Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Bieito XVI (en latín, Benedictus PP. XVI), nado co nome de Joseph Ratzinger en Marktl am Inn (Baviera) o 16 de abril de 1927 e finado no Vaticano o 31 de decembro de 2022, foi o 265º Papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 19 de abril de 2005 ata o 28 de febreiro de 2013 permanecendo como papa emérito desde entón. En 1981 Xoán Paulo II nomeouno prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe, cardeal dende 1993, e en 2002 accedeu ao posto de deán do Colexio de Cardeais. Foi un dos homes con máis influencia durante os últimos anos do papado de Xoán Paulo II. O 11 de febreiro de 2013 anunciou a súa decisión de renunciar ao seu posto, que se fixo efectiva o día 28.
Syd Matters é un grupo musical francés formado polo músico Jonathan Morali, Jean-Yves Lozac'h, Olivier Marguerit, Remi Alexandre e Clement Carle. O nome Syd Matters provén da deturpación dos nomes dos membros de Pink Floyd, Syd Barrett e Roger Waters. As súas cancións "To All of You" e "Hello Sunshine", unha versión de Super Furry Animals, foron empregadas na serie de televisión The O.C. nas temporadas 3 e 4 respectivamente.
Reiki, do xaponés reiki (霊気 ou レイキ, poder espiritual, atmosfera misteriosa) é unha práctica pseudocientífica considerada como medicina complementaria e alternativa (CAM),, é dicir, non científica, que afirma tratar de lograr a curación ou equilibrio do paciente a través da imposición das mans do practicante, canalizando certa suposta "enerxía vital universal". As probas clínicas realizadas non atoparon ningún efecto positivo máis aló do placebo. No entanto, na actualidade úsase o reiki como terapia nalgúns hospitais e clínicas, aínda que non se teñan probas da súa efectividade.
Carlos III (Charles Philip Arthur George Windsor; nado en Londres o 14 de novembro de 1948) é o rei do Reino Unido e de catorce estados independentes máis chamados Reinos da Commonwealth desde 2022, tras a morte da súa nai a raíña Isabel II. Tamén é o xefe da Commonwealth, unha grande organización intergobernamental formada por 53 países independentes. Era o herdeiro, así como o duque de Cornualles e duque de Rothesay de 1952 a 2022, sendo a persoa máis longa na liña de sucesión ao trono británico da historia. Tamén foi o príncipe de Gales máis lonxevo, xa que ostenta o título desde xullo de 1958.
O Reino dos Países Baixos é un Estado soberano membro da Unión Europea composto por catro países, os Países Baixos, Aruba, Curaçao e Sint Maarten. O Estatuto do Reino dos Países Baixos, data de 1954, determina os asuntos xestionados polo Reino. O monarca do Reino é tamén o monarca de cada un dos países.
O hindi (हिन्दी) é un idioma falado en moitos estados do Norte e do Centro da India. É unha lingua indoeuropea, da familia Indoirania. Evolucionou a partir dos idiomas prákritos da Idade Media (indoario medio) e, indirectamente, do sánscrito, do cal toma grande parte do vocabulario técnico, relixioso e xurídico.
A artillería ou artillaría é a arma do exército que está a cargo de armas de fogo superiores ó calibre 20 con carga explosiva[Cómpre referencia]. Tamén se refire o conxunto de armas deseñadas para disparar prollectis de tamaño considerable. A palabra segundo se utiliza no contexto actual orixinouse na Idade Media, provén do francés antigo atellier (arranxar) e attillement (equipamento).
Volodymyr Oleksandrovych Zelenskyi (en ucraíno: Володимир Олександрович Зеленський; en ruso: Владимир Александрович Зеленский) nado en Krivoi Roh o 25 de xaneiro de 1978, é un político, guionista, actor, comediante e produtor/director cinematográfico ucraíno, actual presidente de Ucraína desde 2019, sendo o 6.º presidente desta república.
Un mausoleo é un edificio externo construído como un monumento que inclúe o espazo de enterro ou a cámara de enterro dunha ou varias persoas defuntas. O mausoleo funerario baleiro erixido en honra dunha persoa ou grupo de persoas para os que se desexa gardar un recordo especial chámase cenotafio. Os mausoleos cristiáns algunhas veces teñen tamén unha capela.
