Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional. Con todo, tratan de darlles ás pezas unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao estilo da world music ou mesmo do pop.
A glicoforina C (tamén chamada GYPC; CD236/CD236R; glicoproteína beta; glicoconectina e PAS-2') é unha sialoglicoproteína que xoga un importante papel funcional no mantemento da forma do eritrocito e na regulación das propiedades do material da membrana, posiblemente por medio da súa interacción coa proteína 4.1. Ademais, sabíase previamente que as membranas deficientes en proteína 4.1 mostran unha diminución no contido de glicoforina C. É unha proteína integral de membrana do eritrocito e actúa como un receptor para a proteína PfEBP-2 (proteína que se une ao eritrocito 2; baebl; EBA-140) do Plasmodium falciparum, parasito causante da malaria. A que foi denominada glicoforina D hoxe considérase que é unha variante da glicoforina C, xa que están codificadas no mesmo xene.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 179.539 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Authentic Brands Group LLC (ABG) é unha empresa estadounidense de xestión de marcas con sede na cidade de Nova York. As súas participacións inclúen varias marcas de roupa, deporte e entretemento, para o que se asocia con outras empresas para licenciar e comercializar. ABG posúe máis de 50 marcas de consumo, así como dereitos de imaxe ou patrimonios de famosos, incluíndo Muhammad Ali, Elvis Presley e Marilyn Monroe.
Un aturuxo, agrúo, aturulo, grixido ou ufido é un berro agudo e prolongado característico do folclore galego. Consérvase na actualidade como un berro de alegría emitido polo público, ou os intérpretes, no decurso dunha peza musical. É moi típico de seráns, romarías, foliadas, e prolifera o seu uso a medida que se quenta o ambiente, podéndose tomar a súa frecuencia e intensidade como indicador do espírito festeiro dos presentes.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Sir Daniel Michael Blake Day-Lewis, nado en Londres o 29 de abril de 1957, é un prestixioso actor británico nacionalizado irlandés. A pesar de ser recoñecido pola crítica internacional como un dos actores máis versátiles do seu tempo, non se prodiga demasiado na gran pantalla, escollendo con gran minuciosidade os seus papeis.
Aceredo é un lugar da parroquia de Manín no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 24 habitantes no ano 2019 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 12 eran homes e 9 mulleres. Aceredo está desde o 2009 dentro da Reserva da Biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.
Desmodus draculae é unha especie extinta de morcego vampiro que habitou América do Sur e Central durante o Plistoceno, e posibelmente no Holoceno temperán. Era un 30% máis grande que o seu parente vivente o morcego vampiro común (Desmodus rotundus). Foron atopados restos fósiles desta especie na Arxentina, México, Ecuador, o Brasil, Venezuela, Belize, Bolivia e o Perú.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha sialoglicoproteína é unha glicoproteína que contén residuos de ácido siálico unidos a un extremo redutor da cadea polipeptídica. Estas proteínas adoitan conter un ou máis sialil oligosacáridos que están enlazados covalentemente ao resto da molécula.As glicoforinas C e A son un bo exemplo de sialoglicoproteínas comúns, que se encontran nos glóbulos vermellos. A podocalixina é outra sialoglicoproteína que se encontra nas prolongacións pediculares das células podocitos, que se econtran nos glomérulos renais.
Manuel Castelao Mexuto, nado en Santiago de Compostela en 1956, é un cineasta e escritor galego. A súa actividade intelectual desenvólvese en tres áreas: A investigación na historia da literatura galega, con particular atención ao século XX. A produción cinematográfica, área onde conseguiu pór en andamento varias longametraxes. No mundo do cinema usa o pseudónimo de Raúl Veiga Rouriz.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 5 do mundo na clasificación ATP.É o tenista que máis torneos de Grand Slam gañou en toda a historia, cun total de 21. Foi campión de Roland Garros en 13 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019 e 2020), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
María Concepción Jesusa Petra Luisa Vicenta Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893, foi unha diplomada en Dereito, xornalista, precursora do feminismo poeta e autora dramática. É considerada unha das pensadoras máis lúcidas e prestixiosas do século XIX dentro e fóra do país.. Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 83.260 habitantes en 2020, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 296.692 habitantes (2020).
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
2022 (MMXXII) é o ano actual do calendario gregoriano comezado en sábado. As Nacións Unidas declararon 2022 como Ano Internacional da Pesca Internacional e da Acuicultura, Ano Internacional das Ciencias Básicas para o Desenvolvemento Sustentábel, Ano Internacional do Desenvolvemento Sustentábel das Montañas, e Ano Internacional do Vidro.
Niza (en francés: Nice; en occitano: Niça; italiano: Nizza; en grego: Νίκαια, tr. "Níkaia") é unha cidade francesa, capital do departamento dos Alpes Marítimos, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul. No ano 2019 tiña 342 669 habitantes, cunha área metropolitana de preto dun millón de persoas, sendo a quinta comuna francesa por poboación (logo de París, Marsella, Lión e Tolosa).A cidade, capital histórica do Condado de Niza, estivo ligada a Italia ata a súa invasión e anexión francesa a finais do século XIX. Unha parte da súa poboación conserva o dialecto nizardo, unha variedade da lingua lígur moi influída pola lingua occitana despois da década de 1860.
