Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Gregorio Esteban Sánchez Fernández, nado en Málaga o 28 de maio de 1932 e finado no mesmo lugar o 11 de novembro de 2017, máis coñecido polo alcume de Chiquito de la Calzada, foi un humorista, cantante de flamenco e actor andaluz. Comezou como cantante de flamenco con 8 anos e traballou en diferentes teatros, salas e espectáculos en España e Xapón. Fíxose moi popular grazas ao programa humorístico Genio y figura (Antena 3, 1994).
A Liga de Campións da UEFA (en inglés: UEFA Champions League), tamén coñecida como Champions League e antigamente como Copa de Europa, é o torneo europeo de fútbol máis importante a nivel de clubs organizado pola UEFA. Foi creada en 1992 como unha renovación da tradicional Copa de Campións de Europa, polo que a efectos estatísticos considéranse coma a mesma competición. É un dos trofeos de clubs deportivos máis prestixiosos do mundo. Nun principio o campionato consistía nunha eliminatoria directa entre os gañadores das ligas dos seus respectivos países.
Justus Hollatz, nado o 7 de novembro de 1990 en Hamburgo, é un xogador de baloncesto profesional alemán. Actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB, onde se desempeña na posición de base cunha altura de 1,91 m. Foi nomeado mellor xogador novo da Basketball Bundesliga nas temporadas 2020−21 e 2021−22.
Raúl González Blanco, nado en Madrid o 27 de xuño de 1977, é un ex futbolista español. Xogaba de dianteiro e o seu derradeiro equipo foi o Al Sadd. Trátase dun dos futbolistas máis renomeados no panorama internacional e un dos máis importantes de tódolos tempos.É o quinto máximo goleador da historia da Primera división española, do mesmo xeito que un dos máis prolíficos da historia do fútbol español, e das competicións oficiais de clubs da UEFA.Iniciou a súa carreira nas divisións inferiores do Atlético de Madrid, pero tras a disolución das súas filiais foi contratado polo Real Madrid CF, equipo co cal debutou no fútbol profesional en 1994.
Karla Camila Cabello Estrabao, máis coñecida como Camila Cabello, nada en Cojímar, Habana, Cuba o 3 de marzo de 1997, é unha cantante e compositora cubana que vive nos Estados Unidos. Ela é popularmente coñecida por ser membro do grupo Fifth Harmony, xunto a Lauren Jauregui, Normani Kordei, Ally Brooke e Dinah Jane. En solitario, Cabello lanzou dous sinxelos que fixeron o Billboard Hot 100 top 20: "I Know What You Did Last Summer" con Shawn Mendes e "Bad Things" con Machine Gun Kelly, a última chegando ao número catro.
A palabra solución pode ter varios significados segundo o contexto: Solución, en matemáticas é cada un dos valores posíbeis das incógnitas dunha ecuación que verifique a igualdade. Solución, en química é unha mestura homoxénea de dúas ou máis substancias. Solución, en literatura é o desenlace do argumento ou dunha obra literaria.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Jealsa Rianxeira é unha sociedade anónima con domicilio social na rúa Bodion, de Boiro, A Coruña, co seguinte obxecto social: Artigo 2. Obxecto. Constitúe o obxecto social da Sociedade: 1º A fabricación, compravenda, importación, exportación e subministración de toda clase de conservas de peixe e mariscos; o seu envasado e comercio en xeral de tal industria.
A vimentina é unha proteína dos filamentos intermedios de tipo III que se expresa en células mesenquimáticas. As proteínas dos filamentos intermedios encóntranse en todas as células animais e nas bacterias. Os filamentos intermedios, xunto cos microtúbulos baseados na tubulina e os microfilamentos baseados na actina, forman o citoesqueleto da célula.
A fibronectina é unha glicoproteína da matriz extracelular que se une a proteínas receptoras que abranguen todo o grosor da membrana plasmática celular denominadas integrinas. É unha proteína de elevado peso molecular (~440kDa) similar ás integrinas, que se une a compoñentes da matriz extracelular como o coláxeno, fibrina, e os proteoglicanos de heparán sulfato (como os sindecanos). A fibronectina existen en forma de dímero, e consta de dous monómeros idénticos (é un homodímero) unidos por un par de pontes disulfuro.
