Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional. Con todo, tratan de darlles ás pezas unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao estilo da world music ou mesmo do pop.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Unha forcada é un apeiro agrícola formado por un mango longo rematado en entre tres e seis gallas garruchas e longas, amplamente separadas e cos extremos punzantes. Estas gallas adoitan ser redondas e finas, mais tamén poden ser planas, como as do raño ou a picaña. As forcadas tradicionais eran completamente de madeira, feitas aproveitando unha póla de árbore que se separase en tres a partir dun mesmo nó.
Ánxel Fole Sánchez, nado en Lugo o 11 de agosto de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de maio de 1986, foi un escritor en galego e castelán que cultivou todos os xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio), aínda que a súa sona lle vén fundamentalmente dos seus libros de contos, recollidos en catro volumes. En 1997 foille adicado o Día das Letras Galegas. Usou os pseudónimos Bakurin, F. de N., Fole de Navia, Eginardo de Tor, Fuco de Caldas, Lexandre de Arcos, Lucencio, Troitiño, Xelos de Orbán e Neumandro (o máis utilizado).
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 179.539 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Un aturuxo, agrúo, aturulo, grixido ou ufido é un berro agudo e prolongado característico do folclore galego. Consérvase na actualidade como un berro de alegría emitido polo público, ou os intérpretes, no decurso dunha peza musical. É moi típico de seráns, romarías, foliadas, e prolifera o seu uso a medida que se quenta o ambiente, podéndose tomar a súa frecuencia e intensidade como indicador do espírito festeiro dos presentes.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A ikurriña (en éuscaro: ikurrina, e cuxa pronunciación é igual cá anterior) é a bandeira do pobo vasco e símbolo oficial da comunidade autónoma do País Vasco. Esta bandeira consiste nunha cruz branca sobre unha cruz verde oblicua sobre un campo vermello. Foi deseñada en 1894 polos irmáns Luis e Sabino Arana Goiri.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A bandeira dos asirios (en siríaco: ܐܬܐ ܐܬܘܪܝܬܐ: ʾāṯā ʾāṯōrāytā ou ܐܬܐ ܕܐܬܘܪ ʾāṯā d-ʾāṯōr) é a bandeira étnica que representa ao pobo asirio, creada para representar a súa nación e patria, así como á diáspora asiria. Os seus dous compoñentes, a estrela de Utu/Shamash, que era un símbolo do deus Shamash, e que tamén se usaba habitualmente nos postes dende o Imperio Acadio como símbolo da nación[3], combínase co antigo símbolo do deus Assur]. George Bit Atanus deseñou a bandeira por primeira vez en 1968; a Alianza Asiria Universal, a Federación Nacional Asiria e o Partido Democrático de Bet-Nahrain adoptárona en 1971.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
As espermatófitas ou, como din outros, respectando as normas de adaptación de cultismos de orixe grecolatina, os espermatófitos (Spermatophyta) é un taxon, con categoría de superdivisión, que inclúe as plantas que producen flores e, por tanto, sementes. O nome científico provén do grego σπέρμα spérma, "semente") e φυτόν phytón, "planta", é dicir, "as plantas con semente". A circunscrición do grupo (é dicir, os taxons dos que se compoñe) coincide exactamente coa do antigo taxon ao que Linné deu o nome de fanerógamas que, por tanto é un sinónimo deste grupo.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Afonso X, tamén coñecido como Afonso IX, nado en Toledo o 23 de novembro de 1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León.Á morte do pai, Fernando III o Santo, retomou a ofensiva contra os musulmáns, e ocupou Xerez (1253), arrasou Salé, o porto de Rabat (1260) e conquistou Cádiz (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos mudéxares de Murcia e do val do Guadalquivir. Como fillo de Beatriz de Suabia, da casa de Hohenstaufen, aspirou á coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico, proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.
O Freixo, A Regueira, Oza-Cesuras
O Freixo é un lugar da parroquia da Regueira no concello coruñés de Oza-Cesuras na comarca de Betanzos. Tiña 4 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales eran 2 homes e 2 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 7 habitantes.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 5 do mundo na clasificación ATP.É o tenista que máis torneos de Grand Slam gañou en toda a historia, cun total de 21. Foi campión de Roland Garros en 13 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019 e 2020), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Febreiro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.
Antonio García Teijeiro, nado en Vigo en 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola. Recibiu o premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.
António Manuel de Oliveira Guterres, nado en Lisboa o 30 de abril de 1949, é un político e diplomático portugués. Dende 2017, exerce como Secretario Xeral das Nacións Unidas, sendo a novena persoa en ter este cargo. Membro do Partido Socialista Portugués, Guterres foi Primeiro ministro de Portugal dende 1995 até 2002.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Xogos Olímpicos de Inverno de 2022
Os Xogos Olímpicos de Inverno de 2022 (en chinés: 2022年冬季奥林匹克运动会; Èr Líng Èr'èr Nián Dōngjì Àolínpǐkè Yùndònghuì) oficialmente coñecidos como XXIV Xogos Olímpicos de Inverno (en chinés: 第二十四届冬季奥林匹克运动会;Dì Èrshísì Jiè Dōngjì Àolínpǐkè Yùndònghuì) ou simplemente como Pequín 2022 (en chinés: 北京2022; Běijīng Èr Líng Èr'èr) é un evento multideportivo internacional que se leva a cabo na cidade de Pequín (República Popular da China) entre o 4 e o 20 de febreiro de 2022, con algúns eventos celebrados tamén en Yanqing e Chongli. Os eventos preliminares comezaron o 2 de febreiro.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Pierre-Emerick Emiliano François Aubameyang, nado o 18 de xuño de 1989 en Laval, é un futbolista profesional que xoga como dianteiro e é o capitán do equipo inglés da Premier League Arsenal e da selección de Gabón. Está considerado como un dos mellores dianteiros do mundo, sendo sobre todo coñecido polo seu ritmo, capacidade de finalización e movementos sen balón. Aínda que habitualmente xoga como dianteiro centro, tamén ten xogado como extremo.
Tomás Barros Pardo, nado en Toledo o 3 de febreiro de 1922 e finado na Coruña o 3 de setembro de 1986, foi un pintor e escritor galego. Pintor, poeta, ensaísta, autor teatral, novelista, articulista, catedrático, e membro correspondente da Real Academia Galega, Tomás Barros é un dos intelectuais galegos máis prolíficos do extrañamento interior, grupo de intelectuais antifranquistas que non optaron polo exilio pero cos que compartiron inquedanzas e colaboracións, tal como sucedeu no caso de Barros con Luís Seoane, Rafael Dieste, Vicente Aleixandre, Celso Emilio Ferreiro ou seu primo Isaac Díaz Pardo.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias
A Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias un tratado europeo (CETS 148) adoptado en 1992 baixo o auspicio do Consello de Europa para promover e protexer as linguas rexionais e minoritarias históricas de Europa.
Antón Losada Diéguez ou Antonio Losada Diéguez, nado en Moldes (Boborás) o 22 de decembro de 1884 e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1929, foi un filósofo, escritor e político galego. A súa familia procedía da fidalguía e da nobreza galega do Antigo Réxime, o carlismo e o tradicionalismo, tendencias que influíron na súa traxectoria no nacionalismo galego. Integrante da Irmandade da Fala de Ourense, impulsor da revista Nós e ideólogo do artellamento do grupo Nós e correspondente da Real Academia Galega, atraeu a numerosos intelectuais á causa galeguista, exercendo sobre eles un labor socrático, cunha extraordinaria capacidade de espertar conciencias e estimular talentos.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
Gran Reserva é unha serie de televisión española producida por Bambú Producciones para La 1 de Televisión Española, estreada o 15 de abril de 2010. Rodada e ambientada na campiña rioxana, céntrase no mundo do viño como negocio e dedicación familiar de dous clans tradicionalmente enfrontados.A segunda tempada da serie emitiuse entre o 24 de marzo e o 23 de xuño de 2011. A terceira comezou o 7 de xaneiro e finalizou o 8 de abril de 2013.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
A bandeira dos bérberes (en lingua bérber: ⴰⴾⴻⵏⵢⴰⵍ ⴰⵎⴰⵣⵉⵗ; Akenyal Amaziɣ) é unha bandeira étnica que representa aos bérberes, creada para representar a súa nación así como á diáspora, manifestacións culturais e políticas. No presente, é empregada por organización políticas e culturais bérberes de 10 países do norte de África, incluíndo Marrocos, Alxeria, Tunisia, Libia, Mauritania, Malí, Níxer, Burkina Faso, Exipto e as Illas Canarias (España). A bandeira foi izada orixinalmente en Wadya, unha vila de Cabilia, en Alxeria, polo veterán cabilo alxeriano Youcef Medkour.
San Pedro de Añobre é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2009 tiña 107 habitantes (62 homes e 45 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 29 habitantes en relación ao ano 1999 cando posuía 136 habitantes.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O efecto squat (agachamento) é o fenómeno hidrodinámico polo cal unha embarcación que se move rapidamente por augas pouco profundas crea unha zona de presión máis baixa que fai que o barco estea máis próximo ao fondo do mar do que sería de esperar. Este fenómeno prodúcese cando a auga que normalmente debería fluír baixo o casco atopa resistencia debido á estreita proximidade do casco ao fondo do mar. Isto fai que a auga se mova máis rápido no nivel da auga (onde a sección é menor); segundo o principio de Bernoulli, o aumento da velocidade provoca baixa presión, de tal xeito que o barco é tirado para abaixo.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
María del Rocío Trinidad Mohedano Jurado, nada en Chipiona o 18 de setembro de 1946 e finada en Alcobendas o 1 de xuño de 2006, foi unha cantante de copla e canción español coñecida en España e Latinoamérica, máis coñecida como Rocío Jurado. Especializouse en xéneros musicais xenuinamente españois así como na balada romántica, faceta coa que alcanzou relevancia internacional. Nos seus últimos anos experimentou con ritmos hispanos e gospel.
María Antonina Sanjurjo Aranaz
María Antonina Sanjurjo Aranaz, nada en Santiago de Compostela o 6 de xullo de 1910 e finada en Vigo o 31 de outubro de 1939, foi unha pioneira do deporte galego, xogadora de hóckey sobre herba, fundadora en 1932 do Atlántida Hockey Club de Vigo e considerada “nai” do hóckey sobre herba en Galicia.
Compañía de los ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante
A Compañía de los ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante (MZA) foi unha empresa ferroviaria española constituída en 1856 e que se converteu nunha das grandes empresas do sector ferroviario xunto coa súa grande antagonista, a Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España. Este antagonismo viña das grandes familias financeiras que rivalizaban na época, a familia Rothschild por MZA e os irmáns Pereire pola do Norte.
Logroño é unha cidade e concello do norte de España, capital da comunidade autónoma e provincia da Rioxa. Tamén é a súa cidade de maior poboación, concentrando case a metade do total da comunidade, así como o seu centro económico, cultural e de servizos. Bañada polo río Ebro, Logroño foi historicamente un lugar de paso e cruzamento de camiños, como o Camiño de Santiago, e de fronteiras, disputada entre os antigos reinos da Península Ibérica durante a Idade Media.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
George Evan Roberts, nado en Colesburg (Iowa) o 19 de agosto de 1857 e finado en Larchmont (Nova York) o 6 de xuño de 1948, foi un xornalista, editor, político e banqueiro estadounidense, que exerceu o cargo de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1898 e 1907, e novamente de 1910 a 1914.
A glicoforina E ou GYPE é unha proteína que en humanos está codificada polo xene GYPE do cromosoma 4.A proteína codificada neste xene é unha sialoglicoproteína e unha proteína de membrana de tipo I. É un membro da familia xénica dos xenes GYPA e GYPB. Esta proteína pode levar antíxenos do grupo sanguíneo M. Os tres xenes GYPA, GYPB e GYPE están dispostos en tándem no cromosoma 4. Este xene puido derivar dun xene ancestral común co xene GPB por medio de duplicación xénica. Neste xene describíronse dous transcritos variantes de empalme alternativo que codifican esta mesma proteína.
O Camiño de Santiago (en latín: Peregrinatio Compostellana) é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II. O Camiño Francés e as rutas francesas do Camiño foron declarados pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993 e 1998 respectivamente.