Morto en combate (en inglés KIA, killed in action) é unha clasificación de baixas utilizada frecuentemente polos militares para sinalar mortes nas súas propias filas provocadas por forzas contrarias. É posible aplicar o termo morto en combate tanto para as tropas que combaten en primeira liña como para as unidades navais, aéreas e de apoio ou reforzo. Non adoita incluír a falecidos en accidentes, ataques terroristas, ou outro tipo de eventos «non hostís».
A xenealoxía é unha das ciencias auxiliares da historia, encargada do estudo e seguimento da ascendencia e descendencia dunha persoa ou familia. O documento que rexistra este estudo adoita ser coñecido como árbore xenealóxica. O termo procede do latín genealogia, á súa vez do grego genea (genos, raza, nacemento, descendencia) + -logia (logos, ciencia, estudo).
Unidade central de procesamento
Unha unidade central de procesamento (UCP) ou CPU (inglés: central processing unit) é un circuíto electrónico dunha computadora que leva a cabo as instrucións dun programa informático realizando as tarefas básicas aritméticas, lóxicas, de control e de entrada/saída especificadas polas instrucións. O termo CPU comezouse a empregar na industria informática a comezos da década dos 60, e adoita empregarse tradicionalmente para referirse ao propio procesador e á unidade de control, facendo distinción entre estes elementos e outros coma a memoria ou os compoñentes de entrada/saída.O formato, deseño e posta en funcionamento das CPU foron evolucionando ó longo da súa historia, pero o seu funcionamento fundamental segue sendo o mesmo que nos seus comezos. Os dous compoñentes principais dunha CPU son a unidade aritmético-lóxica (ALU), que realiza operacións aritméticas e lóxicas, e a unidade de control (CU), que extrae, descodifica e executa as instrucións dende a memoria, empregando a ALU cando é necesario.
O crioulo haitiano (Kreyòl ayisyen; kɣejɔl ajisjɛ̃), adoito chamado simplemente kreyòl, é unha lingua falada en Haití por arredor de oito millóns de persoas (o 80% da poboación total do país) e, a través da emigración, ten un millón de falantes en Cuba, Bahamas, Canadá, Illas Caimán, república Dominicana, Güiana Francesa, Martinica, Guadalupe, Belize, Porto Rico e nos Estados Unidos. É a lingua crioula máis falada do mundo.
Wilhelm Reich, nado en Dobrzanica, Galicia (Imperio austrohúngaro) o 24 de marzo de 1897 e finado en Lewisburg (Pensilvania, EUA) o 3 de novembro de 1957, foi un inventor, postulador da teoría do orgón, médico, psiquiatra e psicanalista austríaco-estadounidense. Foi membro da Sociedade Psicanalítica de Viena, sendo inicialmente un discípulo de Freud, aínda que co tempo experimentou un cambio bastante apreciable en canto ás súas teorías sobre a psicanálise. Dos seus estudos de Freud, os puntos que máis lle interesaron foron o inconsciente, a neurose e a libido.
Un conflito é unha situación de tensión ou hostilidade producida por un desacordo entre dous ou máis persoas. Cando acontece o enfrontamento, este pode xerar unha discusión verbal ou no grao extremo unha guerra, namentres que se non aflora provoca inestabilidade psíquica no suxeito ou poboación, que haberá precisar a posteriori dun tempo de reestabelecemento co gallo de recobrar a orde ou a paz.
Ana Bolena (en inglés: Anne Boleyn), raíña consorte de Inglaterra, 1ª marquesa de Pembroke. A súa data de nacemento adoitaba fixarse en 1507, pero os historiadores máis modernos dátana en 1501 - 19 de maio de 1536. Ana foi a segunda esposa do rei Henrique VIII e a nai da raíña Isabel I. O matrimonio de Henrique e Ana, e a súa subsecuente execución, eran parte do complexo comezo da considerable axitación política e relixiosa que foi a Reforma inglesa, con Ana participando activamente na promoción da causa da reforma da Igrexa.
