Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Escocia (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total.
Organización non gobernamental
Unha organización non gobernamental (máis coñecida pola súa sigla ONG), é unha entidade de carácter privado, con fins e obxectivos definidos polos seus integrantes, creada independentemente dos gobernos. Xuridicamente adopta diferentes status, como o da asociación, fundación, e outras formas. Ao conxunto do sector que integran as ONG denomínaselle de diferentes formas como sector voluntario, sector non lucrativo, sector solidario, economía social, terceiro sector, sector social, entre outras.
Unha campaña militar consiste nun conxunto de accións militares que transcorren nunha mesma zona xeográfica e nun mesmo período. No contexto das ciencias militares, unha campaña militar comprende todas as operacións militares, normalmente efectuadas por unha forza defensiva ou atacante, dirixidas á consecución dunha desexada situación militar ou política, dentro dunhas limitacións xeográficas e temporais.
O LP ou Long Play (en galego: "Longa duración") é un disco musical de vinilo de 12 polgadas e que se reproduce a 33⅓ revolucións por minuto, co que pode albergar até unha hora de música. Lanzado en 1948, e dez anos despois na súa forma estéreo, a partir de 1967 converteuse no formato común para a edición de música até a chegada do CD. A partir dese momento o disco de música popular comezou a considerarse como unha obra de arte [Cómpre referencia] e a ser tratado como un todo indivisible. Até entón os diferentes formatos eran só contedores nos que cabían diferente número de cancións e que seguían unha lóxica puramente comercial.
Frankfurter Allgemeine Zeitung
Frankfurter Allgemeine Zeitung (en galego literalmente Xornal Xeral de Frankfurt) é un xornal alemán de tendencia conservadora e de centro dereita fundado o 1 de novembro de 1949. Tamén é coñecido pola abreviatura FAZ ou F.A.Z.. A súa edición dos domingos é a Frankfurter Allgemeine Sonntagszeitung (F.A.S.).
SATA ou Serial ATA (traducido sería ATA serie) é un método de transmisión de dados utilizado principalmente para conectar discos ríxidos a placas de ordenadores. Esta tecnoloxía é un desenvolvemento da anterior ATA, que tiña unha velocidade de transmisión máxima de 133 MB/s. Con diferenza co anterior Paralel ATA onde os datos viaxaban de forma paralela en cables de 80 ou 100 fíos, nos discos SATA os datos viaxan de forma serial, e dicir, tódolos datos polo mesmo cabo.
Existen dúas versións do escudo do Principado de Liechtenstein, o escudo grande e o pequeno. O escudo grande é o brasón do príncipe que tamén é usado por outros membros da súa familia. Nas armas grandes aparecen, xunto ós emblemas propios do país, símbolos de diversos territorios europeos que mantiveron lazos dinásticos no pasado coa familia reinante: O primeiro cuartel recolle o brasón de Silesia; o segundo corresponde a Kuenringe; o terceiro cuartel, simboliza o Ducado de Opava e o cuarto a Frisia oriental.
O Airbus A380, fabricado polo consorcio europeo Airbus, é un avión para o transporte de viaxeiros (entre 555 e 850 viaxeiros), o que o converte no maior avión comercial da historia. Trátase dun catrimotor de dous pisos e fuselaxe ancha e debido ao seu tamaño moitos aeroportos tiveron que modificar e mellorar as súas instalacións para acomodalo. Inicialmente foi chamado Airbus A3XX e deseñouse para desafiar o monopolio de Boeing no mercado dos avións de gran tamaño.
Gran Selo dos Estados Unidos de América
O Gran Selo dos Estados Unidos é un signo para a certificación de documentos utilizado nos Estados Unidos de América, país que non conta cun escudo heráldico propiamente dito. Na composición figura o lema nacional: E Pluribus Unum, que significa en latín "de varios, un" ou "de moitos, un". O selo aparece no reverso dos billetes dun dólar.
Wozzeck é unha ópera en tres actos con música de Alban Berg e libreto en alemán do propio compositor, baseado na obra teatral inconclusa de Georg Büchner, Woyzeck. Trátase da primeira e máis famosa das óperas de Alban Berg. Foi estreada o 14 de decembro de 1925 na Staatsoper Unter den Linden de Berlín baixo a dirección de Erich Kleiber.
