Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Miami Herald é un xornal diario norteamericano pertencente a The McClatchy Company. Atende primariamente ós condados de Miami-Dade, Broward e Monroe, no estado americano da Florida, mais tamén circula por todo sur dese estado, alén do Caribe e América Latina.Recibiu diversas veces o Premio Pulitzer dende a súa fundación, en 1903.
Jefferson Airplane foi unha banda estadounidense de rock formada en San Francisco en 1965. Como pioneiro do movemento do rock pricodélico, Jefferson Airplane foi o primeiro grupo da escena de San Francisco en acadar éxito comercial e de crítica entre o gran público. A banda actuou nos tres festivais de rock máis famosos dos Estados Unidos nos anos 60, Monterey (1967), Woodstock (1969) e Altamont (1969), ademais de ser cabeza de cartel no primeiro festival da Illa de Wight.
Un código xenético expandido é un código xenético modificado artificialmente no cal un ou máis codóns específicos foron reasignados para codificar un aminoácido que non está entre os 22 aminoácidos proteinoxénicos comúns codificados naturalmente.Os requisitos clave para un código xenético expandido son: o aminoácidos non estándar a codificar, un codón non usual que adoptar, un ARNt que recoñeza ese codón, e unha ARNt sintetase que recoñeza só ese ARNt e só o aminoácido non estándar.A expansión do código xenético é un eido de investigación da bioloxía sintética, unha disciplina de bioloxía aplicada que ten como fin modificar por enxeñaría os sistemas vivos para propósitos útiles. A expansión do código xenético enriquece o repertorio de ferramentas útiles dispoñibles pola ciencia. En maio de 2019 os investigadores, nun esforzo significtivo, informaron da creación dunha nova forma sintética (posiblemente artificial) de vida viable, unha variante da bacteria Escherichia coli, reducindo o número natural de 64 codóns no xenoma bacteriano a 61 codóns, dos cales 59 se usaron para codificar 20 aminoácidos, para o cal eliminaron dous dos seis codóns que codifican a serina e un dos tres codóns de stop.
Manufactura (do latín manus 'man' e factura 'feitura') ou fabricación é a creación ou produción de bens coa axuda de man de obra, maquinarias, ferramentas procesos químicos ou biolóxicos. É a esencia do sector secundario da economía. O termo pode referirse a unha serie de actividades humanas, dende a artesanía ata alta tecnoloxía, pero aplícase máis comúnmente ao deseño industrial , na que as materias primas do sector primario se transforman en produtos acabados a gran escala.
Simón José Antonio de la Santísima Trinidad Bolívar y Palacios, coñecido como Simón Bolívar ( pronunciación ), e tamén coloquialmente por El Libertador, nado en Caracas o 24 de xullo de 1783 e finado en Santa Marta (Colombia) o 17 de decembro de 1830, foi un líder político e militar suramericano que levou aos que hoxe son os estados de Venezuela, Colombia, Ecuador, o Perú, Panamá e Bolivia, a independizarse do Imperio español. Bolívar naceu no seo dunha acomodada familia crioula e, como era habitual entre os herdeiros das familias de clase alta da época, cando tiña 16 anos foi enviado a España para completar a súa educación, trasladándose posteriormente a Francia. Durante a súa estadía en Europa coñeceu as ideas da Ilustración, que máis tarde o motivaron para derrocar o reinado colonial español en Suramérica.
Alfred Molina, nado o 24 de maio de 1953 en Paddington, Londres, é un actor inglés. Coñecido polos seus papeis nos filmes Na busca da arca perdida, Prick Up Your Ears, The Man Who Knew Too Little, Spider-Man 2, Maverick, Species, Not Without My Daughter, Chocolat, Frida, Steamboy, The Hoax, Prince of Persia: The Sands of Time, The Da Vinci Code, A Panther in the Basement, An Education e The Sorcerer's Apprentice.
Lista de lugares patrimonio da Humanidade en Europa
Presentamos unha lista dos bens culturais e naturais declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en Europa. Esta lista organízase clasificando os bens culturais e naturais por estados. En cada entrada indícase o ano no que cada ben foi declarado Patrimonio da Humanidade; Caso de haber máis dunha hai que entender que houbo unha rectificación (normalmente unha ampliación) dos bens listados orixinalmente.
