Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Os Humanos arcaicos ou Homo sapiens arcaico son un termo vagamente definido que se emprega para referirse a un rango de especies do xénero Homo que datan de menos de 500,000 anos de antigüidade, e parar resaltar contrastes cos humanos modernos. Esta categoría habitualmente inclúe a Homo heidelbergensis, Homo rhodesiensis, Homo neanderthalensis e mesmo ás veces a Homo antecessor. Os humanos modernos en teoría evolucionaron a partir de humanos arcaicos, cando estes evolucionaron a partir de Homo erectus.
Paleoarte é calquera traballo artístico orixinal, ben a través de traballos de escultura ou de ilustración científica que tentan describir a vida prehistórica segundo evidencia científica. Poden ser representacións de restos de fósiles ou imaxes das criaturas vivintes e dos seus ecosistemas. A paleoarte a miúdo serve de base para a representación da fauna prehistórica na cultura popular, o cal á súa vez inflúe na percepción pública e alimenta o interese nestes animais.O termo "paleoarte"–da palabra grega para "vello", e de "arte"– foi popularizado a finais dos 1980s por Mark Hallett, (ilustrador de dinosauros que foi asesor en Parque Xurásico) para a arte que describe os asuntos relacionados coa paleontoloxía, porén considérase que se teña orixinado como tradición visual nos primeiros 1800s na Inglaterra.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Modelo:Chembox BioavailO ácido lipoico, tamén chamado ácido α-lipoico, é un composto organosulfurado derivado do ácido caprílico (ácido octanoico). O ácido alfa-lipoico prodúcese de forma normal en animais e é esencial para o metabolismo aerobio. Tamn se fabrica e comercializa como suplemento dietético nalgúns países, onde se vendo como antioxidante e está dispoñible como fármaco noutros países.
A erección (do latín erectio, é dicir, a acción de erguer ou erixir) pódese dar en distintas partes do corpo, coma o pene, o clítoris ou as mamilas, e consiste no agrandamento e estado firme das zonas mencionadas. A súa consecución depende de complexas interaccións psicolóxicas, neuronais, vasculares e endócrinas. O termo tamén se aplica ao proceso que lidera este estado.
As proteínas de ferro-xofre son proteínas caracterizadas pola presenza de centros ou clusters de ferro-xofre que conteñen centros con dous, tres e catro ións ferro ligados a sulfuro en estados de oxidación variables. Os centros de ferro-xofre encóntranse en diversas metaloproteínas, como as ferredoxinas, así como na NADH deshidroxenase, hidroxenases, coencima Q – citocromo c redutase, sucinato – coencima Q redutase e nitroxenase. Os centros de ferro-xofre son mellor coñecidos polo su papel nas reaccións de oxidación-redución de transporte de electróns en mitocondrias e cloroplastos.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Este artigo trata sobre a exaculación dos machos en diversas especies de mamíferos, para a exaculación das femias humanas véxase exaculación feminina. A exaculación é a expulsión de líquido seminal a través do pene desde a vesícula seminal, causada pola contracción dos músculos na base do pene ou do epidídimo despois dun orgasmo.
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un ex futbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.O nome do grupo procede da toponimia, trátase do nome dunhas leiras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Benito Vicetto Pérez nado en Ferrol o 21 de maio de 1824 e finado na mesma cidade o 28 de maio de 1878, foi un escritor, xornalista e historiador galego. Prolífero autor literario en lingua castelá, na que cultivou a poesía, a novela, o teatro e o ensaio, escribiu tamén algúns poemas en lingua galega. Destacou como editor e colaborador de xornais de tendencia progresista, desde os que impulsou as ideas rexionalistas.
Lista de publicacións impresas galegas
Esta é unha lista dos xornais e publicacións periódicas impresas que hai ou houbo en Galicia ou dirixidas á comunidade galega no exterior, ordenada por lugar de publicación.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 187.154 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A festa da Coca é unha celebración de orixe pagá que ten lugar na localidade portuguesa de Monção, e que ten lugar o día do Corpus Christi. Adoita celebrarse na Praça de Deuladeu. A orixe desta celebración radica na lenda mitolóxica da coca, un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos.
