Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O francés (le français [lə fʁɑ̃sɛ] ( ) o la langue française [la lɑ̃ɡ fʁɑ̃sɛz]) é unha lingua romance da familia indoeuropea procedente do latín falado. Descendente do Latín vulgar do Imperio Romano, como todas as linguas romances. O francés evolucionou a partir do galo-romance, o latín que se fala na Galia, e máis concretamente no norte da Galia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Este artigo trata sobre a exaculación dos machos en diversas especies de mamíferos, para a exaculación das femias humanas véxase exaculación feminina. A exaculación é a expulsión de líquido seminal a través do pene desde a vesícula seminal, causada pola contracción dos músculos na base do pene ou do epidídimo despois dun orgasmo.
Microsporum é un xénero de fungos ascomicetos que causa dermatomicoses (infeccións fúnxicas) na pel en animais e humanos como a tiña da cabeza, tiña do corpo, dermatofitose e outras.Microsporum forma tanto macroconidios (grandes estruturas reprodutoras asexuais) coma microconidios (estruturas reprodutoras tamén asexuais pero máis pequenas) en curtos conidióforos. Os macroconidios son hialinos, multiseptados, de formas variables, de fusiformes a obovados, cun tamaño de 7–20 × 30–160 um, con paredes celulares delgadas ou grosas de equinuladas a verrugosas. A súa forma, tamaño e características da parede celular son importantes para a identificación das especies.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Word of Honor (chinés: 山河令), antes coñecida como A Tale of the Wanderers é un drama fantástico de aventuras chinés do 2021. A serie de televisión foi coproducida por Ciwen Media e Youku, dirixida por Cheng Zhi Chao, Ma Hua Gan e Li Hong Yu e escrita por Xiao Chu. Trátase dunha adaptación da novela danmei (xénero de ficción chinés centrado en historias románticas de amor e atracción entre homes) "Vagabundos Afastados" (天涯客) de Priest.
Santa Marta pode referirse a: Marta de Betania, Virxe e santa do cristianismo, irmá de Lázaro e María; Marta de Astorga, mártir e santa cristiá orixinaria de Astorga; Casa de Santa Marta, residencia situada no Vaticano.Como topónimo, Santa Marta pode facer referencia a: En GalizaSanta Marta de Babío, parroquia do concello de Bergondo; Santa Marta de Fixós, parroquia do concello de Lugo; Santa Marta, lugar de dita parroquia; Santa Marta de Moreiras, parroquia do concello do Pereiro de Aguiar; Santa Marta, lugar de dita parroquia; Santa Marta de Meilán, parroquia do concello de Riotorto; Santa Marta, lugar de dita parroquia; Santa Marta, lugar da parroquia de Vilartelín no concello de Baralla; A Costa de Santa Marta, lugar da parroquia de Santa Marta de Babío no concello de Bergondo; Santa Marta, lugar da parroquia de San Fiz de Cerdeiras no concello de Begonte; Santa Marta, lugar da parroquia de Baíña, no concello de Baiona; Santa Marta, lugar da parroquia de Darbo no concello de Cangas; Santa Marta, lugar da parroquia de Albeos no concello de Crecente; Santa Marta, lugar da parroquia de Ledoño no concello de Culleredo; Santa Marta, lugar da parroquia de Villalvite no concello de Friol; Santa Marta, lugar da parroquia de Tioira no concello de Maceda; Santa Marta, lugar da parroquia de Mos no concello de Mos; Santa Marta, lugar da parroquia de San Facundo de Ribas de Miño no concello de Paradela; Santa Marta, lugar da parroquia de Mosteiro no concello de Ramirás; Santa Marta, lugar da parroquia de Noalla no concello de San Cibrao das Viñas; Santa Marta, lugar da parroquia de Ortoá no concello de Sarria; Santa Marta, lugar da parroquia de Barantes no concello de Sober; Santa Marta, lugar da parroquia de Couto no concello de Taboada; Santa Marta, lugar da parroquia de Santa Comba de Bértola no concello de Vilaboa; Santa Marta, lugar da parroquia de Córgomo no concello de Vilamartín de Valdeorras;En PortugalSanta Marta de Penaguião, concello do Distrito de Vila Real;En EspañaSanta Marta, concello da provincia de Badaxoz, Estremadura; Santa Marta de Tormes, concello da provincia de Salamanca, Castela e León; Santa Marta del Cerro, concello da provincia de Segovia, Castela e León; Santa Marta de Magasca, concello da provincia de Cáceres, Estremadura; Cubillas de Santa Marta, concello da provincia de Valladolid, Castela e León;En ColombiaSanta Marta, no departamento de Magdalena, Colombia; Serra Nevada de Santa Marta, montaña en Colombia;En Costa RicaSanta Marta, vila Costa Rica, situado na Provincia de Puntarenas;Nos Estados Unidos de AméricaSanta Marta, Florida, antigo nome de Key Biscayne, no Estado da Florida;En MéxicoSanta Marta, Baja California Sur; Santa Marta, Sonora.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O til (~), til de nasalidade, trazo supralinear ou til xeral de abreviación, é un sinal diacrítico que se coloca sobre, baixo ou no medio dalgunhas letras en distintas linguas. Tamén se emprega nalgunhas ciencias. Permite distinguir entre grafías simples (exemplos: a, n) e complexas (exemplos: ã, ñ).
