filme e conta as aventuras da familia Parr e a súa busca do equilibrio entre a súa vida como superheroes e como unha familia civil normal.
O termo secretario xeral ou primeiro secretario é designación utilizada para identificar ao principal xefe ou líder de certas organizacións sindicais, partidos, asociacións nacionais e internacionais ou empresas. Utilízase normalmente para designar o cargo máis importante dentro dunha organización internacional multilateral. Tamén, pode ser utilizado para denominar ao cargo inmediatamente inferior ao presidente dunha organización.
O alemán suízo (Schweizerdeutsch, Schwyzerdütsch, Schwiizerdütsch, Schwyzertütsch) é unha das variedades da lingua alemá falados en Suíza, en Liechtenstein e nas zonas fronteirizas de Austria. A maioría dos suízos aprenden o alemán suízo na casa e nas rúas. Cada rexión de Suíza ten o súa propia variación do dialecto, chegando a ser difícil a comunicación entre rexións remotas; entre outras razóns, porque a maior parte dos programas de televisión e os debates políticos son sempre en alemán oficial (estándar).
En xeoloxía o Eoarcaico ou era Eoarcaica é unha era ou eratema que comprende o tempo inicial que vai despois da solidificación da codia terrestre, despois da etapa inicial fundida da formación da Terra. Na escala de tempo xeolóxico vén despois do eón Hádico e precede á era Paleoarcaica. As orixes abióticas da vida datáronse no intervalo entre os 4.000 e os 3.600 Ma de antigüidade, cando os valores de presión atmosférica ían de 10 a 100 bares (de 10 a 100 atmosferas).
Getty Thesaurus of Geographic Names
O Tesauro de Nomes Geográficos Getty (en inglés Thesaurus of Geographic Names, abreviado ou TGN ou GTGN) é un produto da fundación J. Paul Getty Trust incluído no Programa de Vocabulario Getty. O TGN inclúe nomes e informacións asociadas sobre lugares. Os lugares do TGN inclúen entidades políticas administrativas (por exemplo, cidades ou nacións) e as súas características físicas (por exemplo montañas, ríos etc).
Restauración borbónica en España
Coñécese como Restauración Borbónica o período que abrangue dende o pronunciamento do xeneral Arsenio Martínez Campos en 1874, en Sagunto, e que dá fin á Primeira República española e a proclamación da Segunda República española o 14 de abril de 1931. A denominación alude ao feito da recuperación do trono español por parte dunha persoa da dinastía Borbón, o futuro Afonso XII, tras a paréntese do Sexenio Revolucionario. Este período caracterízase por certa estabilidade institucional, a conformación dun modelo liberal do Estado e a incorporación dos novos movementos sociais e políticos, froito da Revolución Industrial, que comeza a súa decadencia coa ditadura de Miguel Primo de Rivera en 1923.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].