A arte xaponesa abarca un amplo abano de estilos e medios artísticos, incluíndo a antiga cerámica, escultura en madeira e broce, pintura en tinta en papel de seda, e moitos outros tipos de traballos artísticos. Ten tamén unha longa historia, que vai dende os primeiros asentamentos no Xapón, ao redor do décimo milenio antes da nosa era, até o presente. Historicamente, o Xapón foi obxecto de repentinas chegadas de novas ideas do exterior, seguidas de longos periódos de contacto mínimo co resto do mundo.
Alhambra é unha cidade palatina situada na cidade de Granada en España. Tratase dun rico complexo palaciano e fortaleza que aloxaba ó monarca e a corte do Reino de Granada. O seu verdadeiro atractivo, como noutras obras musulmás da época, non só radica nos interiores cunha decoración que está entre os cumios da arte andalusí, senón que tamén na súa localización e adaptación, xerando unha paisaxe totalmente integrada coa natureza preexistente.
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.
O Institute of Design (ID, Instituto de Deseño) do Illinois Institute of Technology (IIT), fundado orixinalmente como New Bauhaus, é unha escola de deseño estadounidense fundada en 1937 por László Moholy-Nagy - deseñador, profesor pioneiro deseñador e coñecido especialmente por ter ensinado na escola Bauhaus. O instituto está situado en Chicago. O termo New Bauhaus foi empregado xa desde ese momento e até o día de hoxe con diversos matices.
O termo bar pódese referir a: Bar, local onde se serven bebidas; Bar, unidade de presión.Amais, como topónimo pode referirse a: Bar, lugar da parroquia de Branzá, no concello de Arzúa; Bar, comuna francesa do departamento de Corrèze; Bar-le-Duc, comuna francesa do departamento de Meuse; Bar-lès-Buzancy, comuna francesa do departamento de Ardennes; Bar-sur-Seine, comuna francesa do departamento de Aube; Bar, cidade de Montenegro; Bar, cidade de Ucraína; Río Bar, río de Francia.
O Parlamento Europeo, tamén coñecido como Europarlamento ou Eurocámara é a institución parlamentaria que na Unión Europea representa directamente aos cidadáns dela, e que xunto coa Comisión Europea e o Consello da Unión Europea exerce a función lexislativa. Está composto por 751 deputados, que representan ao segundo maior electorado democrático do mundo, só superado polo Parlamento da India. No Parlamento Europeo están representadas as grandes tendencias políticas existentes nos países membros.
Despacito é unha canción do cantante e compositor puertorriqueño Luis Fonsi en colaboración con Daddy Yankee, foi publicada o 12 de xaneiro de 2017 na discográfica Universal Music Latino. Foi escrita por Fonsi, Erika Ender, Gabriel García e Daddy Yankee, con produción de Andrés Torres e Mauricio Rengifo (Dandee).
A illa Wake é un atol de tres illas de coral con 6,5 km2, situada no océano Pacífico e administrada polos Estados Unidos. Foi descuberta polos españois en 1568 e permaneceu sen poboación ata 1935 cando a Pan American Airways (PanAm) construíu instalacións para servir como escala nas viaxes á China. Wake caeu no poder dos xaponeses na segunda guerra mundial.
Na teoría da música occidental, un modo é un tipo de escala musical unido a un conxunto de comportamentos melódicos e harmónicos característicos. Os modos musicais formaron parte do pensamento musical occidental desde a Idade Media e inspiráronse na teoría da música grega antiga. O nome modo deriva da palabra latina modus, "medida, estándar, xeito, tamaño, límite de cantidade, método".
Un conflito é unha situación de tensión ou hostilidade producida por un desacordo entre dous ou máis persoas. Cando acontece o enfrontamento, este pode xerar unha discusión verbal ou no grao extremo unha guerra, namentres que se non aflora provoca inestabilidade psíquica no suxeito ou poboación, que haberá precisar a posteriori dun tempo de reestabelecemento co gallo de recobrar a orde ou a paz.
O coulomb ou culombio, con símbolo C, é unha unidade derivada do SI para a medida da magnitude física carga eléctrica. Defínese como a cantidade de electricidade transportada nun segundo por unha corrente dun amperio de intensidade: 1 C = 1 A ⋅ s {\displaystyle 1\ \mathrm {C} =1\ \mathrm {A} \cdot \mathrm {s} } É arredor de 6.24×1018 veces a carga dun electrón. Nomeada en honor de Charles-Augustin de Coulomb (1736 - 1806).
