Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional. Con todo, tratan de darlles ás pezas unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao estilo da world music ou mesmo do pop.
Aceredo é un lugar da parroquia de Manín no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 24 habitantes no ano 2019 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 12 eran homes e 9 mulleres. Aceredo está desde o 2009 dentro da Reserva da Biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Un anzol ou brinca é un dispositivo para a captura de peixes no que se coloca unha carnada para atraeren a estes, e que se engancha no padal, na boca e moi raramente, no corpo do peixe. Os anzois foron utilizados desde hai séculos polos pescadores para capturaren peixes tanto en augas doces como nas agua salgadas. No ano 2005, o anzol foi elixido pola revista Forbes como unha das vinte principais ferramentas na historia da humanidade.Os anzois normalmente levan algún tipo de carnada ou engado, todo iso enlazado por unha liña ou tanza que conecta o peixe capturado co pescador.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
A glicoforina B ou GYPB, tamén chamada glicoforina B (grupo sanguíneo MNS), sialoglicoproteína delta e sialoglicoproteína SS activa, é unha sialoglicoproteína de membrana que nos humanos está codificada no xene GYPB do cromosoma 4. A GYPB foi tamén designada recentemente como CD235b (cluster de diferenciación 235b).
Pierre-Emerick Emiliano François Aubameyang, nado o 18 de xuño de 1989 en Laval, é un futbolista profesional que xoga como dianteiro e é o capitán do equipo inglés da Premier League Arsenal e da selección de Gabón. Está considerado como un dos mellores dianteiros do mundo, sendo sobre todo coñecido polo seu ritmo, capacidade de finalización e movementos sen balón. Aínda que habitualmente xoga como dianteiro centro, tamén ten xogado como extremo.
A xeoloxía, do grego γῆ gē ('Terra') e λόγος lógos ('palabra', 'razón, 'tratado'), é a ciencia que estuda a Terra, a súa composición, estrutura, propiedades físicas e químicas, historia e os procesos que a formaron. A xeoloxía tal como a coñecemos hoxe foi establecida a partir dos estudos de James Hutton, ao que se considera como o pai da xeoloxía moderna.O campo das disciplinas académicas implicadas encóntrase dentro da Licenciatura (hoxe Grao), de "Ciencias xeolóxicas", isto é, un compendio de diferentes ciencias ou disciplinas autónomas sobre distintos aspectos do estudo global do noso planeta e, por extensión, do estudo do resto dos corpos e materias do sistema solar (planetoloxía, astroxeoloxía ou xeoloxía planetaria).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 179.539 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Febreiro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Un aturuxo, agrúo, aturulo, grixido ou ufido é un berro agudo e prolongado característico do folclore galego. Consérvase na actualidade como un berro de alegría emitido polo público, ou os intérpretes, no decurso dunha peza musical. É moi típico de seráns, romarías, foliadas, e prolifera o seu uso a medida que se quenta o ambiente, podéndose tomar a súa frecuencia e intensidade como indicador do espírito festeiro dos presentes.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O esgrafiado (do italiano sgraffito) é unha técnica ornamental arquitectónica de revestimento que se executa sobre unha superficie, superpondo dúas ou máis capas de materia, retirando parte da camada superficial e deixando ao descuberto zonas da camada inferior, provocando contraste polas distintas cores e, en ocasións, tamén pola textura diferente.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 5 do mundo na clasificación ATP.É o tenista que máis torneos de Grand Slam gañou en toda a historia, cun total de 21. Foi campión de Roland Garros en 13 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019 e 2020), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Charles Philip Arthur George Windsor máis coñecido como Carlos de Inglaterra, nado en Londres o 14 de novembro de 1948, é un aristócrata inglés, herdeiro ao trono do Reino Unido e da Commonwealth. É o fillo máis vello da raíña Isabel II e do príncipe Filipe de Edimburgo. Recibe o título oficial de Príncipe de Gales, ademais dos títulos históricos de duque de Cornualles, duque de Rothesay (Escocia), conde de Carrick, barón de Rebfrew e Señor das Illas, así coma conde de Chester.
