Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Bohemian Rhapsody ", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis.É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede. Hai nodos que se dedican a crear e a verificar bitcoins mediante operacións matemáticas que requiren gran capacidade de potencia de cálculo.
Xoana de Arco (francés: Jeanne d'Arc), nada o 5 ou o 6 de xaneiro de 1412 en Domrémy-la-Pucelle (un pequeno poboado sito no departamento francés de Vosgos) e finada o 30 de maio de 1431 en Ruán, tamén coñecida como a Doncela de Orleáns (ou, en francés, la Pucelle d'Orléans), foi unha heroína, militar e santa francesa. A súa festividade conmemórase o día da súa morte, o 30 de maio, como é tradición na igrexa católica. Nada entre 1407 e 1412, con 17 anos encabezou o exército real francés.
A homosexualidade é, dende o punto de vista da psicoloxía, unha identidade sexual, dende o punto de vista da socioloxía unha orientación sexual e, dende o punto de vista condutual unha conduta sexual. Consiste na interacción ou atracción sexual, afectiva ou sexoafectiva entre individuos do mesmo sexo.Actualmente a homosexualidade enténdese como unha faceta máis do individuo, necesaria para comprender as variacións culturais das identidades e prácticas sexuais dos seres humanos e dos seus grupos sociais. Os traballos máis recentes prefiren non falar de homosexualidade, senón de prácticas ou comportamentos homosexuais, especialmente a partir dos estudos efectuados entre a poboación máis nova.
Litecoin (LTC ou Ł, moeda leve) é unha criptomoeda do tipo par con par, que é ó mesmo tempo unha moeda e un sistema de pagos baseada nunha rede de datos totalmente descentralizada, xa que non posúe ningunha autoridade ou control principal. O seu proxecto foi inspirado no proxecto bitcoin, co cal comparte varios aspectos, diferenciándose no xeito en como se procesan os bloques de datos, que, no caso da moeda litecoin, faise de maneira máis sinxela e con menor consumo de recursos.
A pansexualidade é unha orientación sexual humana, caracterizada pola atracción estética, romántica ou sexual por calquera outra persoa, independentemente da súa identidade sexual e xénero. Polo tanto, os pansexuais poden sentirse atraídos por homes, mulleres e tamén por aquelas persoas que non se senten identificadas coa dicotomía home/muller que implica a bisexualidade, nin coa de masculino/feminino, incluíndo así, por exemplo, a transxéneros e intersexuais. Xaora, a pansexualidade é a capacidade de amar a outra persoa con independencia do seu xénero.
A heterosexualidade é unha orientación sexual caracterizada pola atracción sexual, ou o desexo amoroso ou sexual por persoas do sexo oposto, en contraste coa homosexualidade. Ademais de referirse a unha orientación sexual, o termo heterosexualidade designa tamén o comportamento sexual entre persoas de sexo oposto. Moitas especies animais (aquelas que teñen sexo e fertilización interna), entre as que se atopa a especie humana, reprodúcense mediante relacións heterosexuais.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. Dende o 2 de abril de 2022 é presidente do Partido Popular e foi o presidente do Partido Popular de Galicia ata o 1 de abril de 2022. Nas eleccións autonómicas de 2009 resultou o máis votado, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano.
A bisexualidade é unha orientación sexual que consiste na atracción sexual, afectiva ou sexoafectiva entre individuos de xénero (socialmente) e sexo (bioloxicamente) igual ou distinto. A maioría das persoas bisexuais non están atraídas igualmente por homes e mulleres e poden incluso variar entre estados nos que achan atractivos unicamente un dos xéneros ou sexos ao longo do tempo. Noutros casos, existe bastante estatismo no seu nivel de atracción durante o transcurso da súa vida adulta.
Matrimonio entre persoas do mesmo sexo
O matrimonio entre persoas do mesmo sexo, tamén chamado matrimonio igualitario, matrimonio homosexual ou matrimonio gai, é o recoñecemento social, cultural e xurídico que regula a relación e convivencia de dúas persoas do mesmo sexo, con iguais requisitos e efectos que os existentes para os matrimonios entre persoas heterosexuais.