A sabotaxe é unha acción deliberada co obxectivo de debilitar o inimigo a través de subversion, da obstrución, da rotura ou da destrución de material. Ás veces, a sabotaxe é usada como unha forma de ineficiencia organizada polos traballadores para afectar negativamente no empregado ou para desligarse de responsabilidades por danos a terceiros.
O pop rock é un xénero musical que mestura o estilo pegadizo e as letras lixeiras do pop en cancións con guitarras baseadas no rock. Hai varias definicións do termo, que van dende unha forma máis lenta e suave do rock ata un subxénero da música pop. Os detractores do pop rock adoitan burlarse del por ser un produto comercial, moi puído e menos auténtico que a música rock.
Asdrúbal Barca, fillo de Amílcar Barca e irmán de Aníbal. Foi levado polo seu pai a Hispania no 237 a.C. e converteuse no xefe do exército cartaxinés en Hispania no 218 a.C. Cando Aníbal invadiu Italia, Asdrúbal permaneceu ó fronte da Península Ibérica, combatendo entre os anos 218 a.C. e 208 a.C. contra o exército de Publio Cornelio Escipión.
O termo secretario xeral ou primeiro secretario é designación utilizada para identificar ao principal xefe ou líder de certas organizacións sindicais, partidos, asociacións nacionais e internacionais ou empresas. Utilízase normalmente para designar o cargo máis importante dentro dunha organización internacional multilateral. Tamén, pode ser utilizado para denominar ao cargo inmediatamente inferior ao presidente dunha organización.
A declaración de guerra é unha declaración formal mediante un documento, que provén dun estado cara a outro, onde o primeiro declara o inicio de hostilidades. Na actualidade, este feito concrétase mediante un documento formal, pero na historia moitas veces se iniciaron guerras sen previo aviso. Formalmente este documento de "declaración de estado de guerra" pode estar refrendado pola sinatura do gobernante ou soberano, polo representante dos poderes do estado, o Senado ou a chancelería do país involucrado.
Un videoxogo multixogador é un videoxogo no cal máis dunha persoa pode xogar no mesmo ambiente de xogo á vez, ben sexa de forma local (como no xogo New Super Mario Bros. Wii) ou en liña a través de internet (como en World of Warcraft, Call of Duty). Os videoxogos multixogador polo xeral requiren que os xogadores compartan os recursos dun só sistema de xogo ou o uso de tecnoloxía de redes para xogar xuntos unha distancia maior; os xogadores poden competir contra un ou máis participantes humanos, traballar cooperativamente cun compañeiro humano para lograr un obxectivo común ou supervisar a actividade doutros xogadores.
AutoCAD é un programa de CAD en dúas e tres dimensións multiplataforma propiedade da empresa Autodesk dende 1982. O programa AutoCAD é o máis empregado no mundo no sector do CAD. Emprega funcións como "poliliñas" e "axuste de curvas". Autocad é un software de propósito xeral empregado por empresas de diversos sectores industriais, é usado por enxeñeiros, delineantes, profesionais, estudantes ou mestres.
O NSSDC ID, tamén chamado International Designator (designador internacional) e designación COSPAR, é unha convención internacional para nomear satélites. Consiste no ano de lanzamento, un número incremental de lanzamento de tres cifras para ese ano e un código de tres letras que representa o identificador secuencial dunha peza no lanzamento. Por exemplo, 1957-001A é o vehículo de lanzamento do Sputnik 1 e 1957-001B representa ó propio satélite.
Juliette Binoche, nada o 9 de marzo de 1964 en París, é unha actriz, artista e bailarina francesa. Ó longo da súa carreira como actriz, actuou en máis de 40 filmes, recibindo numerosos premios internacionais. Procendente dunha familia de artistas, comezou a recibir clases de interpretación durante a adolescencia.
