Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A cianocobalamina é unha forma manufacturada da vitamina B12 (cobalamina) usada para tratar a deficiencia de vitamina B12. A deficiencia pode ocorrer na anemia perniciosa, despois dunha gastrectomía, por inxerir vermes planos de peixes do xénero Diphyllobothrium, ou debido ao cancro colorrectal. É menos preferida que a hidroxocobalamina para o tratamento da deficiencia de vitamina B12.
Palacio de Xustiza de Bruxelas
O Palacio de Xustiza de Bruxelas (en francés: Palais de Justice de Bruxelles e en neerlandés: Justitiepaleis van Brussel) é o edificio de xustiza máis importante de Bélxica, sede do distrito xudicial de Bruxelas, así como doutros xulgados e tribunais, entre os que se inclúen o Tribunal de Casación (a corte suprema belga), o Tribunal do Penal (o tribunal para os maiores crimes), o Tribunal de Apelación de Bruxelas, o Tribunal de primeira instancia de Bruxelas e o Colexio de Avogados de Bruxelas. Foi deseñado polo arquitecto Joseph Poelaert cun estilo ecléctico de inspiración grecorromana para substituír o antigo Palacio de Xustiza. O edificio actual construíuse entre 1866 e 1883.
A derradeira leición do mestre
A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires e está baseado na estampa nº 6 do seu álbum Galicia mártir. Trátase dunha homenaxe ó seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, que foi fusilado na Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
José Ignacio Gabilondo Pujol, nado en Donostia o 19 de outubro de 1942 e máis coñecido como Iñaki Gabilondo, é un xornalista vasco. Xornalista de gran prestixio, a súa carreira estivo estreitamente ligada á radio, concretamente á Cadena SER, onde conduciu con grande éxito durante case vinte anos (entre 1986 e 2005) o espazo matinal Hoy por hoy. Tamén ten traballado en televisión, un medio que retomou en 2005, tras anos afastado dela, para presentar os informativos de Cuatro ata comezos de 2010 cando pasou a CNN+.
John Fitzgerald Kennedy, con frecuencia referido como Jack Kennedy ou JFK, nado o 29 de maio de 1917 e asasinado o 22 de novembro de 1963, foi o presidente número 35 dos Estados Unidos de América, entre os anos 1961 e 1963. John Fitzgerald Kennedy pasou á historia como un dos presidentes máis lembrados tanto pola súa idiosincrasia (foi o presidente dos EUA elixido máis novo, e o primeiro de relixión católica) como pola súa tráxica morte nun atentado.
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido en latín como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos escritos por Exeria relatando a súa viaxe dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384. Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas, os costumes dos residentes, os intereses dos viaxeiros, as crenzas populares e a fala vernácula. O seu valor é filolóxico, pero tamén sociolóxico e literario.
Lista da flora e fauna que leva o nome dos muiscas
Os muiscas foron un pobo indíxena que viviu nas terras altas do centro de Colombia, no Altiplano Cundiboyacense e nos vales veciños. A variación de climas e ecozonas dentro dos seus territorios fixeron dos muiscas uns labregos excelentes. Ao longo da historia, varias especies de flora e fauna foron descubertas en Colombia.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 188.167 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
13: The Musical (ou sinxelamente coñecido como 13) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Tamra Davis e adaptado para a pantalla por Robert Horn. Está baseado no musical homónimo de 2007 de Jason Robert Brown e Dan Elish. O filme estreouse a través de Netflix o 12 de agosto de 2022, onde conta con versión subtitulada en galego.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
Nogueiroa, Parada de Labiote, O Irixo
Nogueiroa é un lugar da parroquia de Parada de Labiote no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño. Tiña 69 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 28 eran homes e 41 mulleres.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Verán do 42 (en inglés: Summer of '42) é un filme estadounidense de 1971 dirixido por Robert Mulligan e baseado nas memorias do guionista Herman "Hermie" Raucher. Conta a historia de como Raucher, na súa adolescencia do verán de 1942 na illa de Nantucket (fronte á costa do cabo Cod), se embarca nun romance cunha muller, Dorothy, cuxo marido marchou a loitar na segunda guerra mundial.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe a Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrilleiro Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2022. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona e causa da morte.
Day Shift é un filme estadounidense de 2022 dirixido por J. J. Perry no seu debut como director, cun guión de Tyler Tice e Shay Hatten baseado nunha historia de Tice. Está protagonizado por Jamie Foxx, Dave Franco, Natasha Liu Bordizzo, Meagan Ben, Karla Souza, Steve Howey, Scott Adkins e Snoop Dogg. Day Shift estreouse en Netflix o 12 de agosto de 2022, onde conta con versión subtitulada en galego.