O aplauso polo persoal sanitario foi un xesto de aclamación, recoñecemento e gratitude cara ao persoal sanitario en homenaxe ao seu labor durante a pandemia de COVID-19 (SARS-CoV-2). A iniciativa xurdiu en xaneiro de 2020 na cidade chinesa de Wuhan, orixe da pandemia. Posteriormente estendeuse a outros países durante as corentenas e cordóns sanitarios ordenados como medidas preventivas durante a pandemia.
A glicoforina C (tamén chamada GYPC; CD236/CD236R; glicoproteína beta; glicoconectina e PAS-2') é unha sialoglicoproteína que xoga un importante papel funcional no mantemento da forma do eritrocito e na regulación das propiedades do material da membrana, posiblemente por medio da súa interacción coa proteína 4.1. Ademais, sabíase previamente que as membranas deficientes en proteína 4.1 mostran unha diminución no contido de glicoforina C. É unha proteína integral de membrana do eritrocito e actúa como un receptor para a proteína PfEBP-2 (proteína que se une ao eritrocito 2; baebl; EBA-140) do Plasmodium falciparum, parasito causante da malaria. A que foi denominada glicoforina D hoxe considérase que é unha variante da glicoforina C, xa que están codificadas no mesmo xene.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Euphoria (serie de televisión)
Euphoria é unha serie de televisión estadounidense de temática adolescente creada e escrita por Sam Levinson para HBO. É unha adaptación da miniserie de televisión israelí homónima creada por Ron Leshem e Daphna Levin. A serie trata sobre a vida dun grupo de estudantes de secundaria e as súas experiencias con traumas, identidade, drogas, amizade, amor e sexo. Está protagonizada por Zendaya, que tamén fai de narradora, e o resto do elenco está composto por Maude Apatow, Angus Cloud, Eric Dane, Alexa Demie, Jacob Elordi, Barbie Ferreira, Nika King, Storm Reid, Hunter Schafer, Algee Smith, Sydney Sweeney, Colman Domingo, Javon "Wanna" Walton, Austin Abrams e Dominic Fike.
O leaky scanning (que se pode traducir non literalmente como 'fuga do escaneo' ou 'escape do escaneo') é un mecanismo usado ás veces durante a fase de iniciación da tradución de proteínas eucariota que permite a regulación da expresión xénica. Durante a iniciación da tradución, a subunidade ribosómica pequena de 40S eucariota (en forma dun complexo de preiniciación de 43S ou 43S PIC) "escanea", "rastrexa" ou móvese en dirección 5' → 3' ao longo da rexión non traducida 5' (5'UTR) para localizar o codón de iniciación (AUG) para comezar a fase de elongación da tradución. Non obstante, ás veces o ribosoma que está escaneando salta o codón de iniciación AUG normal pasando de longo e empeza a tradución máis adiante, augas abaixo noutro codón AUG que encontra, que debía codificar unha metionina do interior da proteína, pero que é usado como novo codón de iniciación, polo que a proteína vai quedar máis pequena do habitual, sen a parte inicial normal.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Un peto é un recipiente destinado á acumulación e a almacenaxe de moedas, usado en especial polos nenos. Tradicionalmente fabrícanse petos con forma de porco, iñantes en barro sen esmaltar e logo en compostos cerámicos e outros materiais (como madeira, metal, plásticos etc). Os petos utilizánse para estimular o aforro nos nenos: o diñeiro pódese introducir facilmente por unha rañura, pero hai algúns petos que se teñen que romper para sacalo.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Esta é unha lista alfabética de países do mundo. Os países sen recoñecemento xeral sinálanse en cursiva, e se son independentes de feito, indícase cun asterisco (*) na súa situación e ofrécense máis detalles na columna de notas. A adhesión ao sistema das Nacións Unidas divide os 206 estados listados en tres categorías: 193 estados membros, 2 estados observadores, e outros 11 estados.