En Estatística a poboación, tamén chamada universo ou colectivo é o conxunto de elementos de referencia sobre o que se realizan as observacións. En Epidemioloxía unha poboación é un conxunto de suxeitos ou individuos con determinadas características demográficas, da que se obtén a mostra ou participantes nun estudo epidemiolóxico á que se quere extrapolar os resultados do devandito estudo (inferencia estatística). O número de elementos ou suxeitos que compoñen unha poboación estatística denomínase N e é igual ou maior que o número de elementos que se obteñen dela nunha mostra (n).
Un mausoleo é un edificio externo construído como un monumento que inclúe o espazo de enterro ou a cámara de enterro dunha ou varias persoas defuntas. O mausoleo funerario baleiro erixido en honra dunha persoa ou grupo de persoas para os que se desexa gardar un recordo especial chámase cenotafio. Os mausoleos cristiáns algunhas veces teñen tamén unha capela.
BBC One é a máis antiga estación de televisión do Reino Unido e do mundo. É a principal canle da BBC, e comezou a emitir como BBC Television Service o 2 de novembro de 1936, aínda que a BBC emitira experimentalmente en gran variedade de formatos dende que o 30 de setembro de 1929 Baird Televisión emitise utilizando os medios da BBC. O 1 de setembro de 1939 as emisións foron interrompidas ata que de novo o 7 de xuño de 1946 volveu transmitir. A estación tivo o monopolio das transmisións de televisión no Reino Unido ata a aparición da ITV en 1955.
"Gangnam Style" (en coreano: 강남스타일) é unha canción do cantante surcoreano de pop PSY, cuxo son combina música dance/electrónica e rap. A canción foi lanzada o 15 de xullo de 2012 e debutou no posto número un en Gaon Chart, a lista musical nacional de Corea do Sur.O seu vídeo musical recibiu máis de 743 millóns de visitas en YouTube sen tomar en conta as visitas do sinxelo subido a canles non oficiais e a versión estendida non oficial, as cales representan máis de 150 millóns de reproducións, sendo isto un 25 por cento do total aproximadamente. Ademais, desde o 1 de novembro de 2012 converteuse no segundo vídeo máis visto, só superado por Justin Bieber con "Baby".
Unha batalla é un combate entre dous ou máis contendentes onde cada un deles tratará de derrotar os demais. Normalmente teñen lugar nun contexto de guerra ou campaña militar, e normalmente poden ser ben definidas polo espazo, o tempo e acción levada a cabo. As guerras e as campañas son guiadas pola estratexia mentres que as batallas son as fases nas que se emprega a táctica.
Interscope Records é unha casa discográfica estadounidense que naceu en 1990, fundada por Jimmy Iovine e Ted Field co apoio económico de Atlantic Records (que se fixo co 50% do selo). En 1992 Jimmy Iovine axudou a Death Row Records financiando e alcanzando un acordo de distribución con eles por medio de Interscope.
O Douglas DC-3 é un avión que revolucionou o transporte de pasaxeiros nos anos 30 e 40. Foi desenvolvido por un grupo de enxeñeiros encabezados por Arthur E. Raymond e voou por vez primeira en 1935. O seu desenvolvemento debeuse en parte á competencia que representou a aparición do Boeing 247, un avión con características semellantes, cara a 1933.
A música surf é un xénero de música popular asociado coa cultura do surf, en particular, do Condado de Orange e outras áreas do sur de California. Foi particularmente popular entre 1961 e 1965, posteriormente recuperouse e foi moi influente na música rock. O surf como xénero, con referencias ao sol e a area, as carreiras de coches trucados e os bólidos e, dun modo menos directo, ao sexo, era unha música californiana para pasar o intre que serviu de banda sonora para as películas de praia da época, así como de documentais como w:The Longest Wave ou w:Crystal Voyager, que celebraban o surf e o estilo de vida asociado a este deporte.
Anthony Giddens nado en Londres o 18 de xaneiro de 1938, é un sociólogo inglés. É o teórico social contemporáneo máis importante de Gran Bretaña e un dos máis influentes do mundo, Recoñecido pola súa teoría da estruturación e a súa mirada holística das sociedades modernas. Tamén adquiriu gran recoñecemento debido ao seu intento de renovación da socialdemocracia a través da súa teoría da terceira vía.
Museo Louisiana de arte moderna
O museo Louisiana de arte moderna é un museo localizado na costa norte da illa de Selandia, en Humlebæk, preto de Copenhaguen, en Dinamarca.