Sacheen Littlefeather, nada como Marie Louise Cruz o 14 de novembro de 1946 en Salinas, no condado de Monterey (California), é unha actriz e activista dos dereitos civís dos Nativos Americanos.Littlefeather é máis coñecida por dar un discurso en nome do actor Marlon Brando declinando o Premio da academia ó mellor actor que gañaba polo seu papel na película O Padriño na cerimonia dos 45.os Premios da Academia o 27 de marzo de 1973, o cal foi tamén boicoteado pola prensa en protesta do tratamento ós Nativos Americanos pola industria cinematográfica. Na gala, lucíu un vestido Apache. Littlefeather naceu en Salinas, California.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Carlos Henrique José Francisco Venâncio Casimiro, nado en São José dos Campos, São Paulo, o 23 de febreiro de 1992, coñecido deportivamente como Casemiro, é un futbolista brasileiro que xoga como centrocampista no Real Madrid Club de Fútbol da primeira división de España. Tamén é internacional coa selección do Brasil.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Scafati Basket, actualmente coñecido como Givova Scafati por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano con sede en Scafati, Campania. Fundado en 1969, o club xoga os seus partidos como local no PalaMangano, recinto con capacidade para 3 700 espectadores. Após conseguiren o ascenso desde a Serie A2 na temporada 2021−22, o equipo compite na LBA, a máxima categoría do baloncesto transalpino.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.
Mohandas Karamchand Gandhi (en gujarati, મોહનદાસ કરમચંદ ગાંધી, devanágari मोहनदास करमचन्द गांधी), máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Gujarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un avogado indio, nacionalista anticolonial e un político ético que empregou a resistencia non violenta para liderar a exitosa campaña pola independencia da India do dominio británico, e máis tarde inspirar movementos polos dereitos civís e pola liberdade en todo o mundo. O nome honorífico de Mahatmā (sánscrito: "alma grande", "venerable"), aplicado por primeira vez a el en 1914 en Suráfrica, úsase agora en todo o mundo.Nado e criado no seo dunha familia hindú da costa de Gujarat, Gandhi formouse en dereito no Inner Amorne de Londres, e foi proclamado avogado aos 22 anos, en xuño de 1891. Tras dous anos de incerteza na India, onde non puido iniciar unha práctica xurídica exitosa, trasladouse a Suráfrica en 1893 para representar a un comerciante indio nun xuízo.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O Reino de Romanía (Regatul României en romanés) foi unha monarquía constitucional que existiu entre 1881 e 1947 no actual territorio de Romanía. A súa orixe remóntase a 1859, cando os principados de Moldavia e Valaquia uníronse baixo a rexencia dun único príncipe pondo os alicerces do que será o Reino de Romanía que, como entidade política, unirase ao bando vencedor da Primeira Guerra Mundial. O Reino estenderase logo do Tratado de Trianon, mais perderá territorio nos Premios de Viena durante a Segunda Guerra Mundial.
Un DVD ou deuvedé (Digital Versatile Disc, antes denominado Digital Video Disc) é un formato de almacenamento óptico que pode ser empregado para gardar datos, incluíndo películas con alta calidade de vídeo e son. Aseméllase aos discos compactos en canto ás súas dimensións físicas (diámetro de 12 ou 8 cm), pero están codificados nun formato distinto e a unha densidade moito maior.
Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra
O cemiterio municipal de Santo Amaro (tamén coñecido como San Mauro) é un camposanto da parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra. Trátase do cemiterio máis grande de todo o municipio. Foi proxectado en 1879 polo arquitecto municipal Alejandro Rodríguez Sesmero e inaugurado o 29 de setembro de 1882.
Ilves é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere, Finlandia. Con 16 campionatos finlandeses e dúas copas de Finlandia en categoría masculina absoluta, 10 campionatos nacionais e unha Copa de Europa en categoría feminina absoluta, así como numerosos títulos nacionais en categorías inferiores masculina e feminina, Ilves é un dos equipos máis laureados do hóckey sobre xeo finlandés, facendo un total de 154 medallas en campionatos de Finlandia nas distintas categorías, das cales 73 se corresponden co título de campión. Ademais Ilves ten conseguido un subcampionato da Copa de Europa masculina e dous bronces na Copa Continental masculina.
O topónimo galego Trascastro pode referirse a: Trascastro, parroquia do concello do Incio; Trascastro, lugar de dita parroquia; Trascastro, lugar da parroquia das Trabancas, no concello de Agolada; Trascastro, lugar da parroquia de Santalla de Pena, no concello de Begonte; Trascastro, lugar da parroquia de Masoucos, no concello de Castroverde; Trascastro, lugar da parroquia de San Xurxo de Vea, no concello da Estrada; Trascastro, lugar da parroquia de Donramiro, no concello de Lalín; Trascastro, lugar da parroquia de Carracedo, no concello de Láncara; Trascastro, lugar da parroquia de Novelúa, no concello de Monterroso; Trascastro, lugar da parroquia de San Xoán de Lóuzara, no concello de Samos; Trascastro, lugar da parroquia de Codesido, no concello de Vilalba.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Esta é unha lista alfabética de países do mundo. Os países sen recoñecemento xeral sinálanse en cursiva, e se son independentes de feito, indícase cun asterisco (*) na súa situación e ofrécense máis detalles na columna de notas. A adhesión ao sistema das Nacións Unidas divide os 206 estados listados en tres categorías: 193 estados membros, 2 estados observadores, e outros 11 estados.
Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX. Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa.
O Trofeo Teresa Herrera é un torneo futbolístico de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 1946. Dispútase dende os seus inicios no estadio de Riazor, sendo organizado primeiro polo Concello da Coruña e dende o ano 2000 polo Deportivo da Coruña. É o torneo amigábel de fútbol que máis edicións leva celebradas no mundo de xeito ininterrompido e está considerado como un dos máis prestixiosos debido á máxima categoría que teñen os equipos que participaron na súa historia.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.