Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Moya Brennan, coñecida artisticamente ata 2002 como Máire Brennan e nada Máire Philomena Ní Bhraonáin en Dublín o 4 de agosto de 1952, é unha cantante, letrista e harpista irlandesa que principiou a súa carreira ao formar a súa familia a banda Clannad e está considerada unha das voces máis recoñecidas da música celta, coñecida como "primeira dama da música celta". A partir de 1992 comezou unha carreira en solitario con éxito, o seu primeiro álbum saíu en 1992 co título de Máire e foi candidata a dous Grammy. Gravou varias bandas sonoras, entre as que salientan Titanic, To End All Wars e King Arthur.
O Castelo de Javier está situado nunha loma da localidade navarra de Javier, a 52 km ao leste de Pamplona e 7 km ao leste de Sangüesa. Data do século X. Neste castelo naceu e viviu San Francisco Xabier, fillo dos Señores de Javier, e de aquí tomou o seu apelido. O nome de Javier provén do vascuence etxebarri ou casa nova que na súa evolución transformouse en javier, sendo a grafía orixinal xabier.
O masacre de Melilla foi a matanza de varias decenas de migrantes da África subsahariana perpetrada pola xendarmaría de Marrocos co apoio da Garda Civil española no 24 de xuño de 2022 no valado de Melilla, durante un salto masivo de entre 500 e 2.000 persoas na alborada do mesmo día para cruzar a fronteira con España. Na disputa do número de vítimas, segundo as fontes oficiais marroquís o balance foi de 23 migrantes e 2 xendarmes mortos e amais 76 migrantes e 140 xendarmes feridos. En troques, as organizacións non gobernamentais a prol dos dereitos humanos elevaron a cifra de migrantes mortos até 37 e esixiron investigacións contra a acción policial desproporcionada.Ante o silencio informativo ao longo da xornada do acontecemento e a filtración de vídeos e fotografías de moitos migrantes inconscientes, desatendidos, sanguentos, amoreados e mortos so custodia policial, a situación atraeu unha repercusión nos medios e unha consternación internacionais.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
A Copa do Sar é unha competición futbolística por eliminatorias de partidos. Recibe o nome polo río Sar e nela participan equipos das comarcas do Sar, A Barbanza, Santiago, Ordes, Tabeirós- Terra de Montes, Caldas, Deza, Noia, Arzúa e Terra de Melide. O campión de 2019 é o Zona Vella CF. Nos anos 2020 e 2021 non se xogou por mor da pandemia de covid-19.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Adiaratou Iglesias Forneiro, nada en Bamaco o 6 de febreiro de 1999, é unha atleta galega radicada en Lugo. Adestra no club Lucus Caixa Rural Galega. En 2019 proclamouse subcampioa do mundo de atletismo paralímpico nas probas de 200 e 100 metros lisos e en 2021 conseguiu o ouro en 100 m e a prata en 400 m nos Xogos Paralímpicos de Toquio.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A temporada 2002–03 da Liga ACB, celebrada entre o 28 de setembro de 2002 e o 24 de xuño de 2002, foi a vixésima temporada da máxima categoría do baloncesto español desde a creación da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) para substituír á antiga Primeira División. Nesta edición mantívose o número de equipos, 18, e o formato da edición anterior.
Manuel Mayer von Furtwängler (ou Manuel Mayer Furtwänglarina), nado en Ferrol o 18 de novembro de 1802 e finado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1889, foi un militar de ideoloxía liberal, tenente da Primeira Compañía do Batallón n°2 da Milicia Nacional de Santiago, e comandante da Patrulla para a seguridade e a orde da cidade.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
A Copa da Costa é unha competición futbolística por eliminatorias de partidos de ida volta. Recibe o nome pola Costa da Morte e nela participan equipos das comarcas da Barcala, Noia, Soneira, Bergantiños, Xallas, Muros e Fisterra.A final de 2017 entre o Dumbría e a SD Fisterra foi televisado por primeira vez en directo vía streaming pola web da TVG e retransmitido en diferido na TVG2.
O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Vassil Illiev Evtimov (en bulgaro: Васил Илиев Евтимов), alcumano Vasco Evtimov, nado o 30 de maio de 1977 en Sofía, é un exxogador profesional internacional de baloncesto búlgaro con pasaporte francés. Desenvolvíase nas pocisións de ala-pivote e pivote cunha altura de 2,08 m. Foi o máximo reboteador da Liga ACB co Caja San Fernando na temporada 2003−04 con 10,8 rebotes por partido.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Reserva de Caza do Kalahari Central
A Reserva de Caza do Kalahari Central é un extenso parque nacional que se atopa no deserto do Kalahari de Botswana. Establecido no ano 1961, ten unha superficie de 52 800 quilómetros cadrados. Isto é máis que a superficie dos Países Baixos e representa case o 10% da superficie total de Botswana, o que a converta na segunda reserva de caza meirande do mundo.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil da TVG que comezou a emitirse o 18 de abril de 1994. O protagonista do programa é o personaxe animado do "Xabarín", un xabaril antropomorfo deseñado por Miguelanxo Prado e ao cal dá voz Juanillo Esteban. O "Xabarín" realiza a función de presentador do programa, o cal inclúe un club de socios, a emisión de series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia, como Xabarín News ou Os vixilantes do Camiño, a primeira serie animada de produción galega que emitiu o Xabarín Club.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Moedas conmemorativas de Suíza
As moedas conmemorativas de Suíza abranguen as emisións en francos suízos de carácter conmemorativo efectuadas pola Confederación Suíza e cuñadas na Casa da Moeda de Suíza, en Berna, a partir de 1936. Malia estaren dotadas de curso legal, na súa maioría non foron concibidas para o seu uso nos pagamentos correntes, dado que o seu prezo de compra está adoito por riba do seu valor nominal, senón que a súa emisión está destinada ao coleccionismo numismático e ao investimento. En tanto que o Banco Nacional Suízo é o respondable de determinar as emisións de moedas para a circulación, no caso das moedas conmemorativas de colección é a propia Swissmint a que exerce esta responsabilidade.
Alexandre Gustave Eiffel, nado o 15 de decembro de 1832 en Dijon e finado o 27 de decembro de 1923 en París, foi un enxeñeiro francés, especialista en estruturas metálicas. O apelido Eiffel foi adoptado por un dos seus antepasados a principios do século XVIII, tomado do seu lugar de nacemento: Marmagen, na rexión de Eifel, xa que en francés non se podía pronunciar o seu verdadeiro nome: Alessandre Gustaf Bönickhausen.
Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX. Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa.
Museo finlandés do hóckey sobre xeo
O Suomen Jääkiekkomuseo (en galego Museo finlandés do hóckey sobre xeo) é un museo situado na cidade finlandesa de Tampere adicado á historia do hóckey sobre xeo. O museo abriu as súas portas en 1979 e orixinalmente encontrábase no Tampereen jäähalli (principal pavillón de hóckey sobre xeo da cidade), ata que no ano 2000 trasladouse ao complexo museístico do Museokeskus Vapriikki.O museo do hóckey sobre xeo finlandés é considerado o segundo mellor museo de historia do hóckey sobre xeo do mundo por detrás do Hockey Hall of Fame de Toronto.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Walter Herrmann Heinrich, nado o 26 de xuño de 1979 en Venado Tuerto, Santa Fe, é un exxogador profesional de baloncesto arxentino con pasaporte español. Como xogador ocupaba na pocisión de ala cunha altura de 2,05 m. Xogou durante catro temporadas da NBA, alén de destacar noutras ligas internacionais, como por exemplo en España, onde conseguiu ser MVP e dmáximo anotador na temporada 2002−03.
O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un sistema estándar para legalizar a propiedade intelectual de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet. É un sistema parecido aos identificadores URI. Unha forma común de empregar o sistema DOI é dar ás publicacións científicas un número específico que calquera pode utilizar para localizar a través da Rede o citado artigo. A diferenza do sistema URL, usado nas páxinas web, o sistema DOI non cambia co paso do tempo, aínda que o artigo sexa recolocado nun enderezo distinto posto que leva a información incorporada en forma de metadatos.