Unha alfaia ou xoia consiste nunha peza ornamental levada no corpo, que xeralmente se fabrica con pedras e metais preciosos, aínda que tamén se pode empregar materiais de menor valor. De feito, practicamente calquera tipo de material utilizouse para fabricar xoias. Entre os artigos de xoiaría cabe mencionar os brazaletes, colares, aneis, pendentes, así como ornamentos para o cabelo, entre outros.
Ingvar Eggert Sigurðsson nado o 22 de novembro de 1963 é un actor islandés que traballou fundamentalmente no cine islandés. Entre os seus papeis máis coñecidos están o de Friðrik Þór Friðriksson no filme Englar alheimsins e o de Baltasar Kormákur Mýrin. Ademais dos seus traballos no cine, Ingvar tamén actuou na televisión.
No Man's Sky é un videoxogo de acción e supervivencia desenvolvido e publicado polo estudio independente Hello Games para PlayStation 4 e Microsoft Windows. O xogo foi lanzado internacinalmente en agosto de 2016. O modo de xogo de No Man's Sky está baseado en catro alicerces —exploración, supervivencia, loita e comercio.
O voto é un método de toma de decisións no que un grupo, tal como unha xunta ou un electorado, trata de medir a súa opinión, usualmente como o paso final que segue as discusións ou debates. Como métodos alternativos ao voto inclúense a adopción de decisións por consenso (que funciona evitando a polarización e marxinalización da disensión) e a aposta (como nunha democracia anticipativa). En democracia, o voto implica comunmente a elección, por exemplo unha forma para que un electorado elixa entre os seus candidatos a un cargo.
A produción musical, na industria discográfica, encárgase de distintos papeis, como controlar as sesións de gravación, instruír e guiar intérpretes musicais no proceso de gravación, reunir as ideas do proxecto, dirixir a creatividade, supervisar a gravación e a mestura, e realizar o proceso de masterización. Estas foron algunhas das principais funcións dos produtores desde a creación da gravación de son, pero na segunda metade do século XX os produtores tomaron un maior papel empresarial.Na industria da música hai dúas clases de produtores: o produtor executivo e o produtor musical, con papeis distintos: o produtor executivo é o responsable financeiro do proxecto e o produtor musical é o responsable da música.
Un contido de descarga ou contido descargable, tamén coñecido polas siglas DLC (inglés: DownLoadable Content, «contido descargable») o DDC (Descarga De Contido), é un arquivo de datos liberado en forma dixital, xeralmente creado para un videoxogo, e distribuído a través de Internet. A frase se utiliza para referirse especificamente a todo material novo, exclusivo o adicional creado polos desenvolvedores para os videoxogos e que se publica por separado, non incluído no produto base. A frase, non obstante, tamén se ha utilizado para referirse a calquera tipo de medios de entretemento dixital distribuído en liña, por exemplo os mods.
O Lang Park, chamado Suncorp Stadium por razóns de patrocinio, é un moderno estadio situado no suburbio de Milton, na cidade de Brisbane, en Queensland, Australia. Construído nun parque urbano que até 1875 fora o cemiterio da cidade, o estadio foi inaugurado en 1914, e en 1957 converteuse na sede principal do rugby league do estado de Queensland. Nos últimos anos acolle os encontros de rugby union dos Queensland Reds, os encontros de rugby league dos Brisbane Broncos e os encontros de fútbol dos Brisbane Roar.
AllMusic (anteriormente coñecido como All Music Guide ou AMG) é un sitio web propiedade da empresa RhythmOne dende abril de 2015, que está concibido como un servizo de guía musical para usuarios, fans e membros da industria musical. O seu creador foi Michael Erlewine e comezou a funcionar en 1991, aínda que a base de datos non estivo dispoñible en Internet ata 1994. Só está dispoñíbel en lingua inglesa.
VVVVVV é un videoxogo de plataformas creado por Terry Cavanagh, desenvolvido orixinalmente en Adobe Flash e publicado o 11 de xaneiro de 2010 para Microsoft Windows e OS X. Simon roth adaptou o xogo a C++ no 2011, que foi publicado como parte do Humble Indie Bundle #3. Esta adaptación permitiu trasladar o xogo posteriormente a outras plataformas coma Linux, Pandora e Nintendo 3DS. A diferenza de moitos videoxogos de plataformas, en VVVVVV o xogador non pode saltar. No seu lugar pode reverter a dirección da gravidade, provocando que o protagonista caia cara abaixo ou cara arriba.
