Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
WhatsApp (denominación curta de WhatsApp Messenger) é un servizo de mensaxería instantánea, de balde dende 2016 (anteriormente tiña un período de proba de 365 días, despois dese período esixía o pago de 1 USD ao ano) para dispositivos móbiles mediante internet. Permite a creación de grupos e o envío de texto, imaxe, son e vídeo. A aplicación está dispoñible para diversos sistemas operativos iOS, Android, BlackBerry OS, Windows Phone e algúns dos dispositivos que utilizan Symbian de Nokia.
Biblioteca (do grego βιβλιοϑήκη, composto de βιβλίον, "libro", e ϑήκη "caixa, depósito"), na definición tradicional do termo, é un espazo físico en que se gardan libros. De maneira mais ampla, biblioteca é todo espazo (concreto, virtual ou híbrido) destinado a unha colección de informacións de calquera tipo, sexan escritas en papel (novelas, monografías, enciclopedias, dicionarios, manuais etc) ou dixitalizadas e almacenadas noutros tipos de soportes físicos, tales como CD, VHS, DVD ou bases de dados informatizadas. Máis recentemente, as bibliotecas enténdense como unha extensión máis alá das paredes físicas dun edificio, coa inclusión de material accesible por medios electrónicos, e proporcionando información e axuda a través do acceso a cantidades enormes de información e coñecemento por medio dunha gran variedade de instrumentos dixitais.
Simón José Antonio de la Santísima Trinidad Bolívar y Palacios, coñecido como Simón Bolívar ( pronunciación ), e tamén coloquialmente por El Libertador, nado en Caracas o 24 de xullo de 1783 e finado en Santa Marta (Colombia) o 17 de decembro de 1830, foi un líder político e militar suramericano que levou aos que hoxe son os estados de Venezuela, Colombia, Ecuador, o Perú, Panamá e Bolivia, a independizarse do Imperio español. Bolívar naceu no seo dunha acomodada familia crioula e, como era habitual entre os herdeiros das familias de clase alta da época, cando tiña 16 anos foi enviado a España para completar a súa educación, trasladándose posteriormente a Francia. Durante a súa estadía en Europa coñeceu as ideas da Ilustración, que máis tarde o motivaron para derrocar o reinado colonial español en Suramérica.
Lista de lugares patrimonio da Humanidade en Europa
Presentamos unha lista dos bens culturais e naturais declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en Europa. Esta lista organízase clasificando os bens culturais e naturais por estados. En cada entrada indícase o ano no que cada ben foi declarado Patrimonio da Humanidade; Caso de haber máis dunha hai que entender que houbo unha rectificación (normalmente unha ampliación) dos bens listados orixinalmente.
A Cuíña, As Pontes de García Rodríguez, As Pontes de García Rodríguez
A Cuíña é un lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Segundo datos do INE, no ano 2014 tiña 24 habitantes dos cales 12 eran homes e 12 eran mulleres.
O Himalaia(do sánscrito हिमालय, himālaia [pr. jimaalaia], onde hima, ‘neve’, e ālaya, ‘morada’, ‘lugar’ ) (ou Himalaias) é unha cordilleira asiática que separa o subcontinente indio do vasto planalto tibetano (agora parte da China) no norte. A cordilleira himalaia conta con dez das catorce cimas de máis de 8000 metros de altura, incluíndo o Everest, cos seus 8848 msnm, a montaña máis alta do planeta.
O utilitarismo é a teoría ética que defende que a mellor acción é aquela que ten a maior utilidade. A "utilidade" defínese de varias maneiras, baseándose por regra xeral en termos de benestar de entidades con capacidade de sentir. A primeira persoa en plantear esta teoría foi o inglés, Jeremy Bentham.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Un código xenético expandido é un código xenético modificado artificialmente no cal un ou máis codóns específicos foron reasignados para codificar un aminoácido que non está entre os 22 aminoácidos proteinoxénicos comúns codificados naturalmente.Os requisitos clave para un código xenético expandido son: o aminoácidos non estándar a codificar, un codón non usual que adoptar, un ARNt que recoñeza ese codón, e unha ARNt sintetase que recoñeza só ese ARNt e só o aminoácido non estándar.A expansión do código xenético é un eido de investigación da bioloxía sintética, unha disciplina de bioloxía aplicada que ten como fin modificar por enxeñaría os sistemas vivos para propósitos útiles. A expansión do código xenético enriquece o repertorio de ferramentas útiles dispoñibles pola ciencia. En maio de 2019 os investigadores, nun esforzo significtivo, informaron da creación dunha nova forma sintética (posiblemente artificial) de vida viable, unha variante da bacteria Escherichia coli, reducindo o número natural de 64 codóns no xenoma bacteriano a 61 codóns, dos cales 59 se usaron para codificar 20 aminoácidos, para o cal eliminaron dous dos seis codóns que codifican a serina e un dos tres codóns de stop.