Intelixencias fluída e cristalizada
A Intelixencia é unha capacidade mental que pode ser comprendida de diversas maneiras. Por iso existen diferentes teorías que a definen de diversas formas. Ao longo da historia, creáronse varios modelos que tentan explicar a intelixencia e os seus diferentes elementos.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Pediococcus é un xénero de bacterias do ácido láctico grampositivas situado na familia Lactobacillaceae. Xeralmente aparece agrupada en pares ou tétrades e divídese ao longo de dous planos de simetría, igual que fan os outros xéneros de cocos do ácido láctico Aerococcus e Tetragenococcus. Son totalmente homofermentativas.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 187.154 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
A Dutch Basketball League (DBL), antes coñecida como Eredivisie, foi a máxima competición profesional de baloncesto masculino dos Países Baixos. Foi creada en 1960 e na actualidade está formada por 8 equipos, que compiten nunha liga pechada. Para participar na competición, un club debe cumprir condicións económicas e de potencial.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.O nome do grupo procede da toponimia, trátase do nome dunhas leiras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A Didáctica é a disciplina científico-pedagóxica que ten como obxecto de estudo os procesos e elementos existentes no ensino e a aprendizaxe. É, xa que logo, a parte da pedagoxía que se ocupa dos sistemas e métodos prácticos de ensino destinados a plasmar na realidade as directrices das teorías pedagóxicas. Moi vinculada con outras disciplinas pedagóxicas como, por exemplo, a organización escolar e a orientación educativa, a didáctica pretende fundamentar e regular os procesos de ensino e aprendizaxe.
A sarabia, saraiba, saragana, pedra ou pedrazo, é un tipo de precipitación que consiste en partículas irregulares de xeo. A sarabia xérase en treboadas intensas en que se producen pingas de auga sobrearrefriadas, líquidas pero a temperaturas por debaixo do seu punto normal de fusión (0ºC), e ocorre tanto en verán coma en inverno. Pero dáse máis cando está presente a canícula.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O percebe da madeira, ou falso percebe, Lepas anatifera, Linnaeus 1758, é unha especie de crustáceo cirrípede da orde dos pedunculados e familia dos lepádidos, unha das catorce integrantes do xénero Lepas.Este percebe, non comestíbel, encóntrase, a miúdo en grandes cantidades, unido polo seu pedúnculo flexíbel a madeiras flotantes, cascos de barcos, peiraos, pilotes, algas e varios tipos de restos flotantes, como botellas.
Rosalía Vila Tobella, nada en Sant Esteve Sesrovires, provincia de Barcelona, o 25 de setembro de 1992, máis coñecida como Rosalía, é unha cantante e actriz española.En 2018, converteuse na española con máis premios Grammy Latinos por un único traballo. A súa canción «Malamente», con raíces flamencas e fusión urbana, obtivo cinco nomeamentos dos cales conseguiu dous galardóns.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Xan Míguez González, coñecido como O Ventosela, nado en Ventosela (Ribadavia) no 21 de xaneiro 1847 e finado o 10 de xullo do 1912 no mesmo lugar, foi un dos gaiteiros galegos máis famosos do seu tempo. Fíxose coñecido pola súa participación nos certames entre gaiteiros que eran celebrados no seu tempo durante as festas das vilas galegas. Soubo adaptarse as novas modas musicais modificando o seu instrumento, estilo e repertorio, o que o fixo del unha personaxe discutida polos sectores musicais máis conservadores.
Mordechai Vanunu (en hebreo: מרדכי ואנונו), tamén coñecido como John Crossman, nado en Marrakech o 14 de outubro de 1952, é un activista pola paz e antigo técnico nuclear israelí, que en 1986 revelou á prensa a existencia en Israel dun programa de fabricación de armas nucleares. Posteriormente o Mossad, a axencia de intelixencia israelí, atraeuno a Italia, onde foi drogado e secuestrado. Foi trasladado en segredo a Israel e finalmente condenado a prisión nun xuízo que se celebrou a porta pechada.Pasou 18 anos en prisión, deles máis de 11 en illamento, aínda que tal restrición non se contempla no código penal de Israel, nin no seu veredicto.
