Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Filmes propostos ó mellor filme internacional na 46ª edición dos Óscar
Os seguintes 20 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 46ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Francia, Alemaña Occidental, Israel, os Países Baixos e Suíza. O galardón recaeu sobre Francia, co filme A noite americana, sendo a sexta vez que gañou o premio dende a súa creación.Finlandia e Alemaña Oriental presentaron filmes a competición por primeira vez.
Benito Vicetto Pérez nado en Ferrol o 21 de maio de 1824 e finado na mesma cidade o 28 de maio de 1878, foi un escritor, xornalista e historiador galego. Prolífero autor literario en lingua castelá, na que cultivou a poesía, a novela, o teatro e o ensaio, escribiu tamén algúns poemas en lingua galega. Destacou como editor e colaborador de xornais de tendencia progresista, desde os que impulsou as ideas rexionalistas.
O dimetilsulfóxido ou dimetil sulfóxido (DMSO) é un composto organosulfurado coa fórmula química (CH3)2SO. Este líquido incoloro é o sulfóxido máis amplamente usado comercialmente. e un importante solvente aprótico polar que disolve tanto compostos polares coma non polares e é miscible nunha ampla gama de solventes orgánicos e en auga. Ten un punto de ebulición relativamente alto.
Un cromo, antes chamado cromolitografía, é un pequeno papel impreso con patróns de cores que se recolle ou se usa en determinados xogos. Hai varios tipos, dende os que se venden soltos -como unha especie de carta de colección- até os que forman coleccións temáticas, pensados para ser pegados nun álbum, pasando por edicións. cromos limitados conmemorativos, publicitarios ou educativos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
O francés (le français [lə fʁɑ̃sɛ] ( ) o la langue française [la lɑ̃ɡ fʁɑ̃sɛz]) é unha lingua romance da familia indoeuropea procedente do latín falado. Descendente do Latín vulgar do Imperio Romano, como todas as linguas romances. O francés evolucionou a partir do galo-romance, o latín que se fala na Galia, e máis concretamente no norte da Galia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Alejandro Guillán Castaño, coñecido artisticamente como Baiuca, nado en Catoira en 1990 é un músico galego. Usou o nome artístico Alex Casanova ata 2017, momento no que deixou atrás o estilo musical pop para innovar coa mestura de música electrónica e música tradicional galega, resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica. Reside en Madrid.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Este artigo trata sobre o rei mitolóxico, para a banda galega véxase: Xerión (banda). Xerión (ou Xeriones) (do grego antigo Γηρυών), na mitoloxía greco-romana, é o nome dun dos xigantes, fillo de Crisaor e de Calírroe, dotado de tres cabezas; era irmán de Equidna, monstro metade muller metade serpe, que xerou o can Ortro, que velaba polo gando de Xerión. O seu mito está ligado ao de Hércules, a quen coube, nun dos seus traballos, roubarlle os bois.Xerión moraba en Eritía (a "vermella"), unha das míticas illas das Hespérides, situada no extremo occidental do mar Mediterráneo.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Laura Borràs i Castanyer, nada en Barcelona o 5 de outubro de 1970, é unha filóloga e política catalá, presidenta da cámara do Parlamento de Cataluña dende marzo de 2021. Foi conselleira de Cultura da Generalitat de Catalunña entre 2018 e 2019. É especialista en teoría da literatura e literatura comparada.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O Invernadeiro é un parque natural galego que abrangue as montañas do sur do macizo central e que se atopa no concello ourensán de Vilariño de Conso. Está situado entre os ríos da Ribeira Grande e da Ribeira Pequena e entre as serras de San Mamede, de Queixa e do Fial das Corzas.O parque destaca pola súa biodiversidade, en especial polos seus mamíferos (como os corzos, cervos e cabras bravas) e os peixes das súas ribeiras, e a súa xeomorfoloxía. Os seus cumes son espazos abertos de pastos, as súas abas contan con corgos e cóbrenas as uceiras e queirogais e nas ribeiras dominan as fragas e os soutos.É un parque desde o século XX despoboado mais que desde século XV, cando menos, fora un terreo propiedade de nobreza ligada á Casa da Mezquita.
