Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Alfred Charles Kinsey, nado en Hoboken (Nova Jersey) o 23 de xuño de 1894 e finado en Bloomington (Indiana) o 25 de agosto de 1956, foi un sexólogo estadounidense. Investigou o comportamento sexual humano durante a década dos anos 1940 e publicou unha serie de libros que revolucionaron as concepcións da época sobre a sexualidade humana.
The New York Times é un xornal publicado na cidade de Nova York e distribuído nos Estados Unidos e moitos outros países, fundado o 18 de setembro de 1851 por Henry Jarvis Raymond e George Jones, o primeiro tamén fundador de Associated Press. É propiedade da The New York Times Company, que tamén posúe outras 40 publicacións, incluíndo o International Herald Tribune e o Boston Globe. O diario é afectuosamente chamado a «Dama Gris» (Gray Lady, en inglés).
A herba de Santiago ou herba do sapo (Senecio jacobaea) é unha planta de flor brava moi común da familia Asteraceae que se atopa distribuída por toda Europa, normalmente en espazos abertos e en terreos con certo grao de humidade, ben drenados. É común en Galiza en prados e lameiros, floreando de maio a agosto. Caracterízase polo seu recendo lixeiro.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Vilar do Monte, Aguada, Carballedo
Vilar do Monte é un lugar da parroquia de Aguada, no concello lugués de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2018 tiña doce habitantes (sete mulleres e cinco homes).
O esperanto é a única lingua artificial que posúe unha cultura propia suficientemente desenvolvida, e que creou unha literatura de interese, formada tanto por obras traducidas como orixinais. Calcúlase[quen?] que o número de libros editados en esperanto é superior ao vinte e cinco mil. O principal servizo de venda de libros, o da Asociación Universal de Esperanto posúe máis de catro mil títulos no seu catálogo.
A Copa do Sar é unha competición futbolística por eliminatorias de partidos. Recibe o nome polo río Sar e nela participan equipos das comarcas do Sar, A Barbanza, Santiago, Ordes, Tabeirós- Terra de Montes, Caldas, Deza, Noia, Arzúa e Terra de Melide. O campión de 2022 é a SD Tordoia, tras eliminar a: Touro (1-4), Silleda (1-5), Cidade de Ribeira (3-2), Sport Team Estrada (1-1, 2-4 a penaltis) e Flavia SD (0-3).
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O termo carallo na lingua galega, ao igual que nalgunhas outras linguas romances (o portugués caralho, o italiano cazzo ou o castelán carajo), é o termo popular para designar o pene, mais tamén é empregado a modo de interxección, denotando abraio, sorpresa ou anoxo. Na lingua galega cobra especial relevancia, de maneira que decote o carallo é desposuído do seu significado orixinal chegando a desvirtuarse até o punto de crear novas acepcións.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Cornelis George Boeree (Badhoevedorp, Ámsterdam, Países Baixos, 15 de xaneiro de 1952 - Shippensburg, Pensilvania, Estados Unidos, 5 de xaneiro de 2021) foi un psicólogo neerlandés, naturalizado estadounidense, e profesor emérito na Universidade de Shippensburg, especializado na teoría da personalidade e a historia da psicoloxía.
O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
A arte de Galicia tivo unha evolución paralela á do resto da arte europea, seguindo de formas diversas as múltiples tendencias que se teñen producido no contexto da historia da arte occidental. A historia da arte galega mostra as manifestacións culturais e artísticas ao longo do tempo dende os primeiros asentamentos humanos até a actualidade. Dende o paleolítico á cultura contemporánea, a arte feita en Galicia ten certas características propias, alimentada polas correntes traídas por outros pobos.
Moscova (en ruso: Москва) é a capital de Rusia e o principal centro político, económico, financeiro, educativo e de transporte, situado no río Moskva no Distrito Central Federal, na parte europea de Rusia. A poboación da cidade é de 12.5 millóns de habitantes xunto cos arrabaldes da cidade. Constitúe por si mesma o 7% da poboación de toda Rusia.
No Calendario armenio, as datas están marcadas polas letras ԹՎ ou parecidas, habitualmente cunha liña sobre as letras, indicando "t'vin" ("no ano") seguido por unha ou até catro letras, cada unha significa un número baseado na orde do alfabeto. Na Idade Media, os armenios empregaban un calendario que comezaba no ano 552 a.C., como o comezo da era armenia. Para traducir en anos comúns, adicione 551 ao número.