José Sacristán, nado en Chinchón (Madrid) o 27 de setembro de 1937 é un actor español de cinema, teatro e televisión. Integrante do grupo de actores do chamado “landismo”, a súa carreira e orientación deu un xiro importante a partir da Transición Española, con filmes tan relevantes como Un hombre llamado Flor de Otoño ou Asignatura pendiente, que lle permitiron enriquecer o seu rexistro interpretativo.
Mission: Impossible – Fallout é un filme estadounidense de 2018 escrito, producido e dirixido por Christopher McQuarrie. É o sexto título da serie de filmes de Mission Impossible, sendo o segundo dirixido por McQuarrie seguindo a Rogue Nation en 2015, convertendo a McQuarrie no primeiro director en dirixir máis dun filme da franquía. O elenco está composto por Tom Cruise, Ving Rhames, Simon Pegg, Rebecca Ferguson, Sean Harris, Michelle Monaghan e Alec Baldwin, tódolos cales tamén apareceron nos anteriores filmes, xunto con Henry Cavill, Vanessa Kirby e Angela Bassett, que se uniron á franquía.
Camila, duquesa de Cornualles, (nada Camilla Rosemary Shand, Camilla Parker Bowles tras o seu primeiro matrimonio e Camilla Windsor tras o seu segundo matrimonio), é a segunda esposa de Carlos de Gales e por matrimonio posúe, á parte do título ducal de Cornualles, os títulos de duquesa de Rothesay e de Chester. Aínda que legalmente é princesa de Gales, o día do anuncio do compromiso matrimonial, o Palacio de Buckingham anunciou que Camila levaría o título de duquesa de Cornualles, con tratamento de Alteza Real, evitando confusións e brindando respecto á falecida Diana de Gales. Usa este título en todas as partes, excepto en Escocia, onde utiliza o título de duquesa de Rothesay.
Serena Jameka Williams, nada o 26 de setembro de 1981 en Saginaw, Míchigan, é unha tenista estadounidense. A Women's Tennis Association situouna no número 1 da clasificación en dez ocasións diferentes. Converteuse en número un por primeira vez o 8 de xullo de 2002, e conseguiu este posto por décima vez o 24 de abril de 2017 , sumando ata o de agora 319 semanas como numero un da WTA. É a única xogadora feminina en gañar máis de 40 millóns de dólares en premios.
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Anselmo Antonio Vilar García, nado en Castro de Rei cara a 1881 e finado en Vélez-Málaga entre o 9 e o 10 de febreiro de 1937, foi un fareiro galego. A súa actuación na Guerra Civil, apagando a luz do faro de Torre del Mar durante dúas noites, salvou a vida de civís que fuxían de Málaga a Almería e que estaban sendo metrallados e bombardeados polas tropas franquistas.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
O Real Unión Club de Irún é un club de fútbol da cidade de Irún en Guipúscoa (País Vasco, España). Foi fundado en 1915, aínda que as súas orixes remóntanse a 1902, e actualmente xoga no grupo I da Primeira División RFEF. O Real Unión, fundado en 1915 da unión do Racing de Irún e o Irún Sporting, é un club histórico, cofundador da Liga española e catro veces gañador da Copa do Rei. A súa época gloriosa chegou ata principios dos anos 30, cando o profesionalismo entrou no mundo do fútbol e como consecuencia os equipos con máis diñeiro levaron aos xogadores máis importantes do Real Unión.
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.
A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume.
Thomas Cruise Mapother IV, nado en Siracusa (Estado de Nova York) o 3 de xullo de 1962, máis coñecido como Tom Cruise, é un actor estadounidense. Protagonizou películas como Risky Business, Top Gun, A cor do diñeiro, Rain Man, Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles e a saga de Misión: Imposible. Tamén obtivo tres nomeamentos para o Óscar ao mellor actor: en 1990 por Nacido o 4 de xullo, en 1997 por Jerry Maguire e en 2000 por Magnolia.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior...
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.