Xia Peisu ou Pei-su Hsia, nada en Chongqing o 28 de xullo de 1923 e finada en Pequín o 27 de agosto de 2014, foi unha científica e docente informática chinesa coñecida por ser unha pioneira en informática e tecnoloxía . Foi a principal desenvolvedora do Modelo 107, a primeira computadora electrónica multiusos da China, e é coñecida como a "Nai da Informática na China". Ela e o seu marido Yang Liming foron elixidos membros da Academia Chinesa de Ciencias en 1991.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Beleza oculta (en inglés: Collateral Beauty) é un filme estadounidense de 2016 dirixido por David Frankel e escrito por Allan Loeb. Está protagonizado por Will Smith, Edward Norton, Keira Knightley, Michael Peña, Naomie Harris, Jacob Latimore, Kate Winslet e Helen Mirren. Estreouse en galego o 14 de setembro de 2019 a través da TVG. A directora de dobraxe é Charo Pena.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Abandonen o barco (en inglés: Seven Waves Away, e tamén coñecido polos títulos Abandon Ship! e Seven Days From Now) é un filme británico dramático protagonizado por Tyrone Power, Mai Zetterling, Lloyd Nolan e Stephen Boyd. Richard Sale adaptou o filme a partir dunha historia curta homónima de 1938, orixinalmente publicada por Scribner's Magazine.
Rosalía Vila Tobella, nada en Sant Esteve Sesrovires, provincia de Barcelona, o 25 de setembro de 1992, máis coñecida como Rosalía, é unha cantante e actriz española.En 2018, converteuse na española con máis premios Grammy Latinos por un único traballo. A súa canción «Malamente», con raíces flamencas e fusión urbana, obtivo cinco nomeamentos dos cales conseguiu dous galardóns.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
O guión (-) ou trazo é un signo ortográfico auxiliar empregado para: indicar, ao final de liña dun texto, que a última palabra fica incompleta por falta de espazo, tendo que se continuar a escribir na liña seguinte; unir dúas partes dunha palabra composta; introducir un texto falado nun diálogo; dividir as sílabas dunha palabra cando se fai unha división silábica. separar opcionalmente na escrita a segunda forma do artigo cando esta se desenvolve tras verbos rematados en -r ou -s (vou come-lo caldo), despois dos pronomes átonos enclíticos "nos", "vos" e "lles" (deulle-los libros) e dos pronomes tónicos "nós" e "vós" (vó-los dous). Neste caso o seu uso só é obrigatorio tralo adverbio "u" (u-lo neno?).Os guións longos (máis correctamente, raias) empréganse para separar as oracións incidentais máis necesarias ca as encerradas entre parénteses; noutras palabras, serven para intercalar, sendo colocados antes e despois, un inciso no fluír do argumento.
Antonio Fernández Morales, nado en Astorga o 17 de setembro de 1817 e finado en Cacabelos o 15 de agosto de 1896, foi un militar e escritor berciano en lingua galega, autor de Ensayos poéticos en dialecto berciano, publicado en 1861. Con motivo do Bicentenario do seu nacemento en 2017 celebrouse no Bierzo o Simposio Antonio Fernández Morales, o cantor do Bierzo.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
Antonio Couceiro Méndez, nado na Coruña o 18 de decembro de 1955, é un político e dirixente galego. Foi conselleiro de Industria e Comercio durante o goberno de Manuel Fraga, entre 1994 e 1999, e deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular entre 1997 e 1999. Ten ocupado presidencias e cargos nos consellos de administración de numerosas institucións, tanto públicas como privadas Na actualidade ocupa entre outros os cargos de presidente da Cámara de Comercio da Coruña (dende 2016) e presidente do Deportivo da Coruña (dende 2021).
Campionato de Galicia de fútbol
O Campionato de Galicia foi a máxima competición regular de fútbol do país durante as primeiras décadas do século XX. O seu precursor foi o Campionato de Galicia non oficial organizado polo Vigo Foot-ball Club entre 1905 e 1912. A partir de 1913, a Federación Galega de Fútbol comezou a organizar o campionato galego de xeito oficial. Dende a segunda edición oficial, o torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España, de manera semellante aos outros campionatos territoriais do resto do estado.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
In dubio pro reo é unha locución latina que significa literalmente "ante a dúbida, a favor do reo". Expresa o principio xurídico de que en caso de dúbida, por exemplo insuficiencia probatoria, favorecerase ao acusado ou ao imputado (reo). Este principio formaba parte da interpretación aristotélica da lei e a forma da lei romana: Favorabiliores rei potius quam actores habentur, que significa "a condición da parte demandada ha de ser favorecida en lugar da do demandante".
Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia]O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia]O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Bambi é un filme de animación en Technicolor, baseado no relato Bambi, unha vida no bosque (Bambi, ein Leben im Walde no orixinal alemán), publicado en 1923 polo autor austríaco Felix Salten. É o quinto filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 13 de agosto de 1942, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. Os personaxes principais son Bambi, un cervo de cola branca, os seus pais (o Gran Príncipe do bosque e súa nai), os seus amigos Tambor (un coello de fociño rosado) e Flor (unha mofeta), e a súa amiga de infancia e futura compañeira, Faline.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).