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Imperio mogol, Imperio mogol da India ou Gran mogol (en turco: Babür İmparatorluğu, en persa: شاهان مغول Shāhān-e Moġul; en urdú: مغل باد شاہ Mughal Baadshah) foi un estado poderoso túrquico islámico do subcontinente indio, que existiu entre os séculos XVI e XIX. Abranguía no seu auxe a maioría dos territorios que actualmente corresponden á India, Paquistán e Bangladesh, chegando a posuír áreas de Afganistán, Nepal, Bután e o leste de Irán. O imperio mogol chamábase así porque os seus gobernantes eran descendentes do khan turco Tamerlán. Os inicios do imperio mogol remóntanse a un período de feble poder timúrida.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O fosforribosil pirofosfato (PRPP) é unha pentosa fosfato e un intermediario bioquímico na formación de nucleótidos púricos a través da inosina-5-monofosfato. Por tanto, é un bloque de construción químico necesario para a formación do ADN e ARN. As vitaminas tiamina e cobalamina e os aminoácidos triptófano e histidina tamén conteñen fragmentos derivados do PRPP. Fórmase a partir de ribosa 5-fosfato (R5P) pola acción do encima ribosa-fosfato difosfoquinase: Xoga un papel na transferencia de grupos fosfo-ribosa en varias reaccións, algunhas das cales son vías de salvamento de nucleótidos: Na xeración de purinas de novo, o encima amidofosforribosiltransferase actúa sobre o PRPP para crear fosforribosilamina. Na vía da biosíntese de histidina prodúcese a reacción entre o PRPP e o ATP, que activa este último polo corte dun anel.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un ex futbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O Retablo de Belvís, procedente do Convento de Santa María de Belvís (en Santiago de Compostela), é unha pintura gótica sobre táboa, considerada polos historiadores a única táboa medieval galega. Exponse desde o 2010 no Museo de Pontevedra. Representa o martirio de San Acacio e os seus dez mil soldados, os Dez mil mártires, no monte Ararat (na actual Turquía), aínda que o feito tense por apócrifo.
O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.
O sánscrito (saṃskr̥tam / संस्कृतम) é unha lingua indoeuropea, da familia indoirania, outrora falada no subcontinente indio. En especial, é a lingua dos textos relixiosos hindús e, neste senso, segue a ser utilizada, ao xeito do latín nos séculos pasados en Occidente, como lingua de culto, cultural e vehicular (un censo de 1981 indica que habería aínda cerca de 6100 falantes; en 1961 aproximadamente 194400 persoas dicían que o empregaban como lingua secundaria). É ademais unha das vinte e dúas linguas oficias da India.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 187.823 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Constancia de la Mora Maura, nada en Madrid o 28 de xaneiro de 1906 e finada en Guatemala o 26 de xaneiro de 1950, foi unha aristócrata española que apoiou firmemente a causa republicana durante a guerra civil. Casada co xefe das Forzas Aéreas Republicanas, foi a directora da Oficina de Prensa Estranxeira da República.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
A fosfoserina (abreviada como SEP ou J) é un éster do aminoácido serina e un ácido fosfórico. A fosfoserina é un compoñente de moitas proteínas como resultado da súa modificación postraducional. A fosforilación do grupo funcional alcohol da serina para producir fosfoserina é catalizada por varios tipos de quinases.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
Joaquín Fernández Gálvez, nado na Coruña e finado en Melilla o 23 de xullo de 1936, foi un militar español. Capitán de infantaría, destinado en Melilla durante o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, mantívose leal ao goberno da II República española, e por iso foi fusilado xunto co capitán Virgilio Leret, e outros militares. Foi un dos primeiros oficiais do exército español fusilados polas forzas rebeldes.
Carlota O'Neill, nada en Madrid o 27 de marzo de 1909 e finada en Caracas o 20 de xuño de 2000, foi unha escritora e xornalista feminista española. Esposa do capitán Virgilio Leret, executado tras oporse en Melilla ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu orixe á guerra civil española, pasou cerca de cinco anos en prisión, partindo en 1949 aVenezuela . Tamén escribiu baixo os pseudónimos de Carlota Lionell e Laura de Noves.
María Mariño Carou, nada en Noia o 8 de xuño de 1907 e finada en Seoane do Courel (Folgoso do Courel) o 19 de maio de 1967, con escasa obra (poética en galego e narrativa en castelán), foi unha das escritoras galegas máis importantes do século XX, encadrada na xeración do 36, reivindicada para a literatura galega pola xeración Brais Pinto, especialmente por Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín. Da súa autoría son Palabra no tempo (1963) e Verba que comenza (1990). Compaxinou a súa actividade intelectual cunha vida discreta e moi apartada dos cenáculos literarios.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O auli (tamén coñecido como proto-Occidental; nome derivado de Auxiliari Lingue International) é o termo utilizado para os estadios do proxecto de idioma de Edgar de Wahl, antes da súa publicación en 1922. Non tiña unha gramática nin un vocabulario fixos. En 1909, de Wahl publicou un proxecto provisional e a revista Discussiones, da Academia pro Interlingua, nun artigo titulado Abstracti Verbal Substantives.