Cemiterio Nacional de Arlington
O Cemiterio Nacional de Arlington (en inglés: Arlington National Cemetery) é un cemiterio militar estadounidense do Condado de Arlington, Virxinia. Cruzando o río Potomac dende Washington, D.C., nas 253 ha están enterrados os mortos en conflitos da nación dende a Guerra Civil Estadounidense, así como os mortos doutros conflitos anteriores que foron voltos a enterrar neste cemiterio. O cemiterio creouse durante a Guerra Civil nas leiras de Arlington House, que fora a casa da familia da muller do xeneral confederado Robert E. Lee, Mary Anna (Custis) Lee (a tatara-tataraneta de Martha Washington).
As cruzadas foron unha serie guerras relixiosas en Asia Occidental e Europa iniciadas, apoiadas e, ás veces, dirixidas pola Igrexa católica entre os séculos XI e XVII. As cruzadas difiren doutros conflitos relixiosos en que eran consideradas unha penitencia polos participantes para o perdón dos pecados confesos. O alcance das cruzadas é controvertido: algúns historiadores restrínxenas ás peregrinacións armadas a Xerusalén, outros amplíanas a todas as campañas militares católicas cunha promesa de beneficios espirituais, ou a todas aquelas cuxa principal característica é o fervor relixioso. As cruzadas máis coñecidas son aquelas dirixidas contra os musulmáns do Mediterráneo oriental para recuperar a Terra Santa entre os anos 1096 e 1271.
Wikivoyage é unha guía turística libre en Internet baseada na tecnoloxía wiki. Foi fundada en setembro do ano 2006 por autores alemáns de Wikitravel desconformes coas políticas dos donos do devandito sitio. Converteuse no wiki co tema viaxes máis popular en Alemaña, con máis de 8000 artigos, e en decembro do 2007 lanzouse a versión en italiano, que actualmente rolda os 1600 artigos.
Un golpe de Estado (do francés coup d'État,) ou putsch (do alemán) é a usurpación do poder vixente, violando e vulnerando a legalidade institucional nun Estado por parte dun grupo de persoas, xeralmente forzas armadas sublevadas ou sectores da sociedade non conformes co sistema de goberno ou co goberno mesmo.
WikiTree é unha páxina web libre e social sobre xenealoxía que deixa ós usuarios investigador e contribuír ás súas propias árbores familiares persoais, ó tempo que constrúe e colabora nunha singular árbore mundial familiar dentro do mesmo sistema. O sitio foi creado no ano 2008 por Chris Whitten, desenvolvedor da páxina WikiAnswers, e é propiedade de Interesar.com, Inc. O sitio utiliza unha linguaxe “wiki markup" (achegada polo software MediaWiki) que ofrece a usuarios principiantes e experimentados a habilidade de crear e editar perfís persoais, categorías e “páxinas espaciais” libres para documentar a historia da súa familia.
A Universidade de Toronto, tamén coñecida como UofT, é unha universidade localizada en Toronto (Ontario), a meirande do Canadá. Atrae estudantes de todo o estado, así como un número significativo de estudantes doutros países. Nas súas instalacións graduáronse catro Primeiros ministros do Canadá, dous gobernadores xerais, e numerosos líderes de negocios e académicos de recoñecido prestixio internacional.
Cardiff (en galés: Caerdydd) é a capital e cidade máis importante de Gales. Situada na canle de Bristol, ó suroeste de Gales e preto da fronteira con Inglaterra, expandiuse enormemente durante o século XIX debido á industria mineira e ó tráfico dos seus portos. Segundo o censo de 2011, a poboación de Cardiff é de 341.054 habitantes, sendo a décima cidade máis grande do Reino Unido.
Un soldado, no seu sentido máis xeral, é un individuo que se alistou, voluntariamente ou en cumprimiento dun servizo militar obrigatorio, nas forzas armadas dun país soberano, recibindo adestramento e equipo para defender a devandito país e os seus intereses. Na súa condición de membro de devanditas forzas armadas, convértese nun militar organizado no exército. Dentro do exército divídense os grupos de soldados xeralmente en corpos ou armas de distintas denominacións, tales como infantería, mariñeiría, artillería, cabalaría etc).
Catherine Zeta-Jones, nada o 25 de setembro de 1969 en Swansea, é unha actriz, cantante e bailarina galesa de cinema e teatro. Ó longo da súa carreira como actriz recibiu moitos premios e recoñecementos polo seu talento. Entre eses premios destaca o Premio Óscar que acadou pola interpretación da asasina "Velma Kelly" no filme Chicago no ano 2002.
