Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. Dende o 2 de abril de 2022 é presidente do Partido Popular e foi o presidente do Partido Popular de Galicia ata o 1 de abril de 2022. Nas eleccións autonómicas de 2009 resultou o máis votado, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano.
A homosexualidade é, dende o punto de vista da psicoloxía, unha identidade sexual, dende o punto de vista da socioloxía unha orientación sexual e, dende o punto de vista condutual unha conduta sexual. Consiste na interacción ou atracción sexual, afectiva ou sexoafectiva entre individuos do mesmo sexo.Actualmente a homosexualidade enténdese como unha faceta máis do individuo, necesaria para comprender as variacións culturais das identidades e prácticas sexuais dos seres humanos e dos seus grupos sociais. Os traballos máis recentes prefiren non falar de homosexualidade, senón de prácticas ou comportamentos homosexuais, especialmente a partir dos estudos efectuados entre a poboación máis nova.
A heterosexualidade é unha orientación sexual caracterizada pola atracción sexual, ou o desexo amoroso ou sexual por persoas do sexo oposto, en contraste coa homosexualidade. Ademais de referirse a unha orientación sexual, o termo heterosexualidade designa tamén o comportamento sexual entre persoas de sexo oposto. Moitas especies animais (aquelas que teñen sexo e fertilización interna), entre as que se atopa a especie humana, reprodúcense mediante relacións heterosexuais.
Leonid Ilich Brezhnev (en ruso: Леонид Ильич Брежнев ; en ucraíno: Леонід Ілліч Брежнєв), nado o 19 de decembro de 1906 (calendario gregoriano) e finado o 10 de novembro de 1982, foi o Secretario Xeral do Comité Central (CC) do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), presidindo o país dende 1964 ata a súa morte no ano 1982. Foi o segundo Secretario Xeral que estivo máis tempo no poder, 18 anos, sendo só superado por Stalin. Durante o mandato de Brezhnev, a influencia mundial da Unión Soviética aumentou espectactacularmente, en parte grazas á expansión do exército soviético durante esta época, pero o seu mandato recibiu moitas crítica por marcar o comezo dun período de estancamento económico no cal se pasaron por alto unha serie de problemas económicos, problemas que co tempo provocaron a disolución da Unión Soviética en 1991.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis.É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede. Hai nodos que se dedican a crear e a verificar bitcoins mediante operacións matemáticas que requiren gran capacidade de potencia de cálculo.
A bisexualidade é unha orientación sexual que consiste na atracción sexual, afectiva ou sexoafectiva entre individuos de xénero (socialmente) e sexo (bioloxicamente) igual ou distinto. A maioría das persoas bisexuais non están atraídas igualmente por homes e mulleres e poden incluso variar entre estados nos que achan atractivos unicamente un dos xéneros ou sexos ao longo do tempo. Noutros casos, existe bastante estatismo no seu nivel de atracción durante o transcurso da súa vida adulta.
Matrimonio entre persoas do mesmo sexo
O matrimonio entre persoas do mesmo sexo, tamén chamado matrimonio igualitario, matrimonio homosexual ou matrimonio gai, é o recoñecemento social, cultural e xurídico que regula a relación e convivencia de dúas persoas do mesmo sexo, con iguais requisitos e efectos que os existentes para os matrimonios entre persoas heterosexuais.
O aparato de Golgi, tamén chamado aparello de Golgi, complexo de Golgi ou corpo de Golgi, é un orgánulo celular formado por conxunto de dictiosomas. Cada dictiosoma está formado por de 4 a 8 sáculos aplanados rodeados de membrana e colocados uns enriba doutros. Funciona como unha planta empaquetadora, modificando o contido de vesículas procedentes do retículo endoplásmico rugoso, que despois envía en novas vesículas formadas nas cisternas do Golgi.
Filipinas —oficialmente, República de Filipinas (tagalo: Republika ng Pilipinas; inglés: Republic of the Philippines)— é un país insular (véxase arquipélago) situado no sueste asiático, sobre o océano Pacífico. A súa capital es Manila. Ao norte atópase separado da illa de Taiwán polo estreito de Luzón; ao oeste áchase o mar da China Meridional, tamén coñecido como o mar de Filipinas Occidental e Vietnam; ao suroeste, a illa de Borneo; ao sur, o mar de Célebes sepárao das illas de Indonesia, e o leste limita co mar de Filipinas.
A pansexualidade é unha orientación sexual humana, caracterizada pola atracción estética, romántica ou sexual por calquera outra persoa, independentemente da súa identidade sexual e xénero. Polo tanto, os pansexuais poden sentirse atraídos por homes, mulleres e tamén por aquelas persoas que non se senten identificadas coa dicotomía home/muller que implica a bisexualidade, nin coa de masculino/feminino, incluíndo así, por exemplo, a transxéneros e intersexuais. Xaora, a pansexualidade é a capacidade de amar a outra persoa con independencia do seu xénero.