Brais de Sebaste, venerado coma san Brais, foi un médico e bispo (bispo de Sebaste) de Sebaste (Sebastensis armenorum) na Armenia (actual Sivas, Turquía), e mártir cristián. Fixo vida eremítica nunha cova no bosque do Monte Erciyes, que converteu na súa sé episcopal. Foi torturado e executado, finando o ano 316, na mesma vila de Sebaste (Imperio Romano), na época do emperador romano Licinio, durante as persecucións aos cristiáns a comezos do século IV. O seu culto espallouse por todo Oriente, e máis tarde por Occidente.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Febreiro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.
A clonación (do grego κλων, "abrocho") é o proceso de crear unha copia xenética idéntica doutro organismo orixinal. Nun sentido biolóxico resulta cunha molécula, unha célula e incluso un organismo multicelular idéntico ao orixinal. Ás veces este termo pode aplicarse aos clones "naturais", como tal os xemelgos monocigóticos, ou cando un organismo se reproduce asexualmente como no caso de especies monosexuais e organismos hermafroditas, aínda que a maioría das veces se refire a un clon creado intencionadamente.
al-Hasan ibn Muhammad al-Wazzan al-Fasi, (en árabe: حسن ابن محمد الوزان الفاسي), nado no Reino de Granada arredor do 1494 e finado na segunda parte do século XVI, posibelmente despois de 1554, tamén chamado Hassan al-Wazzan, Giovanni Leone di Medici e León o Africano (Leo Africanus) foi un diplomático, xeógrafo e explorador mourisco, coñecido pola súa obra Descrittione dell’Africa (Descrición de África).
A mitoloxía galega é o conxunto de mitos máis ou menos relacionados (ou mesmo sen conexións entre si): relatos que forman parte da cultura do pobo galego. Poden chegar a través de discursos, narracións ou expresións culturais de orixe sagrada e que posteriormente foron secularizados e tratados como discursos relativos a esta cultura, a unha época concreta ou a unha serie de crenzas de carácter imaxinario.
Antón Losada Diéguez ou Antonio Losada Diéguez, nado en Moldes (Boborás) o 22 de decembro de 1884 e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1929, foi un filósofo, escritor e político galego. A súa familia procedía da fidalguía e da nobreza galega do Antigo Réxime, o carlismo e o tradicionalismo, tendencias que influíron na súa traxectoria no nacionalismo galego. Integrante da Irmandade da Fala de Ourense, impulsor da revista Nós e ideólogo do artellamento do grupo Nós e correspondente da Real Academia Galega, atraeu a numerosos intelectuais á causa galeguista, exercendo sobre eles un labor socrático, cunha extraordinaria capacidade de espertar conciencias e estimular talentos.
Pamela "Pam" Denise Anderson, nada en Ladysmith (Columbia Británica), en 1967, é unha actriz e modelo canadense-estadounidense. É coñecida por interpretar a salvavidas C. J. Parker na serie de televisión Baywatch, na que tivo un papel entre os anos 1992 e 1997. Así mesmo participou en películas, comerciais, comedias de situación e programas de telerrealidade.
Os puntos cardinais son as catro direccións derivadas do movemento de rotación terrestre que conforman un sistema de referencia cartesiano para representar a orientación nun mapa ou na propia superficie terrestre. Estes puntos cardinais son o leste, que vén sinalado polo lugar aproximado onde sae o Sol cada día; o oeste, o punto indicado polo ocaso do sol no seu movemento aparente, e considerando a liña leste-oeste como o eixo das abscisas nun sistema de coordenadas xeográficas, o eixo das coordenadas estaría descrito por liña norte-sur. Esta composición xera catro ángulos de noventa graos que á súa vez se dividen polas bisectrices, xerando noroeste, suroeste, nordés e sueste.
The Sims (en galego: Os Sims) é unha franquía de videoxogos estadounidenses de xénero de simulación social, que foi iniciada no ano 2000. O xogo comeza pola creación dun ou varios personaxes que forman unha unidade familiar. Para proceder co xogo precísase mercar unha casa ou predio para que a familia resida nela.
Esta é unha lista alfabética de países do mundo. Os países sen recoñecemento xeral sinálanse en cursiva, e se son independentes de feito, indícase cun asterisco (*) na súa situación e ofrécense máis detalles na columna de notas. A adhesión ao sistema das Nacións Unidas divide os 206 estados listados en tres categorías: 193 estados membros, 2 estados observadores, e outros 11 estados.
Galicia na segunda guerra mundial
A participación de Galicia na segunda guerra mundial estivo marcada pola súa situación fronte ás costas do Atlántico. A segunda guerra mundial foi un conflito armado a nivel global que durou dende 1939 a 1945. A pesar da neutralidade española, a guerra tamén afectou ao país debido á súa situación estratéxica.