Mercurio é o planeta máis pequeno do sistema solar e o máis próximo ao Sol. O igual que Venus, Mercurio orbita o Sol dentro da órbita terrestre como un planeta inferior, e a súa distancia aparente o Sol visto desde a Terra nunca supera os 28°. Esta proximidade ao Sol fai que o planeta só poida verse preto do horizonte occidental despois da posta de sol ou do horizonte oriental antes da saída do sol, normalmente no crepúsculo.
A continuación amósase unha lista de países e terrritorios dependentes por poboación, cuxa inclusión na lista está baseada no estándar ISO 3166-1. Non se reflicten as diferenzas de poboación nos países que non contan nos seus censos aos habitantes que non posúen a nacionalidade. Algúns países como Tailandia non reportan a poboación total, xa que contan exclusivamente os cidadáns nacionalizados.
Wikipedia é unha enciclopedia en liña baseada nun wiki multilingüe e de contido libre editado e mantido por unha comunidade de editores, a cal comezou o 15 de xaneiro de 2001 coa versión en lingua inglesa. Pouco despois, creáronse edicións en linguas diferentes do inglés: as edicións en alemán e o catalán foron creadas o 16 de marzo, a edición en francés o 23 de marzo, e a sueca creouse o 23 de maio.
A ficción científica está ineludiblemente ligada ás revistas de ciencia ficción. Probablemente, a primeira revista periódica con algúns contos deste xénero (aínda sen nome oficial) poderíase considerar The Argosy 1896. Non obstante, The Argosy non era unha revista exclusivamente dedicada ás historias fantásticas con contido científico.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe a Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrilleiro Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Organización das Nacións Unidas
A Organización das Nacións Unidas (ONU) é un organismo intergobernamental mundial cuxo principal obxectivo e promover a cooperación internacional. Foi fundada oficialmente o 24 de outubro de 1945 en San Francisco, California, finalizada a Segunda Guerra Mundial. A primeira Asemblea Xeral celebrouse o 10 de xaneiro de 1946 (celebrada en Central Hall Westminter, Londres).
A Football Association Community Shield, antigamente Charity Shield e tamén chamada Supercopa de Inglaterra, é un trofeo anual xogado en Inglaterra, onde xogan o campión da Premier League e a FA Cup da pasada tempada. Se un equipo fai un dobrete, é dicir gaña ambos títulos o mesmo ano, entón participaría o segundo clasificado da liga. O partido xógase ao comezo da tempada, tradicionalmente en Wembley.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
Leonor de Borbón Ortiz, nada en Madrid o 31 de outubro de 2005, é a actual princesa de Asturias e a primeira na liña de sucesión ao trono español, como primoxénita dos reis Filipe VI de España e Letizia. Ademais do de princesa de Asturias, ostenta os demais títulos vinculados tradicionalmente ao herdeiro da Coroa española. É ademais presidenta honorífica da Fundación Princesa de Asturias e da Fundación Princesa de Girona.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Zoolóxicos e acuarios de Galicia
En Galicia pódense atopar media ducia de zoolóxicos e acuarios. O máis antigo é o zoo de Vigo, coñecido como Vigozoo, que abriu as súas portas en 1971.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia]O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia]O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
Otto Eduard Leopold von Bismarck-Schönhausen, nado en Schönhausen o 1 de abril de 1815 e finado en Friedrichsruh o 30 de xullo de 1898, coñecido como Otto von Bismarck, foi un estadista, burócrata, militar, político e prosista alemán, considerado o fundador do Estado alemán moderno. Durante os seus últimos anos de vida alcumóuselle o «Chanceler de Ferro» pola súa determinación e man dura na xestión de todo o relacionado co seu país, que incluía a creación dun sistema de alianzas internacionais que asegurasen a supremacía de Alemaña, coñecido como o Deutsches Reich.Cursou estudos de leis e, a partir de 1835, traballou nos tribunais de Berlín e Aquisgrán, actividade que abandonou tres anos máis tarde para dedicarse ao coidado das súas posesións territoriais. En 1847 entrou a formar parte do parlamento prusiano, onde axiña se converteu en líder da á conservadora.