East Sussex (galego: Sussex Oriental) é un condado non metropolitano no sueste de Inglaterra, no Reino Unido. Limita cos condados de Kent, Surrey e Sussex Occidental e ao sur co canal da Mancha. O antigo reino de Sussex dividiuse nas rexións administrativas leste e oeste, con consellos do condado independentes en 1888.
Antía Cal Vázquez, nada na Habana o 18 de abril de 1923 e finada en Meira, Moaña, o 30 de marzo de 2022, foi unha pedagoga galega. Co seu home, Antón Beiras García, fundou na década dos 60, en Vigo, a Escola Rosalía de Castro, dirixida por ela. Nesta escola dedícaselle unha atención especial á lingua e cultura galegas.
West Sussex (galego: Sussex Occidental) é un condado non metropolitano no sur de Inglaterra, Reino Unido. Limita cos condados de Sussex Oriental (con Brighton e Hove), Hampshire e Surrey. O condado de Sussex dividiuse nas rexións administrativas leste e oeste, con consellos do condado separados, en 1888.
Unha persoa transexual é aquela cuxa identidade de xénero non coincide ca asignada no momento do nacemento a partir da súa morfoloxía xenital. A palabra transexual identifica a quen se someteu a procedementos médicos cirúrxicos e endócrino para axustar o seu corpo á súa identidade de xénero. Quen no pasa por procedementos médicos é denominado persoa transxénero.
O Reino de Sussex ou Reino dos saxóns do Sur (en inglés antigo: Sūþseaxna rīce) foi unha colonia saxoa e posteriormente un reino independente dos saxóns na costa sur de Inglaterra fundado no século V, tras a retirada dos romanos da illa de Britania. Foi un dos estados da denominada Heptarquía Anglosaxoa, período da historia inglesa entre os séculos V e IX. Aínda que é considerado un dos sete reinos principais da Heptarquía, a súa importancia política foi menor mesmo que a dalgúns reinos considerados secundarios como Hwicce ou Lindsey. A historia do reino está chea de lagoas e os reinos veciños de Wessex e Mercia exerceron o seu dominio sobre Sussex desde mediados do século VI até a súa incorporación definitiva ao reino anglosaxón no 825.
Peercoin (PPC ou PPCoin) é unha criptomoeda que se executa nunha rede peer-to-peer, cuxo código fonte baséase no código de bitcoin, pero para verificar a lexitimidade das súas unidades de conta, é dicir, para comprobar cadansúas moedas virtuais, emprega os sistemas de proba de traballo e proba de participación. E, ó contrario doutros sistemas de criptomoedas, prevé unha taxa anual de inflación, que é un mecanismo de control polo decrecemento do seu valor, e non posúe un límite ríxido de unidades que poden ser engadidas ao seu total.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Aethelred I de Wessex (en inglés antigo: Æþelræd), nado en 840 e finado en 871, foi o cuarto dos fillos homes -6 en total- de Aethelwulf, rei de Wessex, e da súa primeira esposa, Osburga. Durante todo o seu reinado tivo que loitar contra os daneses, apoiado polo seu irmán menor, Alfredo, véndose envolvido en batallas unha tras outra.
O Reino de Essex (Ēst Seaxna, "saxóns orientais"), un do sete reinos tradicionais da chamada Heptarquía Anglosaxoa, foi fundado ao redor de 600 e cubría o territorio actualmente ocupado polos condados de Essex, Hertfordshire e Middlesex. O primeiro documento histórico sobre o reino remóntase á Historia Eclesiástica de Beda, que reflicte a chegada do bispo Melito a Londres en 604.
Cristianismo e homosexualidade
A visión que ten o cristianismo da homosexualidade é moi diversa. Algunhas igrexas cristiás son totalmente contrarias á admisión de prácticas sexuais entre persoas do mesmo sexo porque ven nelas unha ofensa ao seu deus. Outras consideran que as relacións sexuais son expresión do amor e admítenas dentro da súa moral.
Juan Manuel García-Gallardo Frings, nado en Burgos o 18 de marzo de 1991, é un xinete de equitación, avogado e político español. Foi o candidato á Xunta de Castela e León nas eleccións autonómicas de 2022 por Vox. Logo de chegar o seu partido a un acordo de goberno co Partido Popular está proposto para vicepresidente da Xunta de Castela e León.