East Sussex (galego: Sussex Oriental) é un condado non metropolitano no sueste de Inglaterra, no Reino Unido. Limita cos condados de Kent, Surrey e Sussex Occidental e ao sur co canal da Mancha. O antigo reino de Sussex dividiuse nas rexións administrativas leste e oeste, con consellos do condado independentes en 1888.
O Reino de Essex (Ēst Seaxna, "saxóns orientais"), un do sete reinos tradicionais da chamada Heptarquía Anglosaxoa, foi fundado ao redor de 600 e cubría o territorio actualmente ocupado polos condados de Essex, Hertfordshire e Middlesex. O primeiro documento histórico sobre o reino remóntase á Historia Eclesiástica de Beda, que reflicte a chegada do bispo Melito a Londres en 604.
Ao falarmos da homosexualidade ao longo da historia, cómpre ter presente que as relacións afectivas, sexuais e sexoafectivas entre persoas do mesmo sexo estiveron presentes en todas as épocas da historia. Con moita frecuencia os diferentes réximes políticos valéronse da reprobación de certas formas de sexualidade para exerceren sobre o individuo o seu control. Así, as relacións homosexuais tiveron diferente grao de aceptación segundo a época e a cultura.
Litecoin (LTC ou Ł, moeda leve) é unha criptomoeda do tipo par con par, que é ó mesmo tempo unha moeda e un sistema de pagos baseada nunha rede de datos totalmente descentralizada, xa que non posúe ningunha autoridade ou control principal. O seu proxecto foi inspirado no proxecto bitcoin, co cal comparte varios aspectos, diferenciándose no xeito en como se procesan os bloques de datos, que, no caso da moeda litecoin, faise de maneira máis sinxela e con menor consumo de recursos.
O Reino de Sussex ou Reino dos saxóns do Sur (en inglés antigo: Sūþseaxna rīce) foi unha colonia saxoa e posteriormente un reino independente dos saxóns na costa sur de Inglaterra fundado no século V, tras a retirada dos romanos da illa de Britania. Foi un dos estados da denominada Heptarquía Anglosaxoa, período da historia inglesa entre os séculos V e IX. Aínda que é considerado un dos sete reinos principais da Heptarquía, a súa importancia política foi menor mesmo que a dalgúns reinos considerados secundarios como Hwicce ou Lindsey. A historia do reino está chea de lagoas e os reinos veciños de Wessex e Mercia exerceron o seu dominio sobre Sussex desde mediados do século VI até a súa incorporación definitiva ao reino anglosaxón no 825.
West Sussex (galego: Sussex Occidental) é un condado non metropolitano no sur de Inglaterra, Reino Unido. Limita cos condados de Sussex Oriental (con Brighton e Hove), Hampshire e Surrey. O condado de Sussex dividiuse nas rexións administrativas leste e oeste, con consellos do condado separados, en 1888.
Antía Cal Vázquez, nada na Habana o 18 de abril de 1923 e finada en Meira, Moaña, o 30 de marzo de 2022, foi unha pedagoga viguesa. Co seu home, Antón Beiras García, fundou na década dos 60, en Vigo a Escola Rosalía de Castro, dirixida por ela. Nesta escola dedícaselle unha atención especial á lingua e cultura galegas.
Unha persoa transexual é aquela cuxa identidade de xénero non coincide ca asignada no momento do nacemento a partir da súa morfoloxía xenital. A palabra transexual identifica a quen se someteu a procedementos médicos cirúrxicos e endócrino para axustar o seu corpo á súa identidade de xénero. Quen no pasa por procedementos médicos é denominado persoa transxénero.
Cristianismo e homosexualidade
A visión que ten o cristianismo da homosexualidade é moi diversa. Algunhas igrexas cristiás son totalmente contrarias á admisión de prácticas sexuais entre persoas do mesmo sexo porque ven nelas unha ofensa ao seu deus. Outras consideran que as relacións sexuais son expresión do amor e admítenas dentro da súa moral.
Aethelred I de Wessex (en inglés antigo: Æþelræd), nado en 840 e finado en 871, foi o cuarto dos fillos homes -6 en total- de Aethelwulf, rei de Wessex, e da súa primeira esposa, Osburga. Durante todo o seu reinado tivo que loitar contra os daneses, apoiado polo seu irmán menor, Alfredo, véndose envolvido en batallas unha tras outra.
Grey's Anatomy é unha serie de televisión estadounidense que se estreou orixinalmente o 27 de marzo de 2005 a través de American Broadcasting Company (ABC). A serie con historia ficticia sobre as vidas de cirurxiáns internos, médicos residentes e asistentes dun hospital que tentan facer carreira como doutores ó tempo que deben manter en equilibrio as súas relacións profesionais e personais. O título é unha alusión a Gray's Anatomy, un libro clásico de anatomía humana que foi publicado orixinalmente en Londres en 1858 e foi escrito por Henry Gray.