Broforce é un videoxogo de plataformas de desprazamento horizontal desenvolvido por Free Lives e publicado por Devolver Digital. O desenvolvemento comezou en abril de 2012 como parte dunha entrada para unha sesión improvisada de creación de videoxogos que continuou posteriormente polo apoio que recibiu, publicado como un xogo en Early Access. Publicouse o 15 de outubro de 2015 para Microsoft Windows e OS X, cunha adaptación para Linux dous días despois.
Antigo cemiterio xudeu de Praga
O antigo cemiterio xudeu de Praga (en checo: Starý židovský hřbitov) atópase no barrio xudeu de Praga (na República Checa), o Josefov. Foi empregado dende o século XV (a súa tumba máis antiga, a de Avigdor Kara, que data de antes de 1439) até o ano 1787. O seu antecesor foi outro cemiterio chamado «O xardín xudeu», situado no Barrio novo de Praga e atopado recentemente grazas a diversas escavacións arqueolóxicas.
Pet Sounds é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de surf rock The Beach Boys, publicado o 16 de maio de 1966 a través do selo Capitol Records. Dende entón foi recoñecido como un dos discos máis influentes na historia da música popular e un dos mellores álbums dos 60, incluíndo cancións como "Wouldn't It Be Nice" e "God Only Knows". Pet Sounds foi creado varios meses despois de que Brian Wilson deixase de xirar coa banda para centrarse na composición e na gravación.
Sant Just Desvern é unha cidade e municipio español da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Cataluña, que forma parte do área metropolitana de Barcelona. Está a unha distancia de 10,6 km de Barcelona. A distancia é de centro a centro, aínda que os barrios do distrito de Les Corts de Barcelona atópanse a pouco máis de 2 km de Sant Just Desvern.
O Daodejing, Tao Te King ou Tao Te Ching (en pinyin Dao De Jing, 道德经,) é un libro clásico chinés que, segundo a tradición, foi escrito por Lao Zi (o sabio fundador do taoísmo) contra o século VI a.C. Esta colección de aforismos poéticos está dividida en 81 capítulos que tratan nocións importantes do pensamento chinés antigo, como o «Non-facer», o «Camiño» (Tao), o regreso etc. O seu título pódese traducir como O Clásico do Camiño e da súa Virtude. Este libro ten o mérito de que tivo unha influencia moi considerábel na civilización oriental e comeza a ser coñecido en Occidente, a través das súas numerosas traducións.
Enténdese por metro cadrado a superficie que ocupa un cadrado que mide un metro de cada lado. Representado co símbolo m² é a unidade básica do Sistema Internacional de Unidades para a superficie, sendo derivada da unidade básica metro.En agrimensura, utilízanse algunhas unidades derivadas do metro cadrado, como a área (equivalente a 100 metros cadrados, 1 decámetro cadrado) e a hectárea (equivalente a 10.000 metros cadrados, 1 hectómetro cadrado). De aquí sae a sinonimia entre centiárea e metro cadrado, que son o mesmo.
Simpsons Roasting on an Open Fire
"Simpsons Roasting on an Open Fire", tamén coñecido como "The Simpsons Christmas Special", é o primeiro episodio da serie de animación The Simpsons que estaba pensado para que, orixinalmente, fose o oitavo episodio producido para a primeira temporada. A súa estrea orixinal foi na cadea FOX o 17 de decembro de 1989. No episodio, Homer descobre que non cobrará a paga extra de Nadal, polo que a familia non terá cartos para mercar agasallos de Nadal.
Dark Souls (ダークソウル, Dāku Souru) é un videoxogo de acción e rol ambientado nun mundo aberto. Foi desenvolvido e publicado para PlayStation 3 e Xbox 360 por From Software no Xapón e publicado por Namco Bandai Games internacionalmente. É un sucesor espiritual de Demon's Souls, e inicialmente comezou o proxecto baixo o título Project Dark.