Unha nanopartícula (nanopó, nanoacio ou nanocristal) é unha partícula que posúe as tres dimensións menores que 100 nm. Actualmente o estudo das nanopartículas é unha área de intensa investigación científica, debido a unha ampla variedade de aplicacións potenciais en campos tales como a biomedicina, a óptica, a electrónica, a nanoquímica ou a agricultura.As nanopartícula cliasifícanse polo seu diámetro: Nanopartículas ultrafinas: as comprendidas entre 1 e 100 nanómetros en tamaño. Nanopartículas finas: as comprendidas entre os 100 e os 2 500 nanómetros.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Xan Míguez González, coñecido como O Ventosela, nado en Ventosela (Ribadavia) no 21 de xaneiro 1847 e finado o 10 de xullo do 1912 no mesmo lugar, foi un gaiteiro galego. Fíxose coñecido pola súa participación nos certames entre gaiteiros que, na súa época, se celebraba durante as festas de vilas e cidades. Como músico, soubo adaptar o seu instrumento, estilo e repertorio as novas modas musicais, o que o fixo del unha personaxe discutida polos sectores culturais máis conservadores.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do estado e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
Rosalía Vila Tobella, nada en Sant Esteve Sesrovires, provincia de Barcelona, o 25 de setembro de 1992, máis coñecida como Rosalía, é unha cantante e actriz española.En 2018, converteuse na española con máis premios Grammy Latinos por un único traballo. A súa canción «Malamente», con raíces flamencas e fusión urbana, obtivo cinco nomeamentos dos cales conseguiu dous galardóns.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Jacques Martin Barzun ( /ˈbɑːrzən/ ); nado o 30 de novembro de 1907 e finado o 25 de outubro de 2012, foi un historiador franco-estadounidense coñecido polos seus estudos sobre a historia das ideas e a historia cultural. Escribiu sobre unha ampla gama de temas, incluíndo béisbol, novelas de misterio e música clásica, e tamén era coñecido como un filósofo da educación. No libro Teacher in America (1945), Barzun influíu na formación dos mestres nos Estados Unidos.
A rusofilia galiciana (en ucraíno: Галицьке русофільство) ou moscofilia (en ucraíno: Москвофіли) foi un movemento cultural e político que se deu maioritariamente no Reino de Galicia e Lodomeria, no Imperio Austrohúngaro. Esta ideoloxía argumentaba que, dado que os eslavos orientais de Galicia eran descendentes do pobo da Rus de Kíiv (rutenos) e seguidores do cristianismo oriental, eran polo tanto unha rama do pobo ruso. O movemento formaba parte de todo o paneslavismo que se estaba a desenvolver a finais do século XIX. A rusofilia foi en gran parte unha reacción contra a supresión cultural polaca (en Galicia) e húngara (na Rutenia dos Cárpatos) que estaba asociada en gran medida co catolicismo romano.
Alejandro Guillán Castaño, coñecido artisticamente como Baiuca, nado en Catoira en 1990 é un músico galego. Usou o nome artístico Alex Casanova ata 2017, momento no que deixou atrás o estilo musical pop para innovar coa mestura de música electrónica e música tradicional galega, resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica. Reside en Madrid.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Por dominio público enténdese o conxunto de bens e dereitos de titularidade pública non posuídos de xeito privativo. Un exemplo é o consistente no espazo radioeléctrico, as augas terrestres, as continentais etc. Outros ordenamentos xurídicos consideran que o dominio público está formado polos bens de titularidade comunitaria.
Fernando Alonso Díaz ( pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo que actualmente compite para Alpine na Fórmula 1. Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
A Festa do Esquecemento, organizada pola Asociación Cultural Civitas Limicorum, é un evento festivo de recreación histórica, celebrado ininterrompidamente desde o ano 2001 na localidade de Xinzo, que lembra a chegada das lexións romanas comandadas por Décimo Xuño Bruto até a marxe esquerda do río Limia. O denominación da festa, “Esquecemento”, débese a que as tropas romanas, por mor do singular lugar en que debían cruzar o río Limia, creron acharse perante o lendario río Lethes, o río do Esquecemento, que facía esmorecer todas as lembranzas de quen o atravesase. Ante esta crenza e dificultade, Décimo Xuño Bruto, para que as lexións continuasen avanzando, viuse obrigado a cruzar o río empuñando o estandarte das aguias de Roma e a chamar polo seu nome a cada soldado desde a outra marxe para demostrar que a súa crenza era mera superstición.