Peercoin (PPC ou PPCoin) é unha criptomoeda que se executa nunha rede peer-to-peer, cuxo código fonte baséase no código de bitcoin, pero para verificar a lexitimidade das súas unidades de conta, é dicir, para comprobar cadansúas moedas virtuais, emprega os sistemas de proba de traballo e proba de participación. E, ó contrario doutros sistemas de criptomoedas, prevé unha taxa anual de inflación, que é un mecanismo de control polo decrecemento do seu valor, e non posúe un límite ríxido de unidades que poden ser engadidas ao seu total.
Joaquín González-Llanos Galvache
Joaquín González-Llanos Galvache, finado en Ferrol o 3 de novembro de 2008, foi un enxeñeiro e político galego.
Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Taj Mahal (en hindi ताज महल, persa تاج محل), situado en Agra, na beira do río Yamuna, no Estado de Uttar Pradesh, India, é un suntuoso mausoleo de mármore branco construído entre 1632 e 1652 polo emperador mogol Shâh Jahân, en memoria da súa esposa Arjumand Bânu Begam, máis coñecida polo nome de Mumtāz Mahal, que falecera o 17 de xuño de 1631, ao dar a luz o seu décimo cuarto fillo, en tanto acompañaba ao seu home en campaña. Tivo unha sepultura inicial no xardín Zainabad en Burhampur. Así, o Taj Mahal é tamén considerado como unha gran proba de amor, contendo inscricións retiradas do Corán.
A heterosexualidade obrigatoria refírese á concepción social de que a heterosexualidade é a inclinación natural dos seres humanos e que, por tanto, pode ser adoptada de maneira independente das posibles preferencias sexuais de cada persoa. Consecuentemente, calquera que difira desta orientación é considerado desviado e depravado. É unha idea asumida e reforzada pola sociedade patriarcal.Adrienne Rich popularizou o termo nos anos 1980 co seu ensaio Heterosexualidade obrigatoria e existencia lesbiana.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Sigeberht II, alcumado o Bo (Bonus) ou o Bendito (Sanctus), foi rei dos saxóns do leste (reinou c. 653 ata o 660 ou 661), sucedendo ao seu parente Sigeberht I o Pequeno. A pesar de que se creou un bispado en Essex baixo Melito, o reino recaera no paganismo e sería durante o reinado de Sigeberht cando se produciu unha sistemática reconversión.
O turismo sexual é a actividade de viaxar, polo xeral a outros países, co propósito de manter relacións sexuais, usualmente con prostitutas. A Organización Mundial do Turismo (United Nations World Tourism Organization ou UNWTO), dependende da ONU, define o turismo sexual coma "toda viaxe organizada dentro do sector turístico, ou fóra deste sector pero empregando as estruturas e redes deste, co obxectivo primario de efectuar unha relación sexual comercial entre o turista e a poboación residente no país de destino". Os alicientes para os turistas sexuais poden incluír dende baixos custos dos servizos sexuais no país de destino, así coma facilidades para acceder a ela por ser unha actividade legal, ou mesmo outras particularidades legais ou o acceso á prostitución infantil.
Diego Armando Maradona Franco, nado en Lanús (Buenos Aires) o 30 de outubro de 1960 e finado en Tigre o 25 de novembro de 2020, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección arxentina. Alcumado "El Diez" e "El Pelusa", entre outros, está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elixido o mellor xogador do século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.Ao longo da súa vida Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coa selección Arxentina, coa que conseguiu a Copa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou.
Osric foi posibelmente un rei de Sussex, que reinaría conxuntamente con Nothhelm. Hai un documento sen data de Nothhelm que é testemuñado por Osric, como Osricus, sen indicación de rango ou territorio, pero situado na lista antes, e por tanto considerado en máis alto rango que, Eadberht, bispo de Selsey, cuxo rango e sede son tamén omitidos. O documento pode ser datado aproximadamente nalgún momento entre 705 e 717.
A abstinencia sexual ou continencia sexual é un comportamento que consiste en privarse dalgúns ou tódolos aspectos da actividade sexual por vontade propia (por razóns relixiosas, morais, filosóficas, anticonceptivas ou psicolóxicas), ou allea (por razóns médicas, legais, económicas ou sociais). A abstinecia sexual acostuma a defenderse por algúns como un recurso preventivo contra a SIDA e outras doenzas de transmisión sexual, principalmente entre adolescentes. A súa adopción é preconizada por determinadas denominacións relixiosas que a consideran como unha virtude, estando ligada ao termo castidade.
O abuso sexual é actividade sexual entre dúas ou máis persoas sen consentimento dunha delas. Pode producirse entre adultos, dun adulto a un menor, o que se coñece como abuso sexual a menores e abuso sexual infantil- ou mesmo entre dous menores. Pode estar referido a calquera tipo de penetración de órganos xenitais en contra da vontade, ou aproveitando a incapacidade dun menor para comprender certos actos.