Marcelo Vieira da Silva Júnior, nado en Río de Xaneiro o 12 de maio] de 1988, é un futbolista brasileiro que xoga no Real Madrid e na selección brasileira. De Marcelo dise que esta dotado dunha grande capacidade técnica, dun tiro feroz, e un bo pase. Principalmente é un lateral esquerdo que tamén pode xogar coma un centrocampista.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
O Estado-nación é unha unidade política formada por un Estado na que os seus membros se senten unidos por unha identidade común baseada no concepto de nación. Considérase un concepto máis preciso que "país", xa que un país non precisa ter un grupo étnico predominante. Noutras palabras, un estado-nación é un estado que se identifica cun pobo e cunha lingua; é o Estado do pobo X e opera na lingua X. Na inmensa maioría dos casos, os estados do mundo tenden a presentarse como estados-nación, aínda que case sempre son de composición multinacional ou plurinacional e, en algún ou outro grao, aplica políticas de absorción lingüístico-cultural cara aos alófonos.Considérase que o Estado-nación se constituíu como un mecanismo político de delimitación do poder e influencias das potencias europeas nos distintos territorios onde se discutía a hexemonía sobre os pobos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Raymond Allen "Ray" Liotta, nado o 18 de decembro de 1954 en Newark, Nova Jersey, e finado en Santo Domingo o 26 de maio de 2022, foi un actor e produtor estadounidense. É coñecido por interpretar os papeis de Shoeless Joe Jackson en Field of Dreams (1989), Henry Hill en Un dos nosos (1990) e Tommy Vercetti no videoxogo Grand Theft Auto: Vice City (2002). Outros papeis destacados de Liotta inclúen a Ray Sinclair en Algo salvaxe (1986), polo cal recibiu un nomeamento aos Globos de Ouro, así como por protagonizar Unlawful Entry (1992), Cop Land (1997), Hannibal (2001), Blow (2001), John Q (2002), Identity (2003), Observe and Report (2009), Killing Them Softly (2012), The Place Beyond the Pines (2012), Marriage Story (2019) e The Many Saints of Newark (2021), ou a serie de televisión Shades of Blue (2016–2018).
O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
O Liverpool Football Club, é un club de fútbol da Premier League inglesa da cidade homónima. É un dos clubs máis laureados do mundo gañando, entre outros, dezaoito títulos nacionais, os mesmos que os seus rivais do Manchester United, sete copas e cinco títulos da UEFA Champions League, máximo galardón a nivel europeo. O eterno rival do Liverpool é o Manchester United, rivalidade que se remonta até 1897, cando os "Reds" golearon por 7-1 ao United para ascender á First Division.
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.É o club máis popular de España e conta coa maior cantidade de afeccionados co 32,8% do total de simpatizantes ao fútbol, de acordo cun estudo realizado no mes de maio do 2007 polo CIS.Tamén o equipo con máis títulos de España e un dos máis prestixiosos de Europa e do mundo, gañando 72 trofeos en distintas competicións (57 nacionais e 15 internacionais) recoñecidos pola RFEF e a UEFA sendo o club con máis vitorias na Liga de Campións.Foi designado pola FIFA como o Mellor Club do século XX logo dos resultados dunha enquisa realizada aos lectores da revista bimestral de devandita organización, FIFA World Magazine, en decembro do 2000.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Werk ohne Autor é un filme alemán de 2018 escrito e dirixido por Florian Henckel von Donnersmarck. Foi nomeado ó León de Ouro da 75ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia e a un Globo de Ouro pola Hollywood Foreign Press Association. Foi nomeado ós Premios Óscar na 91ª edición dos premios nas categorías de mellor filme internacional e mellor fotografía.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Fernando Ruiz Hierro, nado en Vélez-Málaga o 23 de marzo de 1968, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba principalmente como defensa central e centrocampista defensivo, aínda que tamén desempeñou a posición de mediapunta. Foi considerado no seu momento como un dos mellores defensores europeos.
Xaxún, ou xexún, é a abstinencia dalgunha ou de todas as comidas, e nalgún caso tamén da bebida, durante un período de tempo. O xexún tamén pode implicar a abstinencia de determinados tipos de alimentos, como a carne, e mesmo incluír a abstinencia sexual temporal. O xaxún pode realizarse por razóns relixiosas, médicas ou como forma de protesta (folga de fame).
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
Paestum (antiga Poseidonia) é o nome romano clásico dunha importante cidade greco-romana situada no litoral do Mar Tirreno na Magna Grecia, na rexión italiana de Campania. Atópase ao sueste na provincia de Salerno, a 40 km ao sur da capital provincial e 92 de Nápoles. É un dos barrios do concello de Capaccio-Paestum.
Zinedine Yazid Zidane, nado o 23 de xuño de 1972 en Marsella, é un ex-futbolista francés e actual adestrador de fútbol, de familia orixinaria da Cabilia alxeriana. É considerado por algúns medios o máximo expoñente do fútbol mundial de mediados dos anos 90 e principios do 2000 así como un dos mellores xogadores de fútbol de tódolos tempos. Está incluído na lista dos 125 máis grandes xogadores vivos realizada por Pelé, en asociación coa FIFA. Dita organización distinguiuno como Mellor xogador Mundial en 1998, 2000, 2003.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Cronoloxía das mulleres na ciencia
Esta é unha cronoloxía das mulleres na ciencia, que abarca desde a historia antiga ata o século XXI. Aínda que a cronoloxía céntrase principalmente nas mulleres dedicadas ás ciencias naturais, como a astronomía, a bioloxía, a química e a física, tamén inclúe a mulleres das ciencias sociais (como a socioloxía ou a psicoloxía) e das ciencias formais (como as matemáticas ou a informática), así como a notables educadoras científicas e médicas. Os acontecementos cronolóxicos enumerados na liña de tempo refírense tanto aos logros científicos como á igualdade de xénero dentro das ciencias.
A cobra lagarteira común ou cobra lisa común (Coronella austriaca) é unha especie de cobra non velenosa que habita en Europa do norte e central, pero tamén chega ata o norte de Irán. O European Molecular Biology Laboratory (EMBL) recoñece actualmente tres subespecies, incluída a común descrita neste artigo.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do estado e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
John Christopher Depp II, nado en Owensboro, Kentucky, o 9 de xuño de 1963, é un actor, produtor e músico estadounidense. Gañou un Globo de Ouro e un Premio do Sindicato de Actores ó mellor actor. Depp acadou a fama coa serie de televisión dos anos 1980 21 Jump Street, na que se converteu nun ídolo adolescente.
Stranger Things é unha serie de televisión estadounidense do xénero sobrenatural, ciencia ficción e terror creada polos Irmáns Duffer. Foi escrita e dirixida por Matt e Ross Duffer e o seu produtor executivo é Shawn Levy. A primeira tempada, estreada en xullo de 2016, está protagonizada por Winona Ryder, David Harbour, Finn Wolfhard, Millie Bobby Brown, Gaten Matarazzo, Caleb McLaughlin, Natalia Dyer, Charlie Heaton, Cara Buono e Matthew Modine, xunto con Noah Schnapp e Joe Keery nos papeis secundarios.
O reino suevo, reino suevo de Galiza ou reino de Galiza configurouse como a estrutura política máis antiga das actuais rexións de Galiza e o norte e centro de Portugal. despois da caída do Imperio Romano de Occidente. Foi o primeiro estado medieval da Europa occidental continental: nas Illas Británicas foi anterior en Gales o Reino de Dyfed, logo da fin do dominio romano en Britania.
Ronaldo Luís Nazário de Lima, coñecido como Ronaldo, nado o 22 de setembro de 1976 no Río de Xaneiro, é un ex futbolista brasileiro tamén con nacionalidade española. Xogaba de dianteiro e está considerado como un dos xogadores de fútbol máis coñecidos a nivel mundial e xogou nalgúns dos equipos europeos máis prestixiosos.
Panacioi, Présaras, Vilasantar
Panacioi é un lugar da parroquia de Présaras, no concello coruñés de Vilasantar, na comarca de Betanzos. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2021 tiña catorce habitantes (nove mulleres e cinco homes).Atópase a 394 metros de altura sobre o nivel do mar. No seguinte mapa podemos apreciar a idade dos edificios de Panacioi segundo os datos do Catastro (actualizados en 2019).
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Concepción García Campoy, nada en Terrassa o 28 de outubro de 1958 e finada en Valencia o 10 de xullo de 2013, coñecida como Concha García Campoy, foi unha xornalista e presentadora de radio e televisión española. Ata xaneiro de 2012, dirixía e presentaba o informativo matinal da cadea televisiva Telecinco e era portavoz da Academia das Ciencias e as Artes da Televisión.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Luis Espinal Camps, coñecido tamén como Lucho Espinal, nado en San Fruitós de Bages (Barcelona) o 2 de febreiro de 1932 e finado na Paz (Bolivia) o 21 de marzo de 1980, foi un poeta, xornalista, cineasta e relixioso xesuíta catalán nacionalizado boliviano.Cunha relevante actividade no cinema e no medios de comunicación, denunciou a inxustiza social e os abusos de poder e do sistema no mundo. O seu labor profesional estivo sempre orientado a procurar espazos de xustiza, liberdade e igualdade. Desenvolveu gran parte da súa actividade en Bolivia, onde adquiriu sona e pola que foi asasinado.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
Liverpool é unha cidade inglesa de 439.476 habitantes, capital do distrito metropolitano homónimo e do condado metropolitano inglés do Merseyside. A cidade esténdese ao longo do esteiro do Mersey cara ao Mar de Irlanda non moi lonxe de Gales. Limita polo norte co concello metropolitano de Sefton, polo leste co de Knowsley, polo sur e oeste co devandito río.