O branco e negro é un termo amplamente usado para referirse a un abano de acabamentos e procesos das artes visuais de carácter monocromo, e onde só existen brancos, negros e distintas tonalidades de grises. Existe a fotografía en branco e negro e a banda deseñada en branco e negro. Tamén tiveron a súa época, se ben agora só se usan xa con carácter experimental, o cine en branco e negro e a televisión en branco e negro.
Expedición de Magalhães-Elcano
A expedición de Magalhães e Elcano foi unha expedición marítima do século XVI financiada pola Coroa española e capitaneada por Fernando de Magalhães. Esta expedición, ao mando de Juan Sebastián Elcano no seu retorno, completou a primeira circunnavegación da Terra na historia. A expedición tiña o propósito de abrir unha ruta comercial coas illas das especias por occidente, buscando un paso entre o océano Atlántico e o océano Pacífico.
A Head Full of Dreams é o sétimo álbum de estudio do grupo de música inglés Coldplay. Foi lanzado o 4 de decembro de 2015 polos selos discográficos Parlophone e Atlantic Records. É o segundo álbum da banda con Atlantic, despois de que Coldplay fosen transferidos dende Capitol Records America no 2013.
Setlist ou Set list é un documento que fai relación das cancións que unha banda musical vai interpretar nun concerto en particular. Adoita a estar impreso ou escrito nun papel, nun cartón ou nunha lámina, aínda que xa hai conxuntos que empregan as novas tecnoloxías, coma a dun IPad. O termo pode facer tamén relación á lista das cancións, pero non nun sentido físico.
Volodymyr Oleksandrovych Zelenskyi (en ucraíno: Володимир Олександрович Зеленський; en ruso: Владимир Александрович Зеленский) nado en Krivoi Roh o 25 de xaneiro de 1978, é un político, guionista, actor, comediante e produtor/director cinematográfico ucraíno, actual presidente de Ucraína desde 2019, sendo o 6.º presidente desta república.
Fanny Mendelssohn, nada en Hamburgo o 14 de novembro de 1805 e finada en Berlín o 14 de maio de 1847, posteriormente Fanny [Cäcilie] Mendelssohn Bartholdy e, tralo seu matrimonio, Fanny Hensel, foi unha compositora e pianista alemá. En Hamburgo, o Museo Fanny e Felix Mendelssohn está dedicado ás vidas e ás obras de Fanny e do seu irmán Felix.
Violencia sexual é calquera acto sexual ou tentativa de obter un acto sexual por violencia ou coerción, actos de tráfico de persoas ou actos dirixidos contra a sexualidade dunha persoa, calquera que sexa a relación coa vítima. Ocorre en tempos de paz e en contextos bélicos, é xeneralizada e é considerada como unha das violacións dos dereitos humanos máis común, omnipresente e traumática.A violencia sexual é un problema de saúde pública grave e ten un impacto profundo na saúde física e mental a curto ou a longo prazo, cun maior risco de problemas na saúde sexual e reprodutiva, cun risco maior de suicidios ou infección de HIV. Tamén se cualifican como violencia sexual os asasinatos que ocorren durante unha agresión sexual ou a consecuencia delas como é no caso dos crimes de honra. Aínda que as mulleres e as mozas a sofren en maior proporción, a violencia sexual pode ocorrerlle a calquera en calquera idade e é un acto de violencia que pode ser perpetrado por persoas proxenitoras, coidadoras, por persoas coñecidas e descoñecidas, así como polas parellas.
David Hockney, nado o 9 de xullo de 1937, é un pintor, debuxante, gravador, escenógrafo e fotógrafo inglés. É un dos maiores representantes da Arte pop da década dos 60, e un dos artistas británicos máis influentes do século XX. O seu estilo pictórico atópase estreitamente relacionado co sur de California, onde viviu e desenvolveu a súa obra entre 1963 e 2005. Dende esta última data, Hockney posúe unha vivenda e estudo en Bridlington, Londres.
O estoniano (eesti keel, IPA: [ˈeːs.ti ˈkeːl]) é a lingua oficial da Estonia, falada por preto de 1,1 millón de persoas. É unha lingua fino-ugria e intimamente ligada ao finés, falado do outro lado do Golfo de Finlandia (ambas as dúas linguas son mutuamente intelixíbeis), a lingua võro, e o saami, falado no norte da Finlandia. Máis afastadamente está relacionado coa lingua húngara.