O reo, Salmo trutta truta, é un peixe anádromo da familia dos salmónidos; trátase dunha das formas de Salmo trutta, ou subespecie, segundo os autores.Considérase que é a forma raíz da especie Salmo trutta. Ademais de como reo, esta forma ou subespecie coñécese co nome de troita maresa.Algúns chamárona tamén troita asalmoada, debido á súa forma de vida semellante á do salmón, porén hoxe en día este termo refírese a unha forma cultivada da troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss).A súa característica máis chamativa é o seu corpo alargado, con forma de torpedo. Os flancos son de cor gris prateada ou gris verdosa; o ventre é branco.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A Copa da Costa é unha competición futbolística por eliminatorias de partidos de ida volta. Recibe o nome pola Costa da Morte e nela participan equipos das comarcas da Barcala, Noia, Soneira, Bergantiños, Xallas, Muros e Fisterra.A final de 2017 entre o Dumbría e a SD Fisterra foi televisado por primeira vez en directo vía streaming pola web da TVG e retransmitido en diferido na TVG2.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A Primeira República Galega foi unha pasaxe efémera da historia de Galiza que durou unhas horas e tivo lugar exactamente no transcurso do 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española, cando activistas composteláns como Pedro Campos Couceiro ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega.
O dominio de primeiro nivel (en inglés Top Level Domain TLD) é un dos compoñentes dun enderezo de internet, estes van separados por puntos, así por exemplo: gl.wikipedia.org, e precisamente o último é o que se denomina dominio de primeiro nivel, ou TLD. Por exemplo, no nome de dominio "gl.wikipedia.org", "org" é o TLD, ou dominio de primeiro nivel. O sistema de nomes de dominio en internet transforma os nomes de dominio en enderezos IP numéricos, permitindo así referirse a sitios web e outros recursos mediante nomes doados de lembrar en vez dos enderezos IP numéricos, como 207.142.131.245, que identifican cada ordenador. Este Sistema de Servidores de Nomes de Dominio (DNS, de Domain Name Server) constitúe unha xerarquía en forma de árbore: Cada TLD (p.ex.
Sara Seager, nada en Toronto o 21 de xullo de 1971, é unha astrónoma canadense e científica planetaria. É profesora do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e é coñecida polo seu traballo sobre os planetas extrasolares e as súas atmosferas. É autora de dous libros de texto sobre estes temas, e foi recoñecida polas súas investigacións por Popular Science, Discover Magazine, Nature, e TIME Magazine.
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 185.811 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Moonfall é un filme de 2022 escrito, dirixido e producido por Roland Emmerich. Está protagonizado por Halle Berry, Patrick Wilson, John Bradley-West, Michael Peña, Charlie Plummer, Kelly Yu e Donald Sutherland. Conta a historia de dous antigos astronautas e un teórico da conspiración que descobren a verdade oculta sobre a Lúa, cando esta de súpeto abandona a súa órbita.
Os santos (do latín sanctus, -i, de sanctus, -a, -um, 'sagrado', 'venerado'; en grego αγίος (hagíos); en hebreo qâdosh, 'elixido por Deus') son homes ou mulleres distinguidos nas diversas tradicións relixiosas polas súas atribuídas relacións especiais coas divindades. Estas relacións conducen a unha especial distinción dos suxeitos polas súas calidades en especial morais, e este sentido presérvase en tradicións espirituais no necesariamente teístas. A influencia dun santo supera o ámbito da súa relixión cando a aceptación da súa moralidade adquire compoñentes universais: por exemplo, é o caso de Tareixa de Calcuta e, en xeral, polo menos até certo punto, de todos os fundadores das grandes relixións.
Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Over the Garden Wall é unha miniserie estadounidense de animación creada por Patrick McHale para Cartoon Network. A serie conta a historia de dous medios irmáns que viaxan a través dun misterioso bosque para atopar o camiño a casa, atopando moitos personaxes e cousas estrañas na súa viaxe. A serie está baseada na curtametraxe animada de McHale Tome of the Unknown, que foi producida como parte do programa de desenvolvemento de curtametraxes Cartoon Network Studios.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A primeira guerra mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo. Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais).
Bad Hersfeld é unha pequena cidade, a capital do distrito de Hersfeld-Rotenburg, ao leste do Land de Hesse, Alemaña. Situada á beiras do río Fulda, é famosa polo seu balneario e seu festival de música clásica, o Bad Hersfelder Festspiele, que se realiza todos os veráns desde 1951, e polo que a cidade é coñecida como a Salzburgo do norte. Outra festa famosa na cidade é a Lullusfest, que de celebra o 16 de outubro, en memoria da morte de San Lulo de Hersfeld (710-786) , que foi o primeiro arcebispo permanente de Maguncia e o primeiro abade da abadía de Hersfeld, e que é a festividade local máis antiga do mundo xermanófono.