Pune é unha cidade do estado de Maharashtra, no centro-oeste da India, a segunda en importancia trala capital Mumbai e a un centenar de quilómetros ao suroeste desta última. Conta con 3.446.330 de habitantes (2010) e máis de cinco millóns na área metropolitana. Enclavada na meseta do Decán, a 552 metros de altitud ao pé dos Ghats Occidentais que a separan da costa do Índico, sitúase na confluencia dos ríos Mula e Mutha.
Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle
Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle, traducido como Autocontrol no Software de Entretemento e abreviado comunmente como USK, é unha organización de clasificación de videoxogos en Alemaña.
A terceira revolta servil foi a última a última dunha serie de rebelións sen conexión fracasadas contra Roma, coñecidas colectivamente como revoltas ser exército de escravos escapados, en torno a 120.000, baixo as ordes de Espartaco, famoso gladiador da época, atacou o rural do sur de Italia e derrotou a varios exércitos romanos enviados para capturalos ou destruílos. O obxectivo era a obtención da liberdade, e cruzaron toda a península para superar os Alpes, pero chegando á Galia Cisalpina por razóns non de todo aclaradas deron volta cara ao sur de Italia e acabaron sendo derrotados por Craso e Pompeio.
A República de Suráfrica é unha república situada no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botswana e Cimbabue; ao leste con Mozambique e Eswatini; mentres que Lesoto é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano. Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o afrikaans, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano.
Guillerme I de Inglaterra, nado en 1027 e finado o 9 de setembro de 1087, foi o primeiro rei normando de Inglaterra, tras a morte de Haroldo II de Inglaterra na batalla de Hastings. Tamén foi chamado Guillerme o Conquistador e Guillerme de Normandía, e mesmo Guillerme o Bastardo, por ser fillo ilexítimo do seu pai, Roberto o Magnífico, duque de Normandía.
Un grupo abeliano é unha estrutura alxébrica determinada sobre un conxunto G que ten estrutura de grupo e no que a operación interna é conmutativa. Os grupos abelianos reciben o seu nome en honra ao matemático noruegués Niels Henrik Abel, que os empregou no seu estudo das ecuacións alxébricas resolubles con radicais. Os grupos que non son conmutativos denomínanse “non abelianos” ou “non conmutativos”.
O Amstrad CPC foi unha serie de ordenadores persoais de 8 bits producidos por Amstrad durante os anos 80 e a principios dos anos 90. As siglas CPC anunciaban un ordenador persoal a cor (Color Personal Computer), aínda que era posible comprar un CPC tanto con pantalla de fósforo (GT65/66) como con pantalla estándar a cor (CTM640). Comercializado en 1984 e descatalogado en 1990, contaba con procesador Zilog Z80A @ 4 MHz e memoria de 64 a 576 KB. O sistema operativo era o CP/M e contaba ademais con Locomotive BASIC 1.0 e 1.1.
TRS-80 ou TRS-80 Micro Computer System é unha familia de ordenadores que foi fabricada pola compañía Tandy Corporation, sendo unha das pioneiras da computación persoal, polo lanzamento do TRS-80 Modelo I. A sigla TRS é orixinada do nome da compañía Tandy mailo da Radio Shack. A familia era composta de varios modelos de ordenadores, desde o Modelo I ata o Modelo II e, despois, polos modelos Color, e tivo moito éxito nas vendas, o que incentivou outras empresas a produciren varios clones noutros países e dentro dos EE.UU., como o Max-80 (EE.UU.), Aster CT-80 (Países Baixos) ou CP 500 (Brasil).A arquitectura do sistema era baseada nunha UCP formada polo microprocesador Zilog Z-80, que era mencionado polo número 80, do nome TRS-80. A velocidade de procesamento de datos era de 1,77 MHz e a capacidade de memoria RAM era de 4Kb.
Camillo-Guarino Guarini (7 de xaneiro, 1624 - 1683) foi un sacerdote, matemático, escritor e arquitecto. Nacido en Módena, estudou matemáticas, foi profesor de literatura e filosofía en Mesina e arquitecto do duque Filiberto de Savoia, escribiu libros de matemáticas en latín e italiano e o seu Euclides adauctus foi unha das primeiras obras de xeometría descritiva. Realizou a súa actividade arquitectónica en Turín inspirada na obra de Francesco Borromini, de quen procede o sentido ondulante das estruturas e elemementos, o carácter determinante do espazo, creando ámbitos con maior fantasía e variedade formal.