Ana Torroja Fungairiño, nada en Madrid o 28 de decembro de 1959, é unha cantante española, unha das voces máis coñecidas da música pop do país. Foi a vocalista do grupo Mecano, xunto aos irmáns José María e Nacho Cano, cos que conseguiu un éxito espectacular en España e outros países. Con Mecano vendeu máis de 25 000 000 de discos.
Galicia (Francisco Fernández del Riego)
Galicia é un libro de viaxes por Galicia, de 158 páxinas, do escritor Francisco Fernández del Riego, publicado por Xerais para o Concello de Vigo en 1994. Ilustrado con fotografías, debuxos e mapas en cor e branco e negro, anexaba unha carta do, daquela, alcalde de Vigo, Carlos Príncipe. En 2002 integrouse, co número 91, na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia, incluíndo unicamente o texto, sen as imaxes que levaba a primeira edición.
Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX. Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa.
Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o Mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.
Francisco Javier Vázquez Maneiro
Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou só Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973, é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
O gato ou gato doméstico (Felis silvestris catus ou Felis catus), chamado familiarmente micho ou mico, é un mamífero doméstico da familia dos felinos, con unllas retráctiles, carnívoro, de pelaxe espesa e suave. Os humanos adoitan valorar estes animais pola súa compañía e pola súa capacidade de cazar pequenos animais coma os ratos. Existen máis de setenta razas de gatos recoñecidas por varios rexistros.
Non confundir co KK Vojvodina.O Košarkaški klub Vojvodina Srbijagas (serbio: Кошаркашки клуб Војводина Србијагас) foi un club profesional de baloncesto da cidade de Novi Sad, Voivodina (Serbia). Disputaba os seus partidos como local no pavillón Spens Sports Center, recinto con capacidade para 6 987 espectadores. O club disolveuse antes da temporada 2016−17 debido a unha mala situación financeira, cando o patrocinador, Srbijagas, cesou os seus investimentos no equipo.
Ilmari Federn foi unha occidentalista, autor do "Vocabulario occidental-inglés" (1937) e do "Occidental-Dansk Ordbog" (1937). Fillo do autor austríaco Karl Federn (1868 - 1943), Ilmari traduciu moitas das súas obras ao occidental, entre elas Li pont e Li verd parapluvie. Chamado "a man dereita de de Wahl", fixo a revisión final do "Dictionarium English-Occidental" dos señores Pope e Kemp.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
Pedro V de Portugal, alcumado o Esperanzado, (nado en Lisboa o 16 de setembro de 1837 e finado o 11 de novembro de 1861), foi rei de Portugal entre 1853 e 1861. Era o fillo maior da raíña María II e do rei consorte Fernando II. Pedro V foi un rei traballador que, guiado polo seu pai, realizou unha modernización radical no Estado portugués e nas súas infraestruturas. Durante o seu reinado, construíronse estradas, telégrafos e vías férreas; tamén se realizaron melloras na saúde pública.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Este artigo é sobre o FMP en activo. Para o antigo equipo da YUBA/KLS/ABA, véxase KK FMP Železnik.O Košarkaški klub FMP (en serbio cirílico: Кошаркашки клуб ФMП), coñecido por motivos de patrocinio como FMP Meridian, é un club profesional de baloncesto con sede na cidade de Belgrado, Serbia. Fundado en 1970 co nome e KK Radnički Basket, en 2015 toma o seu nome actual, o cal non ten que ver co antigo FMP Železnik, club que se fusionaou co Crvena zvezda en 2011.
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2020 tiña 65.560 habitantes (34.675 mulleres e 30.885 homes), sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia. Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval.
A poliomielite, tamén coñecida como enfermidade de Heine-Medin, parálise infantil e máis comunmente pola súa forma abreviada polio, é unha doenza infecciosa causada polo poliovirus, que nun 0,5% dos casos presenta debilidade muscular que da como resultado unha parálise fláccida, proceso que pode tardar dende unhas poucas horas ata varios días. Esta debilidade adoita afectar ás pernas, mais en casos menos frecuentes pode afectar ós músculos da cabeza, pescozo e diafragma. Unha gran parte dos afectados pola doenza consegue recuperarse por completo.
Serena Jameka Williams, nada o 26 de setembro de 1981 en Saginaw, Míchigan, é unha tenista estadounidense. A Women's Tennis Association situouna no número 1 da clasificación en dez ocasións diferentes. Converteuse en número un por primeira vez o 8 de xullo de 2002, e conseguiu este posto por décima vez o 24 de abril de 2017 , sumando ata o de agora 319 semanas como numero un da WTA. É a única xogadora feminina en gañar máis de 40 millóns de dólares en premios.
Adolf Heusinger, nado en Holzminden na Baixa Saxonia, daquela no Imperio Alemán, o 4 de agosto de 1897 e finado en Colonia, 30 de novembro de 1982, entón na Alemaña Occidental (RFA) foi un xeneral alemán. Despois de loitar na Primeira guerra mundial, dirixiu a Operationsabteilung da Wehrmacht (Departamento de Operacións) de 1940 a 1944 na Alemaña nazi. Despois da Segunda guerra mundial estivo entre os creadores da nova Bundeswehr da RFA, da que chegou a ser inspector xeral en 1957.