Queen é unha banda británica de rock creada en Londres 1970, trala ruptura do grupo Smile. Orixinalmente estivo formada por Freddie Mercury (voces, piano), Brian May (guitarra, voces), John Deacon (baixo) e Roger Taylor (batería, voces). Os seus primeiros traballos estaban influenciados polo rock progresivo, o hard rock e o heavy metal, pero gradualmente aventurouse cara unha música máis convencional, incorporando diversos estilos ao seu son.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
A agricultura (do latín agri ‘campo’, e cultūra ‘cultivo’, ‘crianza’) é o conxunto de técnicas, coñecementos e saberes para o cultivo da terra co fin de plantas útiles ao home, particularmente para a súa alimentación. Comprende todo un conxunto de accións humanas que transforman o medio natural e hábitats. A agricultura foi o desenvolvemento clave no xurdimento da civilización humana sedentaria, mediante a cal o cultivo de especies domesticadas creou excedentes de alimentos que permitiron ás persoas vivir agrupadas nun mesmo poboado.
Ao falarmos da homosexualidade ao longo da historia, cómpre ter presente que as relacións afectivas, sexuais e sexoafectivas entre persoas do mesmo sexo estiveron presentes en todas as épocas da historia. Con moita frecuencia os diferentes réximes políticos valéronse da reprobación de certas formas de sexualidade para exerceren sobre o individuo o seu control. Así, as relacións homosexuais tiveron diferente grao de aceptación segundo a época e a cultura.
Osric foi posibelmente un rei de Sussex, que reinaría conxuntamente con Nothhelm. Hai un documento sen data de Nothhelm que é testemuñado por Osric, como Osricus, sen indicación de rango ou territorio, pero situado na lista antes, e por tanto considerado en máis alto rango que, Eadberht, bispo de Selsey, cuxo rango e sede son tamén omitidos. O documento pode ser datado aproximadamente nalgún momento entre 705 e 717.
Gilgamesh ou Gilgameš (ou Bilgameš nos textos máis antigos) foi o quinto rei sumerio da primeira dinastía de Uruk, segundo unha Lista de reis sumerios atopada en Shuruppak (o seu nome está escrito co determinativo dingir, que se lle daba aos deuses). A lista di que gobernou durante 126 anos e que seu pai foi un espírito. Podería corresponder a un rei histórico dos anos -2700, fillo suposto doutro rei chamado Lugalbanda.
A OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte) é unha alianza internacional composta de 30 estados membros de Europa, América do Norte, e Asia. Estabeleceuse coa sinatura do Tratado do Atlántico Norte o 4 de abril de 1949. O Artigo Cinco do tratado expón que se un ataque armado acontece contra algún dos estados membros, será considerado un ataque contra todos eles, polo que os demais estados membros asistirán ao membro atacado, con forzas armadas se é preciso.Dos 30 países membros, 27 atópanse principalmente en Europa, dous en América do Norte, e un en Asia.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Unha planta rubideira ou planta gateadora é aquela que medra suxeitándose nun soporte, ben enrolándose, ben a través de órganos fixadores especiais. As rubideiras non se manteñen erguidas por si mesmas, necesitando doutra planta, un muro, un penedo, unha parra, un espaller, unha pérgola, unha rede etc. Para iso poden utilizar órganos como gabiáns, raíces adventicias etc.
Serena Jameka Williams, nada o 26 de setembro de 1981 en Saginaw, Míchigan, é unha tenista estadounidense. A Women's Tennis Association situouna no número 1 da clasificación en dez ocasións diferentes. Converteuse en número un por primeira vez o 8 de xullo de 2002, e conseguiu este posto por décima vez o 24 de abril de 2017 , sumando ata o de agora 319 semanas como numero un da WTA. É a única xogadora feminina en gañar máis de 40 millóns de dólares en premios.
A Epopea de Gilgamesh, tamén coñecida como o Poema de Gilgamesh, é unha narración de orixe sumeria, na Mesopotamia, considerada como a narración escrita máis antiga da historia. Elaborouse mediante a escrita cuneiforme en táboas de arxila, o que favoreceu a súa conservación. A versión máis completa que se conserva consta de doce táboas, das cales once foron escritas cara a primeira metade do II milenio a.