O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.
Antigo cemiterio xudeu de Praga
O antigo cemiterio xudeu de Praga (en checo: Starý židovský hřbitov) atópase no barrio xudeu de Praga (na República Checa), o Josefov. Foi empregado dende o século XV (a súa tumba máis antiga, a de Avigdor Kara, que data de antes de 1439) até o ano 1787. O seu antecesor foi outro cemiterio chamado «O xardín xudeu», situado no Barrio novo de Praga e atopado recentemente grazas a diversas escavacións arqueolóxicas.
O Metropolitan Museum of Art (Museo Metropolitano de Arte) da cidade de Nova York, coloquialmente "The MET", é o maior museo de arte dos EUA. Con 6 479 548 visitantes nas súas tres sedes en 2019, foi o cuarto museo de arte máis visitado do mundo. A súa colección permanente contén máis de 2 millóns de obras divididas en 17 departamentos. O edificio principal, no número 1000 da Quinta Avenida, ao longo da Museum Mile no bordo oriental de Central Park no Upper East Side de Manhattan, é unha das galerías de arte maiores do mundo.
O francés (le français [lə fʁɑ̃sɛ] ( ) o la langue française [la lɑ̃ɡ fʁɑ̃sɛz]) é unha lingua romance da familia indoeuropea procedente do latín falado. Descendente do Latín vulgar do Imperio Romano, como todas as linguas romances. O francés evolucionou a partir do galo-romance, o latín que se fala na Galia, e máis concretamente no norte da Galia.
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda foi un estado que existiu entre o 1 de xaneiro de 1801 e o 12 de abril de 1927 nas Illas Británicas formado pola fusión do Reino de Gran Bretaña e o Reino de Irlanda coa sinatura da Lei de Unión de 1800. Despois da independencia de Irlanda, o 6 de decembro de 1922, cando o Tratado Angloirlandés de 1921 entrou en vigor, o nome oficial continuou en uso ata que foi cambiado polo de Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte mediante a Lei de Títulos Reais e Parlamentarios de 1927. A parte da illa de Irlanda que se separou do Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda en 1922 hoxe constitúe a República de Irlanda.
Pierre Auguste Renoir, nado en 1841 e finado en 1919, é un dos pintores franceses de maior sona. Non é doado clasificalo, pertenceu á escola impresionista, pero separouse dela rapidamente polo seu interese pola pintura de corpos femininos sobre as paisaxes, o pintor Rafael tivo unha grande influencia nel.
O termo depresión (do latín depressio, «opresión», «encollemento» ou «abatemento») pode referirse a: Depresión, en xeoloxía, unha zona do relevo situada a un nivel inferior cá superficie veciña. Depresión, en psicoloxía, un trastorno psíquico caracterizado por un estado de tristeza e desánimo, por veces con ansiedade. Depresión, en economía, un descenso significativo da actividade económica.
Pac-Man (パックマン, Pakkuman) ou Comecocos é un videoxogo arcade desenvolvido por Namco e licenciado para a distribución nos Estados Unidos por Midway, saíndo á luz por vez primeira o 22 de maio de 1980. Inmensamente popular nos EE.UU. desde o seu lanzamento orixinal ata a actualidade, Pac-Man é considerado universalmente como un dos clásicos do medio, virtualmente sinónimo de videoxogo, e unha icona da cultura popular dos anos 80. O xogo converteuse nun fenómeno social que vendeu unha manchea de mercadorías e tamén inspirou, entre outras cousas, unha serie de animación de televisión e música.
Armenia (en armenio: Հայաստան, Hayastan), oficialmente República de Armenia (en armenio: Հայաստանի Հանրապետություն, Hayastani Hanrapetut’yun), é un estado montañoso sen litoral localizado na rexión eurasiática de Transcaucasia. Localizado no cruzamento de camiños entre Europa oriental e Asia occidental, está rodeado por Turquía ao leste, Xeorxia ao norte, Acerbaixán e a república independente de facto de Nagorno-Karabakh ao leste, e Irán e o enclave acerbaixaní de Nakhichevan ao sur. A súa capital e cidade máis poboada é Iereván.