Fernando Alonso Díaz ( pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo que actualmente compite para Alpine na Fórmula 1. Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A erección (do latín erectio, é dicir, a acción de erguer ou erixir) pódese dar en distintas partes do corpo, coma o pene, o clítoris ou as mamilas, e consiste no agrandamento e estado firme das zonas mencionadas. A súa consecución depende de complexas interaccións psicolóxicas, neuronais, vasculares e endócrinas. O termo tamén se aplica ao proceso que lidera este estado.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Un cadaleito é a caixa onde se introduce o cadáver que vai ser soterrado. Tamén recibe os nomes de ataúde, caixa e féretro. Os cadaleitos son resistentee e impermeábeis, provistos no seu interior de material absorbente, usada para o acondicionamento, transporte e sepultamento de restos mortais humanos.
Benito Vicetto Pérez nado en Ferrol o 21 de maio de 1824 e finado na mesma cidade o 28 de maio de 1878, foi un escritor, xornalista e historiador galego. Prolífero autor literario en lingua castelá, na que cultivou a poesía, a novela, o teatro e o ensaio, escribiu tamén algúns poemas en lingua galega. Destacou como editor e colaborador de xornais de tendencia progresista, desde os que impulsou as ideas rexionalistas.
Phoebe Starfield Leboy, nada en Brooklyn, Nova York, o 29 de xullo de 1936 e finada en Narbeth, Pensilvania, o 16 de xuño de 2012, foi unha bioquímica especializada en epixenética e medicina rexenerativa, sector no que estivo á vangarda coas súas investigacións. Os seus primeiros traballos trataron sobre as modificacións dos ácidos nucleicos, centrándose posteriormente na rexeneración ósea con células nai adultas. Ademais do seu traballo investigador, unha das súas tarefas máis importantes foi o activismo pola defensa da muller na ciencia.
Brais Pinto foi un grupo galeguista de intelectuais, artistas e escritores galegos que tiñan como obxectivos principais o antifranquismo, a defensa do galego e unha renovación da cultura galega claramente influída polas vangardas. Foi fundado en Madrid no ano 1958. O seu obxectivo foi a preocupación por Galiza e os seus problemas, o profundo atraso en que se encontraban as artes galegas e a escasa actividade política, nacionalista e democrática da época.
A continuación amósase unha lista de países e terrritorios dependentes por poboación, cuxa inclusión na lista está baseada no estándar ISO 3166-1. Non se reflicten as diferenzas de poboación nos países que non contan nos seus censos aos habitantes que non posúen a nacionalidade. Algúns países como Tailandia non reportan a poboación total, xa que contan exclusivamente os cidadáns nacionalizados.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A BNXT League, coñecida por motivos de patrocinio como betFirst BNXT League, é unha competición profesional de baloncesto en Bélxica e nos Países Baixos. Substituta da Dutch Basketball League neerlandesa e da Pro Basketball League belga, está considerada como a máxima categoría de ambos países. A primeira edición da competición foi a temporada 2021−22, sendo os primeiros campións o ZZ Leiden.
Leonor de Borbón Ortiz, nada en Madrid o 31 de outubro de 2005, é a actual princesa de Asturias e a primeira na liña de sucesión ao trono español, como primoxénita dos reis Filipe VI de España e Letizia. Ademais do de princesa de Asturias, ostenta os demais títulos vinculados tradicionalmente ao herdeiro da Coroa española. É ademais presidenta honorífica da Fundación Princesa de Asturias e da Fundación Princesa de Girona.
Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Muse é unha banda británica de rock alternativo inglesa formada en Teignmouth, Devon, en 1994 por Matthew Bellamy (voz, guitarra, piano), Christopher Wolstenholme (baixo) e Dominic Howard (batería). Muse é coñecida polas súas enerxéticas e extravagantes actuacións, e pola súa fusión de varios xéneros musicais, como rock progresivo, rock alternativo, space rock, pop, heavy metal, música clásica e música electrónica. Muse leva editados sete álbums de estudio: Showbiz (1999), Origin of Symmetry (2001), Absolution (2003), Black Holes and Revelations (2006), The Resistance (2009), The 2nd Law (2012) e Drones (2015).
A ponte dos Santos, inaugurada o 29 de xullo de 1987, cruza a ría de Ribadeo, unindo Asturias e Galicia pola costa. Inicialmente foi construída para soportar a amplitude dunha estrada normal, pero no 2008 foi inaugurada (1 de outubro de 2008) a ampliación que consistiu en adecuala para un desdobramento de calzada para soportar o paso dunha autovía (A-8). Recibe o nome polas dúas capelas que ten a ría a cada beira, a de San Román nas Figueiras (Castropol) e a de San Miguel en Ribadeo.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
A submisión química (do equivalente francés soumission chimique, semellante ao inglés Drug-Facilitated Sexual Assault, DFSA) foi descrita en 1982 para referirse á administración dun produto a unha persoa sen o seu coñecemento para provocar unha modificación do seu grao de vixilancia, do seu estado de consciencia e da súa capacidade de xuízo, con fins delituosos (roubo) ou criminais (a agresión sexual é o máis común). Na práctica as vítimas están durmidas ou ben espertas, pero baixo o control do agresor.