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2022, ano dedicado a Florencio Delgado, 62 autores (5 mulleres e 57 homes) foron homenaxeados nas 60 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie o 47,9% do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
A temporada 2003–04 da Liga ACB, celebrada entre o 4 de outubro de 2003 e o 13 de xuño de 2004, foi a vixésimo primeira temporada da máxima categoría do baloncesto español desde a creación da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) para substituír á antiga Primeira División. Nesta edición mantívose o número de equipos, 18, e o formato da edición anterior. Os playoffs polo título foron disputados polos oito primeiros clasificados, mentres que os dous últimos equipos descenderon á Liga LEB. O campión desta edición foi o FC Barcelona, que conseguiu o seu décimo cuarto título de liga, décimo primeiro desde a fundación da Liga ACB, após vencer na final ao Adecco Estudiantes.
O interlingue, é un idioma auxiliar internacional creado en 1922 por Edgar de Wahl, quen buscou lograr a máxima regularidade gramatical e manter un carácter natural. O vocabulario baséase en palabras prexistentes de varios idiomas e un sistema de derivación que utiliza prefixos e sufijos recoñecibles.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Agalega (en francés îles Agaléga) é un grupo de dúas illas do Océano Índico pertencentes á república de Mauricio. Ten unha extensión de 70 km² e 289 habitantes de fala crioula mauricia e relixión católica. Sitúase a uns mil quilómetros ao norte da Illa Mauricio, a 10º 24´ de latitude sur e a 56º 37´de lonxitude oeste.
2022 (MMXXII) é o ano actual do calendario gregoriano comezado en sábado. As Nacións Unidas declararon 2022 como Ano Internacional da Pesca Internacional e da Acuicultura, Ano Internacional das Ciencias Básicas para o Desenvolvemento Sustentábel, Ano Internacional do Desenvolvemento Sustentábel das Montañas, e Ano Internacional do Vidro.
Amanda Jones, Amanda Theodocia ou Theodosia Jones, nada no Estado de Nova York o 19 de outubro de 1835 e finada en Brooklyn o 31 de marzo de 1914, foi unha poeta e inventora, profesora e activista polos dereitos das mulleres, coñecida pola invención dun método de envasado de alimentos ao baleiro, chamado proceso Jones.
Carlos Irwin Estévez, coñecido como Charlie Sheen, nado o 3 de setembro de 1965 en Nova York, é un actor norteamericano de orixe galega e irlandesa. Sheen naceu como Carlos Irwin Estévez en Nova York, a súa nai é Janet Templenton, profesora de arte, e o seu pai o actor Martin Sheen, criouse en Malibú (California) cos irmáns, tamén actores, Emilio Estevez, Ramon Estevez e Renée Estevez. Sheen estudou no Instituto de Santa Monica, onde destacou como xogador de béisbol e fixo tamén varios filmes en Super-8 cos seus amigos e futuros actores Rob Lowe e Christopher Penn.
National Women's Hall of Fame (en galego, Salón Nacional da Fama de Mulleres ) é unha institución estadounidense creada en 1969, na cidade de Seneca Falls, Nova York, onde se celebrou a primeira Convención sobre os Dereitos da Muller en 1848 . A misión do salón, establecida na súa declaración de 1969, é: "honrar a perpetuidade ás mulleres cidadás dos Estados Unidos de América cuxas contribucións ás artes, deportes, negocios, educación, goberno, humanidades, filantropía e ciencia foron de gran importancia. valor para o desenvolvemento do seu país.
Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, co filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdicción de Delaware dende o 2007. Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias. Foi denominado como o «SMS de Internet».A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres (orixinalmente 140), chamados chíos ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Utah é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión das Montañas Rochosas. É un dos máis importantes centros de transporte e de telecomunicacións do Oeste americano. A capital e maior cidade de Utah é Salt Lake City e na súa rexión metropolitana vive máis do 60% da poboación do Estado.
Emilio Estevez, nado o 12 de maio de 1962 en Staten Island, Estado de Nova York, é un actor, director, guionista, produtor e actor de dobraxe estadounidense. Emilio Estevez é o fillo do actor de orixe galega Martin Sheen (nado como Ramón Estévez) e a artista irlandesa Janet Templeton. Os seus irmáns son Ramon Estevez, Charlie Sheen (nado como Carlos Estevez), Natasha Prasaud Estevez e Renée Estevez.