Halo: Combat Evolved (tamén coñecido como Halo: CE, Halo 1, ou sinxelamente Halo), é un videoxogo en primeira persoa creado por Bungie e publicado por Microsoft Game Studios. É o primeiro xogo da franquía, foi lanzado ó mercado o 15 de novembro de 2001 para a consola Xbox, e ten vendido máis de cinco millóns de copias en todo o mundo. Microsoft lanzou versións do xogo para Microsoft Windows (creada por Gearbox Software) e Mac OS X en 2003, e a historia foi adaptada e elaborada nunha serie de novelas e bandas deseñadas.
Hannah Arendt, nada Johanna Arendt en Linden-Limmer, un distrito de Hannover, o 14 de outubro de 1906 e finada en Nova York o 4 de decembro de 1975, foi unha filósofa, socióloga e teórica política alemá, despois nacionalizada norteamericana, de orixe xudía e unha das personalidades máis influentes do século XX.A privación de dereitos e persecución que os xudeus sufriron en Alemaña a partir de 1933, así como o seu breve encarceramento ese mesmo ano, contribuíron a que decidise emigrar. O réxime nacionalsocialista retiroulle a nacionalidade en 1937, polo que foi apátrida, ata que conseguiu a nacionalidade estadounidense en 1951. Traballou, entre outras cousas, como xornalista e mestra de escola superior.
Adobe Flash (antes: Macromedia Flash), ou simplemente Flash, é un programa principalmente de gráfico vectorial - a pesar de soportar imaxes bitmap e vídeos - utilizado xeralmente para a creación de animacións interactivas que funcionan embutidas nun navegador web e tamén a través de escritorios, móbiles, teléfono, tabletas e televisores. O produto era desenvolvido e comercializado por Adobe Inc., empresa especializada en desenvolver programas que auxilian o proceso de creación de páxinas web. Adóitase chamar só de flash os arquivos xerados polo Adobe Flash, é dicir, a animación en si.
Final Fantasy XV é un videoxogo de rol de acción desenvolvido e publicado por Square Enix como parte da serie de Final Fantasy. Foi estreado para a PlayStation 4 e a Xbox One no 2016, e para Microsoft Windows no 2018. O xogo desenvólvese nun mundo aberto cun sistema de batalla orientado cara á acción en tempo real, incorporando un sistema de cambio de armas rápido, así como maxias elementais e outras características como a utilización de vehículos para o transporte e acampada.
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
O Museo Raíña Sofía, oficialmente Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía (en castelán: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, MNCARS), é o principal museo español de arte do século XX e contemporánea, situado en Madrid. Inaugurouse o 10 de setembro de 1992, a partir dos procedentes do extinto Museo Español de Arte Contemporánea. É un organismo autónomo dependente do Ministerio de Cultura.
A Game Boy Color (ゲームボーイカラー, Gēmu Bōi Karā) é unha consola de videoxogos portátil de Nintendo, sucesora da Game Boy. Foi lanzada o día 21 de outubro de 1998 no Xapón, o 19 de novembro de 1998 en América do Norte, o 23 de novembro de 1998 en Europa, e o 27 de novembro de 1998 no Reino Unido. Presenta unha carcasa de diferentes cores, e é lixeiramente máis ancha e alta cá Game Boy Pocket.
A declaración de guerra é unha declaración formal mediante un documento, que provén dun estado cara a outro, onde o primeiro declara o inicio de hostilidades. Na actualidade, este feito concrétase mediante un documento formal, pero na historia moitas veces se iniciaron guerras sen previo aviso. Formalmente este documento de "declaración de estado de guerra" pode estar refrendado pola sinatura do gobernante ou soberano, polo representante dos poderes do estado, o Senado ou a chancelería do país involucrado.
Ray Douglas Bradbury, nado en Waukegan (Illinois) o 22 de agosto de 1920 e finado o 6 de xuño de 2012, foi un escritor estadounidense de ciencia ficción e de misterio. Deuse a coñecer polos seus relatos breves de ciencia ficción, que deron lugar á colección de Crónicas marcianas publicadas en 1950. É coñecido sobre todo pola súa novela Fahrenheit 451 na que se describe un mundo no que os libros están prohibidos e o pensamento crítico é perseguido.
Os Elementos de Euclides (grego: Στοιχεῖα) é un tratado matemático e xeométrico constituído por trece libros escrito polo matemático grego Euclides en Alexandría contra o ano 300 a.C. Engloba unha colección de definicións, postulados (axiomas), proposicións (teoremas e construcións) e probas matemáticas das proposicións. Nestes trece volumes Euclides recompila gran parte do saber matemático da súa época, representado no sistema axiomático coñecido como Postulados de Euclides os cales, dunha forma sinxela e lóxica, deron lugar á xeometría euclidiana. Parece que Euclides pretendía reunir tres grandes descubrimentos do seu tempo: a teoría das proporcións de Eudoxo (Os Elementos.
Vampire: The Masquerade – Bloodlines
Vampire: The Masquerade – Bloodlines é un videoxogo de rol de acción de 2004 desenvolvido por Troika Games e publicado por Activision para Microsoft Windows. Ambientado no World of Darkness de White Wolf Publishing, o xogo baséase no xogo de rol Vampire: The Masquerade. O xogador encarna o papel protagonista dun humano personaxe que morre e revive como un vampiro, nunha historia que se desenvolve na cidade de Los Angeles no século XXI tentando descubrir a verdade sobre unha reliquia recentemente atopada que presaxia o fin de tódolos vampiros.
F-Zero: Maximum Velocity, estreado no Xapón como F-Zero for Game Boy Advance, é un videoxogo futurístico de carreiras desenvolvido por Nd Cube e distribuído por Nintendo para Game Boy Advance. O xogo foi estreado no Xapón, América do Norte e Europa no 2001. É o primeiro videoxogo da serie en ser lanzado para consola portátil.
A Sega Mega Drive, coñecida en diversos territorios de América como Sega Genesis, é unha videoconsola de 16 bits producida por Sega. Forma parte da cuarta xeración de videoconsolas e competiu no mercado contra a SNES de Nintendo. Foi comercializada en 1988 no Xapón como Mega Drive e en 1989 en Norteamérica como Genesis.
A primeira guerra mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo. Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais).
O sotho do norte (Sesotho sa Leboa, tamén coñecido polo nome do dialecto estandarizado sepedi ou pedi) é unha lingua bantú falada en Suráfrica, onde é unha das 11 linguas oficiais do estado. Segundo o censo de 2011, era a primeira lingua de 4 618 576 persoas, principalmente nas provincias de Limpopo, Gauteng e Mpumalanga.As variedades urbanas do sotho do norte, como o sotho de Pretoria (que en realidade deriva do tswana), adquiriron consoantes nun proceso de expansión das linguas nguni.
DOS (Disk Operating System) é unha familia de sistemas operativos para PC: PC-DOS, MS-DOS, FreeDOS, DR-DOS, Novell-DOS, OpenDOS, PTS-DOS, ROM-DOS e moitos outros. O MS-DOS de Microsoft foi o máis extensamente usado, estes sistemas operativos corrían en hardware do tipo IBM PC usando CPU Intel x86 de 16 bits ou compatibles. Tiña unha interface de liña de comandos.
A pastorela é un subxénero da lírica moi cultivado en Francia e Provenza. Consiste nunha composición amorosa que alude ó encontro dun cabaleiro cunha pastora. O fundamental da peza é o diálogo amoroso, nunha paisaxe primaveral (medio bucólico), que comeza o personaxe masculino e ao que resposta a pastora.
Carlomagno, ou Carlos, o Grande, ou mesmo Carlos I nas listaxes reais de Francia e Alemaña, nado o 2 de abril do 747 e finado o 28 de xaneiro do ano 814, foi sucesivamente rei dos francos (de 771 a 814), rei dos longobardos (a partir de 774), e tamén o primeiro emperador do Sacro Imperio Romano (coroado o 25 de decembro do ano 800), restaurando así o antigo Imperio Romano de Occidente.
O Rinoceronte de Dürer é un gravado en madeira de Albrecht Dürer realizado en 1515 que se converteu nunha icona cultural, e que segundo algúns críticos, é a «representación dun animal que máis influencia tivo na historia da arte». Está baseado en bosquexos e descricións duns dos primeiros rinocerontes que chegaron a Europa, concretamente na corte portuguesa.