Luisa de Medrano Bravo de Lagunas Cienfuegos, chamada en fontes primarias Lucía de Medrano, nada en Atienza o 9 de agosto de 1484 e finada en 1527 ?, foi unha latinista española. Foi quen de ditar unha lección de canons na Universidade de Salamanca, desenvolvendo actividades das que as mulleres estaban excluídas na Europa renacentista.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Ángeles López de Ayala y Molero, nada en Sevilla o 21 de setembro de 1858 e finada en Barcelona o 29 de xaneiro de 1926, foi unha dramaturga, narradora, xornalista e activista política española. É considerada a principal intelectual feminista no país de finais do século XIX e comezos do século XX. Republicana, feminista e afiliada á francmasonería, impulsou a creación da Sociedad Autónoma de Mujeres de Barcelona en 1892, considerada a primeira organización feminista de España, coa anarquista Teresa Claramunt i Creus e a espiritista Amàlia Domingo Soler. Tamén fundou a Sociedad Progresiva Femenina en 1898.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A batalla do Ebro (en castelán: Batalla del Ebro, en catalán: Batalla de l'Ebre) foi a batalla máis longa e cruenta da Guerra civil española. O combate foi librado entre xullo e novembro de 1938 principalmente en dúas comarcas catalás situada ao longo do río Ebro: a Terra Alta e Matarranya. A batalla rematou coa derrota das forzas republicanas que non lograron frear o avance das tropas do bando Nacional.
Marilyn Monroe, de nome real Norma Jeane Mortensen, nada nos Ánxeles o 1 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 5 de agosto de 1962, foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense. Converteuse nun importante sex symbol, protagonizando un bo número de exitosos filmes durante a década de 1950 e principios da de 1960, chegando a ser unha das actrices de Hollywood máis famosas de todos os tempos.Iniciou a súa carreira como modelo fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas A xungla do asfalto (1950) e Todo sobre Eva (1950).
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie o 47,9% do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
O Partido Froilanista é unha organización satírica que se fundou o 2 de xuño de 2014, día en que Xoán Carlos I de España anunciou a súa abdicación no seu benxamín Filipe, Filipe VI, facendo valer a Lei sálica. Os membros do Partido Froilanista consideraron un agravio que non fose sucesora do monarca a súa primoxénita Elena. Por iso decidiron auto-organizarse e constituírse como partido político[Cómpre referencia] comprometéndose coa reconquista dos dereitos usurpados ó Reino de Galiza.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A Supercopa de Europa da UEFA é unha competición futbolística organizada pola UEFA que enfronta aos campións das dúas máximas competicións europeas de clubs, o campión da Liga de Campións (Champions League) e o da UEFA Europa League. Inaugurouse en 1972 (aínda que non foi oficial se non ata 1973) e ata 1999 enfrontaba ao campión da Copa de Europa (hoxe Liga de Campións) e ao campión da Recopa de Europa, hoxe xa desaparecida competición. A final disputouse a dobre partido ata 1997.
Ignacio Hidalgo de Cisneros y López de Montenegro nado en Vitoria, País Vasco, o 11 de xullo de 1896 e finado en Bucarest o 9 de febreiro de 1966 foi un militar e aviador español. Durante a Guerra civil foi o xefe da Forza Aérea Republicana (FARE). Hidalgo de Cisneros loitou na Guerra do Rif e na Guerra civil española, onde acadou o grao de xeneral e chegou a ser xefe do Exército Aéreo Republicano, sendo un dos seus principais organizadores.
Casaio, Carballeda de Valdeorras
Santa María de Casaio é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o padrón municipal (INE 2011) ten 421 habitantes (221 homes e 200 mulleres), o que supón unha diminución en 17 habitantes en relación ao ano anterior. Malia figurar como unha entidade única, Casaio está formado por catro barrios: Casaio Suso, Romiña, Somoza e Cadanaia.
Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX. Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un sistema estándar para legalizar a propiedade intelectual de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet. É un sistema parecido aos identificadores URI. Unha forma común de empregar o sistema DOI é dar ás publicacións científicas un número específico que calquera pode utilizar para localizar a través da Rede o citado artigo. A diferenza do sistema URL, usado nas páxinas web, o sistema DOI non cambia co paso do tempo, aínda que o artigo sexa recolocado nun enderezo distinto posto que leva a información incorporada en forma de metadatos.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 187.946 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación de non máis de 1000 habitantes entre os anos 1862 e 1864.Descoñécese a orixe da súa institución, ligada dende a Baixa Idade Media ó castelo da Picoña, posteriormente vinculado á casa de Bragança, constituíuse nun pequeno territorio fronteirizo con organización propia, comparable á dun Estado soberano, que non estaba ligado nin á coroa de Portugal nin á de España.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Las Constituyentes é un documental dirixido en 2011 por Oliva Acosta sobre as 27 mulleres, deputadas e senadoras, que participaron na lexislatura constituínte. Un documento que recupera a voz das primeiras mulleres que entraron no Parlamento tras a ditadura de Francisco Franco Bahamonde e que recolle a historia e a participación política das mulleres en España. O documental está subtitulado en español, inglés e francés.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe a Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrilleiro Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
As Taboazas, Queixa, Chandrexa de Queixa
As Taboazas é un lugar da parroquia de Queixa, no concello ourensán de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives. Segundo o IGE en 2012 tiña trece habitantes (nove homes e catro mulleres).
Rosalía Vila Tobella, nada en Sant Esteve Sesrovires, provincia de Barcelona, o 25 de setembro de 1992, máis coñecida como Rosalía, é unha cantante e actriz española.En 2018, converteuse na española con máis premios Grammy Latinos por un único traballo. A súa canción «Malamente», con raíces flamencas e fusión urbana, obtivo cinco nomeamentos dos cales conseguiu dous galardóns.
Archibald Alexander Leach, coñecido como Cary Grant, nado en Bristol o 18 de xaneiro de 1904 e finado en Davenport o 29 de novembro de 1986, foi un actor estadounidense de orixe inglesa. Chegou a ser un dos actores de Hollywood máis populares durante décadas, non só polo seu atractivo físico, senón tamén pola súa elegancia, o seu encanto e a súa agudeza. Del dicíase que actuaba ben ata de costas.
Bertrand María José Pío Januario Miguel Gabriel Rafael Gonzaga de Orléans e Bragança e Wittelsbach, nado en Mandelieu-a-Napoule o 2 de febreiro de 1941, é o actual emperador de iure do Brasil (cargo que ocupa actualmente o Xefe da Casa Imperial de Brasil). Sucedeu o seu irmán Luiz do Brasil no reclamo o 15 de xullo de 2022.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do estado e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Ediciós do Castro é unha editorial galega fundada en Sada, en 1963, ao amparo do Grupo Sargadelos como parte do complexo industrial Laboratorio de Formas impulsado por Isaac Díaz Pardo. Edita libros en galego e castelán, case sempre sobre temas relacionados con Galicia. Ditas publicacións inclúen narrativa, poesía, ensaio, economía, teatro, etnografía, arte e historia entre outras.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
O Retablo de Belvís, procedente do Convento de Santa María de Belvís (en Santiago de Compostela), é unha pintura gótica sobre táboa, considerada polos historiadores a única táboa medieval galega. Exponse desde o 2010 no Museo de Pontevedra. Representa o martirio de San Acacio e os seus dez mil soldados, os Dez mil mártires, no monte Ararat (na actual Turquía), aínda que o feito tense por apócrifo.
Francisco Javier Vázquez Maneiro
Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou só Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973, é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.
Enténdese por etapa de educación preescolar á que precede a educación obrigatoria. A partir de 1990, coa implantación da LOGSE en España, denomínase Educación infantil e define a educación de 0 a 6 anos. Segundo os países, pode formar parte do sistema educativo ou considerarse só como centros ou servizos de coidado ou gardería dos cativos e cativas.
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante.