Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Marcelo Vieira da Silva Júnior, nado en Río de Xaneiro o 12 de maio] de 1988, é un futbolista brasileiro que xoga no Real Madrid e na selección brasileira. De Marcelo dise que esta dotado dunha grande capacidade técnica, dun tiro feroz, e un bo pase. Principalmente é un lateral esquerdo que tamén pode xogar coma un centrocampista.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas.
A Liga de Campións da UEFA (en inglés: UEFA Champions League), tamén coñecida como Champions League e antigamente como Copa de Europa, é o torneo europeo de fútbol máis importante a nivel de clubs organizado pola UEFA. Foi creada en 1992 como unha renovación da tradicional Copa de Campións de Europa, polo que a efectos estatísticos considéranse coma a mesma competición. É un dos trofeos de clubs deportivos máis prestixiosos do mundo. Nun principio o campionato consistía nunha eliminatoria directa entre os gañadores das ligas dos seus respectivos países.
O Estado-nación é unha unidade política formada por un Estado na que os seus membros se senten unidos por unha identidade común baseada no concepto de nación. Considérase un concepto máis preciso que "país", xa que un país non precisa ter un grupo étnico predominante. Noutras palabras, un estado-nación é un estado que se identifica cun pobo e cunha lingua; é o Estado do pobo X e opera na lingua X. Na inmensa maioría dos casos, os estados do mundo tenden a presentarse como estados-nación, aínda que case sempre son de composición multinacional ou plurinacional e, en algún ou outro grao, aplica políticas de absorción lingüístico-cultural cara aos alófonos.Considérase que o Estado-nación se constituíu como un mecanismo político de delimitación do poder e influencias das potencias europeas nos distintos territorios onde se discutía a hexemonía sobre os pobos.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 4 do mundo na clasificación ATP.É o tenista que, cun total de 21, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 13 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019 e 2020), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
O Banquete de Conxo, tamén coñecido como Banquete Democrático de Conxo, tivo lugar o 2 de marzo de 1856 na carballeira do antigo mosteiro do concello de Conxo, integrado dende 1925 no concello de Santiago de Compostela. O banquete foi organizado polos estudantes liberais en homenaxe ao terceiro estado, e constituíu un xesto de irmandade entre a clase traballadora e os estudantes.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Tenet é un filme británico-estadounidense de 2020 escrito e dirixido por Christopher Nolan, que el mesmo produciu xunto con Emma Thomas. Está protagonizado por John David Washington, Robert Pattinson, Elizabeth Debicki, Dimple Kapadia, Michael Caine e Kenneth Branagh. O filme conta a historia dun axente secreto que aprende como manipular o fluxo do tempo para previr un ataque do futuro que ameaza con aniquilar o mundo presente.
Stranger Things é unha serie de televisión estadounidense do xénero sobrenatural, ciencia ficción e terror creada polos Irmáns Duffer. Foi escrita e dirixida por Matt e Ross Duffer e o seu produtor executivo é Shawn Levy. A primeira tempada, estreada en xullo de 2016, está protagonizada por Winona Ryder, David Harbour, Finn Wolfhard, Millie Bobby Brown, Gaten Matarazzo, Caleb McLaughlin, Natalia Dyer, Charlie Heaton, Cara Buono e Matthew Modine, xunto con Noah Schnapp e Joe Keery nos papeis secundarios.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
A política de España é o conxunto de condicións administrativas que as leis de España ditan para o funcionamento que os órganos lexislativos consideran apto para o país. Seguindo a clasificación do sistema de goberno no mundo, España posúe a forma de monarquía parlamentaria, pois o seu poder lexislativo (representado na figura das Cortes Xerais) exerce o control do executivo, así como funcións lexislativas, agás potestades lexislativas gobernamentais, como os Reais Decretos Lei. Estes han de ser, en todo caso, debatidos polo Congreso dos Deputados, nun prazo non superior a 30 días, sen que o pobo español poida intervir no devandito proceso.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.É o club máis popular de España e conta coa maior cantidade de afeccionados co 32,8% do total de simpatizantes ao fútbol, de acordo cun estudo realizado no mes de maio do 2007 polo CIS.Tamén o equipo con máis títulos de España e un dos máis prestixiosos de Europa e do mundo, gañando 88 trofeos en distintas competicións (68 nacionais e 20 internacionais) recoñecidos pola RFEF e a UEFA sendo o club con máis vitorias na Liga de Campións.Foi designado pola FIFA como o Mellor Club do século XX logo dos resultados dunha enquisa realizada aos lectores da revista bimestral de devandita organización, FIFA World Magazine, en decembro do 2000.
Xaxún, ou xexún, é a abstinencia dalgunha ou de todas as comidas, e nalgún caso tamén da bebida, durante un período de tempo. O xexún tamén pode implicar a abstinencia de determinados tipos de alimentos, como a carne, e mesmo incluír a abstinencia sexual temporal. O xaxún pode realizarse por razóns relixiosas, médicas ou como forma de protesta (folga de fame).
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 183.458 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
O Gran Premio de Mónaco de 2022 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2022) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 29 de maio de 2022 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, un circuíto urbano que atravesa o Principado de Mónaco. Foi a sétima rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2022, a 79ª vez que se celebrou o Gran Premio de Mónaco.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Circuíto de Mónaco é un circuíto de carreiras urbano situado nas rúas dos barrios de Monte Carlo e La Condamine ao redor do porto do Principado de Mónaco que alberga o Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1. Foi fundado en 1920 por Anthony Nogues. Tamén se coñece como circuíto de Monte Carlo debido a que gran parte do seu percorrido está en "Monte Carlo".
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Os mortos van á présa (en castelán: Los muertos van deprisa) é un filme galego dirixido e escrito por Ángel de la Cruz que foi estreado o 13 de marzo de 2009. Conta cun equipo case integramente galego, a excepción da actriz Neus Asensi, unha das protagonistas. Foi rodada en Ribadeo (provincia de Lugo), onde tivo lugar a estrea.
O Tapiz de Bayeux, tamén coñecido como o Tapiz da raíña Matilde, e aínda antes como "Telle de Conquest" (por "tea da Conquista") é un bordado (antes "tapiz de puntos con agulla") do século XI, inscrito dende 2007 no rexistro Memoria do mundo pola UNESCO. Describe feitos acontecidos dende finais do reinado do rei de Inglaterra Eduardo o Confesor en 1064 até a batalla de Hastings en 1066, na que estaba en xogo o trono de Inglaterra, contestado a Harold Godwinson por Guillerme, duque de Normandía. Nel detállanse os eventos principais da batalla; o resultado desta determinou a conquista normanda de Inglaterra, mais case a metade das escenas relatan feitos anteriores á invasión en si mesma. Ao parecer foi encargado por Odo de Bayeux, medio-irmán de Guillerme, e realizado no transcurso dos anos seguintes á conquista.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Unidade de procesamento gráfico
A unidade de procesamento gráfico (Graphics Processing Unit) ou GPU, tamén coñecida como unidade de procesamento visual (Visual Processing Unit) é un microprocesador (ou acelerador gráfico) para computadores persoais, videoconsolas e outros dispositivos que requiran de gran cantidade de imaxes xeradas por computador. As GPUs modernas son moi eficientes manipulando e mostrando gráficos por computador, e a súa estrutura de alto paralelismo fainas moito máis efectivas que as típicas CPUs para un amplo rango de algoritmos complexos. Unha GPU pon en funcionamento un número de operacións gráficas primitivas cunha rapidez maior que unha CPU. As operacións máis comúns para os primeiros gráficos 2D inclúen o copiado rectangular de zonas de memoria (como as xanelas ou os videoxogos), coñecido polo termo inglés de blitter, e tamén operacións de recheo de rectángulos, triángulos, círculos, e demais formas xeométricas.
Benito Vicetto Pérez nado en Ferrol o 21 de maio de 1824 e finado na mesma cidade o 28 de maio de 1878, foi un escritor, xornalista e historiador galego. Prolífero autor literario en lingua castelá, na que cultivou a poesía, a novela, o teatro e o ensaio, escribiu tamén algúns poemas en lingua galega. Destacou como editor e colaborador de xornais de tendencia progresista, desde os que impulsou as ideas rexionalistas.
Gustavo Francisco Petro Urrego, nado en Ciénaga de Oro, Córdoba, o 19 de abril de 1960, é un político e economista colombiano, exmilitante do M-19 e actual Senador da República para o período 2018-2022. Foi candidato para a presidencia de Colombia en 2010 e 2018.Dende mozo viviu en Zipaquirá, Cundinamarca e nesta cidade ocupou diversos cargos públicos. Na súa mocidade foi parte do Movemento 19 de abril co cal proclamaron a Constitución Política de Colombia 1991.
Receptor de esteroides de membrana
Os receptores de esteroides de membrana (mSRs), tamén chamados receptores de esteroides extranucleares, son unha clase de receptores da superficie celular activados por esteroides endóxenos que funcionan como mediadores de sinalización celular rápida non xenómica por medio da modulación de fervenzas de sinalización intracelular. Os receptores de esteroides de membrana son diferentes dos receptores de hormonas esteroides (SHRs) nucleares clásicos, que non se encontran na membrana senón no interior da célula. Estes receptores de membrana son outro xeito que teñen os esteroides de orixinar os seus efectos biolóxicos.
Alexandre III de Macedonia, coñecido como Alexandre o Grande ou Alexandre Magno (en grego: Μέγας Ἀλέξανδρος), nado o 21 de xullo de 356 a.C. en Pela (Reino de Macedonia) e finado o 10 ou 13 de xuño de 323 a.C. en Babilonia, foi rei do antigo reino de Macedonia entre o 21 de xullo de 336 a.C. e o 13 de xuño de 323 a.C. Sucedeu ao seu pai Filipo II no trono no 336 a.C. aos 20 anos, e pasou a maior parte dos seus anos de goberno realizando unha longa campaña militar por todo o oeste de Asia e o nordeste de África. Á idade de trinta anos, creara un dos imperios máis grandes da historia, que se estendía desde Grecia ata o noroeste da India. Trátase dun dos máis exitosos comandantes do mundo antigo, tanto que foi considerado por moitos o maior xenio militar da historia.Alexandre o Grande dedicou os primeiros anos do seu reinado a impoñer a súa autoridade sobre os pobos sometidos a Macedonia, que aproveitaran a morte de Filipo para rebelarse.
En estatística, marxe de erro, erro de mostraxe ou erro de estimación é o erro que xorde por mor de observar unha mostra da poboación completa.A estimación dun valor de interese, como a media ou a porcentaxe, estará xeralmente suxeita a unha variación entre unha mostra e outra. Estas variacións nas posibles mostras dunha estatística poden, teoricamente, ser expresadas como erros de mostraxe, con todo, normalmente, na práctica o erro exacto é descoñecido. O erro de mostraxe refírese en termos máis xerais ao fenómeno da variación entre mostras.
Monfragüe, historicamente coñecida como Plasencia-Empalme ou Palazuelo-Empalme, é una estación de ferrocarril situada no municipio español de Malpartida de Plasencia, situado na provincia de Cáceres. No entorno das instalacións ferroviarias comezou a formarse un pequeno núcleo de poboación, o denominado poboado ferroviario de Monfragüe, que desde 2004 é candidato a Ben de Interese Cultural na categoría de sitios históricos. Tradicionalmente, esta estación constituíu un destacado nó ferroviario no que enlazaban as liñas Madrid-Valencia de Alcántara e Plasencia-Astorga.
Gareth Frank Bale, nado en Cardiff o 16 de xullo de 1989, é un xogador de fútbol galés que xoga de centrocampista e extremo no Real Madrid da Primeira División de España. É internacional coa selección de Gales, sendo o segundo xogador que máis veces vestiu a súa camiseta (100 veces), só por detrás de Chris Gunter (106), e o seu máximo goleador histórico, con 36 tantos.
Xavier Prado Rodríguez, bautizado como Javier David Leoncio Prado Rodríguez e máis coñecido polo seu alcume Prado Lameiro , nado en Ourense o 12 de setembro de 1874 e finado na mesma cidade o 26 de decembro de 1942, foi un veterinario, autor teatral e poeta, ademais de destacado protagonista do rexionalismo galego de principios do século XX, dentro das Irmandades da Fala. Colaborador de Lamas Carvajal, intentou recupera-la publicación O Tio Marcos d'a Portela, en 1917, aínda que desapareceu finalmente en 1919. A súa obra é costumista, humorística, irónica e ruralista.
A dedaleira ou estraloque (Digitalis purpurea) é unha planta herbácea bianual, nativa de Europa da familia das plantaxináceas. Recibe tamén os nomes de abeluria, abrula, baloco, borleta, croque, dixital, estalote, milicroque e sanxoán. A flor das dedaleiras e as súas follas conteñen unha substancia alcaloide, a dixitalina, que afecta ao funcionamento cardíaco e o extracto do seu principio activo foi empregado como medicación para a arritmia e outras deficiencias cardíacas dende finais do século XVIII. Na medicina a dixitalina viuse obsoleta e no seu lugar é usada a dixitoxina